0
0
0
0
Total
0

Quen somos

Enxeñería Sen Fronteiras

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) é por encima de todo as persoas que a forman. ESF é unha ferramenta que nos axuda a transformar a sociedade.

O que atopes nesta web é o froito de moitas horas de reflexión, debate, traballo e tamén de moi bos intres. Os textos que aquí atopes tratarán de reflectir que é ESF, o que ESF fai e o que ESF pensa, pero recorda, ESF non é só unha entidade, é un conxunto de persoas onde cada unha, ten pensamentos e sentimentos distintos.

Sabemos que para conseguir un mundo máis xusto son necesarios moitos cambios, pero estes cambios non se refiren unicamente a políticas macroeconómicas ou modelos de desenvolvemento, se non sobre todo á acción individual. Para que unha sociedade cambie é necesario que as persoas que a forman tamén o fagan. Por iso, ESF aposta polo voluntariado como unha actividade transformadora en se mesma.

Os textos desta web tratan xa que logo de:

  • Representar o espírito da asociación en base á opinión das persoas que a forman
  • Relatar que pensa e que fai ISF
  • Publicar información que axude a transformar a sociedade.

Son maioritariamente froito dun traballo colaborativo realizado polas persoas voluntarias, asociadas e próximas á asociación e están en proceso de continua revisión. Se atopas algo que non che guste, dínolo. Se queres saber máis de nós le o que escriben no blog as voluntarias e voluntarios ou pregúntanos.

Actualmente formamos ESF Galicia  200 persoas socias (110 homes + 90 mulleres) e 49 voluntarias (26 homes + 23 mulleres), ademais de simpatizantes, colaboradoras puntuais ou simplemente seguidores nas redes sociais que interactúan connosco.