Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2021
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
O pasado mes de agosto estivemos recargando as pilas para comezar o novo curso con forza, tanto no proxecto do Banco de Reciclaxe Electrónica (que seguiu en marcha mesmo con novas incorporacións), como nos dous novos que estaremos desenvolvendo coa rede Artigo9Tech nas escolas técnicas das universidades galegas, e con Amigos da Terra poñendo en contacto mulleres activistas pola defensa da terra de Honduras e Galicia. Fixémonos eco en redes sociais das mensaxes de partidos da oposición no Concello de Santiago de Compostela para que se recuperen as prometidas axudas para a Cooperación ao Desenvolvemento, que o Goberno de Bugallo aínda non sacou por distintas excusas.
Tamén tivemos traballo de chamar a moitas portas para conseguir que se administrara a vacina monodose contra a COVID19 a Xoel e Eva, voluntarias no Programa de Coñecemento da Realidade, para que puideran viaxar durante agosto. Foi complicado, pero ao final acadouse.
Felicitámonos de que o Goberno de España prorrogara a moratoria de corte de subministros básicos até o 31 de outubro tras a campaña que se desenvolveu por varias organizacións do Estado, aínda que debería mudarse de raíz o sistema e que non se poidan cortar nunca.
E, por suposto, puidemos desfrutar do podcast do Boletín Sonoro de xullo.
HONDURAS
Aquí nos mandan Xoel e Eva as primeiras sensacións tras a súa aterraxe en Honduras, a pasada semana, dentro da estancia no país que é parte do Programa de Coñecemento da Realidade na súa edición 2020-2021 (adiada pola COVID19).
Continuamos o proxecto coas Oficinas Municipales de la Mujer (OMM) das alcaldías da NASMAR e con CODDEFFAGOLF con apoio da Cooperación Galega, desta volta construindo alianzas cun encontro de representantes das OMM, sociedade civil e a Cooperación Española en Honduras (AECID), visibilizando problemáticas e propoñendo camiños cara a redución da fenda de xénero.
Dentro do convenio coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, séguese a apoiar hortos familiares adaptados ás condicións do sur de Honduras.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- El impacto ambiental del agua embotellada es hasta 3.500 veces mayor que el del agua del grifo
- Un ingenio para conseguir agua de la nada
- Water Management Innovation is Central to the Future of ICs
- A auga, un negocio para uns poucos
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- Tránsito podcast: supermercados cooperativos
- CommonsCloud, consumo consciente también en lo digital
- ¿Ayudas al medioambiente cambiando tu coche viejo por uno nuevo?
- Agua plastificada. El Escarabajo Verde (25 min)
Cooperación e ONGD
- Lo tuyo es puro teatro. La reforma en ciernes de la Ley de Cooperación Internacional solo tiene sentido si articulamos respuestas globales a los retos que afrontamos.
Educación para o desenvolvemento
- Machitrol: pílulas pola igualdade. Pornografía
- 10 talleres diferentes sobre consumo crítico y responsable
Enerxía e cambio climático
- O baleirado de encoros en Galicia apunta as eléctricas tras pedir Naturgy compensacións millonarias pola menor produción das súas centrais
- 81 países ‘pasan’ del Acuerdo de París
- IPCC: aún es posible no superar los 1,5 ºC si se hacen reducciones drásticas
- El mito de los coches eléctricos en la transición verde
- Máis de 70 aeroxeradores e 4 polígonos fecharán o horizonte entre o Larouco e o Xurés
Iniciativas
- Comunidades indígenas aceleran paso a redes 4G
- Stop Eólicos Xurés-Celanova
- Abrid las puertas a Afganistán y las afganas
- Human Library
- Free Software Foundation Europe
Investigación para o desenvolvemento
- A dónde va el capitalismo español
- Global Gender Gap Report 2021. Segundo este informe, a fenda de xénero é máis significativa en sectores que precisan habilidades técnicas disruptivas, como Cloud Computing (14% de mulleres), enxeñería (20%) ou IA e datos (32%)
Mundo
- AFGANISTÁN: o deber internacional de garantir os dereitos humanos
- NIGERIA: documental Poison Fire, sobre a situación no delta do Níger (principal lugar de orixe do petróleo consumido en España). 28min
- MOZAMBIQUE: Literatura moçambicana. Que ler?
Políticas e modelos de desenvolvemento
- O mito da Economía Circular
- El saldo de la actuación española en Afganistán: al menos 3.600 millones de euros y 27.000 militares desplegados
- El IPCC advierte de que el capitalismo es insostenible
- Demanda contra España por la mina San Finx
Sensibilización
- Acciona, Ferrovial, OHL, Sacyr y otras constructoras amañaron concursos mientras gobernaba el Partido Popular
- O custo millonario das especies exóticas invasoras: o eucalipto, a segunda que máis gastos xera en España
- No es venganza
- El #MeToo empieza a calar en el mundo científico (pero lentamente)
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Cinco años de lucha contra los vertidos de la mayor conservera de Galicia (Rianxeira): “Han dejado nuestras playas secas”
- Denunciamos a explotación laboral e o espolio de recursos naturais da agroindustria SUREXPORT na Terra CháOs temporeiros da Terra Chá (I): Surexport explota tamén en Galiza
- Os temporeiros da Terra Chá (II): represalias e control sindical en Surexport
- Cambio climático, que expectativas ten o sector primario en Galicia?
- EU NON COBRO A PAC
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Castillos de arena con riesgo cancerígeno “inadmisible”
- Resistencia Digital. Manual de seguridad operacional e instrumental para smartphones
- Obsolescencia programada, basura electrónica y su impacto ambiental
- GNU Health (de Arantxa Serantes, unha das nosas referencias en TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Ingeniería para el desarrollo sostenible: Cumpliendo los objetivos de desarrollo sostenible. 2º Informe de Ingeniería de la UNESCO (2021)
- Informe 48: Financiación de las armas de la guerra de Yemen. Análisis de la financiación de las empresas de armas que han exportado a Arabia Saudí y Emiratos Árabes Unidos (2015-2019)
- 2020 – Technology, the environment and a sustainable world: Responses from the global South
- La sutil discriminación de las IA de contratación contra la discapacidad
- ¿Feísmo gallego? No son chapuzas, es reciclaje
- Una refrigeración sostenible para las pequeñas tiendas minoristas alimentarias Europeas
Voluntariado e Persoas
- Garífunas de Honduras resisten contra asesinatos, criminalización y desapariciones forzadas
- Ruth Montiel: “Escapemos del individualismo y fortalezcamos lo colaborativo”
- Karen Petrie, la programadora que creó un modelo matemático del sexismo
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Este mes compartimos esta canción que estrearon polo día Internacional dos pobos indíxenas: PUEBLOS, de Sara Curruchich ft. Lila Downs
E NO PRÓXIMO MES …
- Segunda quincena (data por fixar): encontro sobre voluntariado Mozambique entre ESF Catalunya e ESF Galicia
- 4-5 de setembro: Mercado Ecológico de Vegadeo
- 8 de setembro: 20h. Ciberfaladoiro de ESF “Eucaliptización en Galicia” (escrébenos se te queres unir)
- 8 de setembro: Día da Cooperante
- 8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización
- 9-11 de setembro: Acampa Coruña 2022, Vida Negada. O día 9 ás 13h ESF participará nun faladoiro sobre o “expolio no sur de Honduras”.
- 15 de setembro: Día Internacional da Democracia
- 18 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software
- 21 de setembro: Día Internacional da Paz
- 22 de setembro: Día global antifracking
- 22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles
- 24 de setembro: Folga Mundial polo Clima
- 25 e 26 de setembro: Mostra do Posible en Cangas. O sábado 25 ás 11:30 ESF dará un obradoiro sobre Bancos de Reciclaxe Electrónico con software libre
- 25 de setembro: encontro festeiro de Enxeñería Sen Fronteiras, en Cangas, tras o noso faladoiro na Mostra do Posible. Comeremos xuntas e volveremos a atoparnos “en 3D”
- 28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública
- 30 de setembro: data límite para presentarse aos Premios GirlGeekCovid da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo
- 30 de setembro: data límite para presentarse ao Premio Arcadi Oliveres al mejor trabajo universitario sobre Finanzas Éticas y Sostenibles
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.).
Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram, difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
Que as empresas teñan especial influencia na política significa que a democracia está enferma. O propósito da democracia é asegurarse de que os ricos non teñan unha influencia proporcional á súa riqueza. E si teñen máis influencia que tí ou que eu, iso significa que a democracia está fallando. As leis que se obteñen desta forma non teñen autoridade moral, senón a capacidade de facer dano.
Richard Stallman