Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2024
Se prefires a versión podcast resumida deste boletín, aquí podes escoitala.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Decembo veu movidiño. Xunto a máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais, apoiamos o manifesto rexeitando a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil. Dende o noso grupo de masculinidades alternativas (micromachiños) nos recomendan o libro: El deseo de cambiar. Hombres, masculinidad y amor, de Bell Hooks. Participamos no podcast Habitando, de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, que no seu episodio 44 tocou o tema Tecnoloxías para o Ben Común nas Universidades Galegas e a rede Artigo9Tech.
Un evento moi interesante foi o que organizamos en Lugo, como peche da primeira fase do proxecto Hackers Sen Fronteiras, onde se fixo unha avaliación co profesorado participante e tamén un encontro con alumnas para coñecer posibles barreiras para continuar estudos pola rama tecnolóxica. Durante o mes aínda tivemos tempo para facer algún faladoiro máis en institutos dentro deste proxecto de Hackers Sen Fronteiras, como os que se fixeron en Brión sobre ciberacoso e mulleres tecnólogas, ou o de Curtis onde unha profesora e unha ex-alumna súa da EPS Lugo contaron as súas experiencias como mulleres tecnólogas. Como parte do peche desta primeira fase, fallouse o concurso de propostas didácticas de tecnoloxías para o ben común, que recaeu no IES Primeiro de Marzo, cunha proposta de banco de reciclaxe electrónica escolar.
A principio de mes participamos nun encontro coa rede Artigo9Tech de tecnoloxía para o ben común nas universidades. Tamén houbo un encontro co grupo de voluntariado de Vigo e outro do grupo de Mulleres Tecnólogas na Coruña. Fixemos unha campaña en redes sociais sobre Colonialismo Verde en Gaza en colaboración coa organización Sistema Universitario Galego por Palestina. Tamén englobado nas accións de ESF na universidade, houbo 3 encontros con diverso profesorado da UDC para explorar posibles colaboracións no eido de tecnoloxía para o ben común, un Repair Café na ESEI de Ourense colaborando con Amigas da Terra e un faladoiro en Lugo sobre tecnoloxía para o ben común dentro da materia de Ordenación Territorial.
Non podían faltar os encontros da base social para despedir o ano, na Coruña e tamén o organizado para toda Galicia, onde aproveitamos para ver a esfeiras que andan polo mundo adiante e veñen a casa polo Nadal.
HONDURAS
En Honduras rematou en decembro a escola de Habilidades para la Vida, dentro do proxecto de apoio a grupos de mulleres marisqueiras financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Foi momento de peche da anualidade 2023 dos proxectos en marcha, que se poden coñecer aquí.
MOZAMBIQUE
En Mozambique rematou a estancia no país (estivo algo máis dun mes) de Manuel, o experto co que contamos para apoio técnico ás Administracións Rexionais da Auga en temas de seca, estudos de curvas de embalses e, proximamente, inundacións. Puidemos coñecer como lle foi no encontro de Nadal da base social.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Consumo responsable
- Manual de instrucións para que as bicicletas tomen as rúas de Galicia: unha revolución sobre dúas rodas
- Un propósito de año nuevo (que no es ir al gimnasio): comprar en tu propio súper
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Materiais educativos en varios idiomas sobre minaría insustentable
- Podcast. Tecnoloxías para o Ben Común nas Universidades Galegas – Habitando Ep.44
Enerxía e cambio climático
- Novo informe de Greenpeace e OGACLI mostra a dependencia galega de enerxía fósil
- ¿Existen los minerales para una transición energética global y justa?
Iniciativas
- ¡Tú puedes pararlos! ¡Salvemos Oscos-Eo!
- Lanzamiento de la Coalición Latinoamericana #MigrarSinVigilancia
- Campaña para terminar con el comercio de armas con Israel
Investigación para o desenvolvemento
- A pegada ambiental do turismo galego: as termas son a actividade máis contaminante
- Reducing food’s environmental impacts through producers and consumers
Mundo
- CONGO: cuántas vidas cuesta tu tecnología
- PALESTINA: visualizingPalestina
- VARIOS: Cinco noticias olvidadas de 2023
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- COP28: La Conferencia concluye con un llamamiento a “alejarse” de los combustibles fósiles; la ONU afirma que la eliminación es inevitable
- Decepción entre las ONG en la COP28: “Este no es el acuerdo histórico que el mundo necesita”
- Más allá de la descarbonización: nuevas industrias para nuevos tiempos
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Reciclar metales o destrozar montañas: Galicia y La Mancha contra el lobby minero de las tierras raras
- Montes de Couso, de vertedoiro a exemplo de sustentabilidade
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Comentario dunha das nosas asesoras en Hackers Sen Fronteiras sobre a prohibición total do uso dos móbiles en centros de ensino galegos
- II Jornadas DAR: Democracia, Algoritmos y Resistencias
- Proxecto Na-prostem.si: Free software for the digital inclusion of NGOs and its users
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Activismo e persoas
- A Cámara Oficial Mineira presenta denuncia falsa contra Ecoloxistas en Acción por un delito de coaccións inexistente
- Manuela d’Ávila: “Las plataformas digitales se lucran con un sistema de construcción piramidal de odio”
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes queremos deixar unha recomendación artístico-lúdica. Trátase de ‘O Ghaiteiro petroleiro’: cartas sobre a mesa para recuperar a memoria de Nunca Máis a través do xogo
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de xaneiro: Día do Dominio Público
- 12 de xaneiro: Día internacional polo decrecemento. Haberá actividades en diversos lugares de Galicia
- 12 de xaneiro: Presentación do libro Granxas familiares e a conservación da diversidade agraria en Cuba: seguridade alimentaria e natureza. 19h no Patio do Vello Cárcere en Lugo
- 21 de xaneiro: pecha o prazo para solicitar axudas da convocatoria de proxectos de investigación en tecnoloxía para o ben común da rede Artigo9Tech
- 26 de xaneiro: Día Mundial da Educación Ambiental
- 28 de xaneiro: Día Europeo da Protección de Datos
- 2 de febreiro: Día dos Humedais
- 8 de febreiro: Mesa redonda “Hábitat, auga e saneamento”, na Escola de Camiños da Coruña. De 12:45 a 14:30h
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
“Non se pode pasar un so día sen ter un impacto no mundo que nos rodea. O que facemos marca a diferencia, e temos que decidir que tipo de diferencia queremos facer”