Posts

Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2023

Benvidxs ao BOE de febreiro 2023. Se prefires a versión sonora resumida en 6 minutiños en formato podcast, aquí podes escoitala!

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Este mes soupemos que teremos representación ESFeira no encontro de persoas interesadas en Cultura Libre e Tecnoloxías Abertas (esLibre), para falar da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre de Galicia. A Zaragoza que imos en maio!

    Ademais, Thais Pousada, do grupo de Tecnoloxía Inclusiva, publicou un post no blogue La Tecnología No Nos Salvará, en El Salto, falando de tecnoloxías de baixo custo para apoio ás persoas con discapacidade.

    Despois do proceso de selección realizado en xaneiro, o 1 de febreiro se incorporou ao equipo técnico de persoas contratadas de ESF Sandra, que viaxará a Honduras para apoiar no seguimento dos proxectos ao equipo que xa estaba aló.

    Dentro do programa Hackers Sen Fronteiras, onde levamos temáticas relacionadas con distintos aspectos da tecnoloxía para o ben común, houbo no IES San Rosendo de Mondoñedo un obradoiro de escritura creativa distópica a cargo de Antía Yañez (e saíron historias ben chulas!).


HONDURAS

  Xaneiro foi un mes tranquilo nos proxectos, tralas festas de Nadal.

    Destacamos que, no programa de promoción de dereito á auga, persoal da Mancomunidade NASMAR e da Secretaría de Salud fixeron levantamento de información para ampliar a obra do Laboratorio de Auga. Se pretende empregar un laboratorio que servía para análise de sal, auga e alimentos que estaba en desuso na poboación de Jícaro Galán, rehabilitándoo. Acordouse ampliar equipamento inicialmente previsto para mellorar a detección de metais pesados, pola alta incidencia dalgunhas enfermedades, como a enfermedade renal crónica no sur do país (xa hai tempo que se coñece a relación entre metais pesados e esta enfermedade). No sur do país, hai moita xente en diálise en centros que funcionan a 3 turnos de persoal pola alta demanda. No proxecto que se está a comezar financiado pola Agencia Española de Cooperación, ademais desa rehabilitación do laboratorio, estudarase a auga da zona de Laure e de Sartenejal, debido a esta situación. Tamén se está a buscar financiación a maiores para esa ampliación de equipamento, por exemplo co Fondo Galego de Cooperación.

    Dentro do programa de apoio ao dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria, estes días estiveron con formacións para colectivos de mulleres marisqueiras.


MOZAMBIQUE

No mes de xaneiro deuse apoio á elaboración do informe intermedio da época chuviosa da ARA Sur, e avanzouse na definición de contidos do Traballo Fin de Mestrado en hidroloxía que vai ser a co-tutorado desde o proxecto na Universidade Eduardo Mondlne (UEM). Durante xaneiro tamén se traballou na coordinación, con as ARAs Sur e Norte e a UEM, da misión de 4 semanas que está a realizar Manuel Alvarez e que estará centrada no fortalecemento institucional de ambos organismos para a monitoria da seca e na realización dunha formación presencial na universidade.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes traemos o vídeo musical-performance de Maxiell G, video clip Ciclos, que representa o proceso creativo do proxecto audiovisual Doc “Ciclos”, que nace como resultado final da Escola de Saúde Menstrual “LUA”. Foi coordinado pola Colectiva “Nosotras las preferimos sencillas” de Honduras, Tegucigalpa. 


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Nadie está disposto a renunciar nin a un ápice de comodidade e a alternativa é desaparecer como especie.

Enrique Dans

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2023

Se prefires a versión resumida en podcast, aquí podes escoitala!

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En decembro continuamos o proxecto de Hackers Sen Fronterias, con faladoiros en centros de ensino de secundaria sobre distintos aspectos da tecnoloxía para o ben común. A principios de mes estivemos en Curtis facendo o faladoiro introductorio para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Logo foi o turno do IES de Celanova, onde falamos sobre soberanía alimentaria a FB básica, 1º de bacharelato e 3º da eso, e onde Martina e Lucía contaron a súa experiencia como mulleres tecnólogas polo ben común a 4º da ESO.

    Precisamente o grupo de Mulleres Tecnólogas para o Ben Común de ESF tivo un par de encontros presenciais en decembro, en Santiago (aproveitando o encontro da base social de outono, a nosa Xuntanza) e en A Coruña, para ir facendo grupo.

    Ademais da Xuntanza de principio de mes, que aproveitamos para celebrar a nosa Asemblea Xeral (onde aprobamos novos estatutos!) e outras sesións coa base social que foron moi curativas, tivemos a final de mes a comida de Nadal, que xa empeza a ser tradición. Aproveitamos para falar de moitas cousiñas, coñecerse moita xente que está fora e aproveita as festas para vir a Galicia e, en resumo, vertebrar.

    O proxecto de tecnoloxía para o ben común nas universidades galegas, que financiou a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo e comezara en 2021, chegou ao seu fin da súa primeira fase. Tivemos un encontro en A Coruña da rede Artigo9Tech para facer ese peche, que serveu para compartir as iniciativas de investigación en tecnoloxías para o ben común financiadas pola rede e pensar no futuro da propia rede. Na nosa web fomos deixando os resumos das 4 iniciativas apoiadas:

  • VisualTech, plataforma para mapeo de produtos de apoio de baixo custo
  • ATOPA, app para mellorar a convivencia nas aulas
  • Xogando coas letras, ferramenta didáctica para mellorar a lecto-escritura de persoas con dificultades 
  • INVIT, Innovación en vivenda transicional como proceso para a recuperación das persoas desprazadas

    Tamén como peche deste proxecto, lle adicamos o especial de Nadal de ESFRadio á rede Artigo9Tech e a esas iniciativas, con varias das investigadoras involucradas. A principio de mes saíra ao aire o programa de ESFRadio sobre “moedas sociais”, onde tivemos connosco dúas persoas impulsoras dunha moeda social galega, A Sabia.


HONDURAS

    En Honduras durante decembro só nos quedou unha das tres persoas que participaron en 2022 no Programa de Coñecemento da Realidade, Mateo. A súa crónica sobre o barrio foi a última antes de rematar a súa estancia. Tamén foi o cronista do encontro que, dentro do proxecto ‘Mejora de la gestión comunitaria del agua en el sur de Honduras, Fase 1’, financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, tivo lugar para intercambio sobre boas prácticas de xestión da auga e as microcuncas no sur de Honduras.   

    Por outra banda, abrimos unha praza para persoal técnico expatriado en Honduras, que se incorpore ao equipo de 3 persoas que xa están no país. A mediados de xaneiro esperamos ter á persoa.


MOZAMBIQUE

En Mozambique, co proxecto no que ESF colabora con Augas de Galicia, decembro foi un mes de peche de ano, con traballo da Administraçao Regional da Agua do Sul nas súas propias labores administrativas e de xestión. Ademais, tramitouse a bolsa para un dos seus técnicos de xeito que puidera completar o seu mestrado en Hidráulica e Recursos Hídricos na Universidade Eduardo Mondlane, na súa Facultade de Engenharia. En Galicia, estivemos xa empezando o deseño de como queremos que sexa a imaxe e a difusión deste proxecto, ao que queremos visibilizar moito máis. Para iso contaremos coa colaboración de AGARESO, especialistas nestes temas coas que xa temos traballado no proxecto que vén de rematar de Mulleres Bravas.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Empezamos o ano bailongas coa lista de reprodución de “Mujeres que cambian el mundo, unha lista con músicas de mulleres de todo o mundo que reivindican os seus dereitos e bailan a revolución.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Leváronnos a todos a imaxinar un modelo que só contempla a competencia. Estamos todos enloquecidos competindo uns cos outros.

Xavier Soler, en entrevista podcast RAdiactivas

Boletín Oficial ESFeiro. Decembro 2022

Aquí se pode escoitar o Boletín Sonoro ESFeiro de decembro 2022, podcast que resume o boletín oficial que podes ler a continuación

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En novembro visibilizamos o primeiro dos 4 proxectos de investigación realizados grazas a convocatoria que sacamos con Artigo9Tech de tecnoloxía para o ben común. O proxecto INVIT busca desenvolver unha vivenda de transición, que mellore a situación das persoas desprazadas no mundo.

    Estivemos na inauguración no Parlamento de Galicia da exposición De oficio, defensoras, presentando unha da fotos a varias deputadas e deputados (e tamén a estudantes dun instituto que pasaron por alí!).

    Ademais, xusto a última finde de outubro uníndose coa ponte do 1 de novembro, celebramos a reunión anual de todas as asociacións de ISF de España, a Cósmica. ESte ano veu a Galicia, a Lugo. Durante novembro deixamos algunhas crónicas do que por alí aconteceu, como este resumo xeral ou as aprendizaxes do obradoiro ISF-universidade. Incluso tivemos programa de radio!

    Os días 3 e 24 estivemos no IES Monte Carrasco de Cangas cacharreando grazas ao grupo de Bancos de REciclaxe, no programa Hackers Sen Fronteiras que estamos a desenvolver en centros de secundaria en Galicia. 

    E, para rematar ben o mes, os Bancos de REciclaxe Electrónico con Software Libre foron seleccionados como boa práctica para presentar no Congreso Estatal de Voluntariado en Tenerife. Alí foi Paola en representacion!


HONDURAS

    En Honduras, na liña de traballo de soberanía alimentaria, fíxose xa unha primeira reunión cos 4 grupos de mulleres marisqueiras do municipio isleño de Amapala, para socializar as accións do novo proxecto de fortalecemento da actividade marisqueira.

    Na outra gran liña de traballo, a de defensa do dereito á auga, tivemos unha excelente nova. Acadouse financiación de 498.355 euros da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, para realizar o proxecto Mejora de la Gestión Pública y Social para la Gobernanza de los Recursos hídricos en 9 Municipio de la Región 13 Golfo de Fonseca F1. Trátase do maior proxecto para o que ESF ten acadado financiación. Pronto informaremos dos detalles do mesmo, que se desenvolverá até 2025.

    En novembro ademais recibimos varias crónicas das participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2022. Carmen, antes de regresar a Galicia, tivo tempo de facer varias crónicas, que se poden ver aquí, aquí e, xa de volta, mandounos a última. A crónica de Nicole centrouse no encontro que houbo no sur de Honduras a finais de outubro de persoas da Vía Campesina (incluindo unha compañeira do Sindicato Labrego Galego) con xente dos proxectos de soberanía alimentaria e CODDEFFAGOLF. A última crónica do mes correu a cargo de Mateo, con sorpresa musical incluída. Nicole marcha de Honduras xa a principios de decembro, e Mateo apurará aínda un pouco máis o tempo aló.

    Con tantas cousiñas en marcha tocaba facer un encontro do grupo de voluntariado que está pendente dos temas hondureños. Foi en liña, o día 28, e esperamos repetilos periódicamente.


MOZAMBIQUE

    En Mozambique o máis destacado, ademais de continuar o asesoramento dende Galicia para seguir cos boletíns de seca da ARA-Sul e empezar a implementar o Manual de Monitoreo de Seca, foi a concesión dunha bolsa para finalizar o Mestrado em Hidráulica e Recursos Hídricos na Faculdade de Engenharia da Universidade Eduardo Mondane. Foi para Ernesto, un dos técnicos da ARA Sul. 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes nos adicamos ao oitavo (hai quen di que noveno) arte, o cómic. Hubert Prolongeau, Grégory Mardon e Arnaud Delalande crearon ‘Cuando el trabajo mata‘.


E NO PRÓXIMO MES …

  • 1 de decembro: Día Mundial da Loita contra o SIDA
  • 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…).
  • 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
  • 3 de decembro: Xuntanza de Outono de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Será no CS As Fontiñas, en Santiago de Compostela. Comezará ás 10h coa sesión “Tecendo o relato emocional dunha historia de violencia patriarcal denunciada en ESF“. De 12:45 a 14h coñeceremos o traballo do grupo de Mullleres Tecnólogas para o Ben Común. Pola tarde, a partir das 16h, será a Asemblea Xeral da asociación.
  • 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
  • 5 de decembro: Día Mundial do Solo
  • 9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
  • 9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
  • 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
  • 14 de decembro: Encontro da Rede Artigo9Tech de profesorado pola tecnoloxía para o ben común. Será ás 10h na aula de graos 2 da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, A Coruña.
  • 18 de decembro: Día Internacional do Migrante
  • 19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
  • 20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
  • Semana do 26 de decembro: excursión e comida de nadal de ESF

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Este mes, dúas polo precio dunha!

Quizais o problema non é que no mundo haxa demasiada xente, senón que algúns ocupamos moito

Olayo Reynaud, no seu libro “Por donde sale el sol”

O mundo está cheo de boa xente, pero, claro, un sorriso fai menos ruído que unha bomba

Jota e Dani, amigos de Olayo Reynaud, transcrita no seu libro “Por donde sale el sol”

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2022

Aquí tes a versión sonora do boletín!

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Este mes xa se publicou o manifesto que apoiamos dende ESF de Agroecoloxía ou Barbarie. A finais de mes participamos nun Café do Mundo sobre Renda Básica Universal (recuperamos un video moi chulo sobre este instrumento de mellora da igualdade entre as persoas e aseguramento de dereitos), que servía para inaugurar o XXI Simposio Red Renta Básica.

Dentro do programa de tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas, fixémonos eco do TFG presentado en setembro na EPS de Lugo, no Grao de Enxeñería Forestal e do Medio Natural.

Na Coruña tivemos ocasión de cacharrear grazas ao Cafe Repair que organizamos na Domus. Falando de reparar, os Bancos de Reciclaxe con Software Libre siguen traballando, e tiveron tempo de facer unha pausiña para a súa reunión anual, que desta volta foi en Melide. Ademais, houbo unha formación na Coruña sobre tratamento de datos dixitais e seguridade dixital.

Tamén foi un mes para dar a coñecer o programa Secara de Mozambique, cun faladoiro informal en Santiago, e tamén en Santiago unha xornada máis técnica enfocada ás persoas de Augas de Galicia.

Estivemos, dentro do noso programa Hackers Sen Fronteiras, no IES Valadares de Vigo falando de Electrónica Ética, e no IES San Rosendo de Mondoñedo falando de tecnoloxía para o ben común.

Rematamos o mes de xeito grandioso na reunión de todas as ISF de España, á que chamamos “Cósmica“, que 8 anos despois volvía a Galicia, na cidade de Lugo. Grabamos un programiña de ESFRadio para contar como foi.


HONDURAS

    En Honduras, Raquel (a nosa representante-país Honduras) estivo falando sobre Comercio Xusto a compoñentes da Red de Jóvenes por el Clima. Tivemos unha visita dunha delegación de Vía Campesina, cunha persoa do Sindicato Labrego Galego nela (sindicato que é a rama de Vía Campesina en Galicia). En outubro viaxaron a Honduras Mateo e Carmen, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade, que se uniron a Nicole, que xa viaxara a finais de setembro. Xa empezaron a chegar crónicas das súas experiencias na estacia, que se prolongarán entre mes e medio e 3 meses.


MOZAMBIQUE

En Mozambique, tras a visita de Víctor e Manuel, vai vento en popa o inicio do traballo coa Administración Rexional da Auga do Norte. Tamén continua o traballo coa ARA-Sul, que xa está subindo os boletíns de seca á súa web.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

Este mes volvemos á música. Recomendamos a canción Hombre, de Pedro Pastor, no seu álbum Vulnerables.


E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

Estamos investindo o noso tempo e os nosos esforzos en tecnoloxías que non están deseñadas para axudarnos a afrontar a crise do noso tempo, que é a crise climática. Están deseñadas para controlarnos e enfrontarnos
Marta Peirano

Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2022


Se prefires a versión sonora (resumida) do boletín, aquí tes o Boletín Sonoro de setembro. Se non, segue lendo!

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   O mes de agosto foi un mes de acopio de forzas para o vindeiro curso. Pero tamén aproveitamos para visibilizar proxectos vindeiros, como o de Hackers Sen Fronteiras, para promover a tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario de Galicia, no que empezaremos con forza ao inicio do curso durante setembro.

Por outra banda, asinamos un convenio con Espazocoop, unha gran rede de cooperativas galegas que promove a economía social, coa que compartimos valores.

Seguimos en contacto co nodo galego de Rebelión Científica, que quere tratar de facer cousiñas dende as universidades. Se tes interese en colaborar contáctanos.

Ademais, aproveitamos a visita de Raquel, a nosa representante país en Honduras, para facer encontros con ela en A Coruña e Compostela, e coñecer de primeira man como vai todo por alí.


HONDURAS

  En Honduras continuou o traballo no programa de Soberanía Alimentaria, con formacións de procesado en productos lácteos e tamén unha feira de sementes criollas e productos labregos, dentro do proxecto financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo. Ademais, estanse a iniciar os dous novos proxectos financiados pola xunta neste 2022, tanto o de soberanía alimentaria como o de dereito á auga.


MOZAMBIQUE

    En Mozambique, na liña de traballo de difusión dun Boletín de Seca, xa o están a facer pola súa conta na Administración Regional da Agua do Sul (ARA-Sul). Na web xa se vai subindo máis ou menos mensualmente, aínda que a nivel político hai certo rexeitamento de informar e difundir temas de seca. Informa sobre niveis de embalses e, comparando con niveis doutros anos, asignan un nivel de seca. Tamén na ARA-Sul se aprobou en dirección un Manual de Procedementos da Seca, elaborado co apoio das persoas do proxecto. Cando cheguen as secas se empezará a validar. Por outra banda, se concederá unha bolsa a un técnico desta ARA-Sul para que remate o seu mestrado en xestión de recursos hídricos nunha universidade de Mozambique. Fixéronse ademais nas últimas semanas reunións con persoal da ARA-Norte (hai 3 no país, Sul, Centro e Norte), para empezar o seu fortalecemento. En setembro haberá unha visita a terreo para avanzar neste tema, xa iremos contando.

    Por se queredes saber máis do programa en Mozambique, este mes lle adicamos o programa de ESFRadio ao proxecto de Mozambique, e tivemos ocasión de conversar con Víctor Penas, o coordinador do programa en Mozambique deste consorcio, así como con Lizete Dias, Xefa do Departamento de Recursos Hídiricos da Administración Rexional da Auga Sul (ARA-Sul), institución coa que se está a traballar dende hai varios anos.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes toca escultura. Isaac Cordal, un artista frente a la crisis climática: “Mis esculturas cuestionan nuestra idea de progreso”.


E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

“As cooperativas son empresas que traballan con capital, pero non para o capital”
Tino Gago (http://espazo.coop)

Boletíns Sonoros ESFeiros do verán 2022

Despois de medio ano de parón, volve en ESFRadio o Boletín Sonoro ESFeiro, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. O facemos nun formato máis sinxelo, para poder manter a súa periodicidade.

Nuns 5 minutiños podes coñecer o máis importante do que fixemos en xuño e xullo en Galicia, Honduras e Mozambique (un novo país no que estamos a traballar), novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos do seguinte mes e a ESFrase do mes.

  • Aquí podes escoitar o de xuño, e aquí a versión web por se queres ampliar info e seguir os enlaces
  • Aquí está o de xullo, e aquí a versión web

Producido, guionizado e locutado por Sergio Fernández

Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en novembro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos de decembro e a ESFrase do mes.

Este programa se puido realizar grazas ao apoio do Concello de Lugo, coas axudas para proxectos de sensibilización na súa convocatoria de 2021.

Se che gustan os podcasts, proponnos algún tema para que desenvolvamos en programas monotemáticos, e apúntate a ESFRadio!

Boletín Sonoro ESFeiro: novembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. Esta vez, tivemos público na súa gravación!

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en outubro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Boletín Sonoro ESFeiro: outubro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en setembro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Tamén en Spotify

Boletín Sonoro ESFeiro: setembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en agosto en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Tamén en Spotify