Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2025
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En Galicia, empezamos coa boa nova sobre as compas do Banco de Reciclaxe Electrónica con software libre de Ames en Milladoiro, que acaban de estrear web e redes sociais, a quen apoiamos dende o seu inicio hai xa dous anos. Ademais, sacamos unha peza sonora para ESFRadio sobre o Obradoiro de escritura creativa: Decrecendo a tecnoloxía, que tivemos no verán, no que incluimos parte dos relatos que foron saíndo ese día. Unha das persoas da nosa base social compartiunos unha historia de violencia administrativa que viviu e documentou.
No programa de ESF na Universidade, houbo distintos faladoiros sobre ESF e a posibilidade de colaborar ou facer traballos académicos connosco (na EPS de Ferrol, no mestrado de Enerxías Renovables da USC…). Tamén tivemos encontros con grupos de estudantes de diversas escolas técnicas (Camiños e ETSE sobre todo), para tratar de impulsar actividades nestas escolas, lanzando ademais a bolsa para estudantes nesas dúas escolas en concreto (pechará o día 15 de novembro o prazo para presentar propostas). Xa está a tomar impulso o novo banco de reciclaxe do Campus Sur de Compostela, na ETSE. Tamén na ETSE, tivemos catro sesións na materia Aula Profesional, onde falamos sobre Tecnoloxía para o Ben Común, e sobre Cooperación para o Desenvolvemento, así como sobre bancos de reciclaxe e sobre os proxectos en Mozambique e Honduras (aproveitando a incríble sorte de poder xuntar por primeira vez persoas das nosas socias locais neses países).
No programa de ESF no eido profesional e da economía social, tivemos unha visita super-chula ao proxecto de agricultura biointensiva A Milpa do Salnés. Compañeirxs dos bancos de reciclaxe con software libre estiveron na Feira de Tecnoloxía Libre na Coruña e, tamén na Coruña, fixeron a primeira sesión da Escola de Inverno, na Domus (cun repair café precedido de formacións en app libres como FreeCAD e Anki). O grupo que está construindo o visor de iniciativas ecosociais está traballando e incorporando a novas persoas. Tivemos unha nova xornada para probar o xogo didáctico de xestión comunitaria do monte. Continuamos cos cafés-tertulia en Compostela, desta volta afondando nas razóns da crise ecosocial, neste caso falamos do Antropocentrismo.
No programa Hackers Sen Fronteiras, de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario, houbo un encontro en liña de alumnas tecnólogas, para dar continuidade ao presencial que se fixera antes do verán.
No programa Mulleres Bravas, que está comezando a súa nova fase, fíxose un ciber-encontro que nos encheu de ilusión e lle tiñamos moitas ganas. Foi coas compas de Barracón Digital, de Honduras, onde intercambiamos xeitos de traballo, e esperamos chegar a atoparnos presencialmente nalgún momento do ano que vén.
En rede, participamos no encontro de Galicia Abriga, e tamén na celebración do XXX aniversario da cooperación galega e do XX aniversario das compas de Asamblea de Cooperación pola Paz.
Ademais, estívose a facer en cada grupo de traballo de ESF unha reflexión para incorporar á nova planificación estratéxica 2026-2030 que se está a elaborar, e o 25 de outubro tivemos a nosa Xuntanza de outono da base social, con asemblea e formación en tema de coidados.
HONDURAS
No eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, continuou o programa de restauración de lagoas de inverno, a moi bo ritmo. Houbo escola de incidencia política, formación sobre confianza e empoderamento en la Berbería, formación para persoas de caixas rurais, limpeza de canles de desaugue e monitoreo da calidade de auga. No programa de fortalecemento da actividade marisqueira artesanal, tivemos monitoreo de bivalvos, fortalecida coa Identificación taxonómica de bivalvos del Golfo de Fonseca grazas a visita de persoal do CETMAR á zona, onde estiveron unha intensa semana.
MOZAMBIQUE
No mes de outubro tivo lugar unha visita a Galicia de Lizete Dias, xefa do departamento de recursos hídricos da Administração Regional de Aguas do Sul de Moçambique (organismo homólogo a Augas de Galicia no país africano). Lizete participou nun evento conmemorativo dos 30 anos da Cooperación Galega no que expuxo as principais características e os resultados alcanzados ata o momento grazas o programa AQUAMOZ, e aproveitou a visita para intercambiar experiencias con técnicos de AdG, persoal do GEAMA-UdC e voluntariado de ESF en relación á xestión e o estudo de inundacións e a xestión dos recursos hídricos. En Mozambique continuou o traballo en relación a análise de inundacións e a mellora da normativa relacionada e foi organizada unha nova visita técnica a Maputo que terá lugar a mediados de novembro, e tivemos a boa nova da presentación do traballo fin de mestrado de Hidráulica e Recursos Hídricos de Ernesto Tivane (técnico da Administración da Auga do Sur), na Universidade Eduardo Mondlane, mestrado para o que tivo unha bolsa dentro deste programa.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- El grupo de voluntariado de La Coordinadora presenta en la sede de la AECID un informe sobre buenas prácticas en el ámbito del voluntariado de cooperación internacional g
- Emiliano Treré: “Vivimos unha época onde algoritmos e poderes ligados a eles modifican a axenda política”
- Berta Cáceres. Un legado vivo
Auga
Consumo responsable
- Inclúe o noso cesto da compra produtos de Israel sen que nos decatemos?
- ¿Un aparato averiado? Muchas veces no es tan complicado arreglarlos. Descubre tus derechos y las soluciones para hacer tus propias reparaciones.
Cooperación e ONGD
- Marco de Asociación para el Desarrollo Sostenible España-Honduras 2025-2029
- Máis de 19.000 empresas galegas marcaron a Casilla Empresa Solidaria recadando máis de 3 millóns de euros
Educación para o desenvolvemento
- Cómo hacer un paseo Jane – La aventura de aprender
- Xornada de masculinidades USC, vídeo: mañá, tarde
- Edad de acceso al móvil: implicaciones en el Uso Problemático de Internet y conductas de riesgo online
- An Astonishing Proportion of High Schoolers Have Had a “Romantic Relationship” With an AI, Research Finds
Enerxía e cambio climático
- As comunidades enerxéticas avanzan no rural: 22 concellos acollerán plantas fotovoltaicas en edificios públicos
- La concentración de CO2 en la atmósfera da un salto sin precedentes y alcanza un nivel nunca visto
- Vídeo. “Remedios para un planeta en Crisis”. 2ª Sesión 11 de julio. Curso de Verano Universidad de Cádiz. 4h 13min
- O mundo alcanza o primeiro punto de non retorno
Iniciativas
- Stop the Scroll. RECLAIM CONTROL
- Nace la tienda online de ‘Artefactos’ para personas con discapacidad
- Firma la petición del Movimiento Re-Úsalo
- MariñaLab. Cociñando A Mariña futura. Porque alimentar o presente é construír o futuro
- AfroféminasGPT: saberes negros, respuestas que transforman
- Tiny Awards. Premios ás webs máis persoais e “pequenas”
Investigación para o desenvolvemento
- O 10% do alumnado de Secundaria aposta en internet e o 15% é acosado a través das redes
- Como inflúen as especies arbóreas no solo? Un estudo analiza os seus efectos en Rianxo. A investigación da USC mostra que os terreos baixo eucalipto teñen un contido de auga medio do 13%, moito menos que as matogueiras
- A investigación en ciencias sociais transfórmase en relatos nunha revista do Post-Growth Innovation Lab Trátase dunha publicación dixital trimestral, que contará cun número anual en braille
- Desbandada de persoal investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)
Mundo
- GAZA, SAHARA OCCIDENTAL. Gaza, Sáhara Occidental y el Lejano Oeste
- MOZAMBIQUE. A análise em Joseph Hanlon: uma recensão crítica do livro “Moçambique recolonizado através da corrupção: como o FMI criou um estado oligárquico”. O libro completo pódese atopar aquí
- NICARAGUA. El “brazo largo” que persigue a nicaragüenses exiliados: “No nos dejan vivir en paz”
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Coloquio “¿El final de las estaciones?”: Yayo Herrero, Juan Bordera e Antonio Turiel
- Debate “Desarrollo, economía y estado del bienestar en el contexto del cambio global“. 1h 3min
- Desacelerar. El manifiesto por el decrecimiento
- Tecnodiversidad, permacomputación y anticapitalismo
- Desarmados de visión, armados hasta los dientes, o una Europa democrática, verde y social
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Una empresa sueca inicia en Galicia la explotación de una polémica mina de wolframio, el ‘oro negro’ de la industria militar
- Comunidades Activas y Paisajes Resilientes al Cambio Climático
- Semillas del beneficio. Documental
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- De YouTube a Instagram. Los algoritmos que te idiotizan, te roban o fomentan la prostitución y el juego
- O proxecto europeo vinculante Chat Control fomenta a vixilancia xeneralizada e indiscriminada
- Manifiesto contralgorítmico
- Contralgoritmia, presentación en video. 30min
- Parenting Sin Pantallas – Documental . 9min
- Monetization.wtf é o recurso de referencia de WHAT TO FIX para investigar como as plataformas de redes sociais redistribúen os ingresos aos seus usuarios
- Xornadas Software Libre – Asociación Comunidade O Zulo
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Haz que tus archivos ODF sean accesibles: una guía sencilla para todos
- Motosierras, feminismo y cuidados
- DESTACADO. Basta de tecnoloxía para curar o cancro, fagámola para evitalo
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes toca teatro, que remata esta mesma finde en Madrid. Esperamos poder vela noutros lugares, téndea no radar! Trátase de ‘Sáhara, la barca del desierto’, sobre a historia do Sahara Occidental. Aquí unha reseña.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 4 de novembro: Día da Ciencia en Galego
- 10 de novembro: Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento
- 13 de novembro ás 18h. Ciber-encontro. Compartiremos experiencias sobre Repairs Café e iniciativas de reparación nas distintas asociacións españolas de Ingeniería Sin Fronteras. Será aquí
- 16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
- 19 de novembro: Día do Saneamento
- 20 de novembro: Día Universal dos Dereitos das Nenas e Nenos
- 21 de novembro. 10 a 14h. Encontro da rede Artigo9Tech de profesorado por unha tecnoloxía para o ben común. Vigo. Escola de Telecomunicacións no CUVI.
- 24 de novembro: Día de acción global contra as inversións explosivas
- 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres
- 29 de novembro: Día das Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos
- 29 de novembro: Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino
- 29 de novembro: 12h. presentación da Guía de Autofefensa Dixital no centro social Faísca, en Vigo
- 1 de decembro: pecha o prazo para presentación de propostas ao concurso de Boas Prácticas de Enxeñería e Tecnoloxía para o Ben Común no eido profesional e da Economía Social
- 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…).
- 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
- 3 de decembro: Día Internacional non uso de plaguicidas
- 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
- 5 de decembro: Día Mundial do Solo
- 6 de decembro. Repair Café ás 10-14h, na Praza Mestre Cerviño, O Covelo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Unha vez as persoas cederon o seu pensamento ás máquinas coa esperanza de que iso lles fixese libres. Pero iso simplemente permitiu a outras persoas con máquinas escravizalas.
Frank Herbert, Dune, 1965









Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!