Contacto
Enxeñeria Sen Fronteiras Galicia
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
Telf:(+34) : 881 01 1479
Email: info(arroba)galicia.isf.es
Datos Rexistrais: Registro Nacional de Asociaciones, Número de Rexistro F-1374.
CIF: G36774271
Campus Elviña. Escola de Camiños. 15071 A Coruña
Telf:(+34) : 881 01 1479
Email: info(arroba)galicia.isf.es
Datos Rexistrais: Registro Nacional de Asociaciones, Número de Rexistro F-1374.
CIF: G36774271
Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2020
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Enxeñeria Sen FronteirasCONTIDOS
VIDA ASOCIATIVA
En agosto tivemos un pequeno respiro nas actividades asociativas. Aínda así, tivemos tempo para atoparnos un par de xoves no Grupo de Apoio Mútuo Dixital. Por outra banda, adherímonos ao comunicado sobre a morte de Eleazar Blandón, o traballador nicaraguano, e lembrámonos, como cada ano, da masacre de Hiroshima e as súas implicacións.
HONDURAS
En Honduras, a pesar da complicadísima situación, continúa o traballo no noso programa de soberanía alimentaria, máis necesario que nunca, financiado pola Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación. Fíxose entrega de sementes para familias, de xeito que poidan sementalas e recoller na última colleita (postrera), antes de que en novembro empece a época seca. Por outra banda, continuou a escola de monitoreo de dereitos humanos co módulo de “Documentación de Casos de Violaciones de Derechos Humanos“. Estamos traballando nunha proposta para impulsar o programa de dereito á auga, tan importante nestes tempos, que presentaremos a financiación da Agencia Española de Cooperación a principios de setembro. Non se deixou de estar en contacto coa cooperación española en Honduras, con un encontro en liña durante o mes e o seguemento do programa que estamos a realizar financiado por AECID dentro do noso programa de soberanía alimentaria (en colaboración con Amigos de la Tierra e VSF Justicia Alimentaria Global).
Queremos enviar moitas apertas e folgos nestes tempos tan complicados ás organizacións coas que traballamos en Honduras: CODDEFFAGOLF, Mancomunidade NASMAR e AHJASA. Son un exemplo de valentía e de traballo por mellorar a vida das persoas da súa rexión.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
E NO PRÓXIMO MES …
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook, instagram, Twitter e na nosa canle de telegram difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
“O problema do home non está na bomba atómica, senon no seu corazón”. Albert Einstein
Ciberfaladoiro. O futuro da cooperación (I).
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Enxeñeria Sen FronteirasOnte no ciberfaladoiro falamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento. Tivemos como referencia o mini-documental ¿Puede una mujer PERUANA ser más RENTABLE que la BOLSA?: El caso de Microwd, onde saen varios puntos que nos pareceron interesantes para xenerar debate.
Algúns dos temas e ideas forza que saíron foron:
Apoiamos o comunicado sobre a morte de Eleazar Blandón. Non deixar a ninguén atrás!!
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Enxeñeria Sen FronteirasDende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia adherímonos a este comunicado da Asociación Nicaragua Libre pola morte de Eleazar Blandón, un símbolo da escravitude que aínda continua no século XXI. Dase a circunstancia de que Eleazar era de Jinotega, Nicaragua, onde traballamos durante 4 anos (2007 a 2010), o cal nos axuda a poñer ás persoas no contexto do seu lugar de orixe, empatizando aínda máis se cabe con tantísimos casos de persoas que, coma el, esfórzanse día a día por buscar unha vida mellor para os seus, e caen víctimas do egoísmo e da barbarie que manteñen “tan desenvolvidos” aos “países desenvolvidos”.
Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2020
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Enxeñeria Sen FronteirasCONTIDOS
VIDA ASOCIATIVA
En xullo, coa chegada do verán e a “nova normalidade”, relaxamos un pouco (só un pouco) a actividade en Galicia. Foi un xeito de coller folgos e prepararnos para o vindeiro curso. O día 4 tivemos Asemblea Xeral telemática para aprobar as contas da asociación. Adicamos tempo a facer unha análise dos programas dos partidos políticos para as eleccións galegas do 12 de xullo. Continuamos coas reunións dos xoves ás 22:30 do Grupo de Apoio Mútuo Dixital, onde hai un grupiño estable de persoas á espera de poder darlle o impulso definitivo con algunha quedada presencial, e tamén tivemos tempo para un par de ciberfaladoiros, un o 14 de xullo sobre Mundo Rural-Mundo Urbano e outro o 28 de xullo sobre Renda Básica Universal nun mundo automatizado en cuarentena. Antes, o 9 de xullo, tivemos un interesantísimo encontro de ESFeiras polo mundo, onde poidemos coñecer de primeira man, a través dos testemuños de esfeiras, como se estivo a vivir a crise da COVID19 en lugares como Brasil, República Dominicana, El Salvador, Honduras, Inglaterra ou Ecuador e reflexionamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento, a modo de continuación do último programa de ESFRAdio. Tivemos tempo, ademais, de deseñar dous apasionantes proxectos para presentar ás axudas da Xunta de Galicia de educación Xpara o desenvolvemento. Un de traballo en educación para o desenvolvemento nas universidades técnicas en colaboración coa rede Artigo9TEch (da que formamos parte), e outro para tratar de dar continuidade ao iniciado o ano pasado de pontes entre movementos galegos e hondureños de defensa do territorio e dos servizos básicos (máis importante que nunca neste contexto tan complicado no que estamos, onde non hai que deixar de visibilizar a interdependencia e a xustiza global para facer desta Terra que compartimos un lugar mellor).
HONDURAS
Tivemos ocasión de coñecer de primeira man a situación no país, falando con Raquel (a nosa representante país) e Elmer (que da apoio a Raquel en Honduras). Raquel está de volta en España, pola situación de crecente complicación da crise da COVID19 no país. Estase en proceso de repensar as prioridades dos proxectos en marcha, que son todos do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio: a segunda anualidade do proxecto de apoio a grupos de marisqueo e pesca co asesoramento de CETMAR, financiado pola Xunta, sufrirá cambios (tanto pola situación da COVID19 como por problemas no estado das auga do Golfo); o que comenza este ano en colaboración co CEXEF, tamén financiado pola Xunta, de apoio a productoras e continuando o fortalecemento das Oficinas Municipales de la Mujer dos municipios da Mancomunidade NASMAR, precisará algún reaxuste. Entretanto, continuou o programa que se impulsa co apoio da AECID en colaboración (ao igual que o resto, en colaboración con CODDEFFAGOLF). Durante o mes de agosto estaremos preparando un novo proxecto para acadar financiación da AECID, este dentro do programa de Dereito Humano á Auga.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
E NO PRÓXIMO MES …
A ESF-RASE DO MES
Aínda que de poder prácticamente ilimitado, as nosas tecnoloxías son ferramentas sen mangos. Langdom Winner
Ciberfaladoiro: Renda Básica Universal nun mundo automatizado en cuarentena
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Enxeñeria Sen FronteirasOnte no ciberfaladoiro estivemos falando sobre Renda Básica Universal. Aquí un breve vídeo para enterarnos de que vai isto.
Xurdiu a cuestión de que o debate da Renda Básica Universal xa case non é de si debe implementarse ou non, xa que co tempo tarde ou temprano vai facer falta algo semellante. Tanto a esquerda coma a dereita económica van coincidindo nisto, xa que cada vez somos máis eficientes economicamente como especie (e a automatización ten e aínda terá máis moita culpa disto) e a este ritmo moita xente (individuos) queda sen traballo asalariado, fora do sistema e finalmente na pobreza. Ao mellor hoxe en día, no noso entorno, isto non era todavía o máis común, pero eventualmente si o será e de feito coa crise da COVID19 estase vendo a cousa complicada (de feito se visibilizou máis que nunca a RBU e se chegou a falar de Renda Básica de Cuarentena como preludio dunha RBU). E claro, moralmente se temos producción de sobra e non todo o mundo pode traballar de xeito asalariado, non podemos deixar simplemente que haxa persoas que o pasen mal sen que teñan outra opción. Por outra banda, as persoas teñen a manía de seguir nacendo, e parece que a defensa do “traballo universal asalariado” cada vez ten menos sustento, porque mesmo traballando con salario hai persoas pobres.
Faláronse dalgunhas vantaxes claras da RBU:
Tamén se comentaron elementos que soen ser criticados nos debates sobre RBU, sobre todo tres:
Tamén hai outros cuestionamentos como que non sería “a ferramenta definitiva” contra a desigualdade e na busca dunha sociedade máis xusta, como cuestiona algunha xente.
Tocouse ademais algunha cuestión en discusión entre quen defende a RBU:
Este foi un primeiro encontro en Enxeñería Sen Fronteiras sobre esta temática. Esperamos ir tendo algo máis para poder ter elementos de discusión nun tema que pensamos que vai ter moito recorrido, e vai estar moi vinculado aos efectos da tecnoloxización e automatización da sociedade para poder poñer a tecnoloxía ao servizo do ben común.
Recomendamos as películas “Yo, Joe Black” e “Los lunes al sol”, para entender un pouco o pozo e o laberinto de violencia administrativa que representan as axudas actuais (incluido o Ingreso Mínimo Vital).
Máis info:
Para actuar en Galicia:
Análises dos programas políticos para as eleccións galegas do 12 de xullo
/0 Comments/in Noticias, Uncategorized @gl /by Enxeñeria Sen FronteirasDende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos que a tecnoloxía e ciencia pódense poñer ao servizo do ben común para acadar un mundo xusto e solidario. Tamén actuando localmente, neste caso dende Galicia, pódese contribuir a esa sociedade mellor. Por iso no seu día fixemos chegar as nosas propostas aos distintos partidos políticos que concurren nas eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro domingo 12 de xullo.
Agora deixamos as análises que fixemos dos programas de 10 partidos dos que concorren a estas eleccións, e un cadro resumo comparativo. Esperemos sexa útil tanto ás persoas electoras como aos propios partidos políticos.
————————————————————————————————————————————————
Partido Socialista de Galicia-PSOE
Programa:
https://issuu.com/psdeg/docs/bases_programticas._marzo_2020
Análise
Partido Popular de Galicia
Programa:
https://feijoo.gal/wp-content/uploads/2020/06/PROGRAMA_ELECTORAL-ELECCIO%CC%81NS-AUTONO%CC%81MICAS_2020.pdf
Análise
Partido Animalista PACMA
Programa:
https://pacma.es/wp-content/uploads/2020/07/Compromiso-electoral-Galicia-galego.pdf
Análise
Ciudadanos Galicia
Programa:
https://www.ciudadanos-cs.org/var/public/documentos/2020-07/programa-cs-elecciones-gallegas.pdf
Análise
Marea Galeguista
Programa:
https://enmarea.gal/mareagaleguista/wp-content/uploads/2020/06/Programa-MG.pdf
Análise
Bloque Nacionalista Galego
Programa:
https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2020/06/15/programa_galegas_2020.pdf
Análise
Galicia en Común-ANOVA-MAREAS
Programa:
https://www.gecam.gal/wp-content/uploads/2020/06/Programa_def-1.pdf
Análise
VOX
Programa:
https://www.ondacero.es/noticias/elecciones-galicia/programa-electoral-completo-vox-elecciones-galicia_202006295efa16d23c943200016993a0.html
Análise
Por un Mundo máis Xusto
Programa:
https://www.porunmundomasjusto.es/wp-content/uploads/2020/07/ProgramaGalicia2020-PorUnMundoM%C3%A1isXusto.pdf
Análise
EQUO Galicia
Programa: http://equogalicia.org/eleccions-galicia-2020/
Análise