Boletín Oficial Esfeiro (BOE): decembro 2017

Estes días estamos a seguir de cerca a crise en Honduras, país onde traballamos dende hai 10 anos e onde ESF ten 2 persoas contratadas (Raquel, a representante país, e Elmer, que da apoio administrativo) facendo seguemento dos dous programas que temos en marcha (o de Dereito Humano á Auga e o de Soberanía Alimentaria). […]

Vente coñecer outras realidades! Honduras e Nicaragua. Compostela, 13 de decembro

Vente coñecer outras realidades, falando tranquilamente nun entorno ben amigable. Non hai mellor xeito de abrir a mente. CANDO: 13 de decembro ás 20h ONDE: Pub Medusa, Santiago de Compostela. QUE: Faladoiro informal entre amigas, onde coñeceremos de primeira man a realidade de Honduras e Nicaragua. Este coñecemento tamén pasa por probar algúns sabores hondureños […]

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2017

CONTIDOS Blogue de Vida Asociativa Blogue Honduras Enlaces de interese Publicacións en físico E no próximo mes … A ESFrase do mes   BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA Outubro foi un mes cargadiño de actividades. Empezamos en Carballo, cun Foro sobre Dereito Humano á Auga nese concello, onde puidemos coñecer como sinte esta problemática a poboación, […]

Xornadas sobre xénero e tecnoloxía

Dende Enxeñería Sen Fronteiras estamos a promover, xunto co Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña (CEXEF), coa cofinanciación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia e o apoio da Normal e a Libraría Berbiriana, estas Xornadas de Xénero e Tecnoloxía. Nesta edición, continuación das I Xornadas de Xénero e Tecnoloxía, […]

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2017

CONTIDOS Vida Asociativa Honduras Enlaces de interese Publicacións en físico E no próximo mes … A ESFrase do mes VIDA ASOCIATIVA En setembro aprendimos a facer unha Estufa Rocket en Salceda de Caselas. Ademais, tivemos tempo de falar sobre a importancia da curación de contidos (vaia palabro) nas organizacións e como o facemos en ESF […]

XORNADAS DE CONCIENCIA ECOLÓXICA: FERRAMENTAS PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL. SALCEDA DE CASELAS

Terán lugar o 21 de outubro, no Centro Social «ADevesa», en Salceda de Caselas. Son de balde. Organizadas pola Asociación TrezeCatorze e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, coa financiación do Concello de Salceda de Caselas e Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Programa: 12:00 h. OBRADOIRO : “POR QUE NECESITAMOS O FEMINISMO?” Unha toma de conciencia […]