Boletín Oficial ESFeiro: abril 2018

Este mes de abril celebraremos o XXV aniversario da asociación, cunha xuntanza-festa no albergue de Gandario, en Bergondo. Esperamos contar con todas as persoas que foron ESF nalgún momento, e tamén xente de organizacións amigas ou xente que nos quera acompañar

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

O mes de marzo soe ser un mes ben cargadiño, e este ano non foi unha excepción. O 8M apoiamos a folga feminista, coa que o movemento feminista deu un gran exemplo para todo o activismo. O 14M participamos no VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional falando da experiencia de ESF, invitadas por AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz. Ademais, como o prometido é débeda, aquí deixamos os vídeos das Xornadas Galicia en Seca, sobre a seca na Galicia, que organizamos en decembro de 2017. Aínda que estes meses choveu, o problema segue aí… A finais de marzo, a Xunta Directiva de ESF aprobou adherirse á campaña Cousa de Raíces, en defensa do bosque autóctono. Viches xa o banco #bioconstrución de COB que fixemos con ESPIGA no Campus de Elviña da Universidade da Coruña? Ten até cartaz explicativo do proceso de construción! O 24M pola mañá estivemos no Salón do Marco de Vigo, falando e compartindo xeitos de poñer a tecnoloxía ao servizo de ben común. Durante marzo quedaron seleccionadas as persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade neste 2018, e ademais organizouse unha formación dunha fin de semana para elas (aberta a todo o mundo).Unha vez máis, a cousa foi complicada para o comité de selección. Grazas a todas as que fixéstedes o esforzo de presentarvos aínda que non resultarades seleccionadas!
O 22 de marzo foi o Día Mundial de Auga, e tivemos en A Coruña un “Concilio” onde falamos das diversas actividades no eido do Dereito á Auga que estivemos a desenvolver na asociación (aquí podes coñecelas). Tivemos tempo para participar tamén na Asemblea da Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras en Barcelona. Por outra banda, queremos anunciar que, un ano máis, convócase o Premio de Enxeñería Solidaria dende a Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras, para traballos fin de carreira no eido da cooperación.


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras, continúan os dous programas que temos abertos (Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria). No Congreso da República de Honduras falouse do noso programa de dereito humano á auga,e do plan de xestión integral dos recursos hídricos no concello de El Triunfo. Ademais, lembramos o asasinato de Berta Cáceres hai dous anos por defender a terra para o ben común. No podemos rematar sen felicitar á organización CODDEFFAGOLF, que o 26 de marzo cumpriu 30 anos!! Exemplo de protección dos recursos para o ben común e contra o espolio e socia clave de ESF en Honduras no programa de soberanía alimentaria. Parabéns irmás, seguimos na loita!


ENLACES DE INTERESE

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Proyectos de Ingeniería Agroforestal. Dous volúmenes (I Concepción de proyectos; II Ejecución y evaluación de proyectos). 2ª Edición.
  • Material do antiguo posgrado da UOC de Tecnología para el Desarrollo Humano. Dous volúmenes. (I Introducción a la cooperación al desarrollo desde la ingeniería; II Cooperación Internacional: gestión de proyectos de ingeniería)

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

O perigo radica en que o noso poder para danar ou destruir o medio ambiente, ou ao próximo, aumenta a moita maior velocidade que a nosa sabedoría no uso dese poder.
Stephen Hawking (falecido este mes de marzo)

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.