Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Comezamos o mes esixindo unha lexislación que permita verificar a trazabilidade das materias primas da electrónica que consumimos para que cumpran estándares de protección ás persoas e ao ambiente. Que partidos políticos levan isto no seu programa para as eleccións europeas?

    Seguindo co fío da nosa incidencia política no vindeiro ciclo electoral…Coñeces as propostas que temos para Concellos e Deputacións de cara ás Eleccións 2019? “Poñendo a tecnoloxía ao servizo das persoas e do desenvolvemento sustentable dende o local”. Veremos como as teñen os partidos en conta nos seus programas… 

    O 14 de febreiro estivemos conversando en Oza (Carballo) sobre activismo, lembrando a Berta Cáceres e as loitas en Honduras e ata visitando o Monte Neme (impresionante). Senda Nova organizou un videoforum sobre Honduras no Espazo da Natureza de Oza (Carballo), proxectando, entre outros, o documental VOLVERÉ Y SERÉ MILLONES. Grazas a Senda Nova pola invitación e por tratarnos tan ben!

    Tamén fixemos visita ao Museo do Pobo Galego cun guía excepcional, un dos membros fundadores, o noso “antropólogo de cabeceira”(grazas Coco!) Moito que aprender das tecnoloxías tradicionais. Repetiremos!!

    Non quixemos esquecer no Día da Radio ás radios comunitarias que, no noso territorio, seguen facendo radio de e para as persoas.

    Se che gusta o futbolín tes que visitarnos no noso local de A Coruña. Démoslle unha volta ó local, onde sempre e benvido todo o mundo!!



HONDURAS

    En Honduras continúa o traballo nas dúas liñas de traballo en marcha. Na de Dereito Humano á Auga, con dúas persoas de Honduras, Francisco e Rocío, cursando o Máster en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético na Universidade da Coruña, do que se espera obteñan coñecementos aplicables á súa volta en temas de enerxías renovables. Na de Dereito á Alimentación e Soberanía Alimentaria, empezando un programa que, entre 2019-2022, financiará a AECID, chamado “Mejora de la gobernanza para el acceso a una alimentación y nutrición adecuada de los colectivos vulnerables de diez municipios del Corredor Seco de Honduras”, e que levaremos a cabo con VSF Justicia Alimentaria Global e con Amigos de la Tierra, ademais de varias organizacións hondureñas (nós colaboraremos directamente con CODDEFFAGOLF, como é habitual neste programa).

Quixemos este mes remarcar a mobilización de defensa do territorio ante a minaría destructiva que tivo lugar en El Triunfo (un dos concellos onde máis traballamos nos últimos anos).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Derechos Humanos: preguntas y respuestas
  • O Salto Galiza (decembro 2018, xaneiro 2019, febreiro 2019)


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

O que urxe agora non é seguir amosando mediante a sátira o que todos sabemos, porque convírtese en redundante, senón que o verdadeiro esforzo creativo que deberíamos facer é o de imaxinarnos outro mundo posible. Frente ao aluvión de consignas de que este é o mellor mundo dos posibles, hai que facer xustamente ese esforzo de imaxinación”.
Miguel Brieva

Concellos e Deputacións poñendo a tecnoloxía ao servizo das persoas e do desenvolvemento sustentable

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia é unha asociación que leva 25 anos traballando para que os avances da ciencia a a tecnoloxía se poñan ao servizo do ben común, sen exclusións. Isto o facemos a través do activismo do voluntariado da asociación e o apoio financeiro de moitas persoas e institucións públicas, organizando campañas e formacións sobre distintas áreas onde a tecnoloxía ten moito que aportar para asegurar o cumplimento dos dereitos humanos, e tamén acompañando procesos de desenvolvemento noutros países (actualmente, Honduras), onde tendemos pontes entre a sociedade civil galega (a nosa base social) coa sociedade civil dos países de traballo.

Esta vocación de traballar a prol dos Dereitos Humanos, dende Galicia pero pensando nos impactos e benestar globais, cremos que nos da elementos de reflexión e propostas moi axeitadas para a acción da administración pública local no eido de poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas. Queremos compartir convosco, de cara ás vindeiras eleccións municipais, unhas propostas concretas nesta liña, e aproveitando a importancia da acción local na consecución da vixente axenda de 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, clasificándoas polo seu aporte aos distintos obxectivos. Esperamos que, tanto no caso de chegardes a poder exercer acción de goberno como á hora de traballar dende a oposición, as teñades en conta.

Aquí>>> se poden descargar as propostas (ignorade advertencias de seguridade).

Contacto para calquera aclaración, dúbida ou o que desexedes:

Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2019

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En xaneiro comezaba unha nova edición da materia optativa da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, sobre cooperación para o desenvolvemento. Nela, fixemos unha breve presentación de que é ESF e como se traballa. Nalgunha que outra das clases teremos presenza tamén, antes de que remate en maio. Ademais, deixámosvos na web unhasrecomendacións audiovisuais por temas. Se sabedes doutras, non deixedes de recomendárnolas. Seguimos a facernos eco do que está a ocorrer en Nicaragua, a través de comunicados que nos chegan de persoas da sociedade civil coas que colaboramos cando traballamos nese país. Por outra banda, con motivo do remate do ano do 25 aniversario, o periódico O Salto Galiza publicou un artigo sobre ESF na súa versión dixital que seguro vos gustará.



HONDURAS


    No mes de xaneiro as organizacións hondureñas coas que traballamos arrincaron o ano tralas merecidas vacacións de Nadal, cos proxectos en marcha no eido da auga (coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento) e da soberanía alimentaria e a defensa do territorio (con CODDEFFAGOLF), así como co proxecto de xénero (onde colaboramos coa NASMAR e as Oficinas Municipales de la Mujer e CODDEFFAGOLF). O traballo que desenvolvemos na zona xa hai tempo que trata de introducir o elemento de pechar a fenda de xénero, primeiro con formacións a mulleres e homes, xa hai 5 anos, e posteriormente apostando xa por traballar con grupos de mulleres (como caixas rurais) e cooperativas. Isto fixo que xa en decembro e sobre todo durante xaneiro tomara forma un novo proxecto onde se traballará específicamente con 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de San Lorenzo, Amapala e Marcovia, e para o que se buscará financiación durante 2019 (empezando pola convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia, que pecha o vindeiro 14 de febreiro). Tamén é reseñable o feito de que xa se pode descargar a aplicación de cartografía colaborativa ambiental SIROS, desenvolvida polo CartoLab da UDC, dentro do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio en Honduras. Tamén quixemos chamar a atención sobre os  8 asasinatos de activistas en Honduras no pasado 2018. 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


r


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.

Volver


A ESF-RASE DO MES

«Os usuarios deberían saber que onde hai que actuar políticamente é no terceiro entorno (o dixital) […] porque non hai conciencia de que un é cidadán no mundo dixital e que ten que esixir os seus dereitos». Javier Echeverría

 

 

Ya se puede descargar la aplicación de cartografía colaborativa ambiental SIROS

Aspecto en el play store

Dentro del programa de soberanía alimentaria y defensa del territorio que Enxeñería Sen Fronteiras Galicia desarrolla en la zona del Golfo de Fonseca en Honduras, junto con el Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), y la cofinanciación de Cooperación Galega de la Xunta de Galicia, se ha creado la aplicación SIROS. Se trata de una aplicación móvil (disponible de momento solo para Android) desarrollada conjuntamente por Emapic y Sixtema en colaboración con CODDEFFAGOLF y ESF para facilitar la identificación colaborativa de lugares naturales de especial interés y de vulnerabilidades ambientales, en principio solamente para Honduras. Mediante dos mapas independientes los usuarios pueden aportar diversa información sobre dichos lugares naturales y vulnerabilidades, incluyendo fotos y vídeos, con el fin de darles visibilidad y concienciar a la población sobre la importancia de preservar nuestro entorno ambiental. Esto se puede hacer de forma anónima. Si además el usuario tiene una cuenta de Emapic, éste puede comentar o valorar las aportaciones realizadas por otros usuarios, con el fin de que se puedan obtener apoyos acerca de la veracidad de la información indicada.

Se trata de una herramienta basada en software libre, de la que se ha venido dando formación a personas de distintas entidades del Golfo de Fonseca en los últimos meses (entidades ambientalistas, e incluso la policía y la fiscalía que investigan delitos ambientales), y que ya está disponible en play store gratuitamente.

Presentación a fiscalía y policía

Recomendacións audiovisuais para empezar o ano

Aquí van unhas cantas recomendacións de recursos audiovisuais sobre distintos temas nos que ESF traballamos:

AUGA

CONSUMO

XÉNERO

  • Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Texeiro (estivo a estrenarse durante 2018 en salas pequenas).

 

 

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2019

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

No mes de decembro houbo movemento, sobre todo de pensarse e reflexionar sobre ESF, e de celebrar. Estamos en pleno proceso de repensamento da asociación, para o que quixemos involucrar a todas as persoas da base social, xa fora a encontros presenciais ou a contestar unha enquisa vía correo-e. Tamén, o día 28 pola mañá, celebrouse unha charla aberta para compartir experiencias dos PCR de Honduras 2018 e de anos anteriores.  Seguimos a facernos eco do que está a ocorrer en Nicaragua, con noticias transmitidas polos nosos contactos aló, que mantemos dende que traballamos no país entre 2006 e 2010. Lembrámonos das persoas voluntarias, verdadeiro motor de organizacións como ESF, nas que ademais se quere que sexan axentes para cambiar a sociedade e acadar un mundo no que cada vez pague máis a pena vivir. Deixamos un par de crónicas moi especiais, a da visita da delegación de Honduras a finais de novembro, e outra con motivo do peche do ano no que celebramos o XXV aniversario de ESF. Ademais, tivemos tempo de desexar un feliz 2019 e por unha tecnoloxía con corazón.


 

HONDURAS

    En El Triunfo, un dos concellos onde traballamos en #Honduras no dereito á auga e fortalecemento institucional da administración local, pronunciáronse contra a minaría mediante un referéndum autoorganizado pola poboación. Tamén quixemos difundir o traballo de CODDEFFAGOLF, organización aliada de ESF, na protección das 10 áreas protexidas do Golfo de Fonseca hondureño. Entretanto, foi mes de moito traballo, pechando proxectos nos dous programas que temos no país.

  • No programa de soberanía alimentaria, con socio principal CODDEFFAGOLF, remataba o convenio 2015-2018 con AECID que desenvolvimos nunha pequena parte, en colaboración con VSF Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra, de Fortalecimiento de las capacidades de los y las campesinas organizadas para establecer un sistema de desarrollo rural justo, equitativo y sostenible que garantice el Derecho a la Alimentación en Honduras. Tamén rematou o financiado pola Xunta de Galicia en 2017-2018, o Proxecto de fortalecemento das capacidades de INCIDENCIA POLÍTICA E XERACIÓN DE ALTERNATIVAS PRODUTIVAS SUSTENTABLES de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio. Hai outros dous proxectos en execución e outro dous en proceso de formulación (en deseño para presentar a financiadores, que serán AECID e Xunta de Galicia). Aquí se pode saber máis destes diferentes proxectos.
  • No programa de promoción do dereito humano á auga, con socios Mancomunidade NASMAR e Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento, temos en marcha dous proxectos, que rematarán durante este 2019. Para saber máis sobre eles podes pinchar aquí.

ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Conciencia del subdesarrollo. José Luis Sampedro. Xa un clásico do tema, xa que é un libro a piques de cumprir os 50 anos.

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Hai que manipular menos e acariciar máis á natureza. O esencial é que a técnica de acariciar non pode basearse senón na mesma teoría que posibilita a técnica do violar e destruír.