Posts

Boletín Sonoro ESFeiro: maio 2021

Neste día das Letras Galegas deixamos aquí o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en abril en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Pincha aquí ou no enlace a continuación:

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: abril 2021

Aínda que sexa con algo de retraso, xa está aquí o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. Terceiro episodio xa, estámonos enganchando a isto do podcasting informativo!

En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en marzo en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros, ESFrase do mes e até unha recomendación artística.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: marzo 2021

Xa chegou o segundo Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En pouco máis de 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xaneiro en Galicia e #Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, recomendación de publicación en físico (que prestamos á nosa base social), axenda de eventos vindeiros e ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Tamén en spotify

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: febreiro 2021

Mañá é o Día da Radio. Cremos que é un bo momento para estrear en ESFRadio o Boletín Sonoro ESFeiro, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En pouco máis de 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xaneiro en Galicia e #Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e ESFrase do mes. Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Aquí podes escoitar o Boletín de febreiro:

Tamén en spotify

ESF Radio. ESFeiras polo Mundo. A situación en Centroamérica-Caribe en tempos de COVID 19

Queremos neste novo programa de ESFRadio acercarnos á situación que se está a vivir en varios países de Centroamérica-Caribe provocada pola pandemia do COVID 19 a través das experiencias diversas en primeira persoa de persoas da base social de Enxeñería Sen Fronteiras. Tamén nos contarán a súa visión de como evolucionará a situación e o papel que debe xogar a cooperación para o desenvolvemento.

Participan:    

  •     Raquel Zolle: é a representante en Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras. Leva no país 4 anos, facendo seguemento dos programas que ESF desenvolve no sur do país (zona do Golfo de Fonseca).
  •     Cristina Vidal: atópase na República Dominicana dende outubro de 2019 nunha estadía cunha bolsa de aprendizaxe no eido da cooperación ao desenvolvemento da Xunta de Galicia.
  •     Mireia Carreras: leva en Centroamérica máis de 13 anos, case todo o tempo en El Salvador, excepto un paréntese de 3 anos en Honduras entre 2008 e 2011 cando foi a primeira representante de ESF nese país.

Agradecemos moito que nos achegaran a súa visión do que está a ocorrer nos países onde levan a cabo a súa actividade nesta época tan complicada, para termos un pouquiño máis de consciencia de que, máis que nunca, o que pasa en calquera lugar nos afecta a todas. Precisamente, neste mundo global, non queremos que a cadea teña elos débiles, por iso dende a Cooperación en Galicia estamos usando o eslogan “Ninguén quedará atrás”. É un imperativo ético e moral, de pura xustiza social.

  • Duración: 33min 47seg
  • Idioma: castelán e galego

A continuación o podes escoitar:

Tamén en Spotify

ESF RAdio. Episodio 6. Informativo Apocalipse Nau. Soberanía dixital en tempos de pandemia

Desta volta, a pesar dos problemas na redacción de Apocalipse Nau, conseguimos levar adiante unha interantísima entrevista a Álvaro e Sergio, compañeiros da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, onde nos falaron sobre as aplicacións de seguemento do contaxio de COVID 19, e por que deberían ser elaboradas sobre software libre. Unha xenialidade cando explican o que é software libre comparándoo cos tomates… Aínda que non sexas un friki, podes facer cousas para defender os dereitos á privacidade e a transparencia e bo uso das tecnoloxías da información, e aquí explican como!!

  • Duración: 37min 31seg
  • Idioma: castelán

Aquí o podes escoitar:

Tamén en Spotify

ESF RAdio. Episodio 5. Informativo Apocalipse Nau, 3ª parte. O cambio climático son os pais

6º Episodio de ESFRadio (o podcast de ESFGalicia). No episodio 4 estrenamos sección, o informativo Apocalipse Nau, un espazo para incomodar a todo aquel cun pouco de sentido común. Hoxe, terceira entrega de “O cambio climático son os pais (si, Os pais)”.

  • Duración: 4min 32seg
  • Idioma: castelán

Aquí o podes escoitar:

Tamén en Spotify

ESF RAdio. Episodio 5. Informativo Apocalipse Nau, 2ª parte. O cambio climático son os pais

5º Episodio de ESFRadio (o podcast de ESFGalicia). No episodio 4 estrenamos sección, o informativo Apocalipse Nau, un espazo para incomodar a todo aquel cun pouco de sentido común. Hoxe, segunda entrega de “O cambio climático son os pais (si, Os pais)”.

  • Duración: 3min 5seg
  • Idioma: castelán

Aquí o podes escoitar:

Tamén en Spotify

ESF Radio. Informativo Apocalipse Nau

Nace unha nova sección de ESFRadio (o podcast de ESFGalicia). Falamos do informativo Apocalipse Nau, un espazo para incomodar a todo aquel cun pouco de sentido común. Hoxe, primeira entrega de “O cambio climático son os pais (si, Os pais)”.

  • Duración: 3min 41seg
  • Idioma: castelán

Aquí o podes escoitar:

Tamén en spotify

ESFRadio, episodio 3. “Sempre acepto os avisos legais, son tan cookies…”

Neste Día da Protección de Datos, quixemos divertirnos e divertirvos facendo unha ficción sonora para dar a coñecer algúns aspectos e consellos sobre protección de datos dun xeito “distinto”. Esperamos que vos guste!!!

Aqui podedes escoitar o Episodio 3 de ESFRAdio: “Sempre acepto os avisos legais, son tan cookies…”

Duración: 18 min

Idioma: Castelán

En Spotify

Agradecemos a participación de:

  • Marc Romero como presentador
  • Paula Sánchez como consultora (e coguionista)
  • Carmen en Troncoso como Macarena (e coguionista)
  • Gonzalo Gesto como Rafa (e coguionista)

Produce e dirixe: Jorge Lama

  • 00:23 – Presentación
  • 00:42 – Acto I. Conceptos, consentimento e uso de fotos, dereito ao esquecemento.
  • 10:41 – Acto II. Uso responsable de redes sociais, consellos de seguridade e lista Robinson.
  • 15:59 – Despedida
  • 16:11 – Créditos
  • 16:38 – Tomas falsas

Enlaces

Lista Robinson https://lnkd.in/gaCAvvp

As músicas usadas neste programa foron: Skyline by MusicbyAden | https://lnkd.in/g6xX4Ku Music promoted by https://lnkd.in/gtnf54w Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported https://lnkd.in/guiZeta