Boletín Oficial ESFeiro. Abril 2021
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Este mes de marzo a reflexión sobre xénero e feminismo tivo un espazo moi importante nas actividades de ESF, xa que tivemos unha formación sobre auga e xénero, e un Ciberfaladoiro sobre se “É ESF feminista?” (pronto teremos un resumiño das conclusións). Estase a conformar un grupiño para traballar nunha diagnose de xénero da asociación e, oxalá, chegar a ter un plan de igualdade.
Compartimos o Boletín Sonoro do mes de marzo (pouco máis de 5 minutos de podcast ESFRadio resumindo o máis importante do BOE de marzo), ademais dun resumo das Xornadas “Educar con emoción, aprender con paixón” organizadas polo Concello de Tomiño, ás que asistiu xente da base social de ESF e nos compartiu as aprendizaxes que sacaron.
O Banco de Reciclaxe Electrónica ESFeirobotou andar no noso local na Escola de Enxeñería de Camiños no campus de Elviña (A Coruña). Esperamos facer algúns obradoiros chulos de cacharreo nel, ademais de empezar a colaborar con Ecos do Sur para pechar a fenda dixital con familias que precisen máquinas e queran aprender a cacharrear con GNU-Linux. En Vigo están tamén arrancando un banco deste tipo, neste caso en colaboración coas asociacións IEEE e ACCEM. Con IEEE ademais se colaborou organizando a charla “Visión y experiencias en ingenieria con software libre” nas xornadas para a súa base social a nivel estatal, que se pode ver aquí. Estes Bancos de reciclaxe están dentro das actividades do noso Grupo de Apoio Mútuo Dixital, que segue a formarse, desta volta aprendendo da experiencia do Banco de REciclaxe Electrónica de Teo organizada por AberTeo, e se pode ver aquí.
Tivemos tempo, por outra banda, de atoparnos con compañeiras de outras asociacións de ISF do resto do Estado Español na Asamblea Federal, de momento con pantalla polo medio. Que gañas de vernos en persoa!
Por último, queremos compartir un artigo científico recén publicado (estará en aberto até o 18 de maio) por parte de colaboradoras de ESF, sobre calidade e cantidade de auga nos Campamentos de refuxiados saharauis en Alxeria con datos extraídos, entre outras fontes, dos proxectos que tivemos aló, en colaboración coa Universidade da Coruña. É de valorar o esforzo das investigadoras en ámbitos tan importantes como este, que moitas veces non se fai polas trabas dentro do propio sistema de investigación.
HONDURAS
En Honduras, co motivo do 8M, participamos nunha campaña impulsada por AECID-Honduras visibilizando mulleres bravas.
No programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio, presentouse a ferramenta SIROS mellorada, unha app para a localización participativa de lugares de alto valor ambiental, ou lugares con agresións ao medio, desenvolvida coa participación de CODDEFFAGOLF e o Cartolab da UDC. Neste mesmo programa, impulsado por CODDEFFAGOLF, tivo lugar o Conversatorio sobre a gobernanza no subsistema marino costeiro no Golfo de Fonseca, coa participación de FULSALPRODESE (El Salvador), DIGEPESCA, unidades municipales de medioambiente e representantes dos grupos de mulleres marisqueiras de Amapala, Marcovia e San Lorenzo, coas que colaboramos.
Durante o mes de marzo tivemos en Honduras a todo un equipazo humano: Miriam, Edwin, Irene, Elmer e Raquel. Aquí o podes coñecer!
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Documental. 42min 24seg. El agua en la mira de los tiburones financieros. DW
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Podcast. As Womansplainers. As señoras explícanche cousas.
- Medios comunitarios, la eterna deuda pendiente
- Tecnofeministas. Cinco voces para construír igualdade dende as redes. 16min 54seg
- Seis años de Leyes Mordaza son demasiados
Consumo responsable
- Mercadona, el mejor aliado de Ecoembes frente al sistema de retorno de envases
- El derecho a reparar busca lograr un mundo más sustentable
Cooperación e ONGD
- Publicada no DOG a Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia
- Hablemos de amor
- Cooperación autonómica: el riesgo de recortarla cuando más se necesita
- 40 anos de cooperación española en Honduras
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
- No todo es electromovilidad en las Comunidades Energéticas Locales
- Documental “El tiempo que resta”. 36min 54seg
- ¿Qué materiales requiere la transición energética? (II)
- Vortex Bladeless. La turbina eólica española sin aspas comenzará su producción este año
- Ecoloxistas en Acción: Novas trabas da Xunta para o autoabastecemento enerxético
- Un estudio calcula que los paneles solares generarán 80 millones de toneladas de residuos en tres décadas
Iniciativas
- Aldeas libres de macroeólicos. Non ao macroparque de Ordes-Curtis
- Punto e final ao megaproxecto mineiro en Touro tras catro anos de loita social
- Asociación IEEE da Universidade de Vigo
Investigación para o desenvolvemento
- Que é a Cátedra de Feminismos 4.0
- O poliedro da desigualdade: mulleres investigando en pandemia
- Informe 47: «Militarismo y crisis medioambiental. Una reflexión necesaria»
- La guerrilla global de científicos que intenta proteger los datos ambientales de interferencias de los gobiernos
- A lei promovida polo BNG para a igualdade entre homes e mulleres na investigación acada o apoio de todo o Parlamento
- Unha catedrática da UVigo colabora nun informe da FAO sobre diversidade do chan
- Artigo científico (aberto até maio 2021). Drinking water provision and quality at the Sahrawi refugee camps in Tindouf (Algeria) from 2006 to 2016
Mundo
- Cisjordania. La casa es el refugio del ser humano: “Nací bajo un árbol, sin cobijo, y he sufrido la demolición de mi casa tres veces”
- Pueblos que anteponen la reparación al castigo
- Los agricultores insurgentes crean una “república autónoma” en India
- Los niños y niñas que no pueden volver a casa
Políticas e modelos de desenvolvemento
- La Comisión Europea amaña una consulta pública para aprobar sin garantías nuevos organismos genéticamente modificados
- Carmen Castro está colaborando con ESF no proxecto de Xénero en Honduras, no que se quere facer unha proba piloto de orzamentos municipais etiquetados de xénero. Fixo este artículo que nos pareceu interesante sobre “alternativas al PIB con perspectiva feminista“
- La Xunta asegura que Europa dejará de financiar los modelos de gestión de residuos alternativos a Sogama
- El FMI alerta del auge del poder de mercado de las multinacionales
- Direitos universais e incondicionais para sair da crise
- Guía NextGenerationEU: más sombras que luces
Sensibilización
- A Xunta di agora que dará instrucións para non volver revelar a empresas datos persoais de quen lle fai peticións de transparencia
- 12 organizaciones presentan una denuncia al Gobierno español argumentando la ilegalidad en la venta de un buque de guerra de Navantia a Marruecos
- O Teixadal feito pó. As louseiras da comarca de Valdeorras levan anos explotando a zona sen avaliacións de impacto medioambiental
- ¿Qué es el Día de la Sobrecapacidad de la Tierra?
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Plantar frondosas, really George?
- Finca A Mata: un exemplo exitoso de diversificación e produción sustentable
- El boom de las macrogranjas se agudiza en 2021: “Se llevan el dinero y nos dejan la mierda”
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Cuidados Digitales: plataforma de aprendizaje
- #50-Mancomún Podcast: Formación en tecnoloxías libres con David Vaquero
- La carrera por un “chip abierto” para el supercomputador que España tiene en una capilla de Barcelona
- Datos abiertos, SL y medio ambiente – David Marzal y Voro MV. 33min
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Una ingeniera keniana convierte plástico de un solo uso en ladrillos más fuertes que el concreto
- Revista Diecisiete – Nº 4. Ética y revolución digital
- Sexnología, cuidado con estos juguetes tecnológicos
- Technodiversity. Cartas y Actas de la Sociedad de la Tecnodiversidad
- Derivas de diferenciación de género en las máquinas
Voluntariado e Persoas
- Sultana Khaya, activista saharaui, encerrada por Marruecos en su casa más de 100 días: “Llegará un día en que seré una mártir”
- Libro de acceso libre. Reencantar el mundo. El feminismo y la política de los comunies. Silvia Federici.
- Arlie R. Hochschild: “Hay una creencia de que las mujeres siempre se están quejando. No es así, lo que falta es una conversación sobre la doble jornada”
- Bioconstrución. Juan Bello, profesor: “Desprezar o medio natural sobre-explotando os recursos non leva a un futuro viábel”
- Antía Pousa: “Din que tes que confinarte por seguridade, pero para moitas a inseguridade está dentro do fogar”
- Podcast de Acontece que no es poco. “Conferencia de desarme“. O diplomático coruñés Salvador de Madariaga intenta o imposible…
- Arcadi Oliveres: “Tenemos una realidad entre manos que debe ser cambiada”
- Hablamos con Sandra Díaz, una de las mejores jardineras del planeta
- Agustín Montes, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. “Hai un problema de produción das vacinas de COVID polo acaparamento a cargo das grandes farmacéuticas”
- Octavio Salazar: “A veces le dan más valor a lo que yo digo por ser hombre que a una compañera que lleva toda la vida en el feminismo”
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Esta é unha sección do BOE de recente creación, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!
Este mes queremos compartir convosco a obra da pintora de Viveiro, Maruxa Mallo. Foi unha das maiores expoñentes do surrealismo en España, considerada como artista da xeración do 1927 e formaba parte do grupo de mulleres artistas coñecido como Las Sinsombrero. Mentres participaba en accións das Misións Pedagóxicas en Galicia durante a Segunda República, sorpréndea a Guerra Civil e vese obrigada a fuxir a Portugal onde a agarda Gabriela Mistral, que era por aquel tempo embaixadora de Chile en Portugal. Será Mistral quen leve a Maruja a Bos Aires, onde finalmente se quedaría durante todo o seu exilio, que durou nada máis e nada menos que 25 anos.
E NO PRÓXIMO MES …
- 7 de abril: Día Mundial da Saúde
- 9 de abril: cúmplese un ano do noso primeiro ciberfaladoiro no confinamento. Pensamos que se converteu nun espazo de apoio mútuo e compartir que nos axudou como organización a seguir impulsando o pensamento crítico nestes tempos de pandemia.
- 13 de abril: Ciberfaladoiro “Como será a ESF do futuro”. 19h nesta sala. Como será o activismo post-pandémico?
- 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
- 22 de abril: Día da Terra
- 24 de abril: Asemblea Xeral de primavera de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
- 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
- 28 de abril: faladoiro de libre acceso dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil, coa que ESF colabora e axudou a crear no seu día. 12:45h. Aula 2 – Escola de Camiños, Campus de Elviña, A Coruña. n’UNDO. Deshacer – Rehacer – No hacer. Colectivo n’UNDO.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
A min preocúpanme tres ou catro cousas das tecnoloxías actuais. […] A primeira, obtención dos materiais. Segunda, a man de obra explotada. A terceira, os transportes desas tecnoloxías. E a cuarta, que son produtos que non invitan á intelixencia.
Arcadi Oliveres (do que onte tivemos que lamentar o seu pasamento)