Resultado do II Concurso de iniciativas didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común
Como viñamos contando, a finais do 2024 resultou gañador deste concurso o Centro Público Integrado de Zas, coa súa propost Clics seguros en Zas. Os obxectivos deste proxecto foron a sensibilización do alumnado de toda a ESO sobre os riscos e ameazas existentes na rede e nos dispositivos e das dificultades que acarrexa a fenda dixital e o por que da súa existencia.
Durante este curso realizaron unha morea de cousas. Aquí vos contamos un resumo pero podedes ver todo o percorrido do proxecto e o material xerado na súa web.
Comezaron analizando os datos sobre a fenda dixital na poboación envellecida así como a porcentaxe que hai desta poboación no seu concello. Ademais, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO entrevistou parte da veciñanza sobre as dificultades que atopan no uso dos dispositivos dixitais. Con elo identificaron as problemáticas principais e decidiron facer un material adaptado ás necesidades e accesible. Respecto a isto último, escolleron tipografías que facilitan a lectura, incluíron pictogramas de apoio e opción de escoita na versión dixital.
Todo o material creado e os coñecementos aprendidos non quedaron nas aulas. Presentaron a campaña ao alumnado francés de intercambio e proporcionáronlle os dípticos creados. Tamén montaron un punto de ciberseguridade no centro, onde visibilizar todo o xerado neste curso e para que calqueira estudante e persoa que visita o centro poida levar para casa os dípticos e trípticos informativos.
Tamén tiveron a visita de Laura, voluntaria de ESF, quen lle falou de privacidade dixital ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Amosándolles os datos que collen as aplicacións sobre os nosos comportamentos e intereses, o seu almacenamento en servidores e a importancia das contrasinais seguras.

E
Todo o material creado e os coñecementos aprendidos non quedaron nas aulas. Presentaron a campaña ao alumnado francés de intercambio e proporcionáronlle os dípticos creados. Tamén montaron un punto de ciberseguridade no centro, onde visibilizar todo o xerado neste curso e para que calqueira estudante e persoa que visita o centro poida levar para casa os dípticos e trípticos informativos. Os soportes foron deseñados e montados por 4º da ESO con impresión 3D.
E como non ía ser doutro xeito, o alumnado fixo entrega do material á veciñanza entrevistada e familias. Aquí van unhas fotos!



Todo o material xerado está na web do centro e continuarán desenvolvendo o proxecto nos cursos vindeiros. Animámosvos a botarlle un ollo e compartir o traballo feito.
Este concurso é posible grazas ao programa Hackers Sen Fronteiras coa cofinanciación de Cooperación Galega.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!