Este ano, xusto antes do verán, tivo lugar unha nova edición dos LPRODays. Trátase dunha feira onde grupos de estudantes da materia Laboratorio de proxectos de 4º curso do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo presentan os traballos que fixeron durante o curso. Trátase de solucionar problemas concretos reais que presentan entidades externas á aula (sobre todo empresas ou organizacións sen ánimo de lucro como ESF). Xa hai dous anos un dos grupos presentara un traballo proposto e guiado por ESF, un caudalímetro de baixo custo.
Este ano, dentro do programa de promoción da tecnoloxía para o ben común en escolas técnicas das universidades galegas (que financia Cooperación Galega da Xunta de Galicia), en colaboración co grupo Talionis da UDC (algún dos seus membros colabora no grupo de Tecnoloxía Inclusiva de ESF), se propuxo a un dos grupos a elaboración dun sistema que permita que persoas con diferentes discapacidades que restrinxen o seu movemento, poidan controlar o rato do ordenador en distintos dispositivos. É un xeito de facer esta tecnoloxía máis inclusiva. Así naceu WHAME app.
Neste repositorio se pode descargar o software e instrucións de montaxe, por se se quere seguir mellorando.
A continuación se pode ver un exemplo do seu funcionamento
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/09/LPRODays2022_WhameApp.jpg5791028Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-09-21 20:13:562022-09-21 20:13:57Fóra da clase. Tecnoloxías para o ben común dende a universidade: WHAME app
O obxectivo do programa é dar a coñecer esta posibilidade a público que non manexa moito o concepto de comunidades enerxéticas, para que vexan o seu potencial a prol da soberanía enerxética de Galicia, e tamén para que lle perdan “o medo” a meterse nunha iniciativa deste tipo.
Para dar esta visión, temos a sorte de contar con con Raquel Fernández, de Amigas da Terra Galicia (dende esta organización se está a impulsar un proxecto Life para visibilizar este tipo de xeito de organizarse para producir enerxía, en base a un interesante informe que publicaron hai uns meses), Fernando Malvar da Comunidade de Montes de Buchabade (que fixeron o proceso de constitución dunha comunidade enerxética no monte veciñal) e Xose Manuel Vilas, experto e asesor nestes temas.
Produce: Jorge Lama
Guión: Sergio Fernández e Jorge Lama
Presenta e modera: Jorge Lama
Participan: Raquel Fernández (Amigas da Terra Galicia), Fernando Malvar (Comunidade de Montes de Buchabade) e Xose Manuel Vilas.
Foto de portada: xornada de enerxía comunitaria en Seixalbo o pasado venres 9 de setembro (con Raquel Fernández e Xosé Manuel Vilas; Fernando Malvar estivo por teleconferencia). Fonte: instagram de Amigas da Terra
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/09/Screenshot-2022-09-19-at-22-43-06-Enxeneria-Sen-Fronteiras-@esfgalicia-•-Fotos-y-videos-de-Instagram.png777777Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-09-19 20:52:512022-09-19 20:52:53ESFRadio. Un tema ao mes. Comunidades Enerxéticas
Se prefires a versión sonora (resumida) do boletín, aquí tes o Boletín Sonoro de setembro. Se non, segue lendo!
CONTIDOS
Vida Asociativa
Honduras
Mozambique
Enlaces de interese
Recomendación artística
E no próximo mes …
A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
O mes de agosto foi un mes de acopio de forzas para o vindeiro curso. Pero tamén aproveitamos para visibilizar proxectos vindeiros, como o de Hackers Sen Fronteiras, para promover a tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario de Galicia, no que empezaremos con forza ao inicio do curso durante setembro.
Por outra banda, asinamos un convenio con Espazocoop, unha gran rede de cooperativas galegas que promove a economía social, coa que compartimos valores.
Seguimos en contacto co nodo galego de Rebelión Científica, que quere tratar de facer cousiñas dende as universidades. Se tes interese en colaborar contáctanos.
Ademais, aproveitamos a visita de Raquel, a nosa representante país en Honduras, para facer encontros con ela en A Coruña e Compostela, e coñecer de primeira man como vai todo por alí.
En Mozambique, na liña de traballo de difusión dun Boletín de Seca, xa o están a facer pola súa conta na Administración Regional da Agua do Sul (ARA-Sul). Na web xa se vai subindo máis ou menos mensualmente, aínda que a nivel político hai certo rexeitamento de informar e difundir temas de seca. Informa sobre niveis de embalses e, comparando con niveis doutros anos, asignan un nivel de seca. Tamén na ARA-Sul se aprobou en dirección un Manual de Procedementos da Seca, elaborado co apoio das persoas do proxecto. Cando cheguen as secas se empezará a validar. Por outra banda, se concederá unha bolsa a un técnico desta ARA-Sul para que remate o seu mestrado en xestión de recursos hídricos nunha universidade de Mozambique. Fixéronse ademais nas últimas semanas reunións con persoal da ARA-Norte (hai 3 no país, Sul, Centro e Norte), para empezar o seu fortalecemento. En setembro haberá unha visita a terreo para avanzar neste tema, xa iremos contando.
Por se queredes saber máis do programa en Mozambique, este mes lle adicamos o programa de ESFRadio ao proxecto de Mozambique, e tivemos ocasión de conversar con Víctor Penas, o coordinador do programa en Mozambique deste consorcio, así como con Lizete Dias, Xefa do Departamento de Recursos Hídiricos da Administración Rexional da Auga Sul (ARA-Sul), institución coa que se está a traballar dende hai varios anos.
17 de setembro: V Edición do Festival Son Labreg@, o vindeiro sábado en #Visantoña (#Santiso). Este ano coa participación de Carlos Taibo para debater sobre decrecentismo, consumo e colapso, e pola tarde debullarase colectivamente saídas á crise enerxética e abondarase nas claves e estratexias que neste sentido fornecen os proxectos agroecolóxicos.
29 de setembro: encontro de Coñecemento doutras Realidades, Mozambique e o problema da xestión da auga. Santiago de Compostela (próximamente máis detalles).
28 de OUTUBRO a 1 de novembro: CÓSMICA (encontro de la Federación de Ingeniería Sin Fronteras España). Este ano non hai excusa para perdela, porque será en Galicia! Terá lugar no albergue de Gandarío. Vai reservando a finde!
A ESF-RASE DO MES
“As cooperativas son empresas que traballan con capital, pero non para o capital” Tino Gago (http://espazo.coop)
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-09-06 20:48:502022-09-12 19:12:40Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2022
Dende a súa fundación en 1993, Enxeñería Sen Fronteiras veu traballando como unha das súas liñas de traballo fundamentais a creación dunha cidadanía crítica, facendo especial énfase no uso da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común.
O enfoque de “Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano” (ou para o ben común e a emancipación, como vimos denominándoo ultimamente), parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. Este enfoque comprende os coñecementos, mecanismos e estratexias que fan que certas solucións técnicas potencien a calidade de vida das persoas de xeito inclusivo. Para isto é necesario entender a tecnoloxía non coma un fin en si mesmo, senón coma un medio, e dentro dun contexto social, económico e cultural.
Con este novo programa quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia da comunidade educativado ensino secundario galego de base tecnolóxica.
Para conseguir este obxectivo, o eixo principal do proxecto que será a súa Fase 1, é o inicio dun traballo, con vocación de continuidade, con 3 centros piloto de ensino secundario, fora das 7 grandes cidades galegas, en 3 provincias distintas: Celanova, Mondoñedo e Curtis. Tamén se quere facer traballos puntuais noutros centros, que permitan ir ampliando a rede e dando a coñecer a iniciativa, apoiándose na asociación APETEGA, en cuxa asemblea de primavera 2022 se presentou o proxecto.
Por que o nome de Hackers Sen Fronteiras? Queremos reivindicar a curiosidade, o empoderamento tecnolóxico e o cuestionamento á propia tecnoloxía sen renunciar a ela que impulsa a este movemento (e que fixo que se vira cuestionado e perseguido, como se conta neste artigo).
Deste xeito, no programa hai tres grandes liñas de traballo:
Liña profesorado, especialmente enfocado ao profesorado de tecnoloxía ou a aquelas accións de centro nas que a tecnoloxía teña un papel destacado. Tratarase de acompañar e dar apoio a prácticas docentes con enfoque de cidadanía global, dado o papel clave ao ser multiplicadoras cara o alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes que poden fortalecer e poñer o foco nos dereitos humanos e o ben común. Nesta liña impulsaranse apoio en ferramentas didácticas, creación participativa de novas ferramentas, análise de materiais xa existentes vendo como incorporan a perspectiva de tecnoloxía para o ben común, e a participación no programa de coñecemento da realidade de países onde ESF traballa en cooperación ao desenvolvemento dunha persoa docente (prioritariamente, dos centros piloto).
Liña alumnado, polo interese de ESF en promover un alumnado crítico e mobilizado, que poida participar máis aló das accións académicas formais e vaia obtendo unha base que impulse a súa cidadanía activa. Se se consegue alumnado implicado e sensibilizado coa cidadanía global e o ben común, no seu día a día futuro (tanto persoal como profesional) tamén poderán ser axentes de transformación. Se propón un catálogo de até 20 faladoiros/obradoiros de curta duración nos centros piloto participantes, que se agrupan en packs ou itinerarios temáticos (que dende o centro poden escoller para distintos cursos). Este catálogo tamén estará dispoñible para outros centros que xa amosaron interese, e outros que poidan xurdir. Ver aquí catálogo e itinerarios. Tamén se traballará en impulsar algunha acción en cada centro piloto que teña un maior recorrido e, sobre todo, maior protagonismo por parte do alumnado (e o profesorado), á que se coñecerá como Comandos Hacker.
Liña creación de rede, polo interese en visibilizar o traballo que se desenvolverá co proxecto (e outros na mesma liña que se puideran estar xa desenvolvendo). Se impulsará a creación dunha rede ou grupo de traballo de profesorado no eido da tecnoloxía para o ben común, así como un encontro de alumnas interesadas na tecnoloxía dos distintos centros participantes a modo de rede, e un Premio Hackers Sen Fronteiras a iniciativas docentes de tecnoloxía para o ben común en secundaria.
En 2022-2023 levantarase unha liña de base para estudar en que medida ese enfoque alternativo da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos é coñecida na comunidade do ensino secundario tecnolóxico galega e que acollida ten.
Cabe mencionar o enfoque de xénero que se pretende incluír neste proxecto, dado que a fenda en estudos técnicos comeza xa a notarse no ensino secundario, ten unha importancia (e dificultade) especial, tanto na participación, como na co-responsabilidade do proxecto, como no comité de seguimento e as accións concretas. A rede mencionada de alumnas, varios obradoiros (como os impulsados dentro do programa de mulleres tecnólogas para o ben común) e propostas de traballo no eido da fenda de xénero na tecnoloxía (incluindo un pack), ou un apartado específico da liña de base para entender mellor esa fenda nos estudos tecnolóxicos son algúns dos elementos incorporados.
ESF pretende coas súas actividades a xeración dunha cidadanía global crítica e comprometida coa loita contra a pobreza a través da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, para o cal terá en todas elas un protagonismo destacado o voluntariado da nosa base social, como co-responsable do seu deseño, execución, seguimento e avaliación, tendo persoas colaboradoras dentro do profesorado e tamén entre as persoas que impartirán obradoiros de distintas temáticas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/07/FRljgZTXsAAP48M.jpeg15362048Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-08-26 08:39:002022-10-24 12:36:12NOVO PROGRAMA: Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 1.
Hoxe temos o gusto de anunciarvos a sinatura dun convenio de colaboración con Espazocoop, asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores.
Para ESF, que levamos anos traballando o tema de Outra Economía Posible, con distintos estudos e tamén tratando de levar este concepto ao educativo e aos nosos proxectos de cooperación internacional (en Honduras é un dos piares básicos do noso Programa de Soberanía Alimentaria), é un paso moi importante para tender lazos co sector galego da economía social.
Espazocoop xa nos prestou apoio nunha das mesas redondas do proxecto Mulleres Bravas (na imaxe, a segunda pola dereita é Mar Pernas, de relacións institucionais de Espazocoop, xunto co resto de participantes na mesa redonde de Mulleres Bravas da Economía Social na Universidade de Vigo). A raíz de aí, xurdiu a idea de seguir colaborando con elas e coas súas cooperativas asociadas para dar a coñecer e potenciar ese outro xeito de facer economía, un que poña ás persoas no centro, tanto en Galicia coma nos nosos países de traballo. Así sexa!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/08/DSC_0272-scaled.jpg14392560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-08-25 09:20:032022-08-25 09:20:04Asinado convenio con Espazocoop, unión de cooperativas galegas
En Enxeñería Sen Fronteiras levamos anos tratando de abrir proxectos nalgún país da África lusófona, pola proximidade con esa cultura e por interese de moitas persoas da nosa base social.
Contar con proxectos noutros países, facilita a labor de tender pontes entre a sociedade civil galega e as outras realidades de países empobrecidos, produto do colonialismo e o extractivismo, co fin de desmontar ese sistema inxusto e opresor. Ese é o fondo real dos proxectos de cooperación internacional en Enxeñería Sen Fronteiras.
Pero non é sinxelo comezar a traballar nun país, e máis nun contexto de escaseza de recursos para a cooperación ao desenvolvemento. Gústanos traballar a fogo lento pero con seguridade, e iso fixo que desbotaramos algunhas opcións. Pero cando nos chegou a invitación para traballar nun proxecto xa con anos de recorrido, integrando un consorcio de entidades galegas xa ben coñecidas (como son Augas de Galicia, Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña), onde poderiamos poñer a nosa experiencia en dar a coñecer o traballo e a realidade dun país como Mozambique á sociedade civil galega, pareceunos que a oportunidade chegara por fin.
Aquí se pode coñecer algo das actividades do consorcio no que se integra ESF a partir deste 2022, pero se preferides escoitar a dúas persoas de referencia neste proxecto, temos a sorte de contar en ESFRadio con Víctor Penas, o coordinador do programa en Mozambique deste consorcio, así como con Lizete Dias, Xefa do Departamento de Recursos Hídiricos da Administración Rexional da Auga Sul (ARA-Sul), institución coa que se está a traballar dende hai varios anos. Lizete é un referente do programa dende o seu inicio.
Participan: Lizete Dias (ARA-Sul), Víctor Penas (consorcio ESF-Augas de Galicia)
Foto de portada: a esquerda Víctor Penas, nunha das visitas a Mozambique, xunto co director del ARA Sur (no centro) e con Lizete (á dereita)
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/08/photo_2022-05-06_20-22-36.jpg5911280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-08-15 18:34:002022-08-18 14:22:36ESFRadio. Un tema de ESF ao mes: Xestión de recursos hídricos en Mozambique
Despois de medio ano de parón, volve en ESFRadio o Boletín Sonoro ESFeiro, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. O facemos nun formato máis sinxelo, para poder manter a súa periodicidade.
Nuns 5 minutiños podes coñecer o máis importante do que fixemos en xuño e xullo en Galicia, Honduras e Mozambique (un novo país no que estamos a traballar), novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos do seguinte mes e a ESFrase do mes.
Aquí podes escoitar o de xuño, e aquí a versión web por se queres ampliar info e seguir os enlaces
Producido, guionizado e locutado por Sergio Fernández
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/02/BoletinSonoroESFeiro.jpg297297Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-08-12 19:55:262022-08-12 19:55:27Boletíns Sonoros ESFeiros do verán 2022
Retomamos o boletín sonoro cun formato simplificado, a ver que tal acollida tiña. Tamén participamos na webinar de Andalucia Acoge sobre a transformación necesaria dos sistemas alimentarios, onde dentro dun panel con expertas moi diversas, por ESF falou Raquel Zolle, a nosa representante país en Honduras, que falou sobre a tecnoloxía de transxénicos cunha perspectiva de tecnoloxía para o ben común. Aquí se pode ver (Raquel participa no 49min 40seg).
HONDURAS
No pasado mes tivemos dúas boísimas novas en Honduras, a concesión de sendas subvecións para poder continuar o traballo nos dous programas que desenvolvemos no país:
En Mozambique continúa o traballo do consorcio, iniciando a colaboración de ESF no mesmo. Procedeuse á selección da persoa que cubrirá a asistencia técnica que se sacou en xuño, e xa empezou o traballo. Estase a preparar a viaxe que, en setembro farán o coordinador do consorcio e esta asistencia técnica.
Linux Connexion con Jorge Lama (un dos nosos voluntarios, productor dos programas de ESFRadio e un dos creadores do Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de ESF)
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook, instagram e Twitterdifundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
Podemos converternos nun exército civil contra a crise climática, aprendendo a ser mellores veciños con todos os nosos veciños, incluíndo ao resto das especies coas que compartimos o planeta. Os que se quedan sen auga cando nos quedamos sen auga. A nosa verdadeira comunidade.
Marta Peirano, ao final do seu libro “Contra el futuro. Resistencia ciudadana frente al feudalismo climático”
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-08-11 21:21:002022-08-12 13:59:23Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2022
O pasado sábado celebrouse unha bonita e concorrida feira de sementes da zona sur de Honduras, en Choluteca.
Participamos e nos coordinamos moi activamente para sacar a actividade adiante as 3 organizacións españolas que co-xestionamos o convenio Mejora de la gobernanza para el acceso a una alimentación y nutrición adecuada de los colectivos vulnerables de diez municipios del Corredor Seco de Honduras coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (ESF, Justicia Alimentaria y Amigos de la Tierra) e 3 socias hondureñas (CODDEFFAGOLF, ADEPES e ANAFAE). Pero sobre todo… participaron moitas labregas e labregos que compartiron coñecemento, intercambiaron sementes e teceron lazos para o futuro. Esta feira permitiu coñecer a voz das organizacións labregas e pesqueiras, o impacto positivo que ten o coidado das sementes na produción de alimentos, a importancia de empregar sementes locais para mitigar o cambio climático, e o rol da produción agroecolóxica para unha alimentación saudable.
As comunidades do Corredor Seco hondureño, veñen sendo gravemente afectadas polo cambio climático con elementos de corte económico e político. Afrontan un alto risco alimentario que ameaza a súa supervivencia, provocando desprazamentos e migración cara zonas urbanas e a outros países. Exemplo destas migracións son as xa tristemente famosas caravanas de migrantes cara Estados Unidas, nas que se agrupan para estar máis protexidas, ou o gran incremento de migración cara países como España.
Con esta actividade buscábase contribuír á preservación das sementes locais, adaptadas ás condicións climáticas da rexión, permitindo colleitas máis produtivas e resistentes, reducindo a dependencia de insumos externos, avanzando así na soberanía alimentaria.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/08/FZgAevhWQAAGD8T.jpeg15362048Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-08-09 13:55:322022-08-09 13:55:33Feria de Semillas Criollas y Nativas de la Región Sur de Honduras
Visibilizar como a tecnoloxía se pode poñer ao servizo do ben común é unha das actividades ás que máis tempo adicamos en Enxeñería Sen Fronteiras, aínda que tradicionalmente o fixemos no ámbito universitario técnico. Agora, cuns proxectos cofinanciado pola Xunta de Galicia, por un lado con fondos da Cooperación Galega e por outro con fondos de IRPF (a famosa casiña de fins sociais da declaración da renda), queremos contribuír a que mulleres tecnólogas vinculadas ás universidades galegas e ao mundo profesional tecnolóxico, que colaboran con ESF, dean a coñecer a súa actividade en centros de ensino secundario.
Obxectivos
A actividade trata de impulsar faladoiros en centros de secundaria que o desexen para visibilizar a mulleres que traballan en temas de tecnoloxía, pero cun enfoque para o ben común. Esta actividade ten un par de pequenas peculiaridades con respecto a outros programas de mulleres nas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics):
1) Que a idea é non simplemente visibilizar ás mulleres nas STEM, senón o enfoque de Tecnoloxía para o Ben Común. Ou sexa, non se busca só que se poña en valor e se visibilice a presencia de mulleres neste eido, senón tamén o xeito distinto de empregar a tecnoloxía (baseado en valores de colaboración, participación cidadá, sustentabilidade, enfoque a grupos vulnerabilizados, etc., que pensamos que non son os habituais nestes ámbitos técnicos).
2) Que a idea é, no caso de relatoras procedentes da universidade, poder preparar e impartir ese faladoiro involucrando tanto a persoal docente e investigador da universidade como a alumnas ou ex-alumnas, para ir creando certa conciencia no alumnado e participe máis nestas iniciativas, ademais de que poidan ser referentes para as nenas (e tamén nenos) que queiran adicarse ao eido STEM con ese enfoque.
Para Enxeñería Sen Fronteiras Galicia é retomar unha liña de traballo, a de accións no ensino secundario, pola que se quere apostar nos vindeiros anos, centrando proxectos especificamente neste ámbito.
Metodoloxía
A actividade consiste na organización de faladoiros a impartir en centros de ensino secundario por algunha das mulleres colaboradoras de ESF (se é posible, acompañadas dalgunha alumna ou colaboradora no caso de relatoras da universidade). Un elemento que se busca prioritariamente é a flexibilidade, para adaptar os faladoiros ás necesidades da aula, centro ou profesorado de secundaria que o solicite.
Os cursos ás que se dirixe son, preferiblemente de 3º ou 4º de ESO, que é cando empezan a decidirse os itinerarios formativos. Podería ser unha actividade de aula, ou con varias aulas simultaneamente, dependendo das preferencias da equipa docente do centro interesada nesta actividade
O formato podería ser presencial ou teleconferencia, dependendo tamén das preferencias da equipa docente do centro interesada nesta actividade.
As datas e hora de realización da actividade serían coordinando a dispoñibilidade das colaboradoras de ESF Galicia (que son voluntarias) e as preferencias da equipa docente do centro interesada nesta actividade.
A duración do faladoiro sería para encaixar nunha clase (uns 50 minutos), aínda que se podería variar dependendo das preferencias da equipa docente do centro interesada nesta actividade.
Os materiais precisos serían un proxector conectado a unha computadora na que se poida enchufar un pendrive (se non se contara con este material, se podería adaptar o faladoiro sen problema, previa coordinación coa persoa que impartiría o faladoiro).
A sesión empezaría pasando un brevísimo cuestionario ao alumnado (no caso de facelo presencial) cunhas preguntas baseadas no que se vai transmitir na faladoiro.
A continuación se desenvolve o faladoiro, que pode ter algún elemento máis participativo dependendo das restricións COVID do centro (ou do formato, presencial ou en liña). A relatora ou relatoras falarán da súa experiencia, por que decidiron facer o que fan e que expectativas teñen para o futuro. Ademais, falarán especificamente dalgún dos seus proxectos (laborais ou de activismo, presentes ou pasados) que teña unha especial compoñente social na aplicación tecnolóxica.
Acabará a sesión co cumprimentado por parte do alumnado do mesmo cuestionario do inicio.
Esperamos recoller o material que se xere nos distintos faladoiros que se realicen nos distintos centros que participen na actividade, así como as avaliacións da aula, e compartilos logo coa equipas docentes que participaron dos centros (mesmo, se chega a haber interese e se conforma un grupo de profesorado de secundaria interesado, tratar sacar algún material didáctico máis formal).
Equipo de colaboradoras
Cóntase cun grupo dunhas 20 mulleres tecnólogas, tanto docentes e investigadoras das tres universidades galegas, como alumnas e tamén tecnólogas externas á universidade. Se desempeñan en ámbitos tan dispares como a enxeñería aeroespacial, a hidroxeoloxía, a informática, a enxeñería civil, a tecnoloxías de apoio para persoas con problemas de mobilidade, as telecomunicacións, a física aplicada, os humanismos dixitais ou a bioconstrución.
Primeiras actividades
Nos segundo e terceiro trimestres do curso 2021-2022 se iniciaron os faladoiros, en centros como o IES San Rosendo de Mondoñedo, o IES de Curtis, o IES Valadares de Vigo, o IES de Soutomaior ou o IES Monte Carrasco de Cangas.
Faladoiro de Carmen no IES San RosendoFaldoiro de Cristina no IES SoutomaiorFaladoiro de Thais no IES San RosendoFaladoiro de Martina e Ali no IES Monte Carrasco
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/07/IMG_0217-scaled.jpg19202560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-07-27 12:35:462023-08-31 15:02:42Programa de Mulleres Tecnólogas para o ben común
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.