Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2024
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Este mes presentamos Enxeñería Sen Fronteiras en Sumando Esfuerzos, un programa da RTVE sobre cooperación ao desenvolvemento, no que outro día falamos do proxecto Hackers Sen Fronteiras. Ademais, tivemos ao noso Sergio como membro da comunidade de software libre como entrevistado en Mancomún.
No día do medio ambiente fixemos unha reflexión sobre como debería ser a tecnoloxía nun planeta finito e o 17estivemos en Pontevedra xogando a imaxinar bos futuros en distintos escenarios e como chegar a eles dende diferentes roles, enfrontando distintas ameazas, grazas á invitación do Postgrowth Laboratory da UVigo co seu proxecto #Explicit.
ESF decidiu asinar o comunicado de apoio ao Peche USC, que o día 12 de xuño foi desaloxado pola policía. Por outra banda, o 25 de xuño participamos na acción en redes de Paramos por Gaza. Seguindo coas accións reivindicativas, participamos na mobilización Altri NON rodeando a sede da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela,
Tivemos un encontro con persoas do Mercado Social A Coruña para colaborar (en 27 de outubro teremos un obradoiro de reparación de computadoras no mercado da Praza Europa, aínda queda moito, pero fainos ilusión!).
Tivemos a primeira actividade de traballo con plataformas de defensa da terra e territorio de Galicia, neste caso con Amil Sen Eólicos, onde dentro do proxecto Mulleres Bravas organizamos un obradoiro de Comunicación de Guerrillas, con Amigas da Terra e AGARESO. Encantounos estar no seu entorno, coñecendo de primeira man, no seu territorio, as problemáticas, e como loitan sen descanso para facerse escoitar. Esta esperamos que sexa a primeira actividade de apoio de moitas que veñan.
Nos bancos de reciclaxe, foi un mes movidiño, cu repair café o día 1 na Domus da Coruña, outro o 8 en Milladoiro, e obradoiros como o de soldadura electrónica ou o curso medio de Mantemento de computadoras e alfabetización dixital con software libre, que son 35h que empezamos con Ecos do Sur. Tamén tivemos un encontro en liña coa xente de Restarters BCN.
Aproveitamos o bo tempo para facer unha pequena xira coas compas de COXAPO e coñecer algunha das tecnoloxías que empregan nas traídas veciñais de auga que son socias súas en Galicia. Algo seguro que nos axuda para problemáticas que estamos detectando en Honduras (como metais pesados).
HONDURAS
En Honduras, dentro do proxecto de restauración de lagoas de inverno (programa de soberanía alimentaria e defensa da terra), houbo unha formación coa asociación Aves Honduras sobre monitoreo de aves, importantes para coñecer a saúde dos ecosistemas. Tamén se retiraron as cámaras trampa da lagoa de Guapinol, que se está a restaurar pero quérese ter unha imaxe inicial da súa biodiversidade para poder comparar posteriormente. Tamén estiveron a instalarse novas cámaras na microcunca do río Laure.
Dentro do programa de auga, fixéronse unhas representacións de teatro ambiental ben bonitas.
Ademais dende hai moi pouquiño están en Honduras Martina e Sandra, dúas das tres participantes este ano no programa de coñecemento doutras realidades. Irannos contando proximamente como lles vai. Para despedilas tivemos unha xornada de xogos e dinámicas para a transformación social, que compartimos aquí. Tamén puidemos coñecer máis sobre os proxectos que, durante xuño, estiveron preparando en Honduras para conseguir financiación na convocatoria 2024 da Xunta de Galicia para proxectos de cooperación, co obradoiro de marco lóxico que tivemos. A finais de xuño os presentamos, crucemos os dedos!
MOZAMBIQUE
No mes de xuño dentro do programa AQUAMOZ, foron elaborados e entregados o informe final da Fase 4 do proxecto e a auditoría financeira desa mesma fase. Coas Administracións Rexionais da Auga de Mozambique continuouse traballando no fortalecemento en relación á monitoria da seca e tamén na recompilación de información e na elaboración das análises preliminares para a definición das bacías de maior interese para a realización dos estudos piloto de inundacións previstos para as 3 ARAs. O ámbito das inundacións centrará gran parte dos esforzos da actual fase do proxecto.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- La Línea. Vídeo. DibujaLaLinea contra la Violencia Sexual. 3min 56seg
- Margaret Becklake, la epidemióloga de los mineros
- 120 millones de desplazadas: cada vez más gente debe irse de su tierra, la comunidad internacional no responde
- Olivia Mandle: «El ‘lobby’ delfinario me intentó desacreditar tachando mi activismo de ‘capricho de niña’»
- The Global Suppression of Online LGBTQ+ Speech Continues
Auga
- John Cherry, Premio Nobel del Agua : Hay países que secan sus acuíferos con el riego y van directos al desastre
- A privatización da auga precariza as vidas dos barrios
Consumo responsable
- What Happens to All the Stuff We Return? Online merchants changed the way we shop—and made “reverse logistics” into a booming new industry
- No te dejes engañar (sobre mala información en productos de cacao)
- Las manos manchadas de las empresas españolas en Palestina
- Verdura Atlántica
- LEMBRAMOS: Europa tiene ahora el derecho a la reparación
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- O método científico apréndese facendo. Iniciativa galega con kits de experimentación deseñados para realizar prácticas de laboratorio
- A Policía desaloxa o alumnado acampado no Reitorado e na Facultade de Historia da USC
- A Xunta delega en Naturgy a formación do profesorado de FP encargado de impartir a materia de Sustentabilidade
- Jugando bajo el cielo rojo. Historias para niños sobre la guerra. Medicos del Mundo
- Los videojuegos, una herramienta “poderosa” para fomentar la empatía hacia las personas refugiadas
Enerxía e cambio climático
- Informe RENOVABLES AQUÍ SÍ
- Informe del Sistema Eléctrico. Resumen de energías renovables. 2023
- Las mentiras climáticas de las nucleares
- The “Energy Transition” Won’t Happen
- Freno judicial a 49 parques eólicos en Galicia: “poco cuidado” de la Xunta en la revisión ambiental y activismo ecologista
- Principais ideas do seminario sobre o futuro modelo enerxético español descarbonizado
Iniciativas
- Radio de los Gatos. Podcast realizado por persoas de ASPACE A Coruña
- Lembramos. Vilasantar conta cun punto verde para reciclar os restos da poda
Investigación para o desenvolvemento
- Informe 2024 Banderas Negras Galicia, con mapa interactivo aquí. Ecoloxistas en Acción
- Científicas galegas patentan un herbicida 100% natural de eucalipto, xesta e mentraste
- Informe estatal de calidade do aire 2023: resultados para Galicia
- Brechas de Género 2024: Lo Bueno, lo Malo y lo Urgente según el WEF
Mundo
- PALESTINA, genocidio y resistencia. Documental (2024). 17min 18seg
- SIERRA LEONA prohíbe los matrimonios infantiles con penas severas
- SUDÁFRICA: Documental Mind the People: SASSA’s Algorithm Fails South Africa’s Poorest (en inglés, sobre os sesgos e erros dos algoritmos que determinan as axudas da seguridade social Sudafricana ás persoas máis vulnerabilizadas). 14min 51seg
Pobreza e exclusión
- Os desafiuzamentos multiplicaron por 19 os novos casos de ocupacións en Galicia no inicio de 2024
- O transporte marítimo de mercadorias e a Galiza: os limites da logística do crescimento
- Relatorios principais do Congreso de Decrecemento de Pontevedra do pasado mes
Políticas e modelos de desenvolvemento
- ECOTOPÍAS 1×1 | Sueños y realidades de vivienda en cesión de uso. Videopodcast. 1h 3min
- What we are up against. Exposing the secret history of the making of the climate crisis should change everything about how we act to stop it
- Los ataques de la agroindustria a los bosques tropicales y el surgimiento de nuevas epidemias
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Plataforma Veciñal Mina Touro o Pino Non «fronte ás diversas fórmulas de extractivismo, unión pola defensa do territorio»
- Moluscos bivalvos de la costa pacífica de Honduras (con Lourdes, unha das Mulleres Bravas marisqueiras que viñeron a Galicia no 2019). Vídeo. 5min 18seg
- A Xunta oculta desde xaneiro a solicitude dun novo megaproxecto mineiro en Touro
- El país de las cebollas
- Comunicar que eólicos ou encoros xeran “beneficios sociais” terá rango legal de “beneficio social” en Galicia
- BlackRock, el Estado chino o un expresidente boliviano: quién controla el negocio de las nuevas minas en España
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Quién soy mientras trabajo. Unha crítica que nos encantou sobre a enxeñería de datos
- Opt Green: KDE Eco’s New Sustainable Software Project
- Y en una década Internet se llenó de basura
- Inteligencia artificial ¿Sueñan los cineastas con ovejas eléctricas?
- Los ‘haters’ en el mundo del ‘gaming’: una lacra que sigue muy presente
- Legislar la IA: No a las cajas negras
- Preparados para o “goberno dos algoritmos”? Á procura de regras e control democrático
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- [Informe] Técnicas humildes para el decrecimiento
- Greenpeace escolle Vigo para construír o seu novo barco polos “máximos estándares ambientais” de Freire
- Enric Marco: “La contaminación lumínica se ha incrementado con la instalación de luces LED blancas”
- Innovate or Die?
- Inseye Lumi, seguimiento ocular para Quest 2 y 3
- Si usas la copa menstrual debes tener en cuenta estos 5 puntos
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes imos ao teatro. Recomendamos Cuerpos celestes, onde a compañía de teatro AzconaToloza aborda a temática do extractivismo. Aquí unha boa crítica.
E NO PRÓXIMO MES …
- 6 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
- 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
- 12 de xullo: Repair Café na Domus da Coruña. De balde, previa inscrición. +INFO
- 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
- 26 de xullo: Día do manglar
- 28 de xullo: Día Internacional da Conservación da Natureza
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Os científicos temos que ser activistas… non nos queda outra!
Fernando Valladares. Científico e profesor universitario
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!