Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2023
Pódese escoitar a versión sonora deste boletín en conxunto coa do mes de xullo neste enlace.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Este mes, por segundo ano consecutivo, tivemos a sorte de participar na Asemblea da Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (cun obradoiro de licenzas libres e bancos de reciclaxe con software libre para impulsar nos institutos, e un pequeno espazo na Asemblea Xeral para presentarnos e falar do programa Hackers Sen Fronteiras).
Fixemos un faladoiro na Escola de Minas e Enerxía da UVigo para que Xoel, participante no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en 2021 e estudante desa escola, contara a súa experiencia.
Participamos nas sesións de Vigo e A Coruña da Semana da Cooperación Universitaria, nas mesas de Alianzas ONG-Universidade e de Persoas na Cooperación respectivamente.
A actividade dos Bancos de Reciclaxe con Software Libre seguiu nos locais semana a semana, pero ademais estiveron 2 representantes nada menos que no congreso EsLibre en Zaragoza, falando desta iniciativa. A finais de mes tiveron tempo de organizar a terceira das xornadas do curso de Autodefensa Dixital que se leva a cabo na Domus da Coruña. Esta vez falaron do Fediverso e as redes sociais federadas como Mastodon, como alternativa a twitter (e a outras manexadas polas grandes multinacionais tecnolóxicas que comercian cos nosos datos persoais). Aquí podes ver a presentación utilizada.
Xa rematando o curso, aínda houbo movemento no programa Hackers Sen Fronteiras de tecnoloxía para o ben común nos instis de secundaria. Houbo un par de obradoiros para 3º da ESO do IES Curtis sobre cacharreo con computadoras (a xente dos bancos de reciclaxe non para!), así como outro de tecnoloxía inclusiva para persoas con problemas de mobilidade no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
Incluso tivemos ocasión de participar na mesa redonda en liña de Conectividade Global Efectiva, organizada pola Asociación de Enxeñería de Telecomunicacións de Galicia, onde falamos sobre como poñemos en ESF as TIC ao servizo de ben común. Aquí a podes ver!
Quedounos aínda tempo para proñoñer en redes sociais unha pequena adiviña tecnolóxica que agora tamén deixamos aquí. Ademais, deixamos unha reflexión polo Día do Comercio Xusto, un deses que deberían durar todo o ano…
HONDURAS
En Honduras estívose presentando o traballo de CODDEFFAGOLF nos proxectos que ten en marcha no Municipio de Marcovia, como parte da coordinación que é importante facer coas administracións públicas locais nos proxectos de cooperación. Ademais, hubo o II Foro comunitario “Cambio Climático con enfoque al manejo de cuencas hidrográficas”, impulsado tamén por CODDEFFAGOLF.
Rematouse o proxecto coa Deputación da Coruña, do que pronto deixaremos un resumo, pero aquí vai un adianto.
Traballouse arreo para preparar o deseño de dous proxectos que se presentan a principios de xuño para ser financiados á Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación, nos dous programas que temos en marcha no país: Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria. Aquí se pode ver o traballo cun caso concreto dunha aldea (Tres Piedras) cuxo abastecemento de auga se incĺúe nos proxectos (con video incluido!). Cruzamos os dedos!
MOZAMBIQUE
En Mozambique, todo está preparado para que o domingo 4 de xuño chegue a Galicia a visita de Lizete Dias, Xefa del Departamento Recursos Hídricos e Ernesto Tivane, técnico Recursos Hídricos, da Administraçao Regional das Águas do Sul de Moçambique (un dos socios máis antiguos do programa). Estarán toda unha semana visitando distintos proxectos e facendo encontros técnicos con persoas de Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Consellería de Infraestruturas, Cooperación Galega da Xunta de Galicia, da Universidade da Coruña e, como non, coa nosa base social. Aquí se pode ver a axenda completa.
Por outra banda, pronto teremos ademais dispoñible unha clarificadora infografía sobre o que estamos a facer, dentro da campaña que impulsaremos para visibilizar o traballo de Aqua Moz todos estes anos.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Documental. Cerponzóns, a nosa auga. 43min 45seg
- ¿De dónde sale el agua para cubrir la demanda de litio?
Consumo responsable
- Por qué el consumo sí tiene poder para cambiar las cosas
- Pesticidas en alimentos, ¿riesgo para la salud?
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Un juego de la oca gigante para amar Coia
- Guía del uso del juego en coeducación y la prevención de violencias machistas. Intered
- Rosco de ciberseguridad
- Guía Didáctica. Sáhara Occidental: desierto para los Derechos Humanos
- Ola reaccionaria en las aulas: “Cada día oigo más ‘Viva Franco’ y ‘Arriba España’”
- Humanizar el mercado o mercadear con la escuela
- Dinámicas para trabajar la supremacía blanca interna
- ¿Somos racistas en el cole? Experiencias de una maestra
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
- Mobi-liza. Asociación por unha mobilidade responsable
- Belda belda. De hilos, telas y de más…
- Galicia TTD. Proxecto de #OpenTTD no que se está a desenvolver un mapa de Galiza que recrea con detalle a nosa toponimia
- O Concello de Ames pon en marcha a campaña “Únete ao movemento da reciclaxe tecnolóxica!”
Investigación para o desenvolvemento
- Sex and gender analysis improves science and engineering
- Una investigación internacional revela que ya se han superado siete de los nueve umbrales que permiten la vida en la Tierra
Mundo
- AMÉRICA LATINA: Un mes atrapados en el desierto de la Concordia o el precio de cruzar la frontera
- EL SALVADOR: Santa Marta no está sola
- HONDURAS, país de riesgo para defensores de derechos humanos y libertad de expresión
- LIBIA: La Unión Europea financia la esclavitud de los inmigrantes africanos en Libia
- SAHARA OCCIDENTAL: Las torturas a mujeres en el Sáhara Occidental: “Me ataron a una cama y me echaron agua pestilente a la cara”
- SAHARA OCCIDENTAL: Hacia la extinción de la patria saharaui
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Material audiovisual de apoio para agroecoloxía en Centroamérica. Organización ANAFAE Honduras.
- Estos son los alimentos que podrían desaparecer por la sequía
- Mapa de Conflictos Mineros en América Latina
- La revolución de la nanotecnología en agricultura
- Transitar hacia modelos alimentarios agroecológicos basados en el territorio
- Touro, máis dun un lustro de resistencia veciñal contra a mina
- Exporta, explota, me expló!
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Entramados Hackfeministas: curiosidad, tecnología y cuidados
- Stadtnavi impulsa un aire máis limpo con software libre
- Linux for schools: why use Ubuntu for education
- Mastodon, unha rede de redes de código aberto que facilita deixar o twitter
- Los creadores de la Inteligencia Artificial advierten por carta que esta tecnología pone en “peligro de extinción” a la humanidad
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- How to Prolong Lithium-based Batteries
- La traducción al español de un juego de mesa siembra polémica al eliminar los pronombres inclusivos
- Gasto militar y belicismo en España
- Desgranadora de maíz de bajo coste
Voluntariado e Persoas
- Mariah Oliver, la primera Latin Queen de España: “Si te para la policía cada día, acumulas rabia y la sueltas en la calle”
- Carmen, contra este modelo de parques eólicos: “Es colonialismo eléctrico” (Carmen é colaboradora de ESF dende hai moitos anos)
- Ser la jefa en la obra civil: eres “bruja” si estás seria y una “mal follada” si les llevas la contraria
- Activistas hondureños e galegos unidos pola defensa de Touro
- Desmontar el patriarcado
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Imos recomendar este mes a performance da artista hondureña Scarlett Rovelaz, Fluidez-Thyssen. Vaina interpretar o 28 de xuño no Museo Thyssen, que nos queda algo a desmán, pero que tal vez alguén de vós vos cooincida estar por alí… Seguro que paga a pena!
E NO PRÓXIMO MES …
- 2 de xuño: Día Nacional da Doazón de órganos, tecidos e células
- 3 de xuño: Día Mundial da Bicicleta
- 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
- 6 de xuño: 19h. Praza de Cervantes en Santiago de Compostela. Encontro informal coas 2 técnicxs da Administraçao Regional das Águas do Sul de Moçambique
- 7 de xuño: 12h. Escola de Camiños UDC A Coruña. Encontro técnico con alumnado, persoal de GEAMA e Enxeñería Sen Fronteiras con 2 técnicxs da Administraçao Regional das Águas do Sur de Moçambique, que visitan Galicia nunha xira dentro do programa Aqua Moz
- 8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
- 12 de xuño: Día Mundial contra o Traballo Infantil
- 15 e 16 de xuño. II Cumio Galego contra os Discursos de Odio. Santiago de Compostela
- 16, 17, 18 de xuño. VII Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio “Odio ou convivencia”. A Coruña
- 16-17 de xuño: IV Xornadas de Aprendizaxe e Servizo Universidade da Coruña
- 17 de xuño: Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca
- 17 de xuño: Repair Cafe no MUNCYT A Coruña, de bicicletas e computadoras. 11 a 14h
- 20 de xuño: Día Mundial das Persoas Refuxiadas
- 23 de xuño: Día Internacional das Mulleres na Enxeñería
- 25 de xuño: Día da Xente do Mar
- 1 de XULLO: Repair Cafe Vigo para darlle unha segunda oportunidade á túa computadora. No Cafe UF
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Os meus silencios non me protexeran. O teu silencio non te protexerá