Segundo programa do formato de ESFRadio “Un tema de ESF Galicia”, que estreamos este 2022. Son programas que esperamos sacar unha vez ao mes onde afondar nun tema que nos interese, dando a coñecer actividades que facemos en ESF Galicia relacionadas co mesmo.
Este programa se puido realizar grazas ao apoio do Concello de Lugo, coas axudas para proxectos de sensibilización na súa convocatoria de 2021.
Este mes o tema é “Eólicos vs Biosfera“, e o encadramos dentro do noso proxecto Mulleres Bravas. Coas nosas invitadas, tocamos a problemática da extensión sen control dos parques eólicos, seguindo un modelo extractivista en vez de aproveitar o seu potencial descentralizador e máis sustentable para avanzar nunha transición enerxética xusta. Neste caso, centrarémonos no impacto destes parques nas reserva da biosfera de Galicia. Tocaremos ademais temas máis técnicos de “trampiñas” para fragmentar parques de xeito que sexan máis sinxelos os trámites de avaliación de impacto ambiental. Tamén falaremos da Alianza Energía y Territorio, onde a poboación afectada por este descontrol eólico se agrupa para alzar a voz. ESF acaba de adherirse á Moratoria científica Reservas de la Biosfera promovida por esta alianza.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/ESFRadio_EolicosBiosfera.jpg558843Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-27 12:14:092022-06-29 17:57:28ESFRadio: Eólicos vs Biosfera
Este curso desenvólvese no marco dunha acción de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) e Amigos da Terra (AdT), apoiada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria da Universidade de Santiago e financiada pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a UE da Xunta de Galicia. Busca crear ligazóns entre a universidade e o tecido de acción social e ambiental de defensa da terra e xeración de alternativas produtivas sustentables, cun enfoque de cidadanía global.
ESF e AdT, ademais de desenvolver accións de defensa do dereito ao ambiente en Galicia, teñen proxectos de cooperación ao desenvolvemento no sur de Honduras (un área especialmente sensible aos efectos do cambio climático, que se está a enfrontar a ameazas importantes nos seus recursos naturais a cargo de accións empresariais extractivas e pouco éticas). Tanto en Galicia como en Honduras é tradicional que as mulleres sosteñan a loita pola defensa dos medios de vida (que ten moito vínculo coa terra e o ambiente), e o impulso de sistemas alternativos e máis sustentables de produción e de organización comunitaria. Tamén é habitual a súa invisibilización como axentes transformadores e de liderado social.
Con esta acción formativa preténdese traballar o pensamento crítico, as capacidades de análise, a creatividade e a aplicación de coñecementos disciplinares ao deseño de accións de sensibilización e comunicación cun enfoque de cidadanía global. Todo iso, poñendo no centro o papel das mulleres na defensa da terra e a promoción da economía social, así como levar experiencias en primeira persoa ao alumnado sobre os efectos do extractivismo no seu entorno (Galicia) e noutras realidades, como as de países empobrecidos. Deste xeito, espérase traballar na educación para a cidadanía global e a solidariedade no alumnado que se matricule no curso.
O CURSO
Prazas: 25, en orde de solicitude
Custo: 10 euros, reembolsables a todas as persoas que completen o curso con éxito. Non se asignará praza definitiva até non ter realizado o pago
Prazo de matrícula: até o 8 de marzo ou até esgotar as prazas
Proceso de matrícula: envío de solicitude de participación no curso a info{arroba}galicia.isf.es incluíndo o número de teléfono. Unha vez que se reciba a contestación onde confirmemos a pre-selección, realizarase nas seguintes 48 horas o pago dos 10 euros de sinal na conta de Enxeñería Sen Fronteiras ES92 2080-0012-31-3040031586 co concepto: Sinal curso Mulleres Bravas +[Nome Apelidos alumnx]. Se non se realiza o pago e comunicación nese prazo, perderase a praza e pasarase a asignar a quen estea en lista de espera
Datas e sesións: o curso comezará o 10 de marzo de 2022 (cunha sesión presencial) e rematará o 15 de xuño de 2022 (cunha sesión en liña de peche e avaliación). O curso realizarase como un itinerario formativo composto dunha serie de sesións con facilitación en directo (unha en liña e o resto presenciais, por un total de 22 horas), e un traballo persoal a partir de material facilitado (8 horas), para un total de 30 horas. As sesións presenciais terán lugar en Santiago de Compostela, na aula 3 da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) do Campus Vida, excepto o encontro de fin de semana. Pódese ver o programa detallado máis abaixo.
Recoñecemento de créditos: as persoas que o desexen, poden obter o recoñecemento do crédito ECTS completando o 90% das horas de clase e o traballo persoal.
Bolsas de mobilidade: Hai posibilidade de solicitar 2 bolsas de mobilidade para persoas que se despracen dende o Campus de Lugo (financiándose até un 50% dos desprazamentos). Pódese facer a solicitude da bolsa simultaneamente coa solicitude de matrícula.
PROGRAMA
SESIÓN
DATA
LUGAR
Presentación do curso Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terrae SEPIU da USC
10/03/2022 17:30 – 18:30
ETSE (Aula3)
Cidadanía global e a ameaza do extractivismo. Xeneralidades do sistema de hiperconsumo e extractivismo globalizado Enxeñería Sen Fronteiras e Amigos da Terra
10/03/2022 18:30 – 20:30
ETSE (Aula3)
Encontro con mulleres defensoras de Honduras e plataformas galegas en defensa do territorio (Plataforma Mina Touro Non, Plataforma pola Defensa da Ría da Arousa e plataforma Casalonga Limpa de Residuos)
31/03/2022 17:00 – 20:00
ETSE (Aula3)
Convivencia-formación de fin de semana. Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terra, mulleres activistas hondureñas e plataformas galegas de defensa da terra
7-8/05/2022
Centro Etnográfico do Mandeo (Teixeiro)
Obradoiro “comunicar as loitas” Persoas expertas en comunicación social de AGARESO
28/04/2022 17:00 – 19:00
ETSE (Aula3)
Encontro mulleres produtoras de Honduras e iniciativas galegas de produción e consumo sustentable
12/05/2022 17:00 – 20:00
ETSE (Aula3)
Obradoiro en liña de peche e avaliación Enxeñería Sen Fronteiras, Amigos da Terrae SEPIU da USC
15/06/2022 19:00 – 20:00
En liña
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/Banner-USC_def-scaled.jpg12802560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-24 12:11:002022-07-11 15:02:33CURSO. Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra. Edición Universidade de Santiago de Compostela
Las jóvenes son siempre parte esencial de la transformación comunitaria y de los hogares, y más en un país como Honduras, donde la mitad de la población tiene menos de 15 años.
Como parte del proyecto que está finalizando de Mejora del acceso equitativo de mujeres y jóvenes a recursos económicos do Sur de Honduras, que financia Cooperación Galega de la Xunta de Galicia, traemos hoy uno de los talleres de arte lúdico con jóvenes, en este caso de la comunidad (aldea) Laure Arriba.
Dinamizado por personal de la asociación CODDEFFAGOLF (uno de nuestros socios estratégicos en Honduras desde que empezamos a trabajar en la zona en 2008), es un taller que forma parte de las metodologías que se están empleando para mejorar la equidad en el uso de recursos económicos de las familias, para jóvenes y mujeres. En este caso se trata de jóvenes , que también reciben formación en enfoque de género, siguiendo los principios de la ludopedagogía (metodología que nos encanta, de la que recomendamos este manual, y que está muy vinculada a la Educación Popular o al Teatro de la Oprimida). Se trata de hacer arte lúdico para la sensibilización, ya que la idea es que estas jóvenes sean agentes de cambio en sus comunidades.
Esta manera de trabajar trata de buscar la maduración de metodologías de trabajo de forma que se conecte con la razón con el sentimiento, incidiendo en este caso concreto en los temas de equidad en el manejo de recursos.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/photo_2022-02-17_22-00-21.jpg5761280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-17 21:50:002022-02-17 21:52:25Talleres de arte lúdico con jóvenes en Honduras
Xa está aberta a convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2022 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Se che interesa o voluntariado de cooperación para o desenvolvemento para coñecer novas culturas e aumentar o teu compromiso solidario, podes presentarte até o 1 de marzo. Temos 3 prazas para participar no programa, que inclúe estancia de 2-3 meses en Honduras antes de finais de 2022, coñecendo os nosos proxectos e o xeito de traballar das organizacións hondureñas coas que traballamos dende xa hai anos.
Aquí están as bases da convocatoria. Máis información en info[arroba]galicia.isf.es
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/02/FL6E1XYXIAwq5-e.jpeg6581079Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-09 10:32:592023-01-25 22:28:50Programa de Coñecemento da Realidade. Honduras 2022
Este mes de Xaneiro comezamos con boas novas, e é que poderemos desenvolver tres proxectiños grazas as subvencións a cargo da casiña solidaria do IRPF, convocadas pola Xunta de Galicia. Un deles será á realización de varios faladoiros en centros de educación secundaria de Galicia a cargo de mulleres colaboradoras e voluntarias de ESF ligadas a profesións e estudos STEM. O obxectivo desta actividade será ofrecer experiencias en primeira persoa que sirvan de referencia ás alumnas que poidan ter interese nestas profesións, ademais de visibilizar o enfoque do uso da tecnoloxía para o ben común (con valores de sustentabilidade, colaboración, inclusión , coidados…). Tamén teremos apoio para continuar o traballo xunto a Ecos do Sur no Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre da Coruña, e outra para organizar o Programa de Coñecemento da Realidade neste 2022.
En Honduras se están pechando os encontros do proxecto con grupos de mulleres produtoras e fortalecemento das Oficinas de la Mujer das municipalidades da Mancomunidade NASMAR. Ademais, Araceli Serantes, do CEXEF, viaxará en febrero a Honduras para participar nunha serie de obradoiros e no fortalecemento das pontes entre a UDC e a Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Tamén unha docente e investigadora desa universidade visitará Galicia.
No proxecto de 4 anos que desenvolvemos con produtoras e defensoras da terra, financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, estamos a comezar o derradeiro ano, planificando as actividades a realizar até finais de 2022, mentres estamos a deseñar un novo proxecto para continuar nos seguintes anos.
Ademais, felicitámonos de que o Concello de Vigo sacara as primeiras subvencións para proxectos de cooperación ao desenvolvemento, e presentamos unha proposta dentro do programa de Soberanía Alimentaria (ao que tamén pertencen os dous anteriores).
‘De oficio, defensoras’ ten banda sonora. Trátase dunha exposición impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD, que agora conta cunha lista de reprodución de artistas activistas, e queremos que sexa a recomendación artística deste mes de febreiro. Aquí podes escoitala!
28 de febreiro: remata o prazo para solicitar praza no Programa de Coñecemento da Realidade 2022
A partir de finais do mes de marzo no Centro Cultural Universitario de Ferrol poderedes ver a exposición de ESF “Outras Realidades: Centroamérica dende Galicia”, con motivo do Día Mundial da Xustiza Social. Organiza a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.
Temos emocións do Paleolítico, institucións medievais e tecnoloxía propia dun deus. E iso é terriblemente perigoso Edward O. Wilson (falecido o pasado 26 de decembro)
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-02-05 22:45:122022-06-21 10:51:47Boletín Oficial Esfeiro: febreiro 2022
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.