Traballa connosco. Buscamos consultoría para facilitación de reflexión interna da asociación

Nun contexto de cambios nos últimos anos, tanto no xeito de entender a acción voluntaria por parte da poboación, como de gran mobilidade das persoas nos ámbitos universitarios técnicos (que representaron tradicionalmente a orixe da maioría da base social da asociación), vese a necesitade de afrontar un proceso fondo de reflexión e replantexamento do activismo e de ESF como ferramenta que nos axuda a construír un mundo máis xusto e solidario. Queremos que esta reflexión sirva para darnos aportes ao proceso de construción da nova planificación estratéxica 2019-2022.

Por iso, buscamos unha equipa de profesionais da facilitación de procesos de reflexión que nos queran acompañar neste camiño.  Aquí podedes ver os termos de referencia para a contratación (ignorar as advertencias de seguridade). Calquera dúbida pódese contactar a info[arroba]galicia.isf.es . Péchase o proceso o 25 de outubro ás 23:59h.

Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

Parece que nestes meses de verán é preciso tomar un pequeno respiro para volver ben cargados e cargadas de motivación…pero mentres tanto vos seguimos contando todo o que acontece na vida esfeira. O 5 de Xullo realizouse un obradoiro da ferramenta libre de planificación hídrica gvSIG Fonsagua con Cartolab da Universidade da Coruña. Estivemos aprendendo de sistemas de información xeográfica coa ferramenta que se está a usar en Honduras no noso programa de Dereito Humano á auga. E non nos esquecemos do que ocorre en Nicaragua


HONDURAS

      Xa temos a Cris en Honduras dende mediados de Xullo na súa estancia de Coñecemento da Realidade, e xa nos contou algo da súa chegada. Dende o 31 a acompañan Uxía e Miño, desfrutade da experiencia! Tivemos a boa nova de que GAÑOU BERTA! Pechan o proxecto hidroeléctrico “Agua Zarca”, pero hai que evitar a impunidade e seguir pedindo #JusticiaParaBerta. Esta vitoria sérvenos de exemplo e motivación para seguir actuando e denunciando outras inxustizas, como a ameaza das ZEDE, Zonas Económicas de Desenvolvemento (para quen?). Polo menos unha delas na zona do Golfo de Fonseca, en Amapala.

    Se che interesa a bioconstrución e materiais tradicionais, actualizamos con anexos fotográficos os informes sobre materiais tradicionais no sur de Honduras.

    Este ano xa sabes que estamos a celebrar o noso 25 aniversario. Pero, ademais, é o 10º de estar establecidas en Honduras. O 3 de agosto tivemos a celebración na nosa nova oficina en San Lorenzo, Honduras. No próximo BOE haberá fotos…


ENLACES DE INTERESE

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas

 


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Temo o día en que a tecnoloxía sobrepase a nosa humanidade: o mundo só terá unha xeneración de idiotas.
Albert Einstein

Queres traballar connosco? Praza de técnica de proxectos Honduras

Aquí se pode consultar (ignora advertencias de seguridade) o perfil do posto de persoal de apoio expatriado en Honduras que estamos a seleccionar. O contrato é por obra e servizo, de 3 meses de duración (de setembro a decembro). Agradécese difusión.

O período de selección pecha o 1 de setembro de 2018.

Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2018

Este mes estamos contentas porque acadamos fondos da Xunta de Galicia para dous proxectos en Honduras, un no programa de dereito á auga e outro no de desenvolvemento rural-soberanía alimentaria.Pero estamos tristes porque houbo proxectos aprobados por máis de 2,5 millóns de euros que non se poderán executar por esgotamento orzamentario destas axudas. Hai que devolver á cooperación galega ao desenvolvemento ao sitio que lle corresponde como política pública, como expresión do afán da sociedade galega de defender os dereitos humanos en todo o mundo pensando globalmente e actuando dende aquí. E con ese obxectivo seguiremos traballando dende a Comisión de Incidencia Política da Coordinadora Galega de ONGD. A continuación, o BOE de xullo 2018


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Xa se pode consultar a memoria de ESF Galicia 2017, 15 páxinas para coñecer en que andivemos metidas o pasado ano (ignora as advertencias de seguridade do enlace para descargar). Compartimos o traballo que se fixo coa Asociación Galega de Bioconstrución ESPIGA, introducindo o concepto de bioconstrución en centros de educación secundaria, así como o traballo de investigación que impulsamos co Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña, comparando exemplos de participación das mulleres na gobernanza da xestión comunitaria da auga en 2 aldeas de Galicia e 2 de Honduras. Impartimos o obradoiro Argallando no Portátil, colaborando con Amigos da Terra e Mina Touro NON, e tivemos a sorte de asistir ao Encontro Solar da Oficina de Medio Ambiente da UDC e probar comida solar ben rica e variada. Ademais, tivemos tempo de propoñer uns fragmentos de obras para a reflexión sobre relacións entre tecnoloxía e outros aspectos de interese na sociedade (a educación, o emprego e o modelo político). O 10 de xuño fomos testemuñas do rexeitamento social ao proxecto da Mina de Touro-O Pino, na manifestación en Santiago de Compostela. Unha das consignas, “Mina NON, queremos camarón”, é un xenial exemplo de defensa do territorio como un todo interrelacionado, a importancia de entender os impactos nos sistemas naturais e sociais, e de que a xestión territorial tense que poñer ao servizo do ben común. Lamentamos o paso atrás da Universidade da Coruña na súa soberanía tecnolóxica, alertadas por GPUL, vendo como migraron o mail corporativo a unha plataforma de Microsoft (e, por suposto, privativa). Por último, o 30 de xuño tivo lugar en A Coruña a Asemblea Ordinaria da Asociación, onde se aprobaron as contas de ESF do 2017 (podes descargalas aquí, ignorando a advertencia de seguridade), e outra extraordinaria para tratar uns temas que quedaran pendentes da Asemblea Extraordinaria de abril en Gandarío (onde celebraramos o XXV aniversario).


HONDURAS

    Neste mes en Honduras quedou rematado o proxecto de bombeo de auga con enerxía solar na comunidade El Fortín (Municipio El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, e aquí podedes ver como quedou.

    Por outra banda, tras nove anos de compartir oficina coas compas de Amigos de la Tierra en Honduras, cambiámonos a unha oficina ao ladiño de onde estabamos, xa que para nós a vila de San Lorenzo, e en particular esa zona, era a ideal pola cercanía a CODDEFFAGOLF, un dos nosos socios estratéxicos na zona. A dona atopou clientes que poden pagar máis pola oficina onde estabamos, bastante grande e nunha rúa importante de San Lorenzo, tamén a nós nos afecta o mercado inmobiliario… Queremos agradecer a Amigos de la Tierra por estes anos que tantas experiencias compartimos. Foi un auténtico espazo de “coworking”, e aínda que físicamente esteamos máis lonxe, seguiremos colaborando con eles en proxectos e loitas.

Puxemos a disposición pública as avaliacións externas con leccións aprendidas dos proxectos financiados pola Xunta de Galicia en 2015-2016, tanto no programa de Dereito Humano á Auga como no de Soberanía Alimentaria. Ademais, dende o 28 temos a Cristina en Honduras, participando no Programa de Coñecemento da Realidade. Iranos contando as súas vivencias, e a finais de xullo se lle unirán Uxía e Miño.

Tamén queremos dar os parabéns a CODDEFFAGOLF pola posta en marcha do centro de investigación e turismo ambiental e científico na Isla Pacar.

 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

 

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

“Todo o mundo fala de paz, pero ninguén educa para a paz. A xente educa para a competencia, e a competencia é o principio de calqueira guerra.”
Pablo Lipnizky

Fragmentos sobre tecnociencia na educación, traballo e organización política

A continuación, na nosa liña de divulgación en galego no eido da tecnoloxía para as persoas, queremos compartirvos tres fragmentos doutras tantas publicacións que, ao noso parecer, reflexionan moi axeitadamente sobre aspectos importantes da nosa sociedade e como a tecnociencia inflúe neles: a educación, o modelo político e o traballo.

EDUCACIÓN

Fragmento de La Universidad Comprometida, de Vicente Manzano, páxina 171 do libro.

En boa medida, a evolución ética é consecuencia da evolución do pensamento humano. Padezo unha profunda indignación cando observo que o respecto ofrecido ao coñecemento técnico é moi superior ao que se orienta cara ao ético. A xustificación é unha profunda e sesgada ignorancia. No imaxinario colectivo, a evolución da sociedade atópase moi ligada ao progreso tecnolóxico, á abundancia de recursos creados pola combinación de ciencia e tecnoloxía. Esta impresión deixa orfa á ética, a pesar da inxente enerxía implicada ao longo dos anos e de multitude de persoas para ir conformando imaxes ao redor da forma de estar no mundo.

Talvez, a principal consecuencia daniña do paradigma da simplicidad foi separar a técnica da ética, a ciencia da conciencia. A compartimentación froito da segmentación dos problemas e as tarefas de análises, levanta multitude de muros que impiden facer preguntas relevantes, ter visión de conxunto e promover un pensamento complexo. O coñecemento simplificado faise para ser engranado en sistemas anónimos. É independente de quen coñece. E xérase por unha inercia imperante para a que cada xerador individual non é máis que unha peza irreflexiva do sistema que, desta forma, libérase de encargarse dos problemas humanos.

MODELO POLÍTICO

Fragmento de Noam Chomsky | Michel Foucault. A natureza humana: xustiza versus poder (Páxinas 33 34, preguntas do público)

En canto á idea que talvez axexaba na súa pregunta -unha idea que adoita expresarse a miúdo- respecto de que hai algún imperativo técnico, algunha propiedade da sociedade tecnolóxica avanzada que esixe un poder e unha toma de decisións centralizados -e moitas persoas afírmano, desde Robert McNamara cara abaixo-, ao meu entender é algo completamente absurdo, nunca ouvín ningún argumento no seu favor.

Paréceme que a tecnoloxía moderna, como a tecnología do procesamento de datos ou da comunicación, entre outras, ten precisamente o efecto contrario. Isto significa que a información e a comprensión relevantes poden transmitirse a todos en forma rápida. Non debe estar concentrada nas mans dun pequeno grupo de administradores que controlan todo o coñecemento, a información e a toma de decisións. Por iso penso que a tecnoloxía pode ser liberadora, ten a propiedade de ser potencialmente liberadora; convértenna, como a todo o demais, como ao sistema de xustiza, nun instrumento de opresión porque o poder está mal distribuído. Non creo que haxa nada na tecnoloxía moderna ou na sociedade tecnolóxica moderna que nos conduza cara a unha centralización do poder; máis ben, opino o contrario.

TRABALLO

A Fin do Traballo. Jeremy Rifkin. https://es.wikipedia.org/wiki/El_fin_del_trabajo

Por primeira vez na historia moderna moitos seres humanos poderían quedar liberados dun grande número de horas de traballo, e así adquirir unha maior libertade para levar a cabo máis actividades de lecer. As mesmas forzas tecnolóxicas poderían, sen embargo, levarnos a maiores niveis de desemprego e a unha depresión de ámbito internacional. O feito de que nos espere un futuro de utopías ou de realidades depende, en grande medida, de como queden distribuidas as ganancias na productividade durante a era da información. Unha distribución xusta e equitativa das melloras na productividade requeriría unha redución a nivel mundial nas horas de traballo semanais e un esforzo conxunto entre todos os gobernos centrais para xenerar empregos alternativos no terceiro sector – na economía social- para aqueles cuxo traballo xa non é útil no mercado. Se, a pesares de todo, non se reparten as enormes ganacias de productividade, resultado da revolución propiciada pola alta tecnoloxía, senón que se emprega principalmente para aumentar os beneficios das empresas, para outorgar maiores dividendos aos accionistas, para retribuir mellor aos altos executivos das multinacionais, así como para a emerxente elite de traballadores implicados nos novos coñecementos da alta tecnoloxía, as probabilidades de que as crecentes diferencias entre os que o teñen todo e os que non teñen nada conducirán, sen dúbida, a disturbios sociais e políticos a escala internacional.

Bioconstrución na educación secundaria.Proxecto EDUESPIGA

Queremos compartirvos a memoria do que se fixo dentro do proxecto EduEspiga, que ESF Galicia apoiou con fondos de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e que desenvolveron xs compas de ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución.

O ​ proxecto “EduEspiga” tivo como finalidade a sensibilización medioambiental de xoves a través de obradoiros teórico-prácticos sobre bioconstrución, impartidos en 8 institutos de educación secundaria e centros de formación profesional.

A ​ bioconstrución consiste nun tipo de construción natural que revisa as técnicas tradicionais de construción dende a perspectiva das innovacións tecnolóxicas. Ten moi en conta a calidade e toxicidade dos materiais empregados, e propón uns principios éticos entre as persoas involucradas no proceso de construción e futuros usuarios. Así, a bioconstrución da solución ós problemas medioambientais que provoca a construción actual, ao traballar dende o punto de vista da sustentabilidade e eficiencia enerxética, e se conforma como o mellor xeito para reducir o impacto ambiental provocado pola construción, e mellorando o desenvolvemento social. Educando dende o punto de vista dun consumo responsable de enerxía e recursos, e buscando unha calidade de espazos e materiais, conseguiremos una sociedade máis sá, autónoma e sensibilizada co medio. Como se pode ver, encaixa á perfección coa liña de traballo que se pretende impulsar dende ESF en tecnoloxías para o desenvolvemento humano. Gustounos tanto a experiencia, que xa estivemos a preparar a segunda fase, a ver se acadamos financiación!!

 

Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2018

 

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Xa temos aquí o resumo de todo o acontecido durante este mes na sempre activa vida esfeira. Rematou este curso a materia de Cooperación na Enxeñaría Civil na Universidade da Coruña e neste mes aprendemos, entre outros temas, sobre experiencias de enxeñeirxs en cooperación. O 5 de maio estivemos no día da ciencia na rúa na Coruña e falamos en Cuac FM sobre como poñer a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común. O 18 o noso Miño falou de participación e boa gobernanza na xestión da auga na facultade de Filosofia e Letras de Valladolid. Alí estivemos como en casa con Ingeniería Sin Fronteras Castilla y León. E chegou o gran día esfeiro…o 15 de maio fixéronse 25 anos desde que Enxeñería Sen Fronteiras constituíuse como Asociación. 25 anos de pensamento crítico e tecnoloxía para o ben común. Grazas a todas as persoas que o fixéstedes posible!! E para volver celebralo, estreamos o vídeo do XXV Aniversario de ESF. Atentxs, que non ten desperdicio… E para o vindeiro 15 de xuño, non te perdas a Feira Compostela+Solidaria coa Coordinadora Galega de Ongd. Por alí andaremos argallando nos portátiles, anímate! Dentro dos eventos de Compostela+Solidaria, até o 24 de xullo no museo do pobo galego podes ver a exposición Mulleres Tecedoras do Cambio, onde dúas ESFeiras aportaron sendas fotos de entre as 23 expostas.

 


HONDURAS

    En Honduras, contamos como foi o primeiro ano de execución do proxecto financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia en 2017 dentro do programa de Soberanía Alimentaria. Tamén se pode ver como rematamos o proxecto piloto de bombeo de auga con enerxía solar en El Fortín (municipio de El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, dentro do outro gran programa que desenvolvemos en Honduras, o de Dereito á Auga. Por outra banda, non nos esquecemos do que ocorre en Nicaragua, país onde traballamos até 2010 e onde seguimos tendo alianzas. Esperamos que se vaia solucionando con diálogo,e que serva para ir fortalecendo o estado de dereito no país. Compartimos o manifesto dxs compxs de La Cuculmeca e o informe de Centro Humboldt


 

ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

A tecnopolítica é unha capa do político e, sen o seu fundamento, está oca, resóa en baleiro. Os “me gusta” non cambian o mundo. O compromiso e a acción si.
Andoni Alonso

Boletín Oficial ESFeiro: maio 2018

 

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

      Aínda estamos a saborear todos os bos momentos celebrados durante a Xuntanza XXV aniversario de ESF. Unha parte importante foi a renovación de cargos. Miño, Emma, Nikole, Yaiza e Saúl como presi, vicepresi, tesoureira, secretaria e vogal de comunicación respectivamente deixaban os seus cargos. Dani Vila B. asumiu a presidencia, Irene a vicepresidencia, Andreina a secretaría e Dani Vila R. a tesouraría. Moitas grazas polo traballo e adicación ás saíntes, e forza a quen entrades! E tamén moitas grazas polo esforzo ás persoas da organización, estivo xenial! 

    O 6 de abril estivemos na E T S Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos – Universidade da Coruña, falando sobre como abordamos os proxectos de cooperación internacional e coñecemos a experiencia dunha das nosas PCR.

    A principios de mes, a nosa Patricia deixou a Xunta Directiva da Coordinadora Galega de Ongd. Foron 6 anos de traballo en rede con outras organizacións, representando ó sector das ONGD en Galicia. Grazas!!

    Tamén enviámoslle aos 2 candidatos a reitor da Universidade de Vigo (algún día veremos candidatas?), propostas para que a UVigo se implique a prol dos dereitos humanos e a educación para o desenvolvemento e da ciencia posta ao servizo do ben común. Xa temos resposta para tratar de avanzar no tema coa nova equipa. Tamén, desta volta colaborando coa Coordinadora Galega de ONGD, enviamos propostas aos candidatos da Universidade de Santiago.

    O 12 abril, a nosa Paola estivo de aniversario ESFeiro, 11 anos! Grazas pola túa adicación e por coidarnos tanto. 17 de Abril, foi o Día internacional das loitas labregas, onde La Vía Campesina rememora a masacre dos 19 Sen Terra que foron impunemente asasinados. Nós seguiremos acompañando procesos a prol da Soberanía Alimentaria en todo o mundo! Ese mesmo día en Santiago de Compostela, dúas activistas feministas e defensoras de dereitos de Honduras compartiron a súa experiencia de loita na charla ‘Feminismos en Honduras. A loita das mulleres defensoras’ un contexto de violación dos Dereitos Humanos’, organizado pola Coordinadora Galega de ONGD e a Asemblea de Cooperación pola Paz.

    O 19 de abril estivemos na Escuela Universitaria Politécnica Ferrol falando sobre enerxía e cooperación ao desenvolvemento no Máster de Aproveitamento Enerxético da Universidade da Coruña.

Volver



BLOGUE HONDURAS

    O 18 abril a nosa Raquel presentou a Enxeñería Sen Fronteiras na Asemblea da Mancomunidade de Municipios NASMAR, a nosa socia dende hai xa 4 anos no programa de Promoción do Dereito Humano á Auga. Falamos cos novos rexedores e rexedoras e tamén os e as que repiten, de que confianza, honestidade e traballo polo ben común deben seguir a ser as bases da nosa colaboración. Ademais, presentamos a proposta á AECID dun novo convenio a 4 anos para continuar a colaboración con VSF Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra na promoción da soberanía alimentaria e a defensa do territorio en Honduras.

Volver


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


 

PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


 

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES


Aprendemos que os artefactos teñen política e que a crítica humanística da tecnoloxía é necesaria.
Andoni Alonso
.

 

Boletín Oficial ESFeiro: abril 2018

Este mes de abril celebraremos o XXV aniversario da asociación, cunha xuntanza-festa no albergue de Gandario, en Bergondo. Esperamos contar con todas as persoas que foron ESF nalgún momento, e tamén xente de organizacións amigas ou xente que nos quera acompañar

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

O mes de marzo soe ser un mes ben cargadiño, e este ano non foi unha excepción. O 8M apoiamos a folga feminista, coa que o movemento feminista deu un gran exemplo para todo o activismo. O 14M participamos no VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional falando da experiencia de ESF, invitadas por AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz. Ademais, como o prometido é débeda, aquí deixamos os vídeos das Xornadas Galicia en Seca, sobre a seca na Galicia, que organizamos en decembro de 2017. Aínda que estes meses choveu, o problema segue aí… A finais de marzo, a Xunta Directiva de ESF aprobou adherirse á campaña Cousa de Raíces, en defensa do bosque autóctono. Viches xa o banco #bioconstrución de COB que fixemos con ESPIGA no Campus de Elviña da Universidade da Coruña? Ten até cartaz explicativo do proceso de construción! O 24M pola mañá estivemos no Salón do Marco de Vigo, falando e compartindo xeitos de poñer a tecnoloxía ao servizo de ben común. Durante marzo quedaron seleccionadas as persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade neste 2018, e ademais organizouse unha formación dunha fin de semana para elas (aberta a todo o mundo).Unha vez máis, a cousa foi complicada para o comité de selección. Grazas a todas as que fixéstedes o esforzo de presentarvos aínda que non resultarades seleccionadas!
O 22 de marzo foi o Día Mundial de Auga, e tivemos en A Coruña un “Concilio” onde falamos das diversas actividades no eido do Dereito á Auga que estivemos a desenvolver na asociación (aquí podes coñecelas). Tivemos tempo para participar tamén na Asemblea da Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras en Barcelona. Por outra banda, queremos anunciar que, un ano máis, convócase o Premio de Enxeñería Solidaria dende a Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras, para traballos fin de carreira no eido da cooperación.


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras, continúan os dous programas que temos abertos (Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria). No Congreso da República de Honduras falouse do noso programa de dereito humano á auga,e do plan de xestión integral dos recursos hídricos no concello de El Triunfo. Ademais, lembramos o asasinato de Berta Cáceres hai dous anos por defender a terra para o ben común. No podemos rematar sen felicitar á organización CODDEFFAGOLF, que o 26 de marzo cumpriu 30 anos!! Exemplo de protección dos recursos para o ben común e contra o espolio e socia clave de ESF en Honduras no programa de soberanía alimentaria. Parabéns irmás, seguimos na loita!


ENLACES DE INTERESE

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Proyectos de Ingeniería Agroforestal. Dous volúmenes (I Concepción de proyectos; II Ejecución y evaluación de proyectos). 2ª Edición.
  • Material do antiguo posgrado da UOC de Tecnología para el Desarrollo Humano. Dous volúmenes. (I Introducción a la cooperación al desarrollo desde la ingeniería; II Cooperación Internacional: gestión de proyectos de ingeniería)

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

O perigo radica en que o noso poder para danar ou destruir o medio ambiente, ou ao próximo, aumenta a moita maior velocidade que a nosa sabedoría no uso dese poder.
Stephen Hawking (falecido este mes de marzo)

Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2017


CONTIDOS

 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Xa en plena migración a nova páxina web, anunciamos nela o vindeiro curso de bioconstrución, desta volta en Salceda de Caselas en colaboración coa Asociación TrezeCatorze, sobre contrución dunha estufa Rocket. Ademais, no blogue, deixamos un listado de interesantes formacións para o inicio de curso, tanto de ESF como doutras organizacións, entre eles o impresionante curso que impulsamos xunto co Centro de Estudos de Xénero e Feministas, sobre Igualdade de Xénero na Axenda para o Desenvolvemento.



BLOGUE HONDURAS

    En Honduras, xa coas persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2017 totalmente integradas na vida hondureña, compartimos tamén uns videos sobre o proxecto recentemente rematado financiado pola UE, dentro do programa de soberanía alimentaria que desenvolvementos con CODDEFFAGOLF.

 


 

ENLACES DE INTERESE

 

Auga

Consumo responsable

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

 

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


 

PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Xénero e Desenvolvemento. Coordinadora Galega de ONGD.
  • Depuracion de las aguas residuales por tecnologias ecologicas y de bajo costo

 

E NO PRÓXIMO MES …

 

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

A información quere ser libre.
Stewart Brand