Resumo do ciberfaladoiro “Modelos de transición enerxética: o caso de As Pontes”
O agotamento das materias primas como o carbón e o petróleo, impón á humanidade un dos seus grandes retos no futuro próximo.
A transición enerxética é un proceso que nos vai acadar, mais cedo que tarde, a todas as persoas. A nivel particular cadrou que persoas que conforman a base social de Enxeñería sen Fronteiras están vivindo esa transición no pobo dás Pontes. Esa foi a semente deste ciberfaladoiro.
Como documento previo, propuxose o vídeo-documental “Ciclo combinado”. Fálase sobre a existencia de outros documentos audiovisuais. Sobre a transformación da mina na lagoa existe Azul y verde sobre Negro. Tamén El carbón, fuente de energía de As Pontes. Historia del complejo minero-eléctrico de As Pontes 1972 – 2012, o cal non fumos capaces de atopar nas redes.
Partellamos as seguintes conclusións.
– Falamos sobre o ciclo vital das industrias, e que cando rematan hai que prever alternativas. Falouse de que o plan dás Pontes tiñase que ter posto en marcha fai 20 anos, cando se anuncia o peche da mina.
– Sobre a importancia da transparencia e a participación cidadá para levar a cabo procesos de desenvolvemento da vila. Púxose de manifesto carencias nese sentido.
– Falase sobre as estructuras credas na vila, fitos patrimoniais que ainda de titularidade privada, son ben de interese público e social. A importancia da súa posta en valor, e da súa significancia como ben común. Polo tanto, sobre o futuro dos cales deben tomar partido todas as persoas do pobo. No caso dás Pontes, cítanse:
- A chimenea da central térmica (Endesa Termic), cunha altura de 356 metros supón unha estructura única no mundo, a terceira mais alta de Europa e aparecendo no Libro Guinness dos Records como a estructura de maior volume do mundo.
- O parque de carbóns. Unha cuberta metálica, menos coñecida por estar á sombra da chimenea pero singular. Para facerse unha idea das súas dimensións, dentro dela colllerían tres estadios de Riazor completos.
– Faise unha análise sobre as loitas levadas a cabo no último ano. E sobre a estratexia de darlle ó pobo “esperanzas” que o final acaban diluindo o movemento e a forza inicial, creando frustración, dinámicas e sentimentos de impotencia que acaban favorecendo os grupos de poder e de interés.
– Fálase sobre o feito de que as decisións de Endesa-Enel se tomen nun Consello de Administración en Italia sen ningún coñecemento da realidade dos pobos sobre os cales se toman decisións.
– Comentase sobre a opacidade na toma de decisións, a todos os niveis, e a necesidade de crear espazos de participación.
Para rematar, acordamos seguir intercambiando información e opinións. Ademáis, proponse facer un roteiro na vila dás Pontes, para que a base social coñeza de primeira mán a realidade dese pobo.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!