Nova visita de seguimento a Mozambique, programa AquaMoz
A pasada semana houbo unha nova visita técnica a Mozambique, dentro do programa AquaMoz.
Durante a visita técnica traballouse na mellora da xestión das inundacións incidindo especialmente na revisión e análise da normativa relacionada. O traballo formulouse a diferentes niveis:
- cos membros do equipo técnico encargado de realizar as análises de inundacións revisáronse os principais aspectos da normativa e o maior ou menor axuste co traballo diario,
- coa xefa do Departamento de Recursos Hídricos planteouse unha análise global e de como o desenvolvemento (ou a ausencia) de normativa incide na planificación e xestión das inundacións e, por último,
- co xefe do gabinete xurídico planteouse o desenvolvemento de normativa específica.
Na viaxe tamén se abordaron cuestións relacionadas cos próximos estudos de inundacións e as concas a estudar.
Ademais, participouse nun obradoiro sobre a elaboración dun manual de xestión da información de ciclóns e inundacións, coordinado pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) e no que, xunto coas 3 Administracións Rexionais da Auga (ARA) do pais (Norte, Centro e Sur), participaron o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Dirección Nacional de Recursos Hídricos.
Durante a visita tamén se mantivo unha reunión de coordinación coa nova responsable da Cooperación Española en Mozambique.













Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!