Posts

Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Empezamos novembro con forza, no encontro da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteiras (máis coñecido como “a Cósmica“). Despois, na finde do 23, celebramos a nosa Asemblea Extraordinaria do Outono en Santiago de Compostela, onde definimos varios temas de gran interese para os vindeiros anos da asociación, e que terá como culminación a Asemblea Extraordinaria de aprobación da Planificación Estratéxica a finais deste mes de decembro. Nela aproveitamos para adherirnos ao Manifesto Galego polo Clima.

    Ademais, tivemos a visita a Galicia de Lucía e Doris, dúas valentes defensoras da terra contra prácticas extractivas como a minaría, a camaronicultura ou as plantas fotovoltaicas no sur de Honduras. Algún medio de comunicación se fixo eco da visita. Por outra banda, en novembro naceu o podcast ESFRadio, aquí podes escoitar o primeiro episodio, onde Patricia e Irene entrevistaron a Lucía e Doris, por se non puidestes asistir a ningún encontro con elas.

    O 29 de novembro, no no VIII Congreso de Cooperación Universitaria al Desarrollo, estívose a presentar a rede de profesorado técnico en cooperación das tres universidades galegas que se está a impulsar coa nosa colaboración e a de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. No grupo da ETSE-Compostela temos artistas que nos obsequian con viñetas que nos fan pensar como esta.

    Tivemos tempo tamén de recoller o cheque do obtido no concerto solidario que organizou a Universidade de Vigo a beneficio do programa de auga de Enxeñería Sen Fronteiras. Reiteramos dende aquí o noso agradecemento e, sobre todo, a aposta que está a facer a UVigo en impulsar accións de educación para o desenvolvemento máis aló deste concerto.


HONDURAS

    En Honduras, puidemos ver novos avances no programa de promoción do Dereito á Auga, onde as comunidades que van contando coa ferramenta de planificación dos recursos hídricos van acadando apoios e financiación para poder chegar nalgún momento ao 100% de cobertura de auga mellorada e saneamento en todos os municipios da Mancomunidade NASMAR, o gran obxectivo ao que queremos contribuir.

    Ademais, están xa dispoñibles as meta-avaliacións da parte financiada pola Xunta de Galicia dos programas de Dereito Humano á Auga e de Dereito á Alimentación con enfoque de soberanía alimentaria entre 2010 e 2017.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • A Mina Contamina. Pinga e Lavandeira. Unidade didáctica sobre os perigos da minaría depredadora

E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook, InstagramTwitter.


A ESF-RASE DO MES

A tecnoloxía poderíanos levar a unha relación cooperativa máis profunda, pero se emprega para a explotación dos usuarios.

Manuel Rivas

Boletín Oficial ESFeiro (BOE) : novembro 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Enos grato contarvos que o pasado mes foille entregado a Pepe Vara, o presidente honorífico de ESF Galicia e un dos fundadores da asociación hai 26 anos, o premio Humana da Universidade de Vigo (onde ESF naceu) pola súa traxectoria persoal en cooperación e dereitos humanos. Aquí podes ver o momento. Deste premio se fixeron eco diversos medios. En outubro, ademais do premio de Pepe, houbo máis boas noticia dende Vigo, como foi o concerto solidario de Juancho Marquésorganizado pola universidade a prol de Enxeñería Sen Fronteiras, do que falaron tamén diversos medios (aquí ou aquí podes velo). Por outra banda, invitadas pola propia Universidade de Vigo, tivemos ocasión de asistir ao Ourense Rural Summit, onde máis de cen persoas de diversas procedencias (tanto a nivel disciplinar como a nivel xeográfico) trataron de xenerar ideas de cara a conformación do Observatorio de Investigación Rural, que pense xeitos de impulsar un rural vivo.

Un dos acontecementos do mes foi sen dúbida a visita de Alba e Lourdes, mulleres marisqueiras da illa de Amapala (Honduras), que estiveron de xira por Galicia e aquí podes ver a crónica. Ademais, en Santiago tivemos un faladoiro con nova xente interesada en participar en ESF Galicia. Xa son un grupiño ben bo, pero índa seguen buscando xente interesada en facer cousas, así que se te animas ou sabes dalguén na zona de Compostela… Grazas a eles, temos DENDE ESTE MES, INSTAGRAM ESFEIRO.


HONDURAS

En Honduras rematouse o proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pertencente ao programa de Dereito á Auga, onde se forteleceu ás oficinas técnicas da Mancomunidad de Municipios del Sur e de cada un dos 7 concellos que a compoñen.  Tamén se están completando as actividades do proxecto financiado pola Xunta de Galicia, dentro deste mesmo programa, de fortalecemento da xestión pública da auga e saneamento, incluindo unha escola de promotores de auga impulsada pola asociación AHJASA.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

  • La ética de las ONGD y la lógica mercantil. Icaria
  • Guía de simulación y de juegos para la educación ambiental. Los libros de la catarata
  • Más allá de la ayuda. Coherencia de políticas económicas para el desarrollo. Real Instituto Elcano

E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook , Twitter e Instagram.


A ESF-RASE DO MES

O problema non é tecnoloxía si ou non, senón quen a crea, desde que intereses e con que visión da sociedade e do mundo. Marina Garcés

Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

      Xa estamos todos e todas de volta? Esperamos que veñades con moitas ganas e ilusión, pois este ano temos o gusto empezar setembro coa boa nova da concesión da subvención para formar o “Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”, xunto con persoas das tres universidades galegas e Arquitectura Sen Fronteiras. Un vello sono empeza a facerse realidade!

    A finais de agosto a nosa compañeira Zoe empezou a súa aventura hondureña, que durará un mes, organizando e participando no Campamento da “Red de Jóvenes en Acción por el Clima“. Iremos contando como lle vai.

    O 3 de setembro cumpríronse os 15 anos da creación da sede de ESF en Santiago de Compostela. Grazas á Escola Técnica Superior De Enxeñería da USC por darnos acubillo estes anos. En breve, empezaremos coas actividades do novo curso na sede!


HONDURAS

   En Honduras, no programa de Soberanía Alimentaria, a nosa organización socia CODDEFFAGOLF participou na Mesa de Seguridad Alimentaria (SAN), en Nacaome. Ademais, organizou un obradoiro para a creación de negocios con grupos de mozas da aldea de Matearal, no concello de Nacaome, e co grupo de mulleres da aldea de Mapachín.

Moi pronto comenzará a prestar os seus servizos a distintas aldeas o primero grupo de Técnicxs Certificadxs en Administración Operación y Mantenimiento de Sistemas de Agua Comunitarios. Cada aldea (ou varias agrupadas) manterán co seus propios fondos a estas persoas (que proceden das propias aldeas e foron formadas no programa organizado por Ahjasa HN e apoiado, entre outros, pola política pública de Cooperación Galega Xunta de Galicia, recoñecido en Honduras como un equivalente á FP de España).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo. Anímate a pasar polo noso local da Coruña, onde temos a nova biblioteca xa en pleno funcionamento.
Este mes:

  • Lo que hay que tragar. Minienciclopedia de política y alimentación. Gustavo Duch.

E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Sen unha xustiza algorítmica, a precisión e a equidade dos algoritmos poden dar lugar a ferramentas de intelixencia artificial que se usen como armas.

Joy Buolamwini