A verdadeira historia de Rodolfo
Despois de vagar durante anos polas tabernas de Galicia e contar as súas boas lembranzas a quen as quixera oír, Rodolfo, antiga estrela langostineira, sincérase por fin e conta a súa verdadeira historia nun escenario inmellorable, a taberna «O Camarón da Illa» (aínda que ao seu dono non lle fai moita graza, hai xa media hora que quería pechar…). Xa podedes coñecer algunhas das súas confesións!
Campaña para a promoción do consumo responsable de langostino
Estudo multitemporal de avance de piscinas para ceba de langostinos sobre ecosistemas de manglar no Golfo de Fonseca
Xunto co Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela elaborouse un estudo multitemporal do avance sobre unha zona de ecosistema de manglar do Golfo de Fonseca hondureño das piscinas artificiais extensivas para o cebado de langostino (coñecidas en Centroamérica como camaroneras), empregando fotografía satelital, cun documento cos principais achados. Se se quere coñecer algo máis sobre o proceso de toma de datos, aquí pódense atopar detalles interesantes.
O estudo realizouse co obxectivo de investigar as tecnoloxías de teledetección como medio de realizar seguimientos precisos e accesibles (tanto en prezo como en recolleita de información) a calquera organismo con interese na protección dos ecosistemas de manglar e a denuncia das agresións aos mesmos, específicamente na zona do Golfo de Fonseca. O noso socio local, CODDEFFAGOLF, foi o impulsor, e contouse coa experiencia en teledetección do Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvólvese unha segunda fase, baseada nos achados do estudo piloto, que pretende ampliar a área de estudo a todo o Golfo de Fonseca e mellorar a precisión ao determinar a presenza destas piscinas artificiais.
Outras campañas de consumo responsable de alimentos ou enlaces relacionados
- Amigos da Terra
- Campaña de Alimentos Kilométricos
Ecologistas en Acción
- Campaña saca os langostinos tropicais do teu plato
- Ecologistas en Acción
- Guía de consumo de mariscos
- Greenpeace
- Greenpeace pide a los consumidores españoles no consumir langostinos de cultivo para proteger los manglares
- Revista Soberania Alimentaria, Diversidad y Culturas
- Pescanova. Más allá de la deuda económica
Recursos da campaña
- Cartaces
- Langostino artesanal vs langostino industrial
- Entradas nos blogs:
- Vida Asociativa, Honduras
Outras entidades de interese
- Red Manglar
- Red Manglar
- CODDEFFAGOLF
- Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca. Socio en Honduras.
- Os Miñarzos
- Reserva mariña xestionada pola cooperativa de promoción da pesca sustentable ‘O Canto da Balea’ conxuntamente coa Confraría de Pescadores de Lira.
- RECOPADES
- Rede aberta de pescadores artesanais de todo o mundo que buscan promover o recoñecemento e defensa dos dereits sociais, culturais, económicos e ambientais das mulleres e os homes das comunidades pesqueiras.
- Fundación Lonxanet
- Un mar sostenible é posible se traballamos estreitamente cos pescadores artesanais en aras da sostibilidade social, económica e ambiental
- Asoar-Armega
- Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia