Como corre o tempo! Xa estou chegando á metade da miña estancia, agarrando expresións catrachas e recuperando o moreno que perdín durante os anos universitarios.
Nestas semanas aconteceron bastantes cousas: chegou Chevi, o terceiro PCR; comezaron as festas de San Lorenzo, coas que non compartimos o gusto por botar bombas (fogos) a partir das 4 da mañá pero das que desfrutamos o ambiente festivo; e un señor cantoume a canción La Martina, ao parecer bastante famosa por aquí, pois xa na saída cos pescadores de Amapala que comentei noutra crónica fixéranme referencia a ela pero inda non tivera o gusto de coñecela, así que deixo o enlace para as persoas curiosas.
Unha actividade con CODDEFFAGOLF que me gustou moito foi un día que o pasamos nun laboratorio de química nunha facultade universitaria en Choluteca. Aprendemos a analizar mostras de auga para coñecer o seu estado de eutrofización, que se refire ao enriquecemento excesivo en nutrientes nun ecosistema acuático. Para iso analizamos a clorofila e o nitróxeno e o fósforo, dous elementos presentes no medio de xeito natural pero que aumentan por efecto do ser humano (contaminación, vertidos agrícolas…) e que están relacionados coa proliferación de microalgas. As microalgas en cantidade poden provocar a morte da fauna acuática, e crese que é un factor clave no aumento das mortes de peixes de río que están acontecendo nos últimos anos. Por iso, CODDEFFAGOLF fixo esta análise hai un tempo, na que obtivo un índice moi alto de eutrofización, o cal é algo negativo. Agora, tras facer actividades de conservación na contorna, estase a repetir a análise para ver se o índice mellorou ou non e actuar en consecuencia.
Aproveitando a visita a esta facultade, tres estudantes de química mostráronnos unha serie de piscinas que tiñan con tilapias (un peixe de auga doce que se come) nas que fan estudos tanto da mortalidade desta especie como da profiferación de microalgas segundo as condicións eutróficas das augas, da clorofila, da salinidade, da temperatura, etc. e o sistema de filtrado que empregaban, o cal chamoume moito a atención. A auga dunha das piscinas con peixes era canalizada ata un bidón con pedras de río na que tiña que estar durante 24 horas. De aí mándase a outro bidón con tapóns de plástico de botellas que actúan de biofiltro, pois as bacterias adírense ás tapas e, 24 horas despois, esa auga métese nun circuíto de cultivo de plantas por hidroponía (só con auga, sen precisar de terra) e remata volvendo ao tanque de peixes. Este sistema recibe o nome de acuaponía.
Pois alí estivemos as dúas PCR que non tiñamos nen idea de bioloxía (Sandra e máis eu) aprendendo a analizar elementos químicos na auga, facendo todo o proceso, dende o filtrado e etiquetado das distintas mostras, pasando pola mistura destas con certos químicos para logo facer a lectura das concentracións dos elementos en cuestión co espectrofotómetro. A verdade é que foi unha experiencia ben chula, e ata emocionante, ao ver todo un equipo de persoas, que ao final do día eramos unhas 10, coordinadas para optimizar o tempo no laboratorio.
O filtro de tapóns plásticosMedindoAlgúns dos materiais do laboratorioUnha das piscinas de tilapia
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/08/portada.jpg1280591Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-08-22 07:57:062024-08-22 07:57:09Crónicas de Honduras: Martina III
Xa temos a Chevi hai máis de tres semanas por Honduras e aquí deixamos a súa primeira crónica. Chevi puido participar no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) grazas ao programa que temos en marcha de Tecnoloxía e Enxeñería para o Ben Común no eido profesional galego (ESFPro). ————————————————————-
De cando en cando aparecen eiras de milho,
a traérenme lembranzas da outra beira do Atlántico.
Quilómetros e quilómetros: 1300 km dende os Pireneus Leridanos até Bembrive, 250 km de ir e voltare a Santiago de Compostela, outros 1200 km de ire e voltar a Madrid, e, xa por último, a viaxe da que tentará dar fe este diario d’abordo: máis de 10000 km até chegar a Honduras; concretamente, e contrariamente ó que indicaba o boleto dun avión con destino Tegucigalpa, a Comayagua – o único sobresalto da viaxe-.
Voltei a acordare a iso das cinco da manhá. Fora o sol turra polo abrente dun novo día, e eu estou ás portas da minha cuarta xeira morando á beira do Pacífico. Mais, certamente, sigo sen acreditar, ou melhor dito, perceber ó cento por cento que sexa certo iso de que crucei o charco. Sei có meu corpo está eiquí. Síntoo. A calor, a suor continua, as paisaxens, os sons, os fusos horarios, os xeitos das xentes… porén é soio iso: o sentire, o instinto primario. Polo demais, inda non dou matinado nen profundado no cotiá desta nova realidade que estou a viver. A minha mente inda non mora eiquí comigo. Acho que debeu ficar disociada nalgún ponto quilométrico das viaxes que encheron os catro días previos á minha partida. Ou cecais a cousa sexa moito máis sinxela, e simplesmente entrei en modo supervivencia ante o desconhecido, ante un mundo novo preconfigurado sob preconceitos alheios a ele.
Onte (25) foi un día de tirar véus, de bater de bruces contra a realidade climática que habitarei nos vindeiros tres meses e tambén de descobrir a sorna que agochaban os sorrisos da Sandra, aghefa —pra non trabucarmos Sandras—, cada vez que eu, inocente de min, facía referencia ó exaxerado das advertencias que nos deran respeito á calor. Tudo por mor do engado de Comayagua. A benvida que me dera este páramo de augas fora demasiado boa; engaiolárame co seu clima: as brétemas que toldaban o ceo, animadas pola densa vexetación que cobre o sistema montanhoso que arrodeia a cidade, xunto a umhas temperaturas mornas e atravesadas por umha brisa lixeira e fresca, testemunha da presenza do sistema de canles de auga subterránea que – disque- deixaron os Malhas, configuraban un agradábel clima subtropical que, con certas diferenzas, iso sin, lembrárame ó clima atlántico do país. Até cheguei a acreditare que eiquí o inverno ía aquelarse a un vrán nas Rías Baixas —“tampouco é pra tanto a calor que vai, Sandra”, foi do primeiro que comentei ó aterrar—.
Casque levábamos a metade do caminho cara San Lourenzo cando empecei a sospeitar do engado. As raiolas de sol que penetraban no carro a través dos cristais tintos, e que conseguiron, a pesar do ar acondicionado, afacerse cun oco das minhas coxas até facelas proer, foron as primeiras airexas en abanear o véu de Comayagua; que rematou por caire ó vindeiro día (26). Os seguintes en sentirei o seu devalar foron os pés, amanhá ben cedo, abondou umha andaina cativeira até o lugar onde foramos almorzar as tres PCRs – Martina, Sandra e mais eu- pra comprobar có de andare en sandalias non ía ser boa ideia, agás que un queira có sol lhe escarne neles. Ó meio-dia arrincamos a nosa viaxe cara Choluteca, e aí, no caminho pra colhermos o autocar, ó tempo que atravesaba umha chea de postos a pé de rúa, intuíndo o calado que ten a economía de supervivencia no país, tambén a percibín a caída definitiva do espelhismo. A andaina até a parada fora un chisco máis dun quilómetro, ora, a suor que me escorregaba polo corpo tudo ben podía semelhar que vinha de rematar umha maratón. Inda vai ser certo o que me dixera o Facundo, i está calor que tira o apetito vaime axudar a perder algún quilinho…
No autocar a cousa non melhorou. O ambiente non axuda a escorrentar a pesadume da calor. Ó contrario, xúnguese con ela e cría umha atmosfera imposíbel de definir. As altas temperaturas son a forza centrípeta que aquela o micro-hábitat próprio dos buses. Apéganche a uns asentos veludos que chaman a berros pola suor, e dende aí, estando mais sen estar, observas o trafego de pasaxeiros que suben e baixan en paradas indefinidas; o bulir de vendedores ambulantes, paiasos doentes – maiormente de ril- e vagamundos que tentan, cada un ó seu xeito, ganhar algumhas lempiras cás que ire tirando un día máis. Por voltas, voltas a estar presente, a facerte consciente da pesadume, a ouvir umha música demasiado leda que, a toda pastilha, tenta camuflaren un ambiente co que non concordan os seus ritmos. Mais axiña liscas outro retrinco…. até chegar a destino!
O sábado (27), decidimos facer xornada de praia e arrincamos cara Amapala, un conxunto de ilhas que se atopan na beira dereita do Golfo de Fonseca. O lugar é ben fermoso. Ilha Tigre, un extinto volcán con figura de tartaruga e case 800 metros, atrapa a atención dun sen querelo, así coma o bus alcanza o alto da estrada que baixa cara o peirao de Coyolito, e está aparece por vez primeira ó fondo da paisaxe. Pra chegarmos até ela, tivemos que sulcar un pequeno treito do golfo nun caiuco que nos deixou no porto de Amapala. Un pequeno forte empregado durante a colonización pra asegurar o golfo, e que hoxe amosa algún cartaz con grandes cifras de axudas ó desenvolvemento e á cooperación que contrastan cá pobreza intrínseca do lugar, é que, dalgún xeito, traen con eles umha pegada neocolonial. Dende o molhe colhimos umha moto-taxi – nova experiencia riscada- pra ire a Praia Grande. Lá apenas puidemos estar un par de horas, posto que eiquí os buses rematan en canto cae o sol, e inda có tempo era agradábel non ía ser boa ideia ficare a durmir no peirao. Mais foi dabondo pra comprobar có acceso ós areais nesta parte de Honduras está en certa maneira privatizado, pois as entradas están copadas por negocios de restauración rexentados – inda menos mal- por persoas locais.
Rematamos a aventura charlando con Don Cleto, quen se introduciu coma historiador e guía turístico, e quen nos apresentou a un dos grandes actores do capital extractivista que ha na contorna: as camaroneiras. Divisou a barca que traía as larvas dos camaróns en canto apareceu pola dereita de Ilha Tigre – “venir por aquí, que os voy a enseñar como se cría el camarón”, díxonos-, namentres polo peirao baixaba un camión con seis grandes depósitos, nos que uns homes con pasamontanhas verqueron as larvas de camarón que traía aquela lancha dende o laboratorio ca empresa ten na ilha. Ele apresentou o proceso con certo ton de gabanza, que, se ben deixaba ver o orgulho próprio por ensinarlhes algo a catro chelitas, tambén omitía a pegada que estas empresas tenhen sobor das comunidades locais, desprazándoas do seu territorio de supervivencia, ó privatizar os recursos naturais que empregan pra mantérense, e actuando, asemade, coma un grande factor de deforestación do mangle, umha fonte pingüe de contaminación das augas, eutrofización do meio marinho, alteración das cadeias tróficas, etc.
Rematamos a fin-de con outra xeira de praia, pro, desta volta, fomos até a outra beira do golfo, a Cedenho. Chegamos lá no carro de ESF, xa cá ghefa viuse connosco, o que nos permitiu aproveitar moito melhor o tempo e estiralo día un par de horinhas máis có sábado. O caminho até a praia foi, se cadra, o máis interesante da xornada, xa que umha das técnicas de proxectos de CODDEFFAGOLF, foi introducíndonos outros persoeiros da sobreexplotación do medio: a industria da cana de azucre, coa incidencia das súas chemineas na calidade do ar, e o uso do lume pra facilitar o trabalho da terra nas grandes plantacións de canas, que, alén dos problemas ambientais que isto xera, xa ten custado vítimas mortais, coma a de dúas crianzas que andaban perseguindo un coelho; ou as grandes plantacións de melóns que, amais de empregar man feminina en condicións de escravitude, financian o xenocidio do povo Palestino, pois está industria está xerida por capital sionista…
Secasí, o día rematou amosándonos o atenta que ten que estar quen queira manter umha dieta vexetariana por eiquí, coma ben sabe Martina, que tivo que rematare a semana cun pequeno anoxo co Cocobaleadas, xa que case lhe fan o Chuchicatracho con polo.
Víctor Echevarría Bastos
Camións pra cargar larvas camarónsCaiu os e Ilha Tigre ó fondoPintada en gasolinera de San LorenzoMontanhas dende o busPaseando por San Lorenzo…
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/08/PrtadaIMG_20240727_110406765-01-scaled.jpeg19202560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-08-19 17:20:402024-08-20 16:47:54Crónicas de Honduras: Víctor 1. Diario d’abordo, do 24 ó 28 de xulho
Sandra, unha participantes no noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2024, grazas ao proxecto de Mulleres Bravas de intercambio entre activistas de Honduras e Galicia e IRPF universidade, e coa financiación da bolsa PCR da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, traenos a súa segunda crónica, moi cultural.
——————————————————————
Hooolaaa!
Os vengo a hacer un poquito de actualización de estas semanas. Poco a poco me voy adaptando más a Honduras, conociendo más lugares, personas e historias de este país (mención especial a Aminta por sus relatos de sociopolítica Hondureña).
Conocer la historia de Honduras, a través de distintas voces, me ha permitido poder visionar esta tierra con un prisma más amplio. El fin de semana pasado, Martina y yo nos aventuramos hasta el Salvador, pasamos por Amatillo, Santa Rosa, San Miguel….hasta llegar a La Unión, y específicamente al volcán de Conchagua. Ahí nos reunimos con Vicky, una de mis amigas del alma 🩷
Las vistas desde el mirador eran mágicas, desde lo alto podías observar la belleza del Golfo de Fonseca, abarcando Honduras, El Salvador y Nicaragua. Además, tuvimos la oportunidad de enriquecernos un poquito de la cultura lenca, que da nombre al propio volcán, que en esta lengua significa el tigre que vuela, en honor a la heroína local llamada Comizahual. Desde la cosmovisión lenca se vivencia una fuerte conexión con la tierra y todos los seres que la habitan, como bien indicaba Berta Cáceres:
“En nuestras cosmovisiones somos seres surgidos de la tierra, el agua y el maíz, de los ríos somos custodios ancestrales el pueblo lenca. Resguardados por los espíritus de las niñas que nos enseñan que dar la vida de múltiples formas por la defensa de los ríos es dar la vida por el bien de la humanidad y de este planeta”
Entender esta cosmovisión, me permitió comprender de otra forma la historia contra la invasión y colonización en Honduras. El 20 de julio, fue el día de la conmemoración de Lempira, ancestro indígena lenca, que organizo comunitaria y territorialmente a todos los pueblos lencas produciendo el “Levantamiento de Cerquín” en 1537. El cual supuso el inicio de las luchas por la libertad y la defensa de Honduras. Este viernes, con la compañía de Flor y Marvin, tuvimos el placer de ir a Choluteca a la Casa del Sabio Valle, quien fue uno de los guerrilleros por la independencia de Honduras.
La llegada de Chevi, este jueves fue inagurada con esta gran excursión cultural a Cholu. Y con cultural no solo me refiero a la historia de lempira, sino que también nos adentramos en la cultura musical (mi parte favorita). Escuchamos desde sopa de caracol hasta tengo un plan de Key-Key. Aunque he de decir, que de la música que estoy descubriendo en estos días me quedo con Lejos de la ciudad de Muerdo y Pla ta tá de Mon Laferte (recomendaciones de Yuli).
También me quedo con los ataques de risa con Flor y Martina, y las conversaciones cotidianas en las comunidades con coca-cola de por medio, y las 45 aves que supuestamente avistamos pero no….Este jueves fuimos a Quebrachal a un avistamiento de aves, en el que también conocimos las lagunas de invierno y a la maravillosa comunidad que trabaja en ellas, y que nos recibió en sus hogares, ofreciéndonos buenas platicas y una comidaaa increíblee. Porque aquí, como dice calle 13:
Aquí se comparte, lo mío es tuyo Este pueblo no ahoga con marullos Y si se derrumba yo lo reconstruyo
Feliz semana a todxs, seguiremos informando y disfrutando. Un cálido abrazo, Sandra 🫂
Mágico finde en ConchaguaViaje en bus traspasando fronteras musicalesRinconcitos de resistencia en Amapala
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/portada.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-30 14:29:572024-07-30 14:33:58Crónicas de Honduras: Sandra II
Chega a segunda crónica de Martina dende Honduras, participando no noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) grazas ao proxecto financiado pola Xunta de Galicia de Tecnoloxía para o Ben Común na Universidade (IRPF e Cooperación Galega), e tamén ao apoio dunha bolsa da Universidade de Vigo de mobilidade para estudantes para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2023/2024.
————————————————————————————————-
Xa pasaron dúas semanas dende que aterrizamos en Honduras e xa me sinto moito máis ubicada e adaptada.
O que levamos visto do territorio paréceme precioso. Estamos na época de choivas polo que toda a vexetación está cunha gama de verdes preciosa. Na fin de semana visitamos o parque natural La Tigra, e quedei namorada daquel lugar. A ruta que fixemos, inda feita polo ser humano, respectaba ao máximo o ecosistema, tiña algunha ponte de madeira pero logo nos regatos pequenos cruzabamos por riba de pedras postas estratéxicamente. Aquel espazo deume moita paz. Só se oían o vento, as árbores e os insectos.
O mércores fomos con CODDEFFAGOLF a unha xornada de formación para o monitoreo de peixes dun grupo de pescadores. Acompañámolos a pescar nunha embarcación pequena en 3 localizacións concretas arredor da Isla del Tigre co método tradicional: un fío de nailon cun anzol no que poñiamos camarón a modo de cebo e un peso para que fose ao fondo. En cada zona pescabamos durante 20 minutos e íase anotando o tipo de peixe e a cantidade recollida. No primeiro lugar pescamos moito (si, ata as PCR pescamos!!) e nos outros moito menos, a consecuencia da pesca industrial que está arrebatando o seu ecosistema e forma de vida, como nos foi contando o pescador don Ricardo. El foinos falando das distintas praias e zonas da illa, das dificultades que estaban a ter ao non haber leis que amparasen a pesca tradicional fronte a invasora, dos problemas do goberno e das illas privadas que pertencían a europeos. Foi moi enriquecedor escoitalo.
Ao rematar a pesca atracamos na illa e nun local as técnicas de CODDEFFAGOLF explicaron as distintas medidas que nas vindeiras semanas deberían recoller eles mesmos durante a pesca para, posteriormente, facer un estudo da situación na que se atopa dita actividade.
Ao día seguinte voltamos á Isla del Tigre tamén con CODDEFFAGOLF. Desta vez asistimos a unha reunión con dous grupos de mulleres, de Bellasmar e de Emusmar, na que se lles propuxo crear unha escola de campo para aprender técnicas de cultivo e creación e emprego de fertilizantes, co obxectivo de fomentar unha nova actividade máis aló do marisqueo que lles permita novos ingresos e autonomía alimentaria. A idea foi moi ben acollida e a semana que ven definiranse os cultivos piloto para a escola de campo, que se fará nun terreo compartido polas mulleres de cada grupo na súa comunidade e darase a primeira capacitación sobre aspectos teóricos.
Na fin de semana Sandra e mais eu fixemos a primeira escapada ao Salvador. Quedamos namoradas das paisaxes deste país e disfrutamos un montón acampando no mirador do volcán Conchagua. Deixo unhas fotos para dar envexa 😉
Ata a próxima!
Desde volcán ConchaguaMediciónsPescando…Volcán Conchagua
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/vistas-mirador-conchagua-scaled.jpg11832560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-29 13:50:342024-07-29 14:15:24Crónicas de Honduras: Martina II
Sandra, xunto con Martina, son as dúas participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2024 que xa están en Honduras. En breve, uniráselles Víctor. Sandra participa no PCR grazas ao programa de Mulleres Bravas, de intercambio entre activistas de Honduras e Galicia, neste caso coa financiación da bolsa PCR da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Aquí deixamos a súa primeira crónica tras un par de semanas por alí!
——————————————————————————————
Boaaasss! Xa levamos unhas semaniñas en Honduras, tras un longo viaxe e unha adaptación agridulce, marcada pola cultura do piropo (como ben di Martina), que tanto impactounos á nosa chegada….Xa superamos a nosa semanaversario aquí. E como non, o celebramos comendo uns xeadiños de Sarita, a mellor xeadería de San Lorenzo (e a única que probamos).
O luns fumos a CODEFFAGOLF a presentarnos e a coñecer ao equipo, quedamos con moitas ganas de facer cousiñas con eles, e estamos desexando que chegue a próxima semana para que así sexa.
O mércores tivemos o pracer de ir a Sartenejal para coñecer o depósito de auga do seu novo sistema de abastecemento. Alí coñecimos a Doña Jacoba, a presidenta da comunidade, quen estivo explicandonos o longo camiño de loitas e resistencias que recorreron durante 25 anos, ata conseguir este sistema de abastecemento.
O xoves estivemos de novo en Sartenejal. Co convite de Alondra (técnica de la Mancomunidad NASMAR) e da comunidade, participamos no obradoiro de xénero (ver foto de portada). Nel trataronse os roles e estereotipos de xénero na cotideanidade, así como sobre a consecución de dereitos humanos. Foi un espazo fermoso, no que pintamos, xogamos e sobretodo rimos. Pereceume moi interesante escoitar ás mulleres da comunidade falar sobre como no seu día a día rompen coas barreiras e estigmas patriarcais, e escoitalas definirse como: loitadoras.
Con esa adrenalina comezou a nosa finde, que dende logo, xa tiña grandes expectativas de antemán. O sábado pola mañá fumos ao Parque Nacional de La Tigra en Tegucigalpa, fixemos durante unhas tres horiñas a ruta. Tivemos unha gran acompañante incondicional, a chuvia!! Pero como boas galegas que fomos, iso non fixo que disfrutaramos menos de aquel bosque tan fermosooo.
O domingo, con resaquita (que recuperamos cuns pouquiños frijoles) puxemos rumbo a Cantarrana e Valle de Ángeles. Foi incríble coñecer a súa arte urbana, a maioria das pinturas tiñan mensaxes reivindicativos e de loita social, encantoume ver como facían artivismo nas sús rúas es espazos cotiás….Sen embargo, aínda que esos espazos deixaronme atrapada tiñamos que volver a San Lorenzo, esperabanos unha semana chea de cousiñas novas por descubrir.
O luns, para empezar a semaniña con enerxía reunímonos con Alondra para planificar o obradoiro do xoves, na comunidade, que xiraría en torno ao consentimento e o desexo nas relacións afectivas.
Pola súa parte, este martes fumos ao primeira saída a campo con CODEFFAGOLF. Acudimos á recollida de trampas colocadas na Microcuenca del Río Laure, para a realización dun monitoreo da fauna silvestre que posibilite o seu estudio e conservación. Aínda que as famosaas trampas, tiñan moita trampa, xa que non dimos sacado dúas de elas, e sen darnos conta estivemos case 4 horiñas de rutiña por Laure. Despois de esta experiencia, creo que tanto Martina coma eu, podemos decir que rematamos con todo tipo de fobias e medos ao insectos e calquera tipo de animal, xa sexan arañas, culebras ou mosquitoss. Estos últimos, especialmente, gran debilidad de Martina, quen desenvolveu un superpoder visual de detección de mosquitos. Agora ela é: Supermosqui 🙂
A verdade que esta experiencia está sendo moi chuli, e aínda que encantame probar e aprender cousas novas as veces unha sinte algo de vértigo, pero a compañía neste novo camiño fai que todo sexa mellor. Desexando coñecer todo o que me espera, seguir coñecendo rincóns, persoas e diferentes formas de vivenciar este mundo. Sintome moi agradecida, de cada persoa, comunidade e entidade que nos abriu as portas para coñecelas. Grazas por permitirnos sentir os distintos mundos que hai dentro deste mundo, e as diferentes historias que o habitan. Irei informando, un abrazo moi forte para todas.
Sandra
Ruta por La TigraMartina vs SandraOvella arco-irisCoas cámaras-trampa
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/Comunidade.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-19 11:35:322024-08-29 09:38:53Crónicas dende Honduras. A primeira de Sandra!
Xa chegaron a Honduras Martina e Sandra, as dúas primeiras participantes do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Irannos contando as súas experiencias en pequenas crónicas. Aquí deixamos a primeira de Martina, que viaxa co noso programa de Tecnoloxía para o Ben Común na Universidade, e co apoio dunha bolsa da Universidade de Vigo de mobilidade para estudantes para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2023/2024.
———————————————————————– Xa estamos en Honduras!!
Despois de meses de preparativos e formacións nos que víamos super lonxe a viaxe, como se nunca fose acontecer, de súpeto chegou o día, agarramos as maletas e alá nos fomos.
Chegamos o xoves 3 de xullo a Comayagua, onde Sandra, técnica de proxecto de ESF en Honduras xa nos estaba esperando. Fixemos noite alí e ao día seguinte puxémonos camiño a San Lorenzo, municipio do sur de Honduras dentro do Golfo de Fonseca, lugar que será o noso fogar nos vindeiros meses.
Estes primeiros días foron canto menos intensos. Polo de agora estou levando ben a calor húmeda deste clima tropical seco, bebendo moita auga, comendo moita froita, ben de crema de sol e gorra, e escapándolle ao sol na calle así que vemos algunha zona de sombra. E polo de agora non tiven moito problema cos zancudos, como lle chaman aquí aos mosquitos, pero o dito, levamos pouquiños días e seguro que nas saídas a campo vai cambiar o conto. Vivimos tamén a primeira tormenta tropical onte a tarde, onde parecía que ía caer o ceo de tanto chover e os tronos metíanselle a un no corpo, pero así como chegou marchou. Faime moita gracia que chova todos os días á mesma hora, está xenial para facer a colada jejeje
Despois duns días aclimatándonos a este novo lugar xa probamos as famosas baleadas, tan recomendadas polas PCR do ano pasado (moitas gracias Celia e Sofía!) que son tortillas de millo nas que extenden unha capa frijoles machacados e sobre ela poñen o que queiras, no noso caso sendo vexetarianas levaban plátano frito e queixos, pero habémolas probar tamén con aguacate e ovo revolto, que cos nervios das primeiras interaccións non nos decatamos de todo canto había para poñerlle.
Quizáis o que máis nos chocou a ámbalas dúas foi a cultura do piropo. Os primeiros días de paseo polas rúas foron duros, voltabamos bastante tensas ao apartamento. Está moi normalizado que os homes solten piropos de todo tipo, e ata pitidos dende coches e motos, e pese a que as rapazas e mulleres catrachas (hondureñas) coas que o comentamos dixéronnos que é o normal, creo que é algo ao que nunca nos habituaremos.
O luns presentámonos a CODDEFFAGOLF, unha das copartes coa que ESF traballa en Honduras e con quenes faremos a maioría das actividades. Paréceme incrible coñecer á xente que está detrás dos proxectos que ata agora lía no Boletín Esfeiro.
O mércores fixemos a primeira incursión a terreo, visitando a comunidade de Sartenejal para ver os avances na obra do tanque de auga (na foto de portada vese a zona do tanque e por onde baixarán tubaxes) e coñecer parte do persoal técnico de NASMAR (outra das copartes) que estaba realizando formación en estación total na zona. Con este aparello miden ángulos, distancias e coordenadas e con el crean os mapas que logo se empregarán no deseño da colocación das vías que levarán a auga dende o tanque ata as vivendas. Tamén tivemos a sorte de coñecer a doña Jacoba, a presidenta da xunta de auga de Sartenejal. Ela contounos o traballo que foi sacar adiante este proxecto de auga, pois xa levan nas costas uns vinte anos de esforzos buscando financiamento da municipalidade, na que os fondos anuais que teñen para invertir nestos temas son moi reducidos, e de concienciación na veciñanza sobre a importancia de poñerse de acordo para loitar xuntxs para ter máis voz. Ata o de agora abastécense de auga mercada que lles consume prácticamente a metade dos seus ingresos mensuais e tamén de auga de pozos artesanais, que teñen pouca profundidade e polo clima desta zona están secos uns seis meses ao ano. Unha situación insostible. Contounos que sobre o 2017 conseguiron reunir fondos para furar un pozo, pero ao non ter a infraestructura de bombeo, almacenamento e distribución, que precisaba unha maior inversión, tiveron que sellar o pozo. Nos últimos anos coñeceron a NASMAR que, co apoio de ESF e o financiamento de AECID, comezou este proxecto para crear un tanque de auga no que almacenar a auga extraída por bombeo do pozo e que por gravedade leve auga a cada vivenda.
Ata a seguinte crónica!
Imaxe dende San Lorenzo. Ao fondo mangle e illas Amapala.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/tanque.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-15 14:29:502024-08-29 09:38:14Crónicas dende Honduras 2024: Martina 1
Xa se ten case rematada a estrutura do depósito e, en paralelo ás obras (onde tamén colaboran as persoas da comunidade), unha das técnicas da Mancomunidade NASMAR do proxecto, está a impartir as formacións sobre xénero na comunidade. É un xeito de ir introducindo este tema, que pode ser complicado de abordar nalgúns contextos, aproveitando a relación xénero-auga (coidados, traballo desigual de acarreamento de auga, etc.).
Por outra banda, aproveitouse para facer unha formación a persoal técnico de distintos concellos da NASMAR no manexo de estación total. Foi ademais unha das primeiras saídas de Martina e Sandra, participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades (PCR) deste 2024, que chegaron a semana pasada.
Avance no depósitoFormación xéneroFormación xéneroFormación estación totalO depósito xa case listoFormación estación total tamén coas voluntarias do PCR
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/photo_2024-07-04_17-06-39Deposito2.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-10 14:21:322024-07-11 11:08:48Sistema de abastecemento e formacións de xénero no Sartenejal, Honduras
Como cada ano por estas datas, abrimos o prazo para solicitar unha das 3 prazas do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ao que chamamos agarimosamente PCR).
Trátase dunha experiencia inmersiva de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos que apoiamos no sur de Honduras, coas organizacións hondureñas coas que colaboramos. Hai unha formación e integración previa, cunha estancia no verán de 2-3 meses na que ESF Galicia se fai cargo de viaxe internacional, seguro e aloxamento, para á volta contar co testemuño de primeira man das participantes en actividades de sensibilización.
Este ano o programa conta con financiamento da Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e tamén dos Fondos IRPF da Xunta de Galicia.
Pódese solicitar dende o 22 de xaneiro até o 15 de febreiro.
Calquer persoa maior de idade pode solicitar praza.
Aquí se pode consultar as bases, requisitos valorables e prazos.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/01/web.jpg13891581Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-01-22 11:36:222024-01-22 12:23:25Aberto prazo para solicitar Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades. PCR 2024
Boas! Despois da intensidade das semanas anteriores, estas veñen un pouco máis relaxadas en canto a saídas de campo, pois centrouse máis en traballo de oficina, que tamén e necesario para poder adiantar e aprender outras disciplinas. É por iso que aquí vai un resumo das cousas máis bonitas e interesantes.
Coma sempre, a semana empeza facendo unha reunión con Coddeffagolf (a organización coa que ESF colabora no programa de soberanía alimentaria) para ver os horarios da semana. O martes pola mañá estivemos na oficina de ESF Galicia facendo cousiñas como esta que estou a facer agora mesmo, para que nos poidades ler e nós vos podamos contar todo o que estamos vivindo. Á tarde houbo unha reunión/capacitación de ESF e Coddeffagolf, polo que aproveitamos para quedarnos e aprender un pouco máis sobre os proxectos de cooperación.
Tras dous días máis relaxados na ofi, o mércores tivemos saída de campo a Moropocay con Aminta, Sasch e Modesto para unha reunión co consello da Microcuenca de Panasaracán. É a segunda vez que imos e aínda que as condicións do camiño para chegar as comunidades é movidito, é unha marabilla chegar con esas vistas e o ben que nos acolle a súa xente. A reunión comezou, como en moitas actividades, cunha oración, pois son moi créentes e tamén é a súa forma de expresar agradecemento.
As técnicas de Coddeffagolf fixeron unha charla sobre o impacto na saúde da contaminación da auga e as boas prácticas agrícolas. Os asistentes contaban que cando eles eran pequenos, os seus pais e avós tiñan unhas terras máis fértiles e produtivas, que agora costa moito máis debido o desgaste e maltrato que sufre o solo cos pesticidas e demáis produtos agrícolas. Tamén contan que en ocasións, gran parte da comunidade vese afectada con diarreas e outros síntomas dixestivos pola contaminación da auga do seu uso e consumo. Nesa charla, nunha dinámica puxeron en común as súas actividades e ubicacións para entre todos, poder “monitorear” cal pode ser o problema e así mellorar as prácticas en beneficio de todos. A verdade e que nestas xuntanzas saen conversacións moi interesantes que lles axuda a socializar entre eles, emprender o diálogo e a resolución de conflictos. Para nós tamén é unha forma de entender como funciona o seu traballo e xestión no campo, que no meu caso que son de vila mariñeira, todo é unha novidade.
A semana está a piques de rematar, pero o xoves é moi emocionante, pois chega Sofía! Era a que nos faltaba para poder estar os tres xuntos. Despois de un mes en San Lorenzo, a súa chegada tamén fixo que revivísemos outra vez as primeiras impresións. A nivel persoal, tamén foi moi guai ver como explicándolle a ela un montón de cousas, dábame conta de todo o que aprendera nun mes e o rápido e ben que nos adaptamos.
Finalmente, o venres poñemos ó día traballo de oficina pola mañá e saímos como sempre a aproveitar coñecendo sitios novos. Esta fin de semana a Nicaragua, que a pesar de ser moi similar a Honduras ten un encanto moi especial.
Vistas dende MoropocayReunión MoropocaySementes do banco de Moropocay
Tras a viaxe da finde, comeza unha semana nova. Luns de reunión para non perder a costumbre e o martes acompañamento a un taller de novas masculinidades impartido nun centro escolar da comunidade El Jicarito e a comunidade 7 de mayo. As mulleres encargadas da realización de este tipo de actividades e que lideran o proxecto, non contan cun fondo para impartir estas charlas ou facer saídas, pero si co apoio de algunhas organizacións, incluso para proporcionar merendas nos colexios, e a participación das nais na súa elaboración. Aproveitando esta saída, Nidia, unha técnica de Coddeffagolf nos fai unha breve visita guiada pola zona, que é a súa de nacemento, para ensinarnos a quebrada do río Las Cristobas na comunidade de Tierra Blanca. Tamén visitamos a cooperativa La Sureñita, onde as mulleres cultivan e procesan a semilla e o froito do marañon, que en España coñecemos como anacardo. A verdade é un traballo tradicional e artesán increíble, dende a recollida, o secado o Sol, como o empacamento en bolsas para a súa comercialización.
Un pouco na mesma línea de talleres, o mércores acudimos a un de habilidades para a vida, pero esta vez non era nunha escola, senon nas oficinas de Coddeffagolf en San Lorenzo cos integrantes do banco de semillas de Moropocay e a comunidade de El Marañoñal. O taller foi impartido por Mario, un psicólogo de Tegucigalpa que se gañou o cariño da comunidade na primeira sesión. A verdade normal, por que tanto el como os das integrantes das comunidades estiveron moi participativos e abertos a contar todas as súas experiencias persoais. Traballamos as emocións e os sentimentos a través de dinámicas de presentacións variadas para ir gañando confianza e participamos na elaboración dunha máscara de libre creación. Saíron historias moi bonitas a vez que valentes e nostálxicas, onde as lágrimas tanto de tristeza como de emoción estiveron moi presentes. Uns momentos moi fermosos que gardarei para sempre no recordo.
Rematando a semana, e coincidindo co Día Nacional do Indio Lempira, ben celebrado por toda a comunidade hondureña, acudimos xunto cos técnicos de Coddeffagolf Javier e Onán, as comunidades de El Marañonal e Los Piches. Nestas comunidades tivemos a sorte de participar nas Escuelas de Campo que están collendo cada vez máis peso entre os seus integrantes. Dende ahí, reforzan a base da escola, intentando captar tamén integrantes xóvenes que poidan relevar o futuro na comunidade. O grupo de veciños da comunidade elaborou un horto comunitario onte se plantan diferentes tipos de semillas: yuka, camote, pepinos, maiz, árbores froiteiras e algunhas planta aromática como o orégano.
Eu, que poucas veces vin como se traballa a terra dende cero, e sobre todo para certo tipo de plantacións como e a yuka ou o camote, foi unha sorte poder aprender e participar nos futuros froitos de esa terra, así como no resto de actividades da semana onde o trato cercano ca xente das comunidades recárgache da súa boa enerxía.
Yuca do horto comunitarioVaina de guaniquijilTaller de masculinidadesEscuela de Habilidades para la VidaTaller contaminación de auga Panacasaran Sachando na horta
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/09/Frase-Berta-Caceres-en-escuela-scaled.jpg25601920Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-10-03 19:53:122023-09-28 20:40:03Crónicas de Honduras. Celia
Despois de levar case un mes instalado en Galicia, toca analizar as últimas semanas en San Lorenzo e a experiencia en si. Esta última crónica ía ser escrita durante o voo de volta, pero á hora de afrontar esa análise, non me vin capacitado para tal cousa. Recordo comezar a intentas escribir estas últimas verbas sobrevoando Cuba, mais non fun quen.
Os dous últimos mércores puidemos vivir as xornadas de Habilidades para a Vida que se impartían a diferentes comunidades coas que habitualmente CODDEFFAGOLF traballa da man principalmente da técnica Aminta. Ambos talleres foron impartidos nas oficinas de San Lorenzo, e permitiunos coñecer mellor a forma de vida e pensamento da xente que naceu, pertence e vai seguir loitando para que as súas comunidades se manteñan. Alén disto, puidemos ver como as comunidades se relacionan entre si, e o orgullosas que están de pertencer e compartir con outras as características da súa. A primeira das xornadas tiña como tema principal a resolución de conflitos, como sobrelevar os problemas que se xeran, o traballo da empatía coa outra parte e a convivencia; traballando temas como a diferenza entre os traballos feitos polas mulleres e polos homes, e a importancia social que se lle daba ós segundos en comparación coas primeiras. A segunda e peche de formación, tivo como eixo principal a política en xeral, como afecta ás diferentes comunidades non só a política nacional, senón a política propia da xente coa que compartes vida diaria, da familia ou do traballo, sendo conscientes de que é algo que vai moito máis aló do que de primeiras pensamos, e que ten que ver con absolutamente todo o que vivimos. A persoa coa que máis información compartín e que máis se abriu foi Dona Ana, unha muller empoderada, que sempre nos daba a súa opinión e forma de ver as cousas, que facía valer o seu traballo, a importancia que a familia tiña para ela e que, a pesar das desgracias que a vida nos pode proporcionar, temos que vivir e ser felices, superando e vendo o positivo das tantas cousas que vivimos ao longo da vida.
Tiven tamén a oportunidade de visitar, co técnico Carlos, unha das escolas de San Lorenzo, onde se impartiu unha capacitación a menos de educación primaria sobre o coidado do entorno no que vivimos e como isto afecta non só ao entorno, senón que a propia contaminación do entorno ten consecuencias directas sobre a economía da zona debido ao imparto no sector marisqueiro, nas colleitas e na propia saúde dos seres vivos. Tamén observamos as características de barrios menos céntricos da cidade, con menos servizos, e con niveis socioeconómicos máis baixos. Como sempre, o alumnado e profesorado do centro recibiunos coas brazos abertos e con todo o agradecemento pola charla e a visita.
Coa Técnica Nohelia puidemos formar parte da ECOlecta. Unha actividade na que podían participar diferentes colexios da zona de Choluteca, onde se recollían residuos electrónicos e electrodomésticos antigos. Foi unha feria moi parecida ao Recicla+ organizado pola mesma técnica semanas atrás.
Puiden tamén visitar con Sandra, o futuro laboratorio de análise de augas sa Secretaría de Saúde do Departamento de Valle, financiado pola Deputación da Coruña. Alí, antiguo laboratorio de SESAL que se adicaba ao análise de sal mariño e alimentos veterinarios reunímonos coa secretaria de saúde, Karina, e ensinounos as instalacións que hai, e as melloras que se deben facer para por en marcha este importante avance para a calidade de auga do país, e as melloras na vida da xente que a consume, xa que un dos principais problemas que se atopa na zona e en moitas comunidades son as complicacións renais que existen e poden ser debidos á calidade das augas que se consumen.
Con todo isto, tocou comezar a despedirse da xente coa que levaba compartindo vida xa dous meses, con todo o que iso conleva, unha mestura de emocións de despedida e de que existen moitas posibilidades de non volver ver a tantísima xente á que neste tempo lle colles moito cariño, de deixar atrás a un país que nos acolleu cos brazos abertos, que nos coidou como se formásemos parte das súas comunidades dende que nacemos, que me fixo coñecer e vivir a experiencia de vida máis forte que tiven ata o de agora, con gañas tamén de voltar á casa, ver a familia e amigos que xa comezas a botar en falta. Visitar por última vez Amapala e comer con Reinita, ir por última vez á Cabañita a tomar unha Salvavida e unhas tajaditas, comer o último xeado no Sarita da praza, as ultimas baleadas con aguacate para almorzar, o último paseo ao súper, ao mercado, á Galera, o último arroz frito, a piña e o queso crema… As conversas con Jessica mentres lavamos, as profundas reflexións, as grandes risas e tamén alguna lágrima con Celia e Sofía. Sandriña, a persoa responsable de que soubese da existencia desta aventura e que sempre estarei en debeda con ela. Todos e cada un dos técnicos de CODDEFFAGOLF, a cada persoa das comunidades, Lili e Mateo, Reinita, Dona Ana e as súas amigas, A Jesús, a persona que nos fixo coñecer tantos e tantos recunchos de Honduras, Gloria por coidarnos cando nos tocaba sesión de oficina e a toda a xente que coñecín, sen deixar a ninguén atrás. Por suposto tamén a ESF, a Paola, Serxio e Raquel e á xente que traballa para que isto sexa posible pero sobre todo para que a vida da xente mellore sempre, sen xerar nesa xente unha necesidade e unha dependencia, traballando dende a conciencia e moral de que o mellor que lle pode pasar ao mundo e que institucións como a nosa, da que xa me sinto parte, poida desaparecer nalgún momento, xa que iso significaría que o mundo cambiou para ben, deixando de ser necesarias.
Escola de Habilidades para a VidaEscola de Habilidades para a VidaEcolecta
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/09/Despedida-Companeiras.-Familia.-Aeroporto-Palmerola.jpg5761024Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-09-22 19:29:362023-09-22 19:29:37Crónicas dende Honduras. Juan, a crónica final
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.