Posts

Aprendendo da Cooperación no Sur de Honduras

Zaira está a piques de completar a súa estancia de voluntariado técnico en Honduras, apoiando ao equipo da oficina de ESF en San Lorenzo. Déixanos aquí a súa segunda crónica, xa con máis experiencia na zona, na que leva dende setembro.


A rutina no mundo da cooperación é de todo menos rutinaria. De luns a venres, as miñas horas transcorren entre papeis, reunións e planificación na oficina, mais nunca se sabe cando algún imprevisto vai trastocar todo. Esta incerteza, que ao principio pode parecer caótica, é precisamente a esencia deste traballo: estar preparada para o inesperado, buscar solucións rápidas e aprender que a flexibilidade é unha boa aliada.

Recentemente, enfronteime ao desafío da miña primeira formulación para o Concello de Santiago de Compostela. Foi unha experiencia tan enriquecedora como estresante. Os tempos axustados e os inconvenientes imprevistos fixéronme entender que este traballo, a pesar de ter moito de técnico, tamén require unha enorme dose de paciencia e creatividade, moita creatividade.

Mencionar que, partía dunha base elaborada polas miñas compañeiras, cuxo traballo previo facilitou enormemente o proceso. Aínda así, non deixou de ser unha experiencia intensa. Foi un reto que me fixo entender mellor o lado técnico e burocrático deste traballo, pero tamén o nivel de presión baixo o cal operamos.

A política detrás da cooperación:
Outro aspecto deste traballo que non deixa de sorprenderme é a dimensión política. Participar nunha reunión na Oficina de Cooperación Exterior (OCE) en Tegucigalpa foi revelador. Escoitáronse as necesidades das comunidades, pero decateime de que a visión dos coordinadores que raramente pisan o terreo adoita ser moi diferente á nosa, que vivimos as realidades máis de preto. Moitas veces estas visitas non logran afondar na complexidade dos problemas reais.

Durante unha xira de tres días acompañando o embaixador de España en Honduras, así como responsables de programas e coordinador, esta diferenza fíxose evidente. A preparación da visita requiriu un protocolo exhaustivo que, sinceramente, ás veces parece máis un paripé que unha verdadeira oportunidade de transformación. Foi unha mestura de expectativas e reflexións, preguntándome se este tipo de actos realmente benefician ás comunidades ou se quedan nun escaparate político.

O primeiro día da xira levounos ao cerro de Moropocay, unha zona especialmente afectada pola seca. Alí coñecemos a Don Toño e Don Adán, agricultores que traballan na recuperación de sementes autóctonas de millo. Escoitar as súas historias e ver as súas parcelas cheas de vida foi inspirador. Estas sementes, seleccionadas e coidadas co apoio técnico de proxectos financiados pola Xunta de Galicia e a AECID, son unha aposta pola soberanía alimentaria e pola resistencia fronte ao cambio climáticon e ver a implicación destas comunidades deixoume un sentimento de esperanza, de que os pequenos cambios son posibles cando se aposta pola innovación local.

O segundo día trasladámonos ás lagunas de inverno en Namasigüe e El Triunfo. Estas lagunas son unha fonte de vida para trinta comunidades, pero tamén un recordatorio da importancia de conservar os recursos naturais. Foi unha xornada que me fixo pensar no equilibrio entre a conservación ambiental e a supervivencia das comunidades. Nesta visita, acompañounos o embaixador de España en Honduras e pregúntome se o esforzo por axustar axendas, coordinar desprazamentos e cumprir coas expectativas formais achega tanto como debería ás necesidades reais da poboación…

O terceiro día centrouse na inauguración dun sistema de auga en El Sartenejal. Este proxecto, financiado pola AECID, mostra o impacto que unha boa planificación e execución poden ter nunha comunidade. Non obstante, tamén foi unha oportunidade para reflexionar sobre os desafíos aínda pendentes. A alta inflación retrasou a instalación de letrinas, e a detección de metais pesados, polo que nestes casos, decataste de cantos imprevistos poden ocorrer nun proxecto e a necesidade, moitas veces, de que o proxecto sexa a longo prazo.


A tormenta Sara:
Días despois desta xira, chegou a tormenta Sara, arrasando co que atopou ao seu paso. Alertas vermellas, o que pareciame, unhas chuvias normales, chegaron para causar grandes danos. Lembro a visita ás parcelas de Don Toño e Don Adán, en Moropocay, onde mostraron con orgullo o resultado das súas colleitas, froito dun traballo conxunto coas organizacións locais e o apoio técnico de proxectos. Foi desgarrador saber que, unha semana despois, a tormenta Sara arrasaría con todo. A auga non deixou nada en pé, perdendoo todo.

Esta traxedia abriu os ollos á incerteza coa que viven moitas comunidades. Un día celebran os froitos do seu esforzo e ao seguinte enfróntanse á destrución. A resposta humanitaria é “rápida”, pero a coordinación entre actores (ONGD, administracións e comunidades…) ponse á proba. Vivilo de preto fíxome comprender mellor o impacto das emerxencias, pero tamén a importancia dunha cooperación flexible que poida adaptar os seus orzamentos e accións ás novas necesidades.

Entre todo, hai aprendizaxes que quedan: o valor do traballo en equipo, a resiliencia das persoas que o perden todo pero volven comezar, e a necesidade de cuestionar os protocolos que, por veces, parecen alonxarnos máis ca achegarnos. Porque, ao final, o esencial na cooperación non son os actos oficiais nin os informes perfectos, senón estar alí, preto das comunidades, escoitando e aprendendo delas.

Nesta experiencia, cada día aprendo algo novo. Aprendo que a cooperación non é só técnica e financiamento, senón tamén respecto, empatía e capacidade para adaptarse a circunstancias cambiantes. E, sobre todo, aprendo que detrás de cada proxecto hai persoas como Don Toño e Don Adán, cuxa forza e resiliencia nos lembran por que facemos o que facemos.

Dende aquí, dende este recuncho de Honduras, sigo aprendendo a cooperar, a sentir e a entender.

Apertiñas dende San Lorenzo.


Zaira.

FOTO DE PORTADA: en Moropocay escoitando ás produtoras

Xuntanza de Outono de ESF. A crónica do que se pode contar

As xuntanzas son encontros da base social de ESF. Soemos ter dúas ao ano, en primavera e outono, coincidindo con sendas asembleas extraordinarias. O lugar vaise cambiando en cada unha, e aprovéitase para facer formacións, obradoiros ou sesións temáticas de traballo.

A deste outono de 2023 fixémola en Allariz, o pasado sábado 4 de novembro. Pola mañá, tivo lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria e, pola tarde, tivemos un taller para deseñar o Plan País Honduras, así como un faladoiro de dúas das participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR), que hai unhas semanas regresaron de Honduras.

Na Asemblea pola mañá, despois dunhas dinámicas de presentación, fixemos un resumo dos distintos grupos en activo na asociación (había moita xente nova!). Un momento importante foi a aprobación (por unanimidade) dunha nova liña ou programa de traballo en ESF: as asesorías técnicas para plataformas de defensa da terra e o territorio en Galicia. Máis información aquí.

Tamén falamos de diversos temas económicos e aprobamos a previsión de contas para 2024. Reflexionamos sobre a coherencia de colaborar con entidades que á súa vez reciban apoio simultáneamente por parte de empresas con valores non compatibles con ESF. Falamos de que non imos deixar estes espazos de colaboración, aínda que non se compartirán actividades apoiadas por estas empresas, de xeito que non apareceremos simultaneamente como colaboradoras.

Outro momento importante foi o cambio de Xunta Directiva. Tras agradecer moito ás persoas que deixan a Xunta (Marc, Tomás, Alberto, Zoe, Mateo e Chelo), demos a benvida ás que conformarán a vindeira “xunta divertida” ESFeira: Jose como presidente, Chus como vicepresidenta (viña de ser vogal na xunta directiva anterior), Chevi como secretario, Ana como tesoureira e, nas vogalías, Thais (que repite como vogal), Alba (que volve á xunta directiva tras varios anos) e Celia.

Pola tarde, comezamos cun obradoiro onde tivemos conexión directa con Honduras (é a foto da cabeceira). Empezamos a traballar o novo Plan País Honduras, onde queremos esbozar as liñas estratéxicas e xeitos de traballar no país para os vindeiros anos. Este primeiro taller foi para pensar que nos aporta como asociación o traballo en Honduras que se está a realizar. Queremos seguir facéndoo? Para que? Queremos mudar algo? Foi unha reflexión interesante que iremos compartindo proximamente.

Rematamos o día con dúas das participantes no PCR. Sofía participou como parte do proxecto Mulleres Bravas e Sofía como parte de Hackers Sen Fronteiras. Entre as dúas, apoiadas por unha boa cantidade de fotos, fomos asomándonos un pouquiño ás súas experiencias, que contaban mentres aínda lles brillaban os ollos coas lembrazas. Tamén nolo foran contando en diversas crónicas, pero escoitalas a elas é distinto…

Tiñamos ganas de espazo presencial, pero tamén se puido participar en liña!

Visor dos sistemas municipais de abastecemento de auga en Galicia

Este visor cartográfico, en permanente actualización e corrección, vén suplir a falta de información pública e accesible en Galicia sobre os sistemas de abastecemento municipais de auga potable. Foi feito en colaboración de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Ecoloxistas en Acción e o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña.

Nel pódese consultar en formato de Sistema de Información Xeográfica o número de sistemas de abastecemento municipais que existen en cada concello e cómo se xestionan actualmente (público ou privado a través de concesión a empresa). Fornécese ademáis información sobre o volume de auga suministrado, que se contrasta co volume facturado polo Concello para obter un ratio de perdas no sistema, e tamén sobre os custos económicos para o Concello e consumidores. Toda a información para a realización do visor foi obtida con datos proporcionados polos concellos galegos.

Metodoloxía

Os concellos nos que non aparecen datos son dos que non se obtivo información a pesares de solicitala, xa que a partir de traballo de persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e Ecoloxistas en Acción se fixeron solicitudes en cada un dos rexistros telemáticos dos concellos galegos, un por un. Foise levando un rexistro das solicitudes realizadas, con número de expediente e data de presentación.

Nunha primeira etapa, tras esa solicitude directa en cada rexistro telemático municipal, só uns 20 concellos contestaron enviando os datos solicitados. Entón se realizou unha queixa á Valedoría do Pobo indicando os concellos que non contestaron pasados 4 meses. A partir dese momento foi cando se empezaron a obter máis respostas. Estas respostas os concellos as enviaban tanto vía email, como a través da Valedoría do Pobo ou no Notifica.gal. Nalgúns casos (en torno aos 20) indicaban que non lles constaba a solicitude, obrigándonos a enviarlles datos do expediente e data de presentación (o cal fainos resaltar como moitos concellos non teñen ben estruturada o subministro de información pública, sexa por falta de persoal, de protocolos axeitados ou simplemente por desidia). Nalgúns casos aínda se están enviando estes datos por non dar abasto, xa que se trata de traballo voluntario, non se contou con financiación para este traballo excepto un pequeno monto para desenvolver o Visor.

Aquí se pode coñecer máis sobre obstáculos atopados, ferramentas e aplicacións empregadas ou máis detalles de xestión dos datos.

Se se desexan os datos en bruto, pódense solicitar ao correo-e de contacto

Propostas de futuro

  • Realización de estudos e comparativas (empregando tamén a variable xeográfica)
  • Proposta de mantemento e actualización do sistema de información a nivel técnico e de gobernanza (como e quen manterá os datos e o sistema actualizado?). Opción de sistema online participativo empregando ferramentas como EMAPIC ou similares.
  • Ampliación do proxecto para incluir en cada concello o resto de sistemas de abastecemento existentes (probablemente traballando por número de persoas atendidas ou por % da poboación, que pode ser maior do 100% ao ser bastante habitual aldeas que conten con máis dun sistema de abastecemento, por exemplo veciñal e municipal). Para isto, a intención sería difundir o proxecto no territorio, para por unha banda crear incidencia social e por outra que a plataforma sexa un sistema vivo que permita achegas de todo o mundo, con validación posterior dos datos.
  • Afondamento en indicadores de aseguramento do Dereito Humano á Auga, tanto en concellos ou grupos de concellos, como a nivel de toda Galicia (en particular os que teñen que ver con acceso a información pública, a pobreza hídrica e a gobernanza).

Crónicas dende Honduras. A primeira do 2023!

Celia e Juan L., participantes na edición 2023 do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR para xs amigxs), xa comezaron a súa estancia no terreo. Dentro de pouco se lles unirá Sofía.

O programa está financiado por fondos propios de Enxeñería Sen Fronteiras, así como da Cooperación Galega da Xunta de Galicia (incluíndose nos programas de Tecnoloxía Sen Fronteiras na universidade, de Hackers Sen Fronteiras no ensino secundario, e o de Mulleres Bravas).

Aquí queda a primeira crónica!

————————
Fai xa algo máis dunha semana que deixamos as nosas casas para emprender a aventura hondureña. Atopámonos en persoa por segunda vez nas nosas vidas na estación de tren de Santiago para emprender viaxe hacia San Lorenzo. Logo de coller dous trens, un metro, un bus e un avión; de que pasasen unhas 24 horas, moitos nervios, ilusións e incluso medos, de que nos rompera unha maleta e fixésemos unha amiga tegucigalpense no avión, por fin chegamos e nos reciben Raquel e Sandra no aeroporto de Palmerola con globos e pancartas de benvida.


Moita calor, incertidume, pero caras amigas e coñecidas a pesar de ser a primeira vez que nos víamos en persoa que fixeron que eses nervios e medos evolucionasen a unha ilusión e máis gañas de coñecer e vivir esta nova experiencia.

A primeira noite foi en Comayagua, preto do Aeroporto, non tivemos tempo de visitalo, era xa noite cando chegamos. Ao día seguinte espertamos cun almorzo tracidional, con tortillas, revolto, frijoles e queixo, e outro a base de froitas, a máis saborosa que comemos na nosa vida, para coller forzas e emprender viaxe cara San Lorenzo.


Chegamos por fin á nosa casa, un apartamento situado no centro da Vila de San Lorenzo, onde nos acomodamos e comezamos a facer desa nova vivienda un pequeno fogar. Tamén comezamos a situarnos, a saber por onde movernos, onde están as oficinas de ESF e CODDEFFAGOLF. Durante os primeiros días comezamos a coñecer xente, os proxectos que se están a levar a cabo, a axudar a redactar alguna cousiña para algún proxecto, a meternos un pouco no papel da vida que imos levar os seguintes meses durante a nosa estadía aquí. A desfrutar do ocio que San Lorenzo nos ofrece, a probar as primeiras baleadas, tajaditas e pupusas, a visitar a zona de Amapala e a visita á Illa do Tigre, no centro do Golfo de Fonseca, a cidade de Choluteca, as cabanas de San Lorenzo e as vistas do solpor nos manglares.


En CODDEFFAGOLF non puidemos sentirnos mellor acollidos, logo dunha reunión con Roger, o director, e os técnicos de administración e xestión de proxectos, convidáronnos a facer as primeiras visitas de campo.


O mércores visitamos dúas comunidades co grupo de Ami, Ani e Sash, unha en Laurearriba e outra en San Bernardo, a onde levamos árbores doadas pola Mancomunidade de Nasmar e O Batallón de Infantería para realizar a plantación das mesmas durante xornadas vindeiras. Aproveitamos tamén para probar o Pan de Madre, feito por mulleres da comunidade de Laurearriba, e probar tamén o Pozol, unha bebida típica a base de leite, millo, vainilla, azucre e canela.O xoves visitamos co grupo de Jota e Nicia diferentes grupos de mariscadoras da Illa do Tigre, en Amapala, para facer o seguimento e falar sobre formación dun curso de cociña homologado para fortalecer o traballo do que se sustentan, e aproveitamos tamén para visitar os lugares máis fermosos da Illa, como a Playa del Burro ou Playa Grande, onde comemos unhas riquísimas Tajaditas e un peixe chamado Babosa.


Como conclusión a estos primeiros días nun novo entorno, descoñecido para nós, podemos dicir que a acollida e a xente que coñecemos foi marabillosa, que o entorno a nivel biodiversidade está a ser alucinante para nós, que a adaptación está a ser boa a pesar do clima e das numerosísimas picaduras dos zancudos, e que as ganas e ilusión coa que emprendemos viaxe non fan máis que crecer para poder seguir coñecendo, aprendendo e exprimindo todo o que esta experiencia nos proporcione e permita.

30 anos de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia!

A pasada fin de semana celebramos unha xuntanza da base social moi especial. Facemos dúas ao ano, coincidindo coas asembleas xerais extraordinarias de primavera e outono. Pero é que este maio ESF cumpre os 30 anos de existencia. Como é un número chuliño, pois quixemos ampliar o espazo de celebración máis do que habitualmente temos nestes encontros.

Eleximos para este evento o Albergue de Ecoturismo Alvarella, nun entorno espectacular (xa no 2006 estiveramos celebrando alí unha das nosas xuntanzas).

Así, o sábado pola mañá tivemos a Asemblea Xeral de Persoas Socias, que foi moi relaxada.

Xa despois dunha deliciosa comida con produtos locais e de proximidade, decidimos viaxar ao pasado, e moitas das participantes levaron elementos e roupa daquela época (algunha xente de que estaba nin nacera daquela!). Ao son de música noventeira (tamén española) empezamos para quencer cun quiz por equipos para lembrar cousas que pasaran naquela época no eido da tecnoloxía, o medio ambiente, os movementos sociais, as relacións internacionais ou a cultura. AQUÍ o deixamos por se queredes xogar!

Despois fixemos un traballo de reflexión sobre os cambios dende 1993 até hoxe, neses mesmos temas do quiz. Había unha mesa por cada tema, dinamizada por unha persoa. As participantes repartímonos en cada mesa e, nunha primeira ronda, quixemos ver nestes temas cal era a situación no 93. Despois, as persoas cambiaban de mesa para a segunda ronda (excepto as dinamizadoras), e se pasaba a reflexionar sobre o que empeorara dende aquela no tema correspondente á mesa. Por último, tras un novo cambio de mesa, se falaba das cousas que melloraran de cada tema. As persoas dinamizadoras ao final fixeron en plenario un pequeno resumo do que se falou en cada mesa. Imos compartir aquí algunhas destas cousiñas. Podedes engadir máis en comentarios a este post, ou comentar algunha das que saíron se non estades dacordo!

Tecnoloxía

  • Como era a situación? Tímidamente se construía o que sería un internet accesible e avanzaba a telefonía móbil, pero aínda se mandaban cartas con papel e boli…
  • Que foi a peor? Obsolescencia programada (as cousas duran cada vez menos). Consumismo tecnoloxico e adicción. Invasión da privacidade
  • Que foi a mellor? Seguridade. Estandarización. Tecnoloxías máis extendidas e accesibles, como internet. Melloras no sector da agricultura: productos mellorados

Conflictos internacionais e cooperación

  • Como era a situación? Guerra de Bosnia, fin da guerra fría (chegada de Yeltsin ao Kremlin), tratado de paz entre Israel e Palestina mediado por Bill Clinton. A cooperación era máis asistencialista e con máis presencia de organizacións relixiosas. Nesa época empezaban a xurdir as ONG de cooperación máis modernas, que acabaron cristalizando nas acampadas a prol do 0,7% do PIB para Axuda Oficial ao Desenvolvemento dos países máis empobrecidos, en 1994.
  • Que foi a peor? As guerras siguen existindo mesmo en Europa. A situación do estatus do Sáhara Occidental empeorou. O capitalismo acelerouse debido á caída da Unión Soviética dando lugar ao “Turbocapitalismo”.
  • Que foi a mellor? A cooperación internacional agora ten un enfoque que busca un desenvolvemento menos condicionado das rexións onde actúa, cun enlace maior coa educación para a cidadanía global, aínda que sigue habendo moito que mellorar.

Medio ambiente

  • Como era a situación? O problema medioambiental máis grave era o da capa de ozono, dos combustibles fósiles preocupaba que se acabaran, non tanto a contaminación que xeneraba cambio climático. Pouca lexislación sobre o tema.
  • Que foi a peor? A contaminación e os residuos foron a máis. Síguese cun modelo de crecemento continuo, con moitas máis persoas no mundo que antes consumindo a ese ritmo.
  • Que foi a mellor? Da a impresión de que aumentou moito a conciencia colectiva e a lexislación mellorou. Están sobre la mesa cuestiones como nuestro modelo de alimentación y transporte, que antes no estaban.

Cultura

  • Como era a situación? ese ano o Camiño de Santiago declarouse Patrimonio da Humanidade, coa súa mascota Pelegrín. Ese ano o programa máis visto en TV foi o debate entre Aznar e Felipe González. Comparouse a calidade da política desa época e a de agora, chegando á conclusión de que a actual é máis teatreira. Íase máis ao cine que agora (non había streaming…). Estaba pegando forte no musical o Eurodance, e o grunge con Nirvana como un dos máximos expoñentes. En cine, Belle Époque gañaría o Goya (e tamén gañaría o Óscar á mellor película extranxeira). O Óscar á mellor película de 1993 a gañaría A lista de Schindler, pero foi Parque Xurásico a máis taquilleira. Hai un bum do cine rompedor de Almodóvar, e hai máis programas de televisión pensados para familias (ao non ter tanta variedade de canles). Xabarín Club era o programa máis recordado (comezaría a principios de 1994).
  • Que foi a peor? Os medios de comunicación seguen parcializando a información. O acceso, tipo e calidade da información é maior, aínda que agora hai o problema de sobre-información.
  • Que foi a mellor? Hai máis acceso á cultura, e tamén medios máis accesibles para autoproducirse (aínda que como hai tanta produción tamén é complicado abrirse paso, e tal vez aumentou a fenda entre super-estrelas das artes e o resto de produción).

Demandas e movementos sociais

  • Como era a situación? nesa epoca en España existían sobre todo movementos de carácter sindical debido á industrialización (protestas de agricultorxs, sindicatos de fabricas) e de carácter pacifista en contra do movemento armado da banda terrorista ETA. Xa en 1996 foi a manifestació polo asesinato de Miguel Angel Blanco, que supuxo un antes e un despois na forma de mobilizarse en España. Comeza a coller forza o movemento ecoloxista e o movemento a favor dos dereitos LGTBI. Tamén había un movemento potente de insumisión contra o servizo militar, que en 1996 logrou que se incluira como punto do Pacto del Majestic a finalización do mesmo (que chegaría 5 anos despois).
  • Que foi a peor? polarizacion crecente da sociedade (algunhas das participantes pensaban que esta polarización en moitos casos está imposta ou alimentada polos medios de comunicación, pero que non é tan real). Semella tamén que unha menor participacion da xuventude (polo menos nos espazos de activismo tradicional), menos movementos sociais na universidade. Ante temas tan sangrantes como o prezo da vivenda ou da vida en xeral (ao final se trata de dereitos básicos), educación ou sanidade (ou problemas que afectan moito á xente nova, que non pode emanciparse), vese un pasotismo da sociedade. Falta total de confianza na clase política.
  • Que foi a mellor? unha maior sensibilización da xente con certos temas, como feminismo ou cambio climático, que se evidencia en manifestacións multitudinarias por todo o mundo. Creación de redes globais facilitadas polos novos medios de comunicación.

A media tarde, tivemos tempo de repartir uns detalliños para as asistentes (elaborados pola ONG Por Que No), e soprar as velas da tarta! Despois da cea, seguiu a festa até a mañá seguinte pero, neste caso, o que pasou na Xuntanza queda na Xuntanza ;D. Iso si, deixamos aquí a canción que sonou de primeira ao empezar a festa despois da cea, que é de 1993 pero nos segue a mover especialmente en ESF: “Tranquilo majete“, dos Celtas Cortos. A pesar dos avances tecnolóxicos e o click-activismo, segue sendo importante moverse do sillón!

Cósmica Lugo 2022. Crónica de lo que se puede contar

Llevábamos un año esperando este momento con muchas ganas y por fin llegó la Cósmica (Cósmica: reunión anual de la base social de todas las asociaciones que formamos parte de la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras). Este año más especial si cabe, ya que ESF Galicia hacía de anfitriona recibiendo a ESFEIRAS de toda España en Lugo.

Tuvimos la suerte de contar con gente de Asturias, Castilla y León, Navarra, Euskadi, Andalucía, Aragón, Cataluña y Baleares, a las que agradecemos mucho el esfuerzo de acercarse a Galicia desde tan lejos.

El sábado desde primera hora ya había actividades organizadas. Nuestras compañeras de ISF Euskadi prepararon un taller de voluntariado, donde pudimos conocer la experiencia de otras ISFs en esta materia y reflexionar sobre cuál sería la forma ideal de acoger a nuevas voluntarias.

Después de una paradita para tomar un café y reponer fuerzas con el estupendo queso que trajo Paola, pasamos al taller de género organizado por Sara y Alba. Debatimos sobre el papel del feminismo dentro de nuestra asociación y gracias al “juego de las cajas” pudimos hacernos una idea de todo lo que queda por hacer dentro de ISF y en nuestras vidas en cuanto a nuestra actitud con el feminismo, también de todo lo que se ha conseguido. Se habilitó un panel durante todo el fin de semana para que cada persona pudiera visibilizar alguna actitud machista que hubiera vivido en ESF.

El espacio de la tarde estaba reservado para la Asamblea Federal, donde se unieron online compañeros de ISF Murcia e ISF Cantabria. A parte de los puntos de rigor del orden del día, pudimos conocer el estado de cada ESF y Mikel de ESF Cataluña nos presentó un juego de mesa muy chulo que están desarrollando para que estas navidades podamos jugar con él.

Por la noche como siempre hubo tiempo para uno de los momentos más importantes de la cósmica, la vertebración, con queimada feminista incluida a cargo de Martina.

El domingo por la mañana tocaba el plato fuerte de la Cósmica. Nos dirigimos a Lourido, en la zona fronteriza entre Galicia y Asturias, a visitar a varias Mulleres (e homes) Bravas“, entre elas Carmen, una exesfeira que ahora centra su activismo en la defensa del territorio contra la multitud de proyectos eólicos que se plantean por la zona y los que ya están operando. Pudimos escuchar el testimonio de Carmen y otras vecinas de la Plataforma Xente de Oscos-Eo, Plataforma Eólicos na Mariña Así Non, Plataforma Stop Eólicos Negueira e a Plataforma Alto Miño Eólica Así Non, en una posición privilegiada en terreno desde donde pudimos ver con nuestros propios ojos el impacto negativo que generan estos proyectos y los pocos beneficios que dejan para la gente del lugar.

Después de una comida muy agradable, en la que vecinas y vecinos de la zona nos cedieron una antigua escuela rehabilitada en Vilavedelle, además de ofrecernos todo tipo de manjares, pasamos a un interesante debate esta vez con vistas a la ría. Carmen y el resto de vecinos quisieron conocer cuál podría ser el papel de Ingeniería Sin Fronteras respecto a esta problemática que representa un gran dilema en la sociedad en estos momentos. ¿Cómo cambiar el modelo energético de una forma sostenible? ¿renovables a cualquier precio? Se podía percibir un consenso claro, RENOVABLES SI PERO NON ASI. De este pequeño debate surgieron muchas cosas positivas. Tanto ISF Asturias, como ESF Galicia colaborarán con la plataforma de Xente de Oscos-Eo y el resto para dar a conocer su problemática en los lugares a los que tienen acceso (universidad a futuras profesionales de la tecnología, enseñanza secundaria o haciendo de puentes con experiencias similares en países empobrecidos). Además, a nivel federal este encuentro supuso la reactivación del grupo de justicia climática que llevaba parado un tiempo, era la excusa perfecta.

Una vez de vuelta en Lugo, las compañera de ISF Aragón proyectaron el documental “Historias de vida. Historias de refugio y apatridia”, la historia de seis saharauis apátridas residentes en Zaragoza.

Ya el lunes aun nos esperaban un taller sobre la relación de ESF con la universidad y cómo seguir relacionándonos con ella. También tuvimos un taller sobre podcasting de donde salió un nuevo programa de ESFRadio dedicado a las Cósmicas.

Una vez de vuelta en Lugo, las compañera de ISF Aragón proyectaron el documental “Historias de vida. Historias de refugio y apatridia”, la historia de seis saharauis apátridas residentes en Zaragoza.

ESFRadio. Un tema ao mes. Reunión anual da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras: “LA CÓSMICA”

Esta vez queremos traer a ESFRadio unha das actividades estrela que facemos na Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras a través da voz de varixs dxs súas protagonistas. Trátase da reunión anual das bases sociais da Federación, á que chamamos Cósmica. Como cada ano se fai nun sitio distinto da xeografía de España, tratamos de facela coincidir en pontes, xa que así tamén da tempo a viaxar.

Son días de formación, apoio mútuo, poñerse as pilas e moita diversión. Por iso, e moito máis (“o que pasa na Cósmica se queda na Cósmica”) , son un piar básico para facer grupo e facer Federación.

Neste programa de ESFRadio quixemos dar voz a persoas con diversas traxectorias nas asociacións ISF (unhas xa veteranas, outras que acaban de vivir a súa primeira Cósmica), que contan como a viven.

Tamén en spotify

Produce: Jorge Lama
Participan: Álvaro, Chus, Gisele, Martina, Sara, Sergio 

Crónicas dende Honduras, 1.

Xa están en Honduras as participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2022. Nos irán contando as súas experiencias persoais a través das súas crónicas. Aquí vai a primeira, de Carmen.


Recén desembarcados comezamos co choque de calor, e lembrámonos da chaqueta que no puidemos evitar traer na maleta…

Inesperadamente esa noite durmimos nun hotel mexicano preto do aeroporto. Alí coincidimos cun misionero mentres almorzábamos o “típico”, é dicir aguacate, queixo, frijoles, revolto, e tortillas de maiz.

Ao día seguinte chegamos ao noso destino, San Lorenzo, un municipio de 30.000 habitantes, moi bonito e tranquilo, cunha zona turística que ten un paseíño ao lado do mar, aínda que non é recomendable bañarse nesas praias, pero sí vemos moitas embarcacións.

Fixemos o traslado das camas para o pisiño que temos alugado aquí, xunto co bidón de auga potable. Menos mal que mercara o anticucarachas no súper, así podo sitiar o cuarto desta pequena invasión… O primeiro día non tiñamos auga, pois a municipalidade deixou de servila, e son as comunidades de veciños quen se ocupa de encargala, e pagala claro.

Ao día seguinte tivemos visita a Tegucigalpa para unha reunión de ESF coa coparte AHJASA (Asociación Hondureña De Juntas Administradoras De Sistemas De Agua), onde coñecemos a Don Omar e parte do seu equipo, aos que esperamos ver de novo por San Lorezno. De Tegus, so podo falar dos seus atascos, unha hora e pico no atasco ao chegar, e outro tanto ao saír!

Paramos a almorzar nun sitio ben interesante, que é como cafetería e zoo ao mesmo tempo. Pequeno pero tiña ata un leopardo! Restaurante ecológico el Ocotal, se chamaba, pois promove a conciencia e coidado animal, ainda que nos poida resultar algo contradictorio…

Coñecendo San Lorenzo, fomos ao mercado, a escoitar a banda tocar… ten un ritmo collonudo a verdade. Xa preguntamos se nos aceptarían, dixeron que sí! Agora están practicando a diario xa que pronto será a guerra de bandas no estadio municipal. San Lorenzo é favorito!

Por fin empeza a organizarse o meu sono, maldito jet lagggg…

Tivemos reunión en CODDEFFAGOLF, aquí en San Lorenzo, coparte de ESF, e principal organización coa que imos colaborar aquí, que nos acolle nas súas oficinas. É unha organización experimentada, pois naceu en 1988, e cuxo obxectivo é promover unha xestión eficaz e sostible da biodiversidade nos espazos naturais e protexidos, coa participación activa das comunidades, dos gobernos locais e da poboación en xeral. Levan a cabo accións de distinto tipo, como a xestión de espazos naturais, accións para o desenvolvemento socioeconómico local, fortalecemento de grupos de base, consecución de influencia política. Eles axúdannos a enfocar o noso rol nesta experiencia, combinando os nosos coñecementos e intereses coas súas necesidades.

Tamén tivemos reunión coa Red de Jóvenes por el clima, moi interesante, chea de persoas ben ben espertas e concienciadas, con quen acordamos colaborar para levar a cabo un cine foro, día de concienciación ambiental na praia, ou charlas sobre a navegación segura por Internet ou taller de reparación de equipos.

En cantidade de tendas e oficinas está o aire acondicionado, pois ao final si que lle imos dar uso á chaqueta!

Na finde aproveitamos para ir a Amapala, unha illa preto de San Lorenzo, no Golfo de Fonseca. Primeiro no bus, despois na lancha. Xa na illa collimos un mototaxi, non temos claro que fose moi necesario pero é o que nos toca aos turistas… Mais dunha vez confundíronnos con gringos!

A praia preciosa, e mirábase El Salvador ao fondo, que como turista sempre fai ilusión, non sei que nos pasa cas fronteiras… A agua quente quentísima, coñecemos lugareños moi amables, as persoas coas que atopamos en xeral son espectaculares, a verdade da gusto, eu coido que unha das cousas polas que mai paga a pena Honduras é polos seus habitantes e a súa forma de relacionarse, desde logo mais tranquila, amable e cercana que en España. Ademais a comida está boísima tamén! peixe babosa con platano frito, recomendo!

Cósmica 2021. Na Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras volvemos a poñernos corpo!

Este ano non foi unha Cósmica ao uso [Cósmica: reunión da base social de todas as asociacións que formamos parte da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras]. Xuntámonos nun albergue de Torremolinos grazas á iniciativa e empeño dun par de persoas que tiñan moitas moitas ganas de que nos xuntásemos (sodes super-riquiñxs!!). Tamén grazas ao esforzo das compañeiras de ISF Andalucía, puidemos facer unha xuntanza que non fose a través da pantalla dun ordenador.

Nesta ocasión, a organización, actividades e talleres non eran tan importantes, xa que o que se buscaba era volver a vernos as caras en vivo e recuperar as sensacións perdidas tras un período confuso e difícil para todas.Esta Cósmica axudounos a todas a recargar as pilas e volver con moitísimas máis forza para seguir traballando. As actividades e temas a tratar foron xurdindo sobre a marcha, deixando o máis divertido para o domingo á mañá: a Asemblea Federal.

Comezamos o sábado pola mañá facendo un recap de todas as ISF para poñernos ao día e ver como nos afectou a pandemia. Tamén aproveitamos para darlle a benvida ás novatas (no caso de ESF Galicia, Alberto e Mateo, que Dani xa é un veterano). Neste espazo vimos que, pese a que fose unha etapa un pouco difícil, puidéronse sacar cousas positivas como achegamento de máis persoas interesadas a través da vía telemática ou novas ferramentas e maneiras de traballar independentes da localización da persoa interesada.

Esa mesma tarde reservamos un espazo para falar e reflexionar sobre a xustiza climática, onde se creou un debate sobre o papel de ESF nese aspecto a xurdiron algunhas ideas interesantes. Acto seguido comentamos as nosas experiencias coa acollida das novas voluntarias e puidemos ver que todas nos enfrontamos aos mesmos problemas. Ademais, o noso compañeiro Miquel de ESF Catalunya aproveitou para presentar o libro “La nueva cooperacion, o cal se encargou de coordinar.

Despois chegou a parte máis importante…a vertebración! As compañeiras de ISF Andalucía e Baleares organizaron unha rutasca con paradas estratéxicas en puntos con algún atractivo cultural, bares, concursos de comida vegana, moitísimas risas e por riba de todo, isto serviu para coñecer xente moi guai que estamos desexando ver de novo.

O domingo pola mañá na asemblea pasaron dúas cousas bastante importantes para ESF Galicia: o noso compañeiro Mateo entra na xunta directiva federal como vicepresi (parabens Mateo e grazas polo enchufe 😉 ); e por outra parte a próxima cósmica…será celebrada polos nosos lares! Estades todas invitadas, esperámosvos aquí o ano que ven.

Esa mesma noite (o domingo) as máis valentes seguiron coa vertebración, pero xa houbo baixas porque había xente que tiña que marchar cedo ao día seguinte…

En resumo, unha experiencia top e recomendadísima, isto segue!

PD: Vémonos en Marzo na asemblea de Zaragoza, ou se non xa o outono que vén en Galicia!

Programa de Coñecemento da Realidade 2021. Primeiras comunicacións dende Honduras!

Aquí nos mandan Xoel e Eva as primeiras sensacións tras a súa aterraxe en Honduras, a pasada semana, dentro da estancia no país que é parte do Programa de Coñecemento da Realidade na súa edición 2020-2021 (adiada pola COVID19).

—————————

Tras 5 días de estadía en terras hondureñas, xa tivemos tempo de perdernos polas rúas de San Lorenzo na marxe dunha cuadra (para saber que significa “cuadra” ver acepción 9 aquí) dando voltas mentres unha tormenta tropical nos deixaba a roupa pegada a pel, de sorprendernos coas paisaxes e natureza salvaxe que esta terra ten e degustar as delicias dos seus froitos e pratos tradicionais (moitos nomes novos que aprender….pupusa, baleadas, marañones, e mil cincocentos máis) e das súas xentes e as súas ganas de vivir.

Xa coñecemos a algunhas das copartes (organizacións hondureñas coas que colabora ESF) coma CODDEFFAGOLF e NASMAR onde nos presentaron os proxectos que teñen en marcha e aqueles aos que nos poderíamos unir.

Temos moita motivación!

Saúdos Esefeiros!