Posts

Boletín Oficial ESFeiro: maio 2021

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • A recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O sábado 24 de abril tivemos a nosa Asemblea Extraordinaria de Primavera. Como puntos a destacar:
▶️ aprobáronse as novas directrices de comunicación de ESF,
▶️ aprobouse a colaboración co grupo GEAMA da Universidade da Coruña e Augas de Galicia, para difundir o traballo que fan en Mozambique de fortalecemento técnico dos organismos de cunca hidrográfica
▶️ aprobouse iniciar o traballo en diagnose de xénero para avanzar cara un plan de igualdade
▶️ elexiuse a nova Xunta Directiva da Asociación, quedando formada por: Alberto Bragado, Carmen Troncoso, Zoe Chaos, Tomás Bande e Marc Romero. Queremos agradecer a Andreina Vargas Carrión, Irene González Veiga, Daniel Vila Barreiro e Daniel Vila Recarey por estes anos de traballo e adicación
    Non podía faltar un novo episodio do noso podcast ESFradio, co noso Boletín Sonoro ESFeiro de abril. Ademais, empezan as operacións do Banco de REciclaxe Electrónico na nosa oficina da Coruña, onde colaboraremos con Ecos do Sur en revivir vellas computadoras con software libre para pechar a fenda dixital en familias que o precisen. Simultáneamente, tamén en Vigo están iniciando outro Banco de REciclaxe, e nos apoiamos mútuamente coas asociacións IEEE e ACCEM.
    Un novo grupo se activou en ESF tras o ciberfaladoiro sobre se ESF é unha organización feminista (aquí o resumo). O grupo de xénero xa existía como foro de debate e reflexión, pero agora vai liderar o proceso de diagnose de xénero de ESF aprobado na asemblea. Ademais, dende o grupo de masculinidades alternativas de ESF (micromachiños) compartíronnos a súa lista de reprodución de música para novos homes.


HONDURAS

    En abril cumplíronse 5 anos da nosa Raquel como expatriada de ESF en Honduras, onde sen ostentación, pero con moito traballo e acompañando as nosas copartes en todo momento, consolidámonos como un actor de referencia no Golfo de Fonseca. Aproveitamos para lembrarnos de Mireia, Víctor e Cris, que tamén contribuiron nos anos anteriores (dende o 2008) a esa consolidación.

    No país continúa o traballo cos grupos de mulleres no programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio. Neste precioso video de minuto e medio pódese coñecer un pouco máis da vida das mulleres marisqueiras. Ademais, tivemos a boísima nova da inauguración, no mercado de Amapala, do Centro de acopio de mariscos de 4 empresas de servicios múltiples de mulleres marisqueiras de Amapala (un dos municipios onde traballamos, que ten a característica de ser en gran parte insular). Xa levan 15 días vendendo bo producto, tratando directamente con marisqueiras e pescadores, e tratando de mellorar o prezo que ofrecen os intermediarios (que, en demasiadas ocasións, aprovéitanse do traballo das mulleres e homes do mar).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

    Esta é unha nova sección de BOE, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!

    Este mes quedamos cunha canción dunha artista que xa leva tempo en escea, con moitas cancións comprometidas. Trátase de Zahara, e desta volta queremos recomendarvos a súa recente canción Merichane. Non deixa indiferente…


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

“Creo sinceiramente que se os líderes políticos puidesen ver o seu planeta desde unha distancia de 100.000 millas [uns 160.000 kilómetros], a súa perspectiva mudaría drasticamente. Esas fronteiras tan importantes serían invisibles”.
Michael Collins, astronauta da misión Apolo 11, que faleceu a pasada semana

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: abril 2021

Aínda que sexa con algo de retraso, xa está aquí o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. Terceiro episodio xa, estámonos enganchando a isto do podcasting informativo!

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en marzo en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros, ESFrase do mes e até unha recomendación artística.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Boletín Oficial ESFeiro. Abril 2021


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • A recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Este mes de marzo a reflexión sobre xénero e feminismo tivo un espazo moi importante nas actividades de ESF, xa que tivemos unha formación sobre auga e xénero, e un Ciberfaladoiro sobre se “É ESF feminista?” (pronto teremos un resumiño das conclusións). Estase a conformar un grupiño para traballar nunha diagnose de xénero da asociación e, oxalá, chegar a ter un plan de igualdade.

    Compartimos o Boletín Sonoro do mes de marzo (pouco máis de 5 minutos de podcast ESFRadio resumindo o máis importante do BOE de marzo), ademais dun resumo das Xornadas “Educar con emoción, aprender con paixón” organizadas polo Concello de Tomiño, ás que asistiu xente da base social de ESF e nos compartiu as aprendizaxes que sacaron.
    O Banco de Reciclaxe Electrónica ESFeirobotou andar no noso local na Escola de Enxeñería de Camiños no campus de Elviña (A Coruña). Esperamos facer algúns obradoiros chulos de cacharreo nel, ademais de empezar a colaborar con Ecos do Sur para pechar a fenda dixital con familias que precisen máquinas e queran aprender a cacharrear con GNU-Linux. En Vigo están tamén arrancando un banco deste tipo, neste caso en colaboración coas asociacións IEEE e ACCEM. Con IEEE ademais se colaborou organizando a charla “Visión y experiencias en ingenieria con software libre” nas xornadas para a súa base social a nivel estatal, que se pode ver aquí. Estes Bancos de reciclaxe están dentro das actividades do noso Grupo de Apoio Mútuo Dixital, que segue a formarse, desta volta aprendendo da experiencia do Banco de REciclaxe Electrónica de Teo organizada por AberTeo, e se pode ver aquí.
    Tivemos tempo, por outra banda, de atoparnos con compañeiras de outras asociacións de ISF do resto do Estado Español na Asamblea Federal, de momento con pantalla polo medio. Que gañas de vernos en persoa!

    Por último, queremos compartir un artigo científico recén publicado (estará en aberto até o 18 de maio) por parte de colaboradoras de ESF, sobre calidade e cantidade de auga nos Campamentos de refuxiados saharauis en Alxeria con datos extraídos, entre outras fontes, dos proxectos que tivemos aló, en colaboración coa Universidade da Coruña. É de valorar o esforzo das investigadoras en ámbitos tan importantes como este, que moitas veces non se fai polas trabas dentro do propio sistema de investigación.


HONDURAS

    En Honduras, co motivo do 8M, participamos nunha campaña impulsada por AECID-Honduras visibilizando mulleres bravas.

    No programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio, presentouse a ferramenta SIROS mellorada, unha app para a localización participativa de lugares de alto valor ambiental, ou lugares con agresións ao medio, desenvolvida coa participación de CODDEFFAGOLF e o Cartolab da UDC. Neste mesmo programa, impulsado por CODDEFFAGOLF, tivo lugar o Conversatorio sobre a gobernanza no subsistema marino costeiro no Golfo de Fonseca, coa participación de FULSALPRODESE (El Salvador), DIGEPESCA, unidades municipales de medioambiente e representantes dos grupos de mulleres marisqueiras de Amapala, Marcovia e San Lorenzo, coas que colaboramos.

    Durante o mes de marzo tivemos en Honduras a todo un equipazo humano: Miriam, Edwin, Irene, Elmer e Raquel. Aquí o podes coñecer!


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

    Esta é unha sección do BOE de recente creación, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!

    Este mes queremos compartir convosco a obra da pintora de Viveiro, Maruxa Mallo. Foi unha das maiores expoñentes do surrealismo en España, considerada como artista da xeración do 1927 e formaba parte do grupo de mulleres artistas coñecido como Las Sinsombrero. Mentres participaba en accións das Misións Pedagóxicas en Galicia durante a Segunda República, sorpréndea a Guerra Civil e vese obrigada a fuxir a Portugal onde a agarda Gabriela Mistral, que era por aquel tempo embaixadora de Chile en Portugal. Será Mistral quen leve a Maruja a Bos Aires, onde finalmente se quedaría durante todo o seu exilio, que durou nada máis e nada menos que 25 anos.


E NO PRÓXIMO MES …

  • 7 de abril: Día Mundial da Saúde
  • 9 de abril: cúmplese un ano do noso primeiro ciberfaladoiro no confinamento. Pensamos que se converteu nun espazo de apoio mútuo e compartir que nos axudou como organización a seguir impulsando o pensamento crítico nestes tempos de pandemia.
  • 13 de abril: Ciberfaladoiro “Como será a ESF do futuro”. 19h nesta sala. Como será o activismo post-pandémico?
  • 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
  • 22 de abril: Día da Terra
  • 24 de abril: Asemblea Xeral de primavera de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
  • 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
  • 28 de abril: faladoiro de libre acceso dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil, coa que ESF colabora e axudou a crear no seu día. 12:45h. Aula 2 – Escola de Camiños, Campus de Elviña, A Coruña. n’UNDO. Deshacer – Rehacer – No hacer. Colectivo n’UNDO.

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

    A min preocúpanme tres ou catro cousas das tecnoloxías actuais. […] A primeira, obtención dos materiais. Segunda, a man de obra explotada. A terceira, os transportes desas tecnoloxías. E a cuarta, que son produtos que non invitan á intelixencia.
Arcadi Oliveres (do que onte tivemos que lamentar o seu pasamento)

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: marzo 2021

Xa chegou o segundo Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En pouco máis de 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xaneiro en Galicia e #Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, recomendación de publicación en físico (que prestamos á nosa base social), axenda de eventos vindeiros e ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Tamén en spotify

O que aprendemos nas Xornadas “Educar con emoción, aprender con paixón”

A semana do 8 ó 11 de Febreiro de 2021 tivo lugar A Semana da Educación “Educar con Emoción, aprender con Paixón” organizado polo Concello de Tomiño.

Según o propio Concello, as xornadas organizaronse para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular acudiran a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación. Participaron conferenciantes que son grandes profesionais con experiencia na temática, nesta edición tivemos con nós a Octavio Salazar, Almudena González, Marta Peirano e Alberto Soler.

A primeira conferencia “Educación, feminismo e masculinidades.” a cargo de Octavio Salazar abordouse como a educación debería incorporar a perspectiva feminista, o que supón ir máis aló da mera coeducación; habería que desenvolver programas específicos de intervención coa mocidade. O obxectivo non sería outro que dar resposta paritaria ao modelo educativo que marca o artigo 27.2 da Constitución Española e vinculalo co reto de como redefinimos as condicións da vida en común.

Na sesión do martes titulada “Educar a través da emoción musical: beneficios desde a perspectiva neurocientífica.” , Almudena Gonzalez falou sobre como a música é unha arte capaz de provocarnos diferentes emocións e no contexto educativo son importantes as súas implicacións e beneficios. Os estudos de neurociencia analizaron estas cuestións en profundidade e esta conferencia tivo como obxectivo esclarecer os alicerces da emoción musical na educación. Almudena abordou a literatura científica coa música como eixo vertebrador, analizando os diferentes estilos musicais académicos e populares, calidades e aspectos relacionados coa emoción e cognición musical. Afondou na interrelación dos coñecementos neurocientíficos cos musicais, xa que a unión entre estes dous campos proxecta novos camiños tanto dentro da aula como no ámbito familiar.

Nesta sesión unha persoa da nosa base social interviu plantexando un proxecto musical persoal e sobre como a música configura a masculinidade. Este feito deu lugar a unha actividade concreta no grupo de traballo non mixto sobre masculidadades de Enxeñería, pero disto falaremos noutra ocasión.

O xoves, Marta Peirano, xornalista e investigadora desenvolveu a poñencia en torno ó título “Como combater a desinformación con campañas de inoculación efectivas”. Sobre como as Redes Sociais convertéronse no vehículo de transmisión perfecta da desinformación. Non é só un problema técnico, que se poida resolver con algoritmos e Intelixencia Artificial. Plantexou a pregunta Que ferramentas temos para combatela? Dando como resposta o desenvolvemento do noso espíritu crítico.

Houbo duas preguntas da nosa base social.

A primeira foi que opinaba da Deep Web como ferramenta xeradora de desinformación. Marta comentou que foi dende sempre algo demonizado pero que o impacto que ten sobre a xeración da desinformación lle parecía mínimo.

A segunda foi sobre que accións directas poderiamos levar a cabo dende xa mesmo, ao día seguinte da charla. Unha resposta concreta foi xogar nós, coa familia, ou nas aulas, a un xogo onde o obxectivo e “facer desinformación”, porque logo é máis sinxelo identificar as técnicas que empregan as fake news para influirnos. O xogo, da Universidade de Cambridge, chámase Bad News, e está pendente de traducir do inglés, pero é moi sinxelo.

No último relatorio o psicólogo Alberto Soler falounos sobre “Normas, límites, premios e castigos”. Sobre algo que parece tan razoable como que a maioría estamos de acordo en que queremos educar aos nosos fillos e fillas con grandes doses de amor, agarimo e respecto. Pero sempre hai situacións nas que é necesario establecer algúns límites que os protexan ou para ensinarlles cal é a forma axeitada de comportarse. Entón é cando a moitas familias e docentes asáltanlles as dúbidas: de verdade fan falta as normas e os límites?, cales?, a partir de que idade?, como podemos establecelos de forma clara e respectuosa coas súas emocións? E todo isto lévanos aos premios e os castigos. Xa sabemos, porque o falamos moitas veces, que non son nin a única nin a mellor ferramenta para educar a fillos, fillas ou alumnado pero, si non premiamos nin castigamos, que facemos cando superan eses límites ou incumpren as normas que puxemos?

En torno a estes temas, Alberto plantexou un interesantísimo relatorio sobre diferentes métodos, opinións concretas e accións directas para levar a cabo a educación das criaturas con un impacto emocional negativo mínimo na súa evolución vital.

Finalmente, dar os parabéns ao Concello de Tomiño a organización destas xornadas, as cales desfrutamos e nas cales aprendemos moitas cousas de utilidade. Estas iniciativas dende e eido local son moi de agradecer.

Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2021


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • A recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

  Este mes, ademais de celebrar que o BOE xa ten un irmán sonoro en forma de podcast, engadimos duas novas seccións: a “Recomendación artística do mes” e, dentro da sección Enlaces de interese, unha subsección para o tema de enerxía e cambio climático (que ademais vén fortísima na súa estrea).  

Tivemos a boa nova da creación dun incipiente grupo de enerxía e cambio climático de ESF, que foi o detoante de que adiquemos ese apartado específico a novas neste eido. Empezaron forte, impulsando un dos ciberfaladoiros realizados no mes, o de “alternativas para unha transición enerxética: que podo facer eu?“, do que se fixo un resumo por se non puideches asistir. O outro ciberfaladoiro foi sobre Outras realidades: Mozambique (é posible que pronto empecemos a facer algunha cousiña sobre este país).

    Tivemos tempo de asistir á presentación da nova Estratexia Dixital da Xunta de Galicia, e nos suscitou dúbidas que queremos compartir aquí.

    Tamén houbo reunións do grupo de Dereito Humano á Auga para seguir traballando no mapeo do estado da xestión do abascemento nos concellos de Galicia en colaboración con Ecoloxistas en Acción e a Universidade da Coruña, así como do grupo de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, que estivo definindo accións para este 2021. O 13 de febreiro houbo o III Ciber-vermú do grupo de homes esfeiros (ao que chamamos agarimosamente “micromachiños”), onde compartimos inquietudes sobre masculinidades alternativas.

    O Grupo de Apoio Mútuo Dixital tivo o primeiro encontro con membros de Ecos do Sur, para arrincar a proxecto de redución de Fenda Dixital en familias vulnerables coa reutilización de equipos vellos “voltos á vida” con software libre, apoiado por fondos IRPF da Xunta de Galicia.


HONDURAS

    En Honduras tivemos a boa nova da reincorporación da nosa representante país Raquel (apertas!!), e a viaxe de Irene para dar apoio nos meses de febreiro e marzo no país no peche de proxectos que toca nestes dous meses.

    Dentro do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio, en febreiro rematouse o proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, de apoio á actividade marisqueira na súa fase 1 (nos vindeiros meses estaremos buscando a financiación para continuar). Presentouse a versión mellorada da ferramenta de mapeo participativo de áreas de alto valor ambiental e de agresións ambientais, SIROS, desenvolta co apoio do cartoLAB da Universidade da Coruña. Ademais, mulleres marisqueiras tiveron unhas xornadas de sementeira de marisco.

    Tamén nese programa, pero noutro proxecto, financiado pola Axencia Española de Cooperación, a organización hondureña socia de ESF, CODDEFFAGOLF, participou na mesa de Seguridad Alimentaria y Nutricional de la municipalidad de Nacaome.

    No último dos proxectos que temos en marcha dentro deste programa, tamén financiado pola Xunta de Galicia,  estamos a colaborar co CEXEF apoiando a grupos de mulleres con  CODDEFFAGOLF e ás oficinas municipales de la mujer de los 7 municipios da Mancomunidad NASMAR. En febreiro tivo lugar o primeiro foro de sanación grupal, “Tejiendo ternura en colectividad “, como un espazo reflexivo para as compañeiras que defenden a vida xunto ao mar.


    Xa no outro programa que temos en Honduras, o de promoción do dereito humano á auga, quixemos chamar a atención sobre a nosa aposta por ir introducindo no programa a hidroxeoloxía como sustento científico para fortalecer as accións das nosas socias na xestión da auga en Honduras. O estamos a facer coa Universidade da Coruña. Ademais, estivemos a preparar unha proposta para obter financiación da Deputación da Coruña para apoiar o programa de Formación de Técnicas Comunitarias de Auga.

A mala nova foi ter que lamentar o pasamento da alcaldesa de El Triunfo Gina Bonilla, coa que colaboramos estreitamente na defensa do dereito á auga na zona e que tivo a ocasión de visitar Galicia en 2018. Con ela, vaise unha loitadora e un exemplo para a clase política de Honduras. Foi pracer ter compartido esforzos con ela.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas.

Este mes:

  • Atlas Ecosocial de Galicia. Editorial Catroventos

A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

    Esta é unha nova sección de BOE, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!

Queremos estrear a sección con Manu Chao e o seu Clandestino, case un himno. Aquí podes escoitalo!


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais FacebookinstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

A ciencia non é senón unha perversión de si mesma, a menos que teña como obxectivo final o melloramento da humanidade
Nikola Tesla

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: febreiro 2021

Mañá é o Día da Radio. Cremos que é un bo momento para estrear en ESFRadio o Boletín Sonoro ESFeiro, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En pouco máis de 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xaneiro en Galicia e #Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e ESFrase do mes. Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Aquí podes escoitar o Boletín de febreiro:

Tamén en spotify

BOLETIN OFICIAL ESFEIRO: febreiro 2021

Esta é a versión escrita do noso boletín mensual, se prefieres a versión radiofónica (resumida), aquí podes ir ao Boletín Sonoro ESFeiro

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Neste surrealista primeiro mes de 2021 tivemos a ocasión de tratar nun ciberfaladoiro o tema de que a auga empece a cotizar en mercados de futuro. Dende o grupo de dereito a auga se levaba reflexionando xa unha semanas sobre o tema e, tras o ciberfaladoiro, sacouse unha reflexión na nosa web expresando a nosa preocupación.

    No Grupo de Apoio Mútuo Dixital tivemos a boa nova de ter acadada unha axuda da Xunta de Galicia (dos fondos da X solidaria da declaración da renda) onde, colaborando coa ONG Ecos do Sur, desenvolveremos un programiña formativo para rescatar vellas computadoras e facelas usables no ámbito doméstico empregando software libre. Esperamos que sexa o inicio dunha longa e fructífera relación :D. Dende o mesmo grupo, organizáronse duas xornadas formativas:

  • Miguel Bouzada contounos as súas experiencias co grupo de reciclaxe informática no que participou hai uns anos (colaboración de GalPon e Gruvi)
  • Javier Teruelo falounos da súa experiencias de instalación de slitaz no centro educativo onde imparte clases, en Cataluña (slitaz é un sistema GNU-linux moi lixeiro e perfecto para máquinas vellas). Aquí podes ver o faladoiro.

    Tamén tivemos ocasión de contar como funciona e o que estamos facendo en ESF Galicia a compañeiras do resto de asociacións da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.


HONDURAS

    En Honduras, continúa o traballo no noso programa de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, onde están activos tres proxectos:

No programa de Dereito á Auga, seguimos a presentar propostas para acadar financiación, desta volta ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a ver se o conseguimos!


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

  • 2 de febreiro: Día dos Humedais
  • 9 de febreiro: 19h. ciberfaladoiro Outras Realidades: Mozambique, nesta sala
  • 10 de febreiro: 12:45h. Charla en liña sobre Economía e Desenvolvemento Humano, de Enrique Saéz. Asistencia libre nesta sala, dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños, coa que ESF colabora e axudou a crear no seu día.
  • 11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
  • 13 de febreiro: Día Mundial da Radio
  • 14 de febreiro: Día da Enerxía
  • 20 de febreiro: Día Mundial da Xustiza Social
  • 24 de febrero: 12:45h. Charla en liña.El derecho a un hábitat humano sostenible. Plácido Lizancos y Patricia Muñiz. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños
  • 27 de febreiro: Aniversario da Proclamacion da República Arabe Saharaui Democrática
  • 2 de marzo: 12:45h. Charla en liña. El problema de la desigualdad. Atilano Pena. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños
  • 3 de marzo: 12:45h. Charla en liña. Cooperación internacional y Acción Humanitaria. Quique Peña y Ofelia García. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

“Se as máquinas producen todo o que necesitamos, o resultado dependerá de como se distribúan as cousas. Todo o mundo poderá gozar dunha vida de luxo ocioso se se comparte a riqueza producida polas máquinas, ou a maioría da xente pode acabar sendo miserablemente pobre se os propietarios das máquinas presionan con éxito contra  a redistribución da riqueza. Ata o momento, a tendencia parece ser cara á segunda opción, coa tecnoloxía causando unha desigualdade crecente”
Stephen Hawking

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2021

Nesta ocasión, no apartado de enlaces de interese, deixamos unha sección especial adicada ao Sahara Occidental, onde nas últimas semanas produciuse unha preocupante escalada de violencia, e é unha realidade á que en ESF somos moi sensibles, pois traballamos tempo nos campamentos de refuxiados e tamén en Galicia dando a coñecer a súa problemática.

    Outro suceso que nos impactou foi o comezo da cotización da auga en mercados de futuros (de feito, o vindeiro 20 de xaneiro ás 19 falaremos sobre este tema no noso vindeiro ciberfaladoiro, encontro informal para falar do que nos preocupa vía teleconferencia, ao que nos encantaría que viñeras, o cal podes facer nesa data simplemente pinchando aquí).   


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Como parte da participación de varias persoas de ESF no curso de xestión por resultados da CGONGD creamos un grupo de telegram ESFeiro para poder compartir dúbidas e materiais sobre temas máis técnicos de xestión de proxectos de cooperación (marco lóxico, xestión por resultados, xestión do cambio e de procesos e demais “palabros” do mundo da cooperación). Se tes interese, podes entrar sen chamar neste enlace.

    Ademais, tivemos dous ciberfaladoiros no mes, un sobre os problemas que deixaron os furacáns Eta e Iota en Honduras e estratexias futuras de traballo no país (no que contamos coa nosa xente no país e do que aquí están as reflexións que sairon), e outro sobre comercio local e compras por internete, con motivo da cercanía do Nadal. Tamén falamos sobre Educación e Software Libre no noso Grupo de Apoio Mútuo Dixital, e fixemos un pequeno encontro formativo para aprender a organizar mapathones.

    O día 19 de decembro tivemos por vía telemática unha Asemblea Xeral extraordinaria da asociación, para vernos as caras e falar de como nos foi en 2020 e o que nos deparaba o novo ano (presentando as contas previstas para 2021). Vai adxunta a acta, por se tes interese en saber de que se falou.

    Sobre eventos “en físico”, en A Coruña se pode visitar até o 5 de febreiro a exposición a aire libre Tecedoras do Cambio, e ademáis dende ESF apoiuse a campaña de Rebelión polo Clima de protesta ante empresas en Galicia polo “lavado verde” co que agochan a súa “inacción climática”.


HONDURAS

    Durante decembro fíxose un importante traballo con AHJASA deseñando un novo proxecto que veña paliar os problemas que deixaron os furacáns Eta e Iota no acceso á auga potable.

    Continuouse o traballo no programa de soberanía alimentaria destacando tres actuacións:

– nova versión máis lixeira da app de mapeo participativo de áreas sensibles ambientais en Honduras SIROS traballando con CODDEFFAGOLF e o CartoLab da UDC (implicando ademais á Universidade Nacional Autónoma de Honduras), co apoio da Xunta de Galicia,

impulsando a selección de variedades locais de sementes co apoio da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID)

monitoreo de bivalvos, cando se cumple un ano da misteriosa mortandade dos mesmos da que aínda se está tratando de esclarecer as causas, e que iniciou un annus horribilis para as mulleres marisqueiras do sur de Honduras, ás que seguiremos apoiando en 2021.

    Séguese traballando ademais na Fase 2 proxecto de fortalecemento das “oficinas municipais da muller” (OMM) dos 7 municipios da Mancomunidad NASMAR e apoio a actividades produtivas de grupos de mulleres, co apoio do CEXEF da UDC na parte de orzamentos etiquetados de xénero.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Especial Sahara Occidental

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

Creo que o mero feito de existir implica certa responsabilidade co futuro, co que existirá despois que nós. Se fomos quen de construir avións, submarinos, satélites espaciais, deberiamos ser quen de transformar o mundo que nos rodea, de xeito que todos podamos vivir polo menos dignamente. É case inconcibible que nesta era da “tecnoloxía” haxa xente que morra de fame, que nunca vira un médico… Felipe a Lavinia no libro La mujer habitada, de Gioconda Belli

Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O 27 Novembro estivemos no Ciclo Novos Tempos A Coruña Global, falando sobre municipalismo e cooperación. A administración local é a máis próxima e pode promover mellor a visión “glocal” (pensar en clave global e de solidariedade internacional, actuando dende o local). Se non puideches estar, podes velo aquí (a nosa participación comeza en 1h 03min 33seg).

    Tamén continuamos a celebrar máis ciberfaladoiros, este mes tivemos unha sesión adicada o documental “O dilema das redes sociais” onde debatemos sobre o uso destas e como inflúen na sociedade. Noutra estivemos falando sobre o comercio local e como lle afecta o aumento das compras por internet, especialmente nas grandes plataformas.

    Ademais, continuamos a organizar encontros do Grupo de Apoio Mútuo Dixital.


HONDURAS

Este mes queremos presentarvos a páxina web da Mancomunidade NASMAR, coa que levamos xa dende 2014 traballando, e que por fin están en internet con novos contidos.

Ademais, fixémonos eco da traxedia do furacán Eta, que logo aínda tivo un novo episodio co furacán Iota, e que causaron gravísimos danos no país. Seguiremos máis que nunca apoiando ás súas xentes, esperamos que coa túa axuda. En novembro, avanzaron os traballos no programa de soberanía alimentaria con CODDEFFAGOLF, con formacións en DHANA (Dereito Humano á Alimentación e á Nutrición Axeitada).    

Aproveitamos para dar a coñecer o acadado cun proxecto rematado en 2020, tamén neste programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio, traballando no fortalecemento de organizacións da sociedade civil que velan polos dereitos ambientais no sur de Honduras.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

De súpeto decatámonos de que en realidade temos que asegurarnos de que a web esté servindo á humanidade. Non só manténdoa libre e aberta, senón asegurándonos de que as cousas que as persoas constrúen neste espazo realmente estean axudando á democracia”.

Tim Berners-Lee