Nos pasados 10 días, tivemos a sorte de contar en Galicia con Verónica Rodriguez e Mariela Burgos, contándonos a súa historia como mulleres bravas implicadas na defensa do seu territorio e medios de vida no sur de Honduras.
A visita de Mariela e Verónica a Galicia foi posible grazas ao proxecto de Mulleres Bravas, que impulsan Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e Amigas da Terra co apoio de AGARESO e as nosas socias de Honduras, CODDEFFAGOLF e ADEPES, e a financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Deste proxecto se pode saber máis aquí. Ademais, esta visita non será a última do ano, xa que para outono esperamos outra visita (desta volta, virá unha activista pasar varias semanas en Galicia).
Verónica, productora local do departamento de Choluteca, falounos da realidade que vive como muller labrega nunha comunidade da Municipalidad de Pespire. A súa realidade, coa comunidade de traballadoras do campo e a súa familia. O cultivo das variedades locais (“criollas”) son unha prioridade, para non xenerar dependencias dos paquetes agrícolas que promocionaban dende as grandes empresas (coa connivencia do goberno). Ademais, organízanse a través das chamadas caixas locais, un sistema similar ás cooperativas, pero que prestan pequenas cantidades de fondos ás socias a moi baixo interese (algo impensable na banca tradicional), que lles permitan abordar inversións para mellorar os seus pequenos negocios. Tamén se organizan para procesar e elaborar subproductos dos cultivos propios cando teñen excedente, como as pulpas da froita para zumes e derivados. Ademais, para favorecer o mantemento dos cultivos tradicionais e o rendemento das suas terras usan técnicas de agricultura biointensiva e bancos de sementes.
Pero, malia as tarefas mais técnicas propias da súa contorna familiar, Verónica comentanos tamén as dificultades que ten coa administración económica. Denuncia publicamente a desprotección que sinte dende o Estado, pois considera importante a protección e defensa do traballo no rural, malia as concesións a grandes empresas extractivistas por parte da administración hondureña (como son as da minaría a ceo aberto, que grazas ao activismo das comunidades fixo que dende a corporación municipal se asinara unha declaración de Pespire como zona libre de minaría). Na súa defensa da comunidade e do seu traballo como muller labrega, denuncia tamén as tensións para chegar a acordos, nos que sente desprotección e acusacións inxustificadas. Considera importante a sostenibilidade do grupo e, por iso adica tempo á participación comunitaria de tipo asambleario, que organizan cada ano. Considera un factor de risco para a continuidade dos seus obxetivos a maior proporción de homes na toma de decisions comunitarias e coas negociación colectivas coas administración estatais. E, por iso, actualmente segue a manter a actividade organizada, enfocádose no seu traballo da terra e loitando por manter a resiliencia do grupo. Tamén destaca o traballo cooperativo entre mulleres, que permiten ter unas boas relacions con otras mulleres da súa contorna
Mariela Burgos é marisqueira “curilera”. É do municipio de Marcovia. Considerase muller traballadora e marisqueira das terras nacionais, pois as terras costeiras onde traballa (en manglares, esteros e “playóns”) pertenecen ao estado e é o estado quen decide o seu uso.
Recollen curiles, churria (tipo mexilón), casco de burro ou almexas. Como curileira, para mellorar a produción, elaboran viveiros dos bivalvos e experimentan de xeito comunitario sementándoos (levan uns meses, a ver que tal sae a cousa). O seu producto logo o sacan ao mercado rexional, en xeral empregando intermediarios que chegan á costa a buscar o produto para logo levalo a cidades como Tegucigalpa (deixándoas con pouca capacidade para decidir os prezos). Para ela, esto supon unha dificultade á hora de realizar o seu traballo baixo condicions seguras e sostibles, pois enfróntase tamén a realizar a sua actividade no sector primario xunto con empresas mais grandes que tener maior capacidade de mediación coas administracions locais e rexionais. Mariela, como muller brava, denuncia esta situación á que se enfrontan as marisqueiras artesanais (que non contan con concesións para facer o seu traballo en áreas definidas, de xeito que pode vir persoas doutras aldeas cercanas, ou mesmo doutras zonas do país, a recoller marisco, aínda sen respectar as tallas non comerciais que elas, grazas a formación que teñen, si respectan; unha verdadeira traxedia dos comúns).
A comunidade na que está integrada Mariela depende en gran medida do ecosistema do manglar, que son zonas dunha riqueza e biodiversidade importante e son amenazadas polas concesións a grandes empresas de engorde de langostino, que producen deforestación do manglar para ter espazo para as grandes lagoas artificiais de engorde, e tamén producen contaminación (polas sustancias que empregan nas lagoas). Por eso, a comunidade denuncia as agresións ao ecosistema que lles da a vida (ás veces en medio de graves ameazas a elas e as súas familias), e organízase tamén en caixas rurais de forma que se poidan diversificar as fontes de recursos e favorecer os seus microemprendementos (como un negocio de elaboración e venda de tortillas), paliando así ás ameazas cada vez maiores que teñen que afrontar, por exemplo unha tremenda mortandade de bivalvos á que xa se tiveron que enfrontar en 2019.