Posts

Boletín Oficial ESFeiro. Decembro 2022

Aquí se pode escoitar o Boletín Sonoro ESFeiro de decembro 2022, podcast que resume o boletín oficial que podes ler a continuación

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En novembro visibilizamos o primeiro dos 4 proxectos de investigación realizados grazas a convocatoria que sacamos con Artigo9Tech de tecnoloxía para o ben común. O proxecto INVIT busca desenvolver unha vivenda de transición, que mellore a situación das persoas desprazadas no mundo.

    Estivemos na inauguración no Parlamento de Galicia da exposición De oficio, defensoras, presentando unha da fotos a varias deputadas e deputados (e tamén a estudantes dun instituto que pasaron por alí!).

    Ademais, xusto a última finde de outubro uníndose coa ponte do 1 de novembro, celebramos a reunión anual de todas as asociacións de ISF de España, a Cósmica. ESte ano veu a Galicia, a Lugo. Durante novembro deixamos algunhas crónicas do que por alí aconteceu, como este resumo xeral ou as aprendizaxes do obradoiro ISF-universidade. Incluso tivemos programa de radio!

    Os días 3 e 24 estivemos no IES Monte Carrasco de Cangas cacharreando grazas ao grupo de Bancos de REciclaxe, no programa Hackers Sen Fronteiras que estamos a desenvolver en centros de secundaria en Galicia. 

    E, para rematar ben o mes, os Bancos de REciclaxe Electrónico con Software Libre foron seleccionados como boa práctica para presentar no Congreso Estatal de Voluntariado en Tenerife. Alí foi Paola en representacion!


HONDURAS

    En Honduras, na liña de traballo de soberanía alimentaria, fíxose xa unha primeira reunión cos 4 grupos de mulleres marisqueiras do municipio isleño de Amapala, para socializar as accións do novo proxecto de fortalecemento da actividade marisqueira.

    Na outra gran liña de traballo, a de defensa do dereito á auga, tivemos unha excelente nova. Acadouse financiación de 498.355 euros da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, para realizar o proxecto Mejora de la Gestión Pública y Social para la Gobernanza de los Recursos hídricos en 9 Municipio de la Región 13 Golfo de Fonseca F1. Trátase do maior proxecto para o que ESF ten acadado financiación. Pronto informaremos dos detalles do mesmo, que se desenvolverá até 2025.

    En novembro ademais recibimos varias crónicas das participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2022. Carmen, antes de regresar a Galicia, tivo tempo de facer varias crónicas, que se poden ver aquí, aquí e, xa de volta, mandounos a última. A crónica de Nicole centrouse no encontro que houbo no sur de Honduras a finais de outubro de persoas da Vía Campesina (incluindo unha compañeira do Sindicato Labrego Galego) con xente dos proxectos de soberanía alimentaria e CODDEFFAGOLF. A última crónica do mes correu a cargo de Mateo, con sorpresa musical incluída. Nicole marcha de Honduras xa a principios de decembro, e Mateo apurará aínda un pouco máis o tempo aló.

    Con tantas cousiñas en marcha tocaba facer un encontro do grupo de voluntariado que está pendente dos temas hondureños. Foi en liña, o día 28, e esperamos repetilos periódicamente.


MOZAMBIQUE

    En Mozambique o máis destacado, ademais de continuar o asesoramento dende Galicia para seguir cos boletíns de seca da ARA-Sul e empezar a implementar o Manual de Monitoreo de Seca, foi a concesión dunha bolsa para finalizar o Mestrado em Hidráulica e Recursos Hídricos na Faculdade de Engenharia da Universidade Eduardo Mondane. Foi para Ernesto, un dos técnicos da ARA Sul. 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes nos adicamos ao oitavo (hai quen di que noveno) arte, o cómic. Hubert Prolongeau, Grégory Mardon e Arnaud Delalande crearon ‘Cuando el trabajo mata‘.


E NO PRÓXIMO MES …

  • 1 de decembro: Día Mundial da Loita contra o SIDA
  • 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…).
  • 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
  • 3 de decembro: Xuntanza de Outono de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Será no CS As Fontiñas, en Santiago de Compostela. Comezará ás 10h coa sesión “Tecendo o relato emocional dunha historia de violencia patriarcal denunciada en ESF“. De 12:45 a 14h coñeceremos o traballo do grupo de Mullleres Tecnólogas para o Ben Común. Pola tarde, a partir das 16h, será a Asemblea Xeral da asociación.
  • 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
  • 5 de decembro: Día Mundial do Solo
  • 9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
  • 9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
  • 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
  • 14 de decembro: Encontro da Rede Artigo9Tech de profesorado pola tecnoloxía para o ben común. Será ás 10h na aula de graos 2 da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, A Coruña.
  • 18 de decembro: Día Internacional do Migrante
  • 19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
  • 20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
  • Semana do 26 de decembro: excursión e comida de nadal de ESF

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Este mes, dúas polo precio dunha!

Quizais o problema non é que no mundo haxa demasiada xente, senón que algúns ocupamos moito

Olayo Reynaud, no seu libro “Por donde sale el sol”

O mundo está cheo de boa xente, pero, claro, un sorriso fai menos ruído que unha bomba

Jota e Dani, amigos de Olayo Reynaud, transcrita no seu libro “Por donde sale el sol”

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2022

Aquí tes a versión sonora do boletín!

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Este mes xa se publicou o manifesto que apoiamos dende ESF de Agroecoloxía ou Barbarie. A finais de mes participamos nun Café do Mundo sobre Renda Básica Universal (recuperamos un video moi chulo sobre este instrumento de mellora da igualdade entre as persoas e aseguramento de dereitos), que servía para inaugurar o XXI Simposio Red Renta Básica.

Dentro do programa de tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas, fixémonos eco do TFG presentado en setembro na EPS de Lugo, no Grao de Enxeñería Forestal e do Medio Natural.

Na Coruña tivemos ocasión de cacharrear grazas ao Cafe Repair que organizamos na Domus. Falando de reparar, os Bancos de Reciclaxe con Software Libre siguen traballando, e tiveron tempo de facer unha pausiña para a súa reunión anual, que desta volta foi en Melide. Ademais, houbo unha formación na Coruña sobre tratamento de datos dixitais e seguridade dixital.

Tamén foi un mes para dar a coñecer o programa Secara de Mozambique, cun faladoiro informal en Santiago, e tamén en Santiago unha xornada máis técnica enfocada ás persoas de Augas de Galicia.

Estivemos, dentro do noso programa Hackers Sen Fronteiras, no IES Valadares de Vigo falando de Electrónica Ética, e no IES San Rosendo de Mondoñedo falando de tecnoloxía para o ben común.

Rematamos o mes de xeito grandioso na reunión de todas as ISF de España, á que chamamos “Cósmica“, que 8 anos despois volvía a Galicia, na cidade de Lugo. Grabamos un programiña de ESFRadio para contar como foi.


HONDURAS

    En Honduras, Raquel (a nosa representante-país Honduras) estivo falando sobre Comercio Xusto a compoñentes da Red de Jóvenes por el Clima. Tivemos unha visita dunha delegación de Vía Campesina, cunha persoa do Sindicato Labrego Galego nela (sindicato que é a rama de Vía Campesina en Galicia). En outubro viaxaron a Honduras Mateo e Carmen, participantes no Programa de Coñecemento da Realidade, que se uniron a Nicole, que xa viaxara a finais de setembro. Xa empezaron a chegar crónicas das súas experiencias na estacia, que se prolongarán entre mes e medio e 3 meses.


MOZAMBIQUE

En Mozambique, tras a visita de Víctor e Manuel, vai vento en popa o inicio do traballo coa Administración Rexional da Auga do Norte. Tamén continua o traballo coa ARA-Sul, que xa está subindo os boletíns de seca á súa web.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

Este mes volvemos á música. Recomendamos a canción Hombre, de Pedro Pastor, no seu álbum Vulnerables.


E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

Estamos investindo o noso tempo e os nosos esforzos en tecnoloxías que non están deseñadas para axudarnos a afrontar a crise do noso tempo, que é a crise climática. Están deseñadas para controlarnos e enfrontarnos
Marta Peirano

Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2022


Se prefires a versión sonora (resumida) do boletín, aquí tes o Boletín Sonoro de setembro. Se non, segue lendo!

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   O mes de agosto foi un mes de acopio de forzas para o vindeiro curso. Pero tamén aproveitamos para visibilizar proxectos vindeiros, como o de Hackers Sen Fronteiras, para promover a tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario de Galicia, no que empezaremos con forza ao inicio do curso durante setembro.

Por outra banda, asinamos un convenio con Espazocoop, unha gran rede de cooperativas galegas que promove a economía social, coa que compartimos valores.

Seguimos en contacto co nodo galego de Rebelión Científica, que quere tratar de facer cousiñas dende as universidades. Se tes interese en colaborar contáctanos.

Ademais, aproveitamos a visita de Raquel, a nosa representante país en Honduras, para facer encontros con ela en A Coruña e Compostela, e coñecer de primeira man como vai todo por alí.


HONDURAS

  En Honduras continuou o traballo no programa de Soberanía Alimentaria, con formacións de procesado en productos lácteos e tamén unha feira de sementes criollas e productos labregos, dentro do proxecto financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo. Ademais, estanse a iniciar os dous novos proxectos financiados pola xunta neste 2022, tanto o de soberanía alimentaria como o de dereito á auga.


MOZAMBIQUE

    En Mozambique, na liña de traballo de difusión dun Boletín de Seca, xa o están a facer pola súa conta na Administración Regional da Agua do Sul (ARA-Sul). Na web xa se vai subindo máis ou menos mensualmente, aínda que a nivel político hai certo rexeitamento de informar e difundir temas de seca. Informa sobre niveis de embalses e, comparando con niveis doutros anos, asignan un nivel de seca. Tamén na ARA-Sul se aprobou en dirección un Manual de Procedementos da Seca, elaborado co apoio das persoas do proxecto. Cando cheguen as secas se empezará a validar. Por outra banda, se concederá unha bolsa a un técnico desta ARA-Sul para que remate o seu mestrado en xestión de recursos hídricos nunha universidade de Mozambique. Fixéronse ademais nas últimas semanas reunións con persoal da ARA-Norte (hai 3 no país, Sul, Centro e Norte), para empezar o seu fortalecemento. En setembro haberá unha visita a terreo para avanzar neste tema, xa iremos contando.

    Por se queredes saber máis do programa en Mozambique, este mes lle adicamos o programa de ESFRadio ao proxecto de Mozambique, e tivemos ocasión de conversar con Víctor Penas, o coordinador do programa en Mozambique deste consorcio, así como con Lizete Dias, Xefa do Departamento de Recursos Hídiricos da Administración Rexional da Auga Sul (ARA-Sul), institución coa que se está a traballar dende hai varios anos.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes toca escultura. Isaac Cordal, un artista frente a la crisis climática: “Mis esculturas cuestionan nuestra idea de progreso”.


E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

“As cooperativas son empresas que traballan con capital, pero non para o capital”
Tino Gago (http://espazo.coop)

Boletíns Sonoros ESFeiros do verán 2022

Despois de medio ano de parón, volve en ESFRadio o Boletín Sonoro ESFeiro, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. O facemos nun formato máis sinxelo, para poder manter a súa periodicidade.

Nuns 5 minutiños podes coñecer o máis importante do que fixemos en xuño e xullo en Galicia, Honduras e Mozambique (un novo país no que estamos a traballar), novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos do seguinte mes e a ESFrase do mes.

  • Aquí podes escoitar o de xuño, e aquí a versión web por se queres ampliar info e seguir os enlaces
  • Aquí está o de xullo, e aquí a versión web

Producido, guionizado e locutado por Sergio Fernández

Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en novembro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos de decembro e a ESFrase do mes.

Este programa se puido realizar grazas ao apoio do Concello de Lugo, coas axudas para proxectos de sensibilización na súa convocatoria de 2021.

Se che gustan os podcasts, proponnos algún tema para que desenvolvamos en programas monotemáticos, e apúntate a ESFRadio!

Boletín Sonoro ESFeiro: novembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. Esta vez, tivemos público na súa gravación!

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en outubro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Boletín Sonoro ESFeiro: outubro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en setembro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Tamén en Spotify

Boletín Sonoro ESFeiro: setembro 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en agosto en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Tamén en Spotify

Boletín Sonoro ESFeiro: agosto 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xullo en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo

Boletín Sonoro ESFeiro: xullo 2021

Chega o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xuño en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí para escoitalo. Tamén está en spotify ou no enlace a continuación: