Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2023
Aquí se pode escoitar a versión sonora dos boletíns de xuño e xullo. 8 minutiños, por se prefires escoitar a ler.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En xuño empezou dende o Banco de Reciclaxe Electrónica un apoio a Amigos de la Tierra España para que fagan un plan de migración a software libre. Amigos de la Tierra é unha organización coa que levamos colaborando moitos anos, tanto en Honduras como en Galicia. Ademais, houbo un repair café no MUNCYT A Coruña de ordenadores e bicis coas compas de Mobi-liza. No Banco da Coruña, iniciouse con Ecos do Sur o curso de reparación de computadoras e app informáticas con software libre, con 5 alumnos e 3 alumnas (financiado por axudas de IRPF da Xunta de Galicia). Por se non puidestes vir á formación sobre o fediverso, aquí queda a presentación que nos fixo Salvari na xornada da Domus sobre este tema.
Queremos alzar a voz contra o academic-washing que certas empresas con prácticas cuestionables están facendo nas universidades públicas galegas. Un exemplo foi o de INDRA, na graduación de Enxeñería de Telecomunicacións.
Estivemos preparando un par de proxectos de educación e sensibilización en Galicia para conseguir financiación da Xunta de Galicia (a segunda fase do proxecto de tecnoloxía para o ben común na universidade, e a segunda fase do proxecto de Mulleres Bravas).
Na Industriosa, Vigo, estivo Thais falando de Tecnoloxías de baixo custo para persoas con problemas de mobilidade, a ver se anima alguén por alí a colaborar co grupo.
Dentro do programa Tecnoloxía Sen Fronteiras, de traballo nas universidades, pechouse o prazo para presentar TFM-TFG ao Premio Enxeñería Solidaria 2023.
HONDURAS
En Honduras tivemos unha visita moi especial. Paola, a administradora de ESF dende 2007, visitou por fin ese país, nunha estancia curta, pero intensa. Puido ademais participar na presentación oficial no país do novo convenio coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), que desenvolveremos con Justicia Alimentaria Global e Amigos de la Tierra España nos vindeiros 4 anos, dentro do programa de Soberanía Alimentaria. Tamén coincidiu con Celia e Juan, participantes no PCR que chegaron xa a principios de mes, e que xa nos mandaron a súa primeira crónica.
Dentro do programa de Soberanía Alimentaria, deixamos un resumo do realizado cos fondos da Deputación da Coruña no proxecto de Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras.
No programa de Dereito á Auga, dentro do proxecto “Mejora de la Gestión Pública y Social para la Gobernanza de los Recursos hídricos en 9 Municipio de la Región 13 Golfo de Fonseca F1”, desenvolveuse en San Lorenzo unha reunión de planificación para a delimitación e declaratorio de microcunca hidrográficas.
Ademais, a principios de xuño presentáronse para financiación até 3 proxectos, dous do programa de soberanía alimentaria (un á Xunta de Galicia e outro á AECID), e outro do programa de dereito á auga (á Xunta de Galicia). Foi un gran esforzo que esperamos obteña froitos. Quixemos deixar aquí un resumo do proceso de deseño e identificación dun deles.
MOZAMBIQUE
Do programa AquaMoz Secara que desenvolvemos en Mozambique con Augas de Galicia e cofinanciado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, o máis destacado en xuño foi a visita de Lizete e Ernesto a Galicia, da que deixamos unha crónica aquí.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- El agua como arma de ocupación: Israel controla a los palestinos en Cisjordania a través de este recurso vital
- El mapa del estrés hídrico en el mundo
- María del Mar Rivero, responsable del área de agua y saneamiento de ONGAWA. “Los compromisos están muy lejos del camino sostenible hacia una respuesta a la crisis hídrica”
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- La guía para la reducción de plástico
- Brasero de saberes
- Teaching repair: educational resources for young people
- Dive into the life of your phone
Enerxía e cambio climático
- La energía nuclear es racista, sexista y antisocial
- O potencial imperfecto das comunidades enerxéticas
Iniciativas
- Índice de Coherencia de Política
- Regeneración de ecosistemas manglar en el sur de Honduras. Minidocumental. 6 min
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- HONDURAS. El virus del papiloma humano en Honduras, un riesgo mortal
- NICARAGUA: La paz de los cementerios
- UE: La UE riega de millones a más regímenes autoritarios para frenar la migración
Pobreza e exclusión
- Vídeos da edición 2023 de Acampa Coruña contra os discursos de odio
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Organización para romper el consenso extractivista
- El colonialismo climático: ¿Es acaso hora de repensar las alternativas?
- Transición energética y crecimiento o decrecimiento
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- La amenaza del oro blanco: alarma por la gran mina portuguesa de litio a 20 Km de Galicia
- Video. O problema das minas de cuarzo na Terra Chá en 3 minutos
- Alertan sobre novos proxectos de minaría de ouro nos Ancares
- Territorializar y planificar la alimentación
- Efectos medioambientales del cacao
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Podcast. A ética, tarefa pendente da IA. 19min
- Los riesgos del reconocimiento facial
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
- El feminismo como un fundamento del Decrecimiento. Reconsiderando el trabajo de cuidados
- Sandra y Modesto, ejemplo de activismo ambiental comunitario en Latinoamérica
- Esta escritora heredó una tierra agotada por la agricultura intensiva; hoy han vuelto hasta los ruiseñores
- Asesinato de defensores de DDHH: Informe Front Line Defenders
- Rita Segato: “El papel de las mujeres en las protestas de Jujuy incidirá en la política argentina”
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes traemos un cómic e un libro da escritoria Alice Oseman. O webcómic (convertido tamén en novela gráfica) é Heartstopper (da que tamén hai unha serie de televisión igual de recomendable, cuns moi logrados “efectos cómic”). O libro é Radio Silencio. Comparten o fío de ser novelas sobre (tamén para, pero non exclusivamente) adolescentes, que exploran as súas identidades sexuais, expresión de xénero e inclinacións sexuais. Todo se fai dende unha naturalidade cautivadora e que deixa un sorriso nos beizos (e unhas ganas moi grandes de loita contra a onda reaccionaria que estamos a vivir).
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de xullo: Repair Café para dar nova vida a vellas computadoras, empregando software libre. Café UF. Vigo. 17 a 20h.
- 1 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
- 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
- 7 de xullo: obradoiro Bancos de Reciclaxe na biblioteca municipal Xosé Neira Vilas de Vigo
- 14 de xullo: pecha o prazo para presentar candidatura á asistencia técnica Mozambique
- 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
- 21 de xullo: obradoiro de instalación de FreeBSD (sistema operativo software libre). Na Domus da Coruña.
- 26 de xullo: Día do manglar
- 28 de xullo: Día Internacional da Conservación da Natureza
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
A ecoloxía sen loita social é simplemente xardinería
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!