Boletín Oficial ESFeiro. Febreiro 2026
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E proximamente …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
O mes de xaneiro arrincou tranquilo tralo Nadal, pero foi collendo ritmo rapidamente e, dentro do programa Hackers Sen Fronteiras (onde traballamos nos centros de secundaria e FP), houbo unha formación sobre radio no IES Ánxel Fole. Tamén tivemos a boa nova de que o proxecto gañador do II Concurso de Iniciativas Didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común, resultou tamén gañador de nada menos que dun premio a nivel nacional polo Ministerio de Educación.
No programa de Mulleres Bravas, preparando a vindeira visita de marzo, houbo tempo para a presentación dun programa de Aprendizaxe Servizo na Facultade de Psicoloxía da USC, no que se estará colaborando durante unhas semanas. Ademais, tivemos un encontro en liña para ir preparando a axenda cunha compañeira activista de Barracón Digital, de Honduras, que visitará no mes de abril a Galicia.
Dentro do programa de ESF no eido profesional técnico e da economía social (ESFpro), tivemos un encontro de peche da fase 1, en liña, para pensar no futuro do programa, e coñecer os resultados da diagnose que fixemos en colaboración con AoPaso. Ademais, 2 persoas da base social de ESF asistiron o un encontro sobre estratexias económicas para aparatos electrónicos sostibles e dereito a reparar, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
Os bancos de reciclaxe botaron a andar tamén neste novo ano, co de Coruña organizando xa a finais de xaneiro o primeiro obradoiro de reparación colectiva do ano, desta volta na librería A Tobeira de Oza.
En redes, asinamos un acordo marco entre Enxeñería Sen Fronteiras e a Fundación Galicia Verde, para realizar colaboracións no eido da soberanía alimentaria e a defensa do territorio.
Nun novo episodio de ESFRAdio, resumimos os boletíns dos pasados meses no Boletín Sonoro de Inverno. Na web, compartimos unha historia de violencia administrativa a cargo dunha empresa de telefonía, que nos compartiu un compañeiro da base social
No programa de ESF na universidade, mantívose en xaneiro no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial da UVigo a nosa exposición “Coñeces o teu móbil?” e, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela, un grupo de estudantes colaboradores de ESF mantiveron os cartaces que, sobre temáticas de dereito á auga e outros, puxeran en distintos puntos da escola.
Pechamos o mes cun encontro da nosa base social para falar sobre a importancia dos coidados no activismo, para o cal contamos cun grupo específico coñecido agarimosamente como “Equipo Pegamento”.
HONDURAS
Despois do descanso de Nadal, arrancou o ano en Honduras no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio planificando as vindeiras obras na restauración do sistema de lagoas de inverno, dentro do programa financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.
MOZAMBIQUE
No mes de xaneiro continuouse traballando na formación práctica para a realización de estudos de inundacións empregando o software IBER e no acompañamento na monitoria da seca. Neste mes houbo grandes inundacións en Mozambique con case 390.000 desprazados e 13 mortos. As inundacións afectaron a bacías de todo o país, nunha situación que pon de relevo, unha vez mais, a vulnerabilidade de Mozambique fronte este tipo de eventos -cuxa frecuencia esta a ser incrementada pro mor do cambio climático-, así como a importancia de fortalecer as Administración Rexionais da Auga de Mozambique na mellora das súas capacidades para modelizar e xestionar inundacións.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Irene González Pijuan. Entrevista. La energía es un derecho básico, y sus estructuras de poder patriarcales deben ser cuestionadas. V.O. Catalán con subtítulos en castellano
- Heteropesimismo ‘reloaded’: el desencanto hetero y la sinergia de los sexos
Auga
Consumo responsable
- Boicot a fondo de inversión KKR, con fuertes vínculos con Israel. Contra el genocidio palestino, ataquemos sus pilares económicos
- Vídeo. Consumismo e infelicidad. el negativo impacto psicologico de la sociedad de consumo. 34min 13seg
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- ¿Cómo podemos acercar mejor el feminismo a los jóvenes?
- O profesorado galego, ao límite: 8 de cada 10 describen o seu clima laboral como “conflitivo” e critican a burocracia excesiva
Enerxía e cambio climático
Vídeo de relatorio. The biggest carbon problem in a cold climate transformed into a regenerative solution. 1h 56min
Iniciativas
- Red Ibérica de Laboratorios de Cultura Comunitaria y Ruralidades
- TanGentePodcast. Charlas entre amigos, ideas frescas y temas que importan: política, sociedad, economía y cultura. Desde Guatemala
- Proyectos inspiradores de computación no extractivista
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- ÁFRICA. Colonialismo digital: cómo las potencias tecnológicas están reescribiendo la soberanía de África
- CANADÁ. El primer ministro de Canadá, Mark Carney, da por muerto al orden mundial basado en reglas
- GROENLANDIA. Una obsesión geoeconómica: el apetito de Trump por Groenlandia
- NICARAGUA: El aislamiento de Nicaragua
- TAIWAN. AI’s green-energy goal is devastating Taiwan’s coastal villages
- VENEZUELA: la violación del derecho internacional amenaza la paz global
Pobreza e exclusión
- Galicia reduce la exclusión social, pero aumenta el riesgo de consolidar la precariedad
- EAPN-ES reclama responsabilidad política con las familias en vulnerabilidad tras el rechazo al real decreto ómnibus de protección social
- Unos 8.000 migrantes en Galicia podrán beneficiarse de la regularización estatal: «Atrás dejé a mis dos hijos para darles lo mejor»
- Podcast | El ICE español: violencia policial contra migrantes en España
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Explicando el lío del tratado UE-Mercosur
- Decrecimiento o ecofascismo: Trump agudiza la crisis ecológica con su reforzado imperialismo
- Inteligencia artificial y colonización
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Una seguridad social de los alimentos: así facilitan la compra de productos ecológicos
- Un estudio alerta de que la presión de los mercados globales acelera la desaparición de variedades agrícolas locales
- El relevo generacional en el campo: solo uno de cada diez agricultores tiene menos de 41 años
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- El aterrizaje de la IA en la sanidad pública: opaco, desigual y con escasa supervisión
- He decidido independizarme de toda la tecnología de EEUU y abrazar la europea. Así lo estoy consiguiendo
- Asistir a una protesta. Proteger tus dispositivos electrónicos y activos digitales antes, durante y después de una protesta es vital para mantener tu seguridad y la de tu información, así como para difundir tu mensaje
- La inteligencia artificial ya está en las fronteras de Ceuta, Melilla y las Canarias: estos son sus riesgos
- Elon Musk lánzase pola rede dixital europea sen que a UE teña regulación ou opción pública para defenderse
- Autodefensa frente a la vigilancia: resumen del año 2025
- ai.txt: A new way for websites to set permissions for AI
- Libro de libre acceso. Accessibility for Everyone
- Search Engines, AI, And The Long Fight Over Fair Use
- The Reverse Centaur’s Guide to Criticizing AI
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- La Xunta ensaya en Couso un sistema de cajas importado de Suecia para recuperar el monte
- Las principales ciudades españolas superan el próximo límite europeo de contaminación
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes: documental Todos somos Gaza, de Hernan Zin, e a canción asociada.
E PROXIMAMENTE …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 2 de febreiro: Día dos Humedais
- 10 de febreiro: Día da Internet Segura (segundo día de la segunda semana del segundo mes del ano)
- 11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- 13 de febreiro: Día Mundial da Radio
- 14 de febreiro: Día da Enerxía
- 18 de febreiro: Pecha o prazo para solicitar unha das 3 prazas do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2026. +INFO.
- 20 de febreiro: Día Mundial da Xustiza Social
- 26 de febreiro. Faladoiro sobre Transición Enerxética Xusta na EScola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela. Materia Aula Profesional (aula de proxectos). 18h.
- 27 de febreiro: Aniversario da Proclamacion da República Arabe Saharaui Democrática
- 27 de febreiro. Museo Domus A Coruña. Repair Café e Escola de Inverno. 17:30-20:30
- 2 a 9 de marzo: teremos a visita de dúas mulleres productoras de Honduras, labrega e marisqueira, facendo unha xira en Galicia. Pronto poderás coñecer a súa axenda aquí. Paga moito a pena coñecer as súas historias.
- 7 de marzo. 11-14h. Obradoiro de reparación colectiva, repair café. Casino de Carballo.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Se unha tecnoloxía sesgada viola os dereitos humanos, estamos fabando das consecuencias dun mal deseño. A tecnoloxía non é un destino divino nin unha forza da natureza. Se a deseñamos mal, temos que asumilo e debemos correxila.
Carissa Véliz

















