Boletín Oficial ESFeiro. Maio 2022
Ola,
Un mes máis chega o Boletín Oficial Esfeiro (BOE) de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (podes consultar os últimos BOE na web de ESF Galicia).
A idea é que, en só 10 minutiños, poidas coñecer as actividades que se foron desenvolvendo no pasado mes desde ESF, así como algunhas outras noticias, próximos eventos e enlaces que pensamos que che poden interesar. Gustaríanos moito se interactúas connosco nas redes sociais twitter e instagram, ou nos segues na nosa canle de telegram. E se che apetece pasar das redes a unha participación máis cercana, en info@galicia.isf.es poñerante en contacto cos grupos de traballo que teñas máis cerca ou daranche opcións para facer voluntariado adaptado as túas circunstancias.
Unha forte aperta e gracias polo teu apoio. Deixámoste co BOE de maio 2022
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En abril o evento máis importante foi a visita das tres primeiras Mulleres Bravas que nos visitarán este ano: Coralia, Adolfina e Karina. Se queredes coñecer a súa axenda, e tamén a axenda de Leni e Francisca (que estarán connosco dende o 7 ao 12 de maio), podedes facelo aquí. Para ver os impactos en redes podedes facelo en twitter coa etiqueta #MulleresBravas, e vos faredes unha idea do gran percorrido que tivo a visita.
O sábado 30 de abril presentamos nas XVIII Xornadas de Tecnoloxía da Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) unha proposta de colaboración para apoiar a introdución do enfoque de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario, proposta que queremos presentar a financiación da Xunta de Galicia neste 2022. É moi de agradecer a oportunidade que nos deron dende a asociación, coa que en calquera caso queremos colaborar a partir dagora.
O 4 de abril, dentro do programa de Mulleres Tecnólogas polo ben común que nos financia a Xunta de Galicia, tivemos a Andrea no IES de Curtis falando da súa traxectoria como muller tecnóloga a alumnado de 4º da ESO.
Tivemos ocasión de organizar con Ecos do Sur, dentro do proxecto dos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre para pechar a fenda dixital, que financiamos con fondos da casiña solidaria do IRPF, dous obradoiros formativos para familias.
HONDURAS
En Honduras, no noso programa de soberanía alimentaria, continuamos o traballo co proxecto que desenvolvemos conxuntamente con Amigos de la Tierra y Justicia Alimentaria Global, de Mejora de la gobernanza para el acceso a una alimentación y nutrición adecuada de los colectivos vulnerables de diez municipios del Corredor Seco de Honduras, en colaboración con CODDEFFAGOLF, NASMAR e coa financiación da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo. Dentro deste proxecto, co noso socio local CODDEFFAGOLF e outras institucións, vense colaborando en programas de mellora participativa de variedades de millo, e xa se vai contando con algún cruce interesante entre variedades locais.
Ademais, estívose traballando duro na elaboración de duas propostas para novos proxectos, que se presentarán durante maio e xuño a financiadores como a Xunta de Galicia ou AECID. Unha das propostas, dentro do programa de Dereito á Auga, será para apoiar e fortalecer a Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento (vecinais). Traballarase con AHJASA, e CODDEFFAGOLF apoiará en introducir enfoque de cunca hidrográfica na xestión comunitaria da auga. A outra proposta é dentro do programa de soberanía alimentaria, continuando o fortalecemento do sector do marisqueo artesanal, moi feminizado e descoidado polas institucións públicas.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- SLAPP: la presión vía judicial a periodistas y activistas puede tener los días contados
- Postales sonoras. Sororidades globales, nos acompañamos
- Mil Colinas en Deconstrucción: Ayúdanos a acabar con el hambre en el mundo
Consumo responsable
- “Debería ser un requisito informar de la vida útil de un producto”
- Cómo reparar los móviles usados frente a la renovación salvaje de las marcas
- Blanqueo de Ropa – Parte 1 #ModaBasura
- Leamos más libros, pero de forma más sostenible
- El impacto ambiental de la edición digital
Cooperación e ONGD
- Claves para una relación estratégica Gobierno-ONGD en la promoción de la justicia global
- A Axuda ao Desenvolvemento, lonxe do compromiso do 0,7%
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Alerta roja: ¡escuchad a la ciencia!
- Análisis de la recogida de la ropa usada en España
- Informe Vidas contra el capital: Luchas y exilios de los pueblos de Mesoamérica
- Informe. Engordados con deforestación. Carro de combate
- Tese doutoral. Increasing agriculture sustainability in Europe: driving factors for agroforestry implementation
- España, cada vez más acechada por la desertificación
Mundo
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Entrevista con Mario Pansera: “Transición xusta sería deixar de crecer a costa do sur e deixar que eles medren ata onde teñen dereito a medrar”
- Video. The policy legend of the circular bioeconomy: A biophysical view of the sustainability predicament. Giampietro, Mario. 39min 43seg.
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- As comunidades de montes pelexan polo seu recoñecemento como xeradoras de electricidade: “queren restrinxirnos a ser produtores de madeira”
- A milpa do Salnés (cooperativa)
- El sol que nos alimenta. Una conversación sobre seguridad alimentaria
- Descobren en Galicia tres variedades autóctonas de millo panificable con potencial
- REVISTA SOBERANÍA ALIMENTARIA. DIVERSIDAD Y CULTURAS. 43. El colapso de la agricultura industrial
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Qué es la Minka, el concepto que revolucionó la construcción en Perú
- La importancia del derecho a reparar nuestros dispositivos
- ¿Alguien ha dicho luddismo? En torno a «El desencanto del Progreso»
Voluntariado e Persoas
- Jane Goodall y David Attenborough: dos sabios llaman a la esperanza
- Antonio Turiel, el científico que lleva una década predicando en el desierto sobre el fin de las materias primas
- “Hay que frenar el aumento desbocado del consumo” // Alicia Valero Delgado
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Este mes queremos recomendar unha película que está xusto en cartelera. Fala do apego á terra de quen vén dunha familia de labregas, da invasión da agroindustria, e deses paradoxos coa “vida moderna” e as novas xeneracións do rural que non saben se correr pola eira ou pasar o día no TikTok. Trátase da película “Alcarràs“, de Carla Simon. Vai vela se podes!
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de maio: Día Internacional do Traballo
- 3 de maio: Día Mundial da Libertade de Prensa
- 7 de maio ás 19:30: Asemblea de Primavera de Enxeñería Sen Fronteiras. Será presencial, no Centro Etnográfico do Mandeo (Teixeiro).
- 11 de maio ás 17h: Encontro aberto de Francisca e Leni, mulleres bravas hondureñas da economías social, con mulleres bravas galegas. Aula 1 edificio Miralles, CUVI. Vigo
- 12 de maio ás 17h: Encontro aberto de Francisca e Leni, mulleres bravas hondureñasda economías social, con mulleres bravas galegas. Aula 3 Escola Técnica Superior de Enxeñería. Campus Vida (Sur). Santiago de Compostela
- 13 de maio: Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD
- 14 de maio (segundo sábado de maio): Día do Comercio Xusto
- 17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia
- 17 de maio: Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información
- 17 de maio: Día da Internete
- 21 de maio: Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento
- 22 de maio: Día Mundial da Diversidade Biolóxica
- 9-11 de xuño: A Coruña acogerá o VI Encuentro Internacional Acampa, que versará sobre a fame no mundo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook, instagram e Twitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
“Case o 90% do diñeiro que se dedica a investigación e desenvolvemento gástase na creación de tecnoloxías ao servizo do 10% da poboación máis rica do mundo. O obxectivo da revolución do deseño é mudar esta tendencia”.
Amy Smith, profesora do MIT (Massachusetts Institute of Technology)