Boletín Oficial ESFeiro: verán 2025
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Neste verán a actividade continuou en Galicia a bo ritmo. Ante os graves acontecementos nalgúns lugares do Estado Español, ESF Galicia sumouse á Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia” impulsada por EAPN Galicia.
Tivemos a boa nova a finais de agosto de que contaremos con apoio da Cooperación Galega para os programas Mulleres Bravas e ESF na Universidade.
Dentro deste último, en xullo, presentámoslle ESF ao novo director da Escola de Camiños da UDC e participamos un ano máis no programa Xuventude Mentoring, cunha mentoría a un recén graduado.
Dentro do programa de ESF no eido profesional, xunto con compañeiros de AGASOL, tivemos unha reunión con persoal técnico e político do Concello de Ames para ver posibilidades de colaboración no eido da sustentabilidade. Ademais, a nosa compañeira Lucía publicou en El Salto unha reflexión sobre a que se lle pode chamar tecnoloxía para o ben común e o compañeiro Chevi falou en praza.gal sobre a terrible vaga de incendios e o modelo depredador que hai detrás.
Nos Bancos de Reciclaxe Electrónica non descansaron e, ademais de presentar a Guía de Autodefensa Dixital en medios como O Salto, fixeron unha completísima Escola de Verán de tecnoloxías dixitais libres na Coruña en xullo (aquí repositorio de materiais), e en agosto unhas xornadas de robótica libre coa Fundación Amigó. En Ferrol estiveron en medios como Radio Voz e tamén fixeron algunha entrega de equipos. En Vigo tiveron un curso de 4 días de Introdución á reparación de computadoras coa organización Diversidades. Ademais, tiveron un encontro con Ana Alfaya, que está a facer o doutorado no Postgrowth Innovation Laboratory da UVigo sobre dereito a reparar. Tamén se presentou o proxecto que está a apoiarnos a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Tivemos tamén encontros da base social, cun obradoiro de escrita creativa con Lucía nun entorno precioso, e tamén un novo programa de ESFRadio sobre Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra e o territorio, aproveitando o día da gravación para facer unha xira e coñecer o entorno da Mina Touro-O Pino.
Tamén de ESFRAdio realizouse o Boletín Sonoro do segundo trimestre do ano, que se pode escoitar aquí.
Rematamos agosto cun encontro en Negueira de Muñiz para ir aterrando o deseño dun xogo didáctico sobre xestión comunitaria do territorio, que empregaremos en distintos entornos (tanto de organizacións de defensa da terra, como centros educativos de secundaria/FP e universidade).
En rede, participamos en sendos webinares, un de presentación do informe “Estado das ONGD galegas” e outro co novo grupo de traballo da CGONGD de “Alianzas”. Tamén no encontro de profesionais pola defensa do territorio que se fixo en Palas de Reis. Non deixamos de denunciar o xenocidio de Gaza, facéndonos eco das distintas convocatorias no territorio galego.
HONDURAS
En Honduras, no eixo de traballo de soberanía alimentaria, continúa o programa de restauración de lagoas de inverno coa nosa socia CODDEFFAGOLF, que financia AECID e a Cooperación Galega. Houbo Escola de Habilidades para la vida, ensaios de captación de semente silvestre de bivalvos, formación en monitoreo de pesca no sistema de lagoas de inverno e tamén monitoreo de bivalvos. Dentro do mesmo programa, deu comezo a Escola de Incidencia Política e houbo un taller para impulsar o emprendemento nas comunidades do entorno das lagoas.
No eixo de traballo de dereito á auga, o laboratorio de calidade de auga do sur de Honduras está xa facendo distintas analíticas para os concellos da zona.
Ademais, as participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ás que chamamos agarimosamente “xs PCR”), estiveron mandándonos crónicas da súa estancia, cada unha co seu estilo particular. Aída falando dunha terra que a abraza e a cuestiona e con comparacións a un escenario cheo de voces, Lorenzo contando a primeiras impresións para logo ir xa sentíndose como en casa e Belén falándonos do amencer en San Lorenzo. Belén e Lorenzo xa regresaron a Galicia, e Aída regresará pronto, pero aínda teremos algunha crónica máis.
MOZAMBIQUE
No verán continuou o traballo en Mozambique no eido da seca e, sobre todo, das inundacións, despois da visita de 2 técnicos do ARA Centro a Galicia da que xa falamos no BOE anterior. Ademais, tivemos unha reunión de ESF e Augas de Galicia para falar do futuro de AquaMoz, que esperamos continue como referente de colaboración entre administracións públicas, universidades e organizacións da sociedade civil.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- “No son palizas físicas, son palizas mentales”
- ‘Agroinfluencer’. La ganadería joven habla con la voz de Lucía Casal
- “Soy lesbiana, trabajo en una granja y vivo en una aldea diversa”: el Orgullo de ser tú misma en un pueblo
- El negocio de sentirse bien en verano: auge del ‘volunturismo’ y el ‘neocolonialismo médico’
- Juan Evaristo, filósofo: “La libertad tiene que ver con descansar a pierna suelta y no con moverse como pollos sin cabeza”
- Marta G. Franco: “Internet está diseñado para que no sea robable, nos roban porque estamos en sitios robables”. Podcast
- La jueza procesa por homicidio al empresario que “abandonó” a su suerte a Eleazar, el jornalero fallecido por un golpe de calor en Lorca
- Desplazados: la otra cara de la crisis climática. Podcast. 19 min 19 seg
Auga
Consumo responsable
- Los documentales sobre alimentación y comida rápida que cambiarán tu forma de comer
- Los dátiles del ‘apartheid’ o cómo el colonialismo israelí se cuela en tu cesta de la compra
Cooperación e ONGD
- Informe “O traballo das ONGD galegas no mundo”
- La ciudad que soñamos. En el barrio de Chamanculo C (Maputo, Mozambique), Arquitectura sin Fronteras y otros actores llevan 10 años innovando en urbanismo participativo
Educación para o desenvolvemento
- Saír do armario ao entrar nunha aula
- Kit de Educación para la Paz de Centre Delàs con recursos para descargar
- O señor lexislador e a neutralidade ideolóxica
- La heroína del siglo XXI. El podcast de Rafa Guerrero. 34min. Episodio sobre abuso de dispositivos tecnolóxicos na infancia e adolescencia
- Diez ideas para una pedagogía del profesor universitario de asignatura
- Educar en tiempos de machosfera
Enerxía e cambio climático
- “Uns intactos, outros moi degradados”: resultado do primeiro control aos bidóns nucleares fronte a Galicia
- Debate nuclear y Peak oil (Petroleo), Antonio Turiel y Javier Revuelta. 1h e 3min
- L’ energia és un dret bàsic, pertant les seves estructures de poder patriarcals s’ han de qüestionar. Entrevista a Irene González Pijuan, de ESF Catalunya (VO catalán | ESP subs). 50min.
Iniciativas
- Bioenvases biodegradables hechos con cáscaras de cacao en Honduras
- Plataforma cívica ‘Acción contra el odio’
- FINde10 (remata a asistencia técnica para windows 10)
- Adolescencia libre de móviles
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- ÁFRICA. África quiere que el mundo deje de usar un mapa de 450 años de antigüedad
- NICARAGUA. La purga de Rosario Murillo aterra a la vieja guardia sandinista
- PALESTINA. Declaraciones íntegras de la Relatora Especial de la ONU sobre la situación de los derechos humanos en los territorios palestinos ocupados
- PALESTINA. ¿Por qué los BRICS no denuncian el actual genocidio en Gaza?
Pobreza e exclusión
- No hay nada más inseguro que ser pobre
- Declaración Asemblea EAPN Galicia: Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia
- Galicia. «Esto no es Torre Pacheco, pero ya se empiezan a notar los discursos de odio»
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Estrategias sistémicas para una transición complicada
- ¿Hasta qué punto es inminente el colapso de la civilización actual? – Índice
- La desigualdad agrava el calentamiento global
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- El calor transforma las ciudades: llega el momento de despavimentar
- Las explosiones con dinamita en las canteras agrietan 40 casas de O Porriño
- La nueva PAC, una victoria para la ultraderecha y la oligarquía agraria
- Podcast. There Is Alternative #10: de carnes procesadas, pastoras y todo lo que no sean macrogranjas
- Saqueo del mar: el gran robo de arena
- Documentamos desde el aire el impacto de los incendios. Greenpeace
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Del ‘4 letras’ al ‘solo una chica’, la jerga de la misoginia y los estereotipos de género en las redes
- Arnau Monterde, por unas instituciones que digitalicen democráticamente
- Semantic drift versus ethical drift
- Vidas adolescentes en seis polgadas
- Móviles y salud mental adolescente: entre la evidencia científica y la responsabilidad digital
- Obsolescencia programada mediante claves de UEFI para septiembre de 2025
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Por un uso responsable de la iluminación artificial. Recomendaciones para las administraciones públicas
- The sound of inevitability
- Acciones por la justicia ambiental desde infraestructuras tecnológicas autónomas y comunitarias
- Vidas en peligro: seis países se retiran de la Convención sobre la Prohibición de Minas Antipersona
- Ochenta años después de Hiroshima, la inteligencia artificial
- Pensar se está convirtiendo en un lujo
- Radiografía del humo de los incendios: «Puede haber plomo, mercurio o derivados del cianuro»
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este verán chamounos a atención a exposición Plastic Biontes, unha intervención artística do colectivo Basurama nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 7 de setembro: Día do Ar Limpo
- 8 de setembro: Día da Persoa Cooperante
- 8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización
- 9 de setembro: sobre as 17:30, breve presentación de ESF na presentación do curso na Escola de Camiños, Canais e Portos da UDC
- 11 de setembro: de 11h da mañá a 18h da tarde. Xornada sobre Enxeñería e Dereitos Humanos na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago. +INFO
- 12 de setembro: data límite para apuntarse ao 2º Festival da Facilitación de Grupos de Galicia (Facifestia), que será o 20 de setembro no espazo Ecolectivo en Vigo
- 12 e 19 de setembro. 17 a 20h. Museo Domus La Casa del Hombre, en A Coruña. As compas de Bricolabs organizan un Taller de robótica libre con Robots Sapoconcho. É preciso asistir ás 2 sesións. Inscrición de balde mandando correo a oshwdem[arroba]gmail.com
- 15 de setembro: Día Internacional da Democracia
- 16 de setembro: Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono
- 20 de setembro: Festival da Facilitación de Grupos (FACIFESTIA)
- 20 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software
- 21 de setembro: Día Internacional da Paz
- 22 de setembro: Día global antifracking
- 22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles
- 26 de setembro. 17:30 a 20:30. Escola de inverno + Repair café. Falaremos sobre reparación de monitores. Edificio Centro de Los Ángeles. A Coruña. +INFO
- 28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública
- 29 de setembro: Día Internacional de Concienciación sobre a Perdas e o Desperdicio de Alimentos
- 4 de outubro. OSHWDem CORUÑA. Feira de tecnoloxía aberta. Durante setembro se poden presentar propostas. +INFO
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO VERÁN
A tecnoloxía só ten sentido se contribúe a superar a dor e o sufrimento do conxunto humano. Tales avances non poden quedar restrinxidos por cláusulas ou murallas comerciais, nin tampouco limitados a determinadas rexións xeográficas, perpetuando así iniquidades.
Javier Tolcachier é investigador no Centro Mundial de Estudos Humanistas e columnista e coeditor da axencia internacional de noticias con enfoque de Paz e Non Violencia Pressenza.