Posts

Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2023

Pódese escoitar a versión sonora deste boletín en conxunto coa do mes de xullo neste enlace.

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Este mes, por segundo ano consecutivo, tivemos a sorte de participar na Asemblea da Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (cun obradoiro de licenzas libres e bancos de reciclaxe con software libre para impulsar nos institutos, e un pequeno espazo na Asemblea Xeral para presentarnos e falar do programa Hackers Sen Fronteiras). 

    Fixemos un faladoiro na Escola de Minas e Enerxía da UVigo para que Xoel, participante no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en 2021 e estudante desa escola, contara a súa experiencia.

    Participamos nas sesións de Vigo e A Coruña da Semana da Cooperación Universitaria, nas mesas de Alianzas ONG-Universidade e de Persoas na Cooperación respectivamente.

    A actividade dos Bancos de Reciclaxe con Software Libre seguiu nos locais semana a semana, pero ademais estiveron 2 representantes nada menos que no congreso EsLibre en Zaragoza, falando desta iniciativa. A finais de mes tiveron tempo de organizar a terceira das xornadas do curso de Autodefensa Dixital que se leva a cabo na Domus da Coruña. Esta vez falaron do Fediverso e as redes sociais federadas como Mastodon, como alternativa a twitter (e a outras manexadas polas grandes multinacionais tecnolóxicas que comercian cos nosos datos persoais). Aquí podes ver a presentación utilizada.

    Xa rematando o curso, aínda houbo movemento no programa Hackers Sen Fronteiras de tecnoloxía para o ben común nos instis de secundaria. Houbo un par de obradoiros para 3º da ESO do IES Curtis sobre cacharreo con computadoras (a xente dos bancos de reciclaxe non para!), así como outro de tecnoloxía inclusiva para persoas con problemas de mobilidade no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

    Incluso tivemos ocasión de participar na mesa redonda en liña de Conectividade Global Efectiva, organizada pola Asociación de Enxeñería de Telecomunicacións de Galicia, onde falamos sobre como poñemos en ESF as TIC ao servizo de ben común. Aquí a podes ver!

    Quedounos aínda tempo para proñoñer en redes sociais unha pequena adiviña tecnolóxica que agora tamén deixamos aquí. Ademais, deixamos unha reflexión polo Día do Comercio Xusto, un deses que deberían durar todo o ano…


HONDURAS

   En Honduras estívose presentando o traballo de CODDEFFAGOLF nos proxectos que ten en marcha no Municipio de Marcovia, como parte da coordinación que é importante facer coas administracións públicas locais nos proxectos de cooperación. Ademais, hubo o II Foro comunitario “Cambio Climático con enfoque al manejo de cuencas hidrográficas”, impulsado tamén por CODDEFFAGOLF.

   Rematouse o proxecto coa Deputación da Coruña, do que pronto deixaremos un resumo, pero aquí vai un adianto.

  Traballouse arreo para preparar o deseño de dous proxectos que se presentan a principios de xuño para ser financiados á Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación, nos dous programas que temos en marcha no país: Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria. Aquí se pode ver o traballo cun caso concreto dunha aldea (Tres Piedras) cuxo abastecemento de auga se incĺúe nos proxectos (con video incluido!). Cruzamos os dedos!


MOZAMBIQUE

En Mozambique, todo está preparado para que o domingo 4 de xuño chegue a Galicia a visita de Lizete Dias, Xefa del Departamento Recursos Hídricos e Ernesto Tivane, técnico Recursos Hídricos, da Administraçao Regional das Águas do Sul de Moçambique (un dos socios máis antiguos do programa). Estarán toda unha semana visitando distintos proxectos e facendo encontros técnicos con persoas de Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Consellería de Infraestruturas, Cooperación Galega da Xunta de Galicia, da Universidade da Coruña e, como non, coa nosa base social. Aquí se pode ver a axenda completa.

   Por outra banda, pronto teremos ademais dispoñible unha clarificadora infografía sobre o que estamos a facer, dentro da campaña que impulsaremos para visibilizar o traballo de Aqua Moz todos estes anos.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Imos recomendar este mes a performance da artista hondureña Scarlett Rovelaz, Fluidez-Thyssen. Vaina interpretar o 28 de xuño no Museo Thyssen, que nos queda algo a desmán, pero que tal vez alguén de vós vos cooincida estar por alí… Seguro que paga a pena!


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Os meus silencios non me protexeran. O teu silencio non te protexerá

Audre Lorde

Boletín Oficial ESFeiro. Maio 2023

Benvidx ao BOE de maio 2023. Se prefires a versión sonora resumida en 6 minutiños en formato podcast, aquí podes escoitala!

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   O sábado 22 de abril foi momento de celebrar. O 15 de maio se ían cumprir o 30 aniversario da fundación de ESF por un grupo de estudantes da Universidade de Vigo que querían facer algo máis que estudar a carreira. Para quen non puidestes estar na festa, aquí deixamos unha crónica do que se pode contar. Esperamos ademais o resto de ano facer outros pequenos encontros de celebración por Galicia adiante (e tal vez fora de Galicia…).

    Fixemos algún post-denuncia do academicwashing de empresas que empregan ás universidades para darse unha pátina de credibilidade (e onde se abusa da palabra sustentabilidade). Ademais deixamos na nosa web unha reseña sobre un libro que nos gustou: Contra el Futuro, de Marta Peirano. Falando da nosa web, invitámosvos a que lle botedes un ollo, xa que na parte dereita deixamos uns banners para facilitar o acceso aos distintos proxectos e actividades que temos en marcha.

   En abril publicamos dous estudos sobre o grao de coñecemento e aceptación do enfoque de tecnoloxía para o ben común no eido técnico da educación formal de Galicia. Un deles estaba enfocado ás universidades públicas galegas, e o outro ao ensino secundario público galego.

    Celebrouse o 2º dos obradoiros de Autodefensa Dixital, neste caso de Des-Googlización: Alternativas libres ás ferramentas de Google. Aquí se pode ver unha publicación co aprendido no taller. Relacionado con este tema, fixemos un pequeno taller de tecnoloxías libres para as compas de Ecos do Sur, coas que colaboramos no Banco de Reciclaxe Electrónico con Software Libre.

    No programa Hackers Sen Fronteiras nos institutos, puidemos ver xa os traballos sobre tecnoloxías tradicionais do IES San Rosendo de Mondoñedo, onde ademais estivo Thais falando de tecnoloxías inclusivas no programa de Mulleres Tecnólogas para o Ben Común. Estivemos tamén no IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova co segundo dos obradoiros de cacharreo, desta volta con software libre.

    Na universidade, tivemos ocasión de impartir un obradoiro en liña sobre cooperación internacional para o desenvolvemento para persoas da UVigo e ESF que van participar nun programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades. Tamén fixemos o primeiro encontro presencial coas 3 persoas seleccionadas para participar neste programa con ESF: Sofía, Juan e Celia. Dentro dun mes Celia e Juan xa voarán para Honduras!

    Tivemos tempo de acercarnos a apoiar a mobilización rodeando a Xunta en Compostela por outro modelo de renovables.


HONDURAS

  En Honduras, o 11 e 12 de abril houbo unha intensa e emotiva reunión de inicio do novo proxecto de dereito á alimentación, financiado pola Agencia Española de Cooperación (aquí se pode saber máis do proxecto). Ademais, xusto se pechou o anterior programa (2018-2023) de mellora da gobernanza para o dereito á alimentación no Sur de Honduras, e deixamos algunhas das actividades das que se estiveron realizando nos últimos meses.

  Engadimos na web un apartado específico para os proxectos en Honduras, para entender mellor o que se está a facer.


MOZAMBIQUE

  No proxecto de Mozambique estamos inmersas nun proceso de elaboración dunha estratexia de comunicación, coa idea de difundir a experiencia e tratar de motivar a outros organismos de cunca hidrográfica para impulsar este tipo de cooperación técnica. Ademais, estamos a preparar a visita que realizarán nas próximas semanas unha técnica e un técnico da Administración da Auga do Sur a Galicia.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes a recomendación é literaria, a novela Lúa Nova, gañadora do VIII Premio Cidade Centenaria de Ribeira. Aquí se pode ver unha entrevista a Irene Montero, a autora.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

[Referíndose aos países empobrecidos] son debedores dunha débeda económica en cartos pero son acreedores dunha débeda ecolóxica e social, histórica e actual. Pero non teñen forza política para reclamala.
Joan Martínez Alier