Ao longo dos últimos meses, estivemos analizando, man a man coas compas de AoPaso, a presenza da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais da enxeñería e a economía social de Galicia, como parte do Programa ESFPro.
Velaquí algunhas das conclusións do estudo:
1️⃣ Existe moito interese pola tecnoloxía para o ben común 2️⃣ A aplicación de boas prácticas está condicionada polo custo económico e polo descoñecemento de ferramentas e conceptos clave. 3️⃣ As persoas vinculadas coa economía social amosan unha maior conexión entre valores persoais e organizacionais. 4️⃣ Os colexios profesionais piden formación específica sobre tecnoloxía para o ben común e dereitos humanos. 5️⃣ Hai moita disposición para traballar en rede.
ESFpro conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través de Cooperación Galega e de Fondos IRPF da casiña solidaria.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/12/Estudo_TpBC_ESFpro.jpg567745Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-12-24 09:46:322025-12-24 09:46:36Estudo sobre tecnoloxía para o ben común na Economía Social e no eido profesional da enxeñería en Galicia
Baixo o título Montes con futuro. SIG libre para reactivar montes veciñais abandonados e orientar aproveitamentos multifuncionais en Galicia, a agrupación forestal A Croa, de Camariñas, propón empregar unha metododoloxía de planificación colectiva do monte desenvolta como parte dun TFG da Politécnica de Lugo, de Ángela María Pérez Lema. Cun sistema de información xeográfica libre (QGIS) para mapear o territorio, man a man coas persoas propietarias, se verán as condicións de cada zona co obxectivo final de que a colectividade sexa quen de encaixar cada uso onde ten máis sentido e onde é máis probable que funcione. O proxecto contará cunha axuda de 400 euros e o acompañamento da ONGD para implementala, permitindo diversificar o monte con usos que poden convivir, madeira, froito, pastoreo, mel, micoloxía e outros aproveitamentos locais. Esta pilotaxe da metodoloxía se espera que sirva ademais para mellorala e poder despregala noutras zonas de Galicia.
Enxeñería Sen Fronteiras destaca a calidade das propostas recibidas na primeira edición do concurso e, de feito, engadiu unha mención especial cunha dotación de 150 euros para o proxecto Robótica Hospitalaria para Humanizar a Atención Sanitaria presentado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia co obxectivo de mellorar o benestar emocional dos pacientes e humanizar a contorna hospitalaria.
ESFpro
O concurso de Iniciativas de tecnoloxía para o ben común aplicadas ao eido profesional forma parte do programa ESFpro que Enxeñería Sen Fronteiras desenvolve coas principais entidades profesionais da enxeñería, da tecnoloxía e da economía social e solidaria para detectar e impulsar boas prácticas á hora de levar ao ámbito profesional valores como a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, o respecto polos dereitos humanos, a inclusión da diversidade ou a aplicación da perspectiva da sustentabilidade e do consumo ético sobre a adquisición e a xestión de materiais, de residuos e de enerxía.
Destácanse algunhas diferenzas entre os perfís consultados: as persoas vinculadas a entidades que traballan na defensa dunha economía que poña a vida no centro mostran unha maior conexión entre valores persoais e organizacionais, mentres que entre os colexios profesionais apúntase a unha maior necesidade de clarificación conceptual e formación específica. En ambos casos, recóllese unha elevada disposición ao traballo en rede, como tamén o acreditan os distintos encontros e foros nos que se recolleron pareceres de diversas persoas e organizacións destes sectores da economía social e dos colexios profesionais de enxeñería.
Detalle mapa de profundidade media de solo por parcelaDetalle de mapa de cobertura forestal por parcela
A foto do encabezado é unha masa de Pinus pinaster (piñeiro do país), realizada por Ángela María Pérez
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/12/ACroa.png304578Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-12-19 19:08:582025-12-19 19:12:05Enxeñería Sen Fronteiras premia o uso de software libre para reactivar participativamente montes abandonados
Por un lado, se obtivo información de profesorado e por outro de alumnado (no caso do alumnado, só dos 3 centros que participan como centros piloto de Hackers Sen Fronteiras). Queremos agradecer á Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) a súa implicación para mover a enquisa entre as súas asociadas.
Para recoller a información aportada polo alumnado deseñouse un cuestionario online 2 cunha batería de preguntas pechadas realizado polas rapazas e rapaces participantes no proxecto dos tres centros educativos. A finalidade desta enquisa é medir os seus coñecementos e actitudes en relación á tecnoloxía (e, de xeito máis concreto, á tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común). Finalmente, a enquisa baséase en 125 cuestionarios válidos (54% mulleres). A distribución por centro é dun 58% do IES de Celanova, 22% do IES San Rosendo de Mondoñedo e 19% do IES de Curtis3.
A pesar que case a metade do alumnado cree posuír un pouco de coñecemento sobre a TpBC (e o 20% afirma ter bastante ou moito) na pregunta inicial sobre autopercepción, as respostas ás seguintes preguntas apuntan a que, en realidade, o enfoque da TpBC está moi afastado da súa realidade.
✓ Fenda de xénero: as rapazas continúan sen percibir o eido tecnolóxico como propio, sen optar por el como futuro profesional. Neste caso, nunha escala do 0 ao 10, os rapaces sitúan a probabilidade dun posible futuro laboral vinculado á tecnoloxía no 6,5, fronte ao 3,8 de media das rapazas.
✓ No momento de sinalar o que pensan que é tecnoloxía, existe unha fenda enorme entre os exemplos de tecnoloxía duras (mencionados por unha porcentaxe de alumnado moi elevadas, de entre o 76% e o 98%) e as brandas (sinaladas como exemplos de tecnoloxía tan só por entre o 6% e o 46%). Por exemplo, a mocidade participante ten claro que os teléfonos móbiles ou os robots con intelixencia artificial son tecnoloxía, mentres que non entrarían neste concepto cousas como a organización veciñal para a xestión da monte ou unha campaña de reciclaxe. ✓ Tamén se observa esta forte tendencia ao escoller os conceptos ou ideas que, segundo o alumnado, gardan relación co eido tecnolóxico. Por exemplo, máis do 90% cre que termos como robótica, internet e informática están vinculados á tecnoloxía, fronte a menos do 10% a vincula á solidariedade, fame ou igualdade. ✓ Ademais, evidénciase que non perciben o impacto potencial que poida ter a tecnoloxía no avance no desenvolvemento humano e a consecución dos dereitos humanos. É dicir, desde a súa visión, a contribución da tecnoloxía a promover a democracia ou a erradicar a fame no mundo, por exemplo, é pouca.
A información aportada polo profesorado foi recollida a través dun cuestionario realizado de xeito online por un total de 21 persoas. 7 destas persoas pertencen aos tres centros educativos implicados no proxecto (3 do IES de Celanova, 3 do IES de Curtis e 1 do IES San Rosendo de Mondoñedo) e o resto traballan en diferentes centros de secundaria de toda Galicia. En total, cóntase coa representación de 16 centros.
O profesorado que coñecen o concepto de TpBC é moi pouco, e manifestan unha autopercepción media do seu coñecemento sobre ese tema de 4,6 nunha escala do 0 ao 10.
Porén, o interese medio manifestado por coñecer a tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común é moi alta, situándose no 8,4 na mesma escala.
Case 3 de cada 4 afirman que ten bastante ou moita importancia ese enfoque na súa actividade docente e tan só o 19% sinala que pouca ou ningunha. Ao preguntar de novo polo seu interese por introducir nalgún momento este enfoque nas aulas, saen resultados moi positivos (nunha escala do 1 ao 5, outorgáronlle un 4 de media á afirmación “Teño interese en introducir o enfoque TpDH nas miñas clases en algún momento”).
É importante subliñar que tan só o 11% do profesorado (2 persoas) considera que ten bastantes materiais ou recursos que lle axuden a introducir o enfoque da TpBC na impartición das súas materias.
Esta escaseza de coñecementos, materiais e recursos pode estar detrás de que tan só unha persoa recoñeza que realizou moitas iniciativas para traballar este enfoque na aula (e o 33% afirma que nunca). A esta liña apuntan as súas respostas ao preguntarlles polas necesidades que perciben para poder introducir o enfoque da TpBC con maior frecuencia nas aulas: máis formación-coñecementos e máis recursos didácticos son as opcións máis frecuentes (mencionadas por un 67% e 58% respectivamente).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/04/HsF.png10241024Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-04-26 09:11:092023-04-26 09:11:11Estudo sobre Tecnoloxía para o Ben Común no ensino secundario galego
✓ Destaca o coñecemento sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En relación coa temática concreta desta intervención, posición media (2,8 sobre 5), sen estar de acordo nin en desacordo coa afirmación “teño un bo coñecemento sobre a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e o Ben Común”. ✓ En termos xerais e exceptuando o acceso a servizos básicos, o alumnado non percibe que actualmente a tecnoloxía estea a contribuír de xeito notable ao desenvolvemento humano e sostible a nivel global. ✓ Amosa acordo coa idea de que o enfoque da Tecnoloxía para o Ben Común é necesario para a súa formación e para o seu futuro e que sería interesante que houbese máis materias con este enfoque.
✓ Destaca o alto coñecemento sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En relación coa Tecnoloxía para o Ben Común, posición media-baixa no grao de coñecemento (2,5 sobre 5). ✓ En termos xerais e exceptuando o acceso a servizos básicos, o Persoal Docente e Investigador (PDI) tampouco percibe que actualmente a tecnoloxía estea a contribuír de xeito notable ao desenvolvemento humano e sostible a nivel global. ✓ Amosa certo acordo coa idea de que o enfoque da Tecnoloxía para o Ben Común é necesario para o futuro profesional do seu alumnado e que este tería interese. ✓ Manifesta certo desacordo co afirmación de que contan cos coñecementos necesarios para introducir a Tecnoloxía para o Ben Común na súa docencia.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/04/LinhaBase_Universidade.png6661310Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-04-19 12:16:452023-04-19 12:30:14Estudo sobre tecnoloxía para o ben común nas universidades
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.