A xestión dos recursos hídricos e o fortalecemento das administracións responsables é unha prioridade en Mozambique. O desenvolvemento de actividades que vinculen melloras técnicas e procesos de xestión nun mesmo plan de acción, foi identificado como unha fórmula de éxito na cooperación galega coa administración da auga de Mozambique.
O proxecto AquaMoz, Secara 3ª Fase é continuidade das anteriores accións desenvolvidas por Augas de Galicia e a Universidade de Coruña no marco da xestión da seca en Mozambique (que se prolonga xa dende hai 10 anos). O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozambique, fortalecendo ás Administracións Rexionais de Augas de Mozambique (Aras) coa experiencia da xestión dos recursos hídricos en Galicia como referencia.
Despois de centrar o esforzo -nas fases 1 e 2- no deseño e implementación de desenvolvementos técnicos baixo o liderado do Grupo de Enxeñería dá Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña, nesta terceira fase, o proxecto suma aos seus obxectivos a mellora da interacción entre a administración da auga e a sociedade civil, e a sensibilización desta última sobre cuestións relacionadas coa seca e a xestión dos recursos hídricos. Para iso, mantendo ao GEAMA como entidade colaboradora, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia incorpórase como socio que, ademais do seu perfil técnico relacionado coa xestión de recursos hídricos e o fortalecemento institucional, achega capacidade de sensibilización e achegamento á cidadanía, tanto en Galicia como en Mozambique.
Deste xeito, e coa nova orientación do proxecto, ESF asumirá o rol de socio líder para potenciar fortalecemento das relacións entre a administración da auga e a sociedade civil. Inicialmente, ESF centrarase en accións de sensibilización que lle permitan enfocar e coñecer a fondo a problemática da xestión da seca en Mozambique, co fin de sentar as bases para contribuír, máis adiante e dun modo sólido, ao mencionado fortalecemento das relacións entre a administración da auga e a sociedade civil.
Deste xeito, no marco de loita contra o cambio climático, co presente proxecto desenvolveranse metodoloxías, a nivel técnico e de procedementos, para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique. Con ese fin, continuarase apoiando á Administración Rexional da Auga (ARA) Sur e iniciarase tamén o apoio ao ARA Norte en tres liñas complementarias:
Monitoreo da seca e do estado de encoros
Procedementos de xestión da seca
Sensibilización sobre a problemática da seca
Aquí iremos contando os avances deste consorcio, que se financia con fondos de Augas de Galicia e da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Poderás estar ao día das novas coa etiqueta Mozambique
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/06/1-4-scaled.jpg17142560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-06-20 19:34:252022-08-18 13:14:52Empezando a colaboración en Mozambique
El mayor problema de estudio del agua subterránea es que, al estar bajo tierra, no se ve. Esto parece una gran tontería, pero es el origen del mal uso, el abandono y la contaminación de este recurso. Tanto en países como Honduras como en el rural gallego, existe un entendimiento del origen y el flujo del agua subterránea que se basa en la tradición y en la imaginación y no en la ciencia y que, en muchos de los casos, poco tiene que ver con la realidad. Sin embargo, la gestión y protección del agua subterránea requiere un profundo conocimiento del origen y el volumen renovable del recurso, el flujo subterráneo, los procesos que se producen en el subsuelo y las amenazas a la calidad del agua. Se ha comprobado además que no es suficiente contar con una persona experta que participe en el diseño del programa de desarrollo o en la planificación de gestión de los recursos hídricos. Es necesario un trabajo en la formación y sensibilización del personal de las organizaciones socias locales y en la población, para que sean quienes exijan la correcta gestión y el cuidado del agua subterránea, comprendan las soluciones técnicas adoptadas y detecten posibles problemáticas.
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) comenzó en 2007 a trabajar en el sur de Honduras en el marco de un convenio con la AECID. La base del trabajo que se ha estado desarrollando en el país es la realización del Plan de Gestión Integral del Recurso Hídrico. Se trata de una herramienta de planificación del agua basada en el estudio del territorio, comunidades y agua que sirve para diagnosticar, analizar y diseñar las actuaciones y planificar las inversiones con un enfoque de cuenca hidrográfica. Este trabajo se ha realizado siempre contando con los gobiernos locales, organizaciones (Ej. CODDEFAGOLF, Save the Children, AHJASA) y las comunidades para conseguir el fortalecimiento de la capacidad organizativa. Los proyectos realizados en estas líneas han sido financiados principalmente por la AECID y Cooperación Galega (Xunta de Galicia), pero también por el Concello de Lugo, la Diputación da Coruña, la Diputación de Valladolid, el Concello de Santiago de Compostela y el Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
En 2015 ESF decidió abordar las carencias en Plan de Gestión Integral del Recurso Hídrico respecto a la gestión de los acuíferos. Aunque en etapas anteriores se habían recopilado datos de la profundidad del nivel piezométrico y de calidad del agua, no había apenas conocimiento la hidrogeología del sur de Honduras. Se sabe que las grandes plantaciones, como las meloneras, cuentan con estudios hidrogeológicos para sus explotaciones, pero no están disponibles al público. Por otro lado, el nivel de conocimientos de hidrogeología de los técnicos es muy escaso y, aún más escaso, el de la población y representantes políticas.
En 2017, el grupo de investigación Aquaterra de la Universidade da Coruña, comenzó a trabajar en estos temas en colaboración con Enxeñería Sen Fronteiras. Se desarrollaron actividades de formación de los técnicos municipales del sur de Honduras a distancia, en Galicia y después en un viaje a terreno en 2019 dentro de un proyecto financiado por la Xunta de Galicia, en el que se impartió un Curso de Introducción a la Hidrogeología, se realizaron prácticas en terreno y se hizo una identificación conjunta de problemáticas.
Aquaterra (UDC) y Enxeñería Sen Fronteiras Galicia se encuentran ahora en una fase de búsqueda de financiación para continuar con esta línea de formación de técnicos municipales y el acompañamiento en la identificación y la investigación de varias problemáticas. Se trabajará sobre varias problemáticas reales diferentes como la mejora de gestión de los bombeos de un sistema existente, la salinización de pozos en una zona costera o la definición de la contaminación por metales detectada en una zona volcánica y determinar su origen es natural. Se apoyará a los técnicos en la toma de datos, su análisis, el desarrollo de un modelo conceptual de la hidrogeología de la zona de estudio, la comprensión de la problemática y el desarrollo de medidas de mejora de la gestión. Esperamos poder comenzar estas actividades en 2021, ahora que el agua subterránea ya se empieza a “ver”.
Acacia Naves (UDC)
Sergio Fernández (ESF)
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/02/59972980_2249152708456033_7878564454458195968_o.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-02-28 13:30:202021-02-28 13:30:21Agua subterránea en el sur de Honduras: la complejidad de la identificación
O pasado 7 de decembro coñecemos a nova a través da axencia EFE de que a auga comezará a cotizar no mercado de futuros de Wall Street. Dende aquela, escribiuse bastante sobre o tema, xa que se trata dun feito de gran impacto por todas as consecuencias que poderían derivarse, aínda que estea baseado só en prezos de futuros de auga en California.
Dende Enxeñería Sen Fronteiras cremos oportuno facer unha análise crítica previo debate da nosa base social, que incluso motivou a organización dun ciberfaladoiro específico sobre o tema o pasado 20 de xaneiro.
Auga como Dereito Humano e importancia do ciclo natural.
Podería pensarse que falar da importancia da auga na Terra é redundante por obvia. É un elemento fundamental para á vida tal é como a coñecemos.
Este foi un fito de importancia posto que por primeira vez se recoñece de xeito explícito ese dereito e se insta á comunidade internacional e os gobernos para que redobren o esforzos para satisfacer as necesidades humanas básicas e para a consecución dos Obxectivos do milenio, reformulados estes últimos como Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no ano 2015.
Non hai que esquecer a importancia do ciclo natural da auga como soporte dos ecosistemas, sendo fundamental para a vida no planeta en sentido amplo.
Antecedentes da auga como ben económico.
Isto non é novo, hai moito tempo que a auga se vende, non hai máis que ver o negocio da auga embotellada, contra o que ESF leva tempo posicionada apoiando campañas como ProGrifo. Tamén poden existir este tipo de intercambios a escala local. Nalgúns casos (non nos consta España), en comunidades de regantes, unha regante pode vender os seus dereitos de regadío a outra regante (aínda que, neste caso, trátase de intercambios entre entidades ou persoas nunha zona determinada cun vínculo maior coa terra, e baixo a supervisión, polo menos en teoría, de entes como os organismos de cunca hidrográfica ou similares). Máis aló foron, xa máis recentemente, as declaracións do CEO de Nestlé, coa defensa do uso de ferramentas de mercado para a xestión da auga, o cal é pouco compatible contra á xestión da mesma como dereito humano, que debería seguir máis esquemas como o proposto por Nueva Cultura del Agua (que distingue a “auga vida”, da “auga de negocio”, a “auga de luxo” ou a “auga de uso cidadán”).
O mercado de futuros consiste na negociación de contratos de compra e venta de determinados bens a unha data futura mediante un acordo de prezo, cantidade e vencemento na actualidade. Ou sexa, que se negocia co dereito a comprar x litros de auga a x euros dentro de x meses.
Debe a auga xestionarse con este tipo de ferramentas de mercado?
É moi complicado comprender certos conceptos económicos para a xente non experta. Os mercados de futuro é un deles. A perda crecente de peso da economía real respecto á financeira (da que falan autores como José Manuel Naredo) fainos perder a perspectiva do que ocorre realmente no sistema económico mundial. É unha perda de “soberanía económica”, que agora controlan unhas poucas persoas expertas en produtos moi acaidos para a especulación. É como construír sobre piares de aire. Nestes produtos poderíanse encadrar os contratos a futuro que, como toda a economía financiarizada, afastan dos produtos últimos cos que se está a comerciar do proceso transaccional como tal. En resumo, eses dereitos de futuros de auga en California poderían chegar a ser comprados e vendidos por entidades ás que pouco lles importa o que se vai facer coa auga e onde (tal vez, ao principio, iso se regule máis, pero o mercado global ten demasiada forza). Iso, no caso dun elemento vital como a auga, pode ter consecuencias devastadoras. Ademais, faise recaer o peso da regulación en institucións regulatorias máis ou menos locais (a nivel cunca hidrográfica, ou a nivel estado federal, ou tal vez a nivel nacional) que serían quen, en teoría, velarían por que se respecte o dereito á auga. Tal vez esta regulación puidera ser levada efectivamente por unha entidade se hai unha lexislación e fortaleza institucional axeitada, pero pola experiencia de Enxeñería Sen Fronteiras en diversos países do mundo, esta fortaleza lexislativa e institucional non é, nin moito menos, o máis habitual.
Neste caso, o que se pon no mercado non é a auga, senón os contratos a futuro. É un mercado de futuros da auga.
Nos produtos agrarios fixéronse este tipo de mercado de futuros hai moitos anos. A idea ou escusa inicialmente era tratar de protexer e estabilizar os sectores de produción, no momento do expansionismo agrario e para protexer áreas produtivas que fixeran moito investimento nos sectores, por se de repente unha empresa conseguía producir moi barato noutra parte do mundo. É a mesma razón que esgrimen os defensores deste mercado de futuros coa auga, esa estabilización de prezos.
Pero cando se complexiza de tal xeito a xestión dun produto básico para á vida, poden xurdir moitos custos de transacción (e erros de xestión e regulación, dada por malas prácticas, corrupción ou simplemente incapacidade das institucións reguladoras como xa se comentou) que acaban pagando as poboacións máis vulnerables. Hai estudos dabondo que así o poñen de manifesto, xa que acaba por crearse un armazón de sociedades que o que fan é especular e apartar a xestión alimentaria das consumidoras últimas de alimentos. Unha perda de soberanía alimentaria, moi prexudicial se se quere asegurar o Dereito á Alimentación (que está intimamente relacionado co Dereito á Auga). Un estudo moi interesante que se fixera en 2011 é este, cun título xa moi ilustrativo.
Por outra banda, a auga non é un ben capital calquera. É fundamental para o sustento de todo ser vivo e non é substituíble por bens capitais como os produtos agrarios, forestais, mineiros, etc. Esta explicación pode atoparse nas conferencias de Pedro Arrojo, actual relator das Nacións Unidas para a Auga.
O estado (os estados) deben ter unha regulación axeitada do uso da auga, cobrar polas licenzas de captación e consumo (de augas superficiais e subterráneas), emisión de efluentes e vertidos, realizadas en base a estudos serios de capacidade de carga e rexeneración que respecten os caudais ecolóxicos. A unidade territorial máis acaida para a xestión da auga son as cuncas hidrográficas, unidades delimitadas polo propio ciclo natural da auga e a orografía do terreo, das que é preciso ter bos modelos hidrolóxicos de balance, dispoñibilidade do recurso e demanda (o cal non é en absoluto habitual, nin sequera nos países máis ricos), e usalos para saber se realmente é viable conceder as licenzas, fuxindo de intereses partidistas ou espurios. O monitoreo e control tamén é clave, con taxas adecuadas de uso concienciase a poboación sobre o uso racional e controlase a sobreexplotación do recurso. Ao meter baixo libre mercado o excedente das licenzas éntrase nun terreo perigoso: pódense comprar licenzas baratas agora aínda que non se vaia facer uso e logo vendelas a maior prezo, especulando así coa diminución do recurso propiciado polas variacións climáticas. Unha especulación que debería controlarse como parte do proceso de licenciamento e seguimento (que, claramente, debería ser público), é dicir, non dar licenzas e cancelalas se non se usan. Pero, como dixemos, é meter a raposa no galiñeiro.
Ao final, o que se consigue é que grandes fondos sigan acaparando os recursos básicos para a vida, porque teñen máis capacidade de inversión e de arriscar máis e a máis longo prazo. O pequeno é fermoso tamén a nivel empresarial, porque se entende mellor, porque está máis cerca dos bens e servizos cos que se comercia e dos impactos que crea. Eses fondos que non entenden de dereitos humanos, porque aínda que teñen persoas detrás, adquiriron un carácter deshumanizado, case de psicópata, porque están ao servizo da xeración de riqueza para os seus donos (que, en moitos casos, tampouco saben realmente os mecanismos cos que se están lucrando a costa de moito sufrimento).
Se queremos un mercado libre de verdade (onde cada persoa teña a posibilidade de participar nel de xeito igualitario), debería prohibirse a especulación. A especulación fomenta o corporativismo, o oligopolio (en Galicia dicimos “o ouro corre cara o tesouro”) e a libertinaxe (quen pode, fai o que quere, sobre todo se despersonaliza a quen está a ser oprimido, e non hai mellor xeito de despersonalizar que a distancia e a opacidade nos impactos do que se fai). So pode especular quen pode correr risco de perder cartos. E, o máis importante, o único obxectivo é acumular riqueza para usala no que lle pareza. Moitas persoas cren que iso é lexítimo e outras moitas naturalizamos “o conto”. Pero nós queremos contar outros contos. Que é a especulación sino unha agresión á autonomía e, en consecuencia, á liberdade doutras persoas (por exemplo, por non poder tomar sequera decisións sobre o manexo dos produtos que aseguran a subsistencia)?. Quen quere entrar ao mercado a comprar e vender os seus produtos, vivir do seu negocio, usar un produto ou investir nun novo proceso, non precisa especular. En Enxeñería Sen Fronteiras xa temos reflexionado como a empresa pode poñerse ao servizo dun desenvolvemento máis inclusivo, mesmo emancipatorio. A especulación lexitima a xerarquía, que ten moitas posibilidades de converterse en opresión (o cal vai en contra dos procesos emancipatorios e de cidadanía crítica que ESF defende), vendendo este modelo como algo natural, cando en realidade é unha decisión persoal, social, cultural e política.
Conclusións
A auga non é un ben capital mercantilizable. Trátase dun dereito humano e como tal debe lexislarse e xestionarse. Pensamos que a entrada no mercado de futuros é incompatible coa garantía da auga como dereito humano.
Pensamos que esta evolución en California podería ter efectos noutros lugares, incluídos na UE, onde a auga está recoñecida como dereito humano. A UE debe asegurar lexislativamente a xestión da auga como dereito humano. Tamén estaremos pendentes do que ocorre nos países onde traballamos, apoiando ás organizacións e redes de traballo neses países que traballan arreo por asegurar o Dereito Humano á Auga.
A transparencia dos mecanismos de xestión da auga e o control lexislativo e da sociedade civil organizada cobran cada vez máis importancia ante estes intentos de incluír a auga en mercados con alto potencial especulativo.
Desde Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, non vemos en absoluto clara esa presumible estabilización de prezos da auga que prevé quen defende a cotización no mercado de futuros, e si vemos perigos manifestos, dos que xa hai exemplos abondo nos mercados de alimentos básicos, porque estimamos un grave risco de afastamento da toma de decisións sobre un ben básico da maior parte das persoas do planeta, que teñen moitas posibilidades de quedar á mercede dos movementos especulativos globais que escapan a comprensión do groso da sociedade.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.png00Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-01-27 10:18:332021-02-05 11:39:25A auga comeza a cotizar en bolsa… e a nós iso preocúpanos
Medio ano despois de rematado este proxecto, financiado pola Xunta de Galicia e cun aporte das compas de Ingeniería Sin Fronteras Aragón a través dunha campaña de “merchandaising hídrico”, seguimos vendo resultados que esperamos poder seguir impulsando se acadamos financiación para seguintes fases do noso programa de Defensa do Dereito á Auga en Honduras (niso estamos!). Mentres se conclúe a etapa de entrega de certificados ao persoal técnico capacitado co Programa de Persoal Técnico Certificado en Administración, Operación y Mantenimiento de Sistemas de Agua y Saneamiento da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento (AHJASA), ao que se contribuiu co proxecto, xa se comeza a promocion para a contratación do mesmo en grupos de aproximadamente 6 comunidades (aldeas) por persoa técnica formada. Este persoal técnico vai facilitar todo un proceso de desenvolvemento en xestión dos sitemas de abastecemento e saneamento en cada comunidade que participe na contratación da asistencia ofrecida. Do que se trataría é de que as propias comunidades poidan xuntarse varias para pagar o salario dunha persoa que se ocupe do sistema. No folleto da imaxe pódese ver máis información.
Confírmannos dende AHJASA a contratación das primeiras dúas persoas técnicas segundo o seu plan proposto ás comunidades, despois de que se formaran co programa mencionado, un en Olancho e outro en Francisco Morazán (neste caso, dentro dos programas de AHJASA con outras financiacións). Outras dúas asambleas comunitarias que se realizaron, aprobaron xa asinar os respectivos contratos para recibir a asistencia deste perssoal técnico certificado. Ademais, na recente reunión da Junta Directiva de AHJASA de Amapala (no sur de Honduras, onde si apoiamos directamente o programa), como contan só cun técnico, falouse de que probablemente van ter que buscar outra persoa técnica das formadas polo programa.
Reunión en Sabana Grande (departamento Francisco Morazán)Reunión en Amapala (departamento de Valle)
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/10/p1.jpg648824Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-10-26 20:15:242020-11-06 19:42:52Primeiras contratacións do persoal formado no programa de técnicas en administración de sistemas de auga
Dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia fixemos chegar aos partidos unha serie de propostas no eido da Tecnoloxía para os Dereitos Humanos e o Ben Común.
En 2020 cumprimos 27 anos de traballo en Galicia, e pola nosa condición de asociación experta en servizos básicos e tecnoloxía para os dereitos humanos, ese traballo se desenvolveu tanto en Galicia como en diversos países do mundo (actualmente en Honduras). Iso danos unha visión global dos problemas e causas da pobreza e desigualdade, e das posibilidades de actuar dende o local para acabar con elas. Esta visión de cidadanía global e de activismo tecnolóxico é a que queremos poñer ao servizo das organizacións políticas concorrentes ao proceso electoral galego neste ano tan complicado. Máis que nunca, somos conscientes de que a sociedade global é un sistema, e non queremos que haxa elos débiles na cadea, nin en Galicia nin en outros lugares. E non o queremos tanto por unha razón ética e moral, como por outra máis pragmática de pura sustentabilidade socio-ambiental no único planeta que temos para vivir.
A continuación, presentamos as propostas en 8 piares básicos do noso traballo:
Dereito á auga
Dereito á enerxía: novo modelo enerxético
Dereito á alimentación: soberanía alimentaria, desenvolvemento endóxeno e proximidade
Dereito á información e a comunicación: soberanía dixital e transparencia radical
Xestión de residuos: residuo cero
Educación e tecno-ciencia para o ben común
Outras realidades no mundo. Cooperación ao desenvolvemento no mundo post Covid 19
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2020/06/Valoracions_cadro_xeral.jpg11231588Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-06-05 08:12:202021-04-14 12:22:45Eleccións Galegas 2020: as propostas de ESF aos partidos
Hoxe, 17 de abril, celébrase o Día da Loita Labrega, conmemorando aquel 17 de abril de 1996, no que foron asesinadas en El Dorado dos Carajás, Estado de Pará, 19 labregas do Movemento Sen Terra de Brasil.
Un dos eidos de traballo tradicionáis en Enxeñería Sen Fronteiras é o Dereito Á Alimentación. Xa hai anos que traballamos neste dereito cun enfoque concreto, o da Soberanía Alimentaria (que inclúe a defensa do territorio e un modelo de desenvolvemento endóxeno). Aquí se pode ver o que facemos en Honduras e Galicia (e con quen, xa que non o facemos soas), pero ten moito que ver co concepto de participación e goberno das persoas en elementos claves para a vida, do “reapropiamento da tecnoloxía” e de poñela ao servizo do ben común, enfoque que ESF defende nos distintos sectores nos que traballa (soberanía dixital, enerxética ou hídrica e, en xeral, unha tecnoloxía para o desenvolvemento humano, o ben común e a emancipación).
Enxeñería Sen Fronteiras quere reivindicar máis que nunca a importancia de todas esas persoas que producen o que comemos, dende o local e o pequeno, que é o xeito de poñer a vida no centro, e NON a especulación dada polo extractivismo e a acumulación na que naceu e que promove a agroindustria. É a pequena agricultura e o desenvolvemento endóxeno os xeitos de facer máis resiliente o sistema no que vivimos, para que ninguén quede atrás (nin nós nin os que virán), e queremos chamar a atención sobre este cambio de modelo aproveitando esta época onde, pola parálise causada pola enfermidade COVID-19, lle podemos ver mellor que nunca as costuras á nosa sociedade. O pequeno é fermoso. O pequeno é grande.
Por iso, nestas últimas semanas, dende Enxeñería Sen Fronteiras quixemos amosar o noso apoio a varios manifestos:
Na defensa da autoxestión, promovido pola Rede de Apoio Mútuo de Lugo, asinado por 30 organizacións galegas, que se fixo chegar á Consellería de Medio Rural, e pretende a regulación do traballo en hortas de autoconsumo a máis de 500 metros, e sen necesidade de contar con carnet de manipulación de fitosanitarios. Esta produción autónoma vai ser máis importante que nunca, e tal como estaba regulado non se adaptaba á realidade rururbana galega.
600 organizacións todo o Estado Español presentaron unha carta aos ministerios de Sanidade e Consumo o 8 de abril, onde se solicita formalmente que se “diten as instrucións pertinentes ás comunidades autónomas e concellos para que se busquen solucións para os mercados non sedentarios de proximidade”. Neste caso participamos a través da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.
Ademais, no eido do Dereito Humano á Auga, tamén houbo movemento. A auga é parte clave da soberanía alimentaria, pero ten especificidades importantes máis aló do que é a produción alimentaria labrega que hai que ter en conta, e queremos aproveitar para chamar a atención sobre elas:
Auga da billa sana e segura . Foi promovido pola Asociación Española de Operadores Públicos de Agua (AEOPAS), á que pertence a Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.
Grazas a todos os labregos e labregas e todas as organizacións que as apoiades en todo o mundo, estamos convosco na loita. A terra para quen a traballa e a coida.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.png00Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2020-04-17 12:53:472020-04-17 12:53:49Día da Loita Labrega
Con esta publicación do CEXEF UDC, baseada nun estudo financiado pola Xunta de Galicia que fixeron en 2017 promovido por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no sur de Honduras, onde ESF desenvolve o programa de Dereito Humano á Auga, podemos coñecer como é a participación das mulleres na xestión comunitaria da auga nesta zona. Cando se fala de comunidade en Honduras equivale a falar de “aldea” en Galicia. As xuntas veciñais de auga (chamadas Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento) no sur de Honduras funcionan dun xeito moi similar as xuntas veciñais de auga en Galicia.
Resaltamos algunhas das conclusións:
Hai cargos considerados axeitados para os homes, como o de presidencia ou o responsable da operación e mantenimento (fontanería) porque supostamente requiren capacitación técnica ou porque se argumenta que «a un home se lle escoita máis que a unha muller». Igualmente, hai cargos que se consideran máis axeitados para as mulleres, como o de secretaría ou tesouraría, pois se lles considera máis responsables e ordenadas.
A construción de sistemas de auga comunitarios requiren a realización de diversas tarefas que son consideradas en xeral asuntos do sexo masculino. Mentras, as mulleres limitan a súa participación durante a etapa de construción a realizar tarefas de apoio ás cuadrillas, ou tarefas relacionadas cos coidados para los homes que están implicados no traballo máis técnico.
Escasa participación das mujeres nos espazos de toma de decisión comunitarios. Estes espazos adoitan ter dous tipos de participación: unha consultiva ou deliberativa e outra representativa. Os segundos espacios son os momentos de toma de decisión mediante votación, no que en xeral cada vivienda ten derecho a emitir un voto, que soe ser exercido por quen ten a propiedade da terra e a vivenda, case sempre o home. Ademais, aínda que moitas mulleres asisten ás asembleas comunitarias (se ben en menor proporción que os homes), non soen emitir as súas opinións na mesma. Soen sentarse xuntas como simples espectadoras e reforzar aquelas opinións dos homes que máis lle interesan, pero pocas veces son ellas las que emiten su propia opinión. Posiblemente os xeitos de dinamizar as reunións, con participacións individuais a man alzada, non sexan os mellores para promover participación de persoas que non están afeitas a falar en público ou amosar publicamente as súas opinións.
Con respecto á participación nas Xuntas Administradoras de Auga e Saneamento, no mellor dos casos observados ronda o 30% de cargos directivos, e soe explicarse pola falta de tempo para participar, debido á extensión da xornada de traballo no fogar e na tarefa de coidados, ao que moitas veces se lles suma actividades puntuais xeneradoras de ingreso (xa habería o doble rol productivo e reproductivo, co cal o tempo para o representativo ou de traballo comunitario xa sería moi escaso). Pero tamén aluden aos prexuizos sociais relacionados con realizar tarefas propias das directivas das xuntas, que implican movilidade fora da comunidade.
Credes que tamén en Galicia é así?
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.png00Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-07-29 16:52:072019-07-29 16:52:09Participación das mulleres na xestión da comunitaria da auga en Honduras
Segue o traballo no proxecto Fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública de calidade en proxectos de abastecemento de auga a comunidades rurais, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar, Honduras. Este proxecto, dentro do programa de ESF de Promoción do Dereito á Auga en Honduras, é financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con 36.740 euros.
Unha das actividades importantes foi o diplomado en hidráulica para persoal técnico dos municipios da Mancomunidad de Municipios del Sur de Honduras (NASMAR). Durante 2019 rematouse coa realización das prácticas en 4 comunidades. Como actividades prácticas posteriores á formación teórica, os grupos de técnicos municipais traballaron en equipo no levantamento de información da ficha social e técnica en dúas comunidades. Dividíronse os equipos municipais en dous grupos, para levantamento destas comunidades (El Platero en Goascorán e Las Pelonas en Amapala).
Na primeira semana de xullo se completou a recollida de datos da comunidade El Jiote, de Marcovia, adaptando os datos á nova versión GvSIG-Fonsagua, xa que dita comunidade fóra levantada na fase inicial do programa de Agua de ESF e Nasmar, hai máis de 4 anos, cunha versión anterior da aplicación. Todas estas actividades se realizan en equipo entre os técnicos municipais, para poder apoiarse mutuamente, reforzar coñecementos e promover o traballo en equipo. Van en equipo varios concellos a cadad comunidade, por proximidade. As participantes no curso teñen que facer o informe de traballo de campo para que obteñan o diploma da universidade Unitech. Despois farán máis comunidades, para que haxa unha comunidade por cada concello da NASMAR (son 7), para que logo sirva para construir pequenos proxectos a partir dos datos levantados e buscar financiadores. Isto pretende servir para que logo cada alcaldía teña persoal capaz de continuar este traballo nas distintas comunidades (aldeas) dos municipios, a partir de manuais de apoio e seguemento técnico de persoal da mancomunidade.
Tamén avanzouse nos últimos meses no traballo de integrar a xestión integral da auga nos Plans de Desenvolvemento Municipal (ferramentas que teñen os concellos para establecer estratexias de traballo nas áreas que son a súa competencia, e poñer cronogramas e recursos priorizando actividades nas diferentes liñas de traballo establecidas).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/07/20190523_153827.jpg30964128Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-07-12 16:23:322019-07-12 16:23:34Continúa o fortalecemento da xestión pública da auga en 7 concellos de Honduras
En 2017 foinos concedido, na primeira convocatoria de axudas para ONGD do Concello de Compostela, o “Proxecto de mellora das capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras), para a xestión pública da auga con transparencia e rendición de contas”.
El Triunfo é un municipio no departamento de Choluteca que limita ao sur e ao leste con Nicaragua. Ten unha poboación de 43.670 habitantes,sendo 21.759 homes e 21.910 mulleres distribuídos en 301 Km2, en 11 aldeas (entidades de maior tamaño), 182 caseríos e a área urbana, que conta con 19 barrios. Así mesmo, en conxunto 23.899 son maiores de 18 anos. É dicir, case o 49% é menor de idade.
A actividade económica principal é a pesca artesanal, agricultura, gandería e silviculura, cun 68% da poboación dependente destas actividades. Posteirormente, destacan algunhas industrias manufactureras (moblerías, salineras, empacadoras, minería, etc), co 8%, e servizos.
Un dos problemas máis graves afrontados polo municipio é a xestión dos recursos hídricos, xa que o 78,5% da súa poboación non ten acceso a auga potable, sendo o maior índice de todos os municipios do departamento Choluteca.
Ademais, como algo xeneralizado no país, está o problema da xestión pública, coa inexistencia do funcionariado na administración (hai pouco tempo está a iniciarse o proceso de implementación do “funcionariado de carreira”, co cal na maioría de municipaios aínda non existe esta figura, e cambia todo o persoal en cada unha das eleccións municipais). Iso por non falar da corrupción e falta de control público (nin procedementos) para gran parte das políticas públicas, e a xestión da auga (cuxo aseguramento á poboación corresponde por lei aos concellos) non se libra.
Con este contexto, e a traxectoria de 5 anos traballo de Enxeñería Sen Fronteiras na zona coa Mancomunidade de Municipios NASMAR (á que pertence El Triunfo), quíxose plantexar neste concello, coa colaboración total da súa corporación municipal, un proxecto para mellorar os procesos de transparencia e rendición de contas no relativo á xestión da auga. O proxecto tiña dúas liñas de acción moi vinculadas:
O traballo en procesos e metodoloxías de transparencia e participación cidadá na planificación e xestión da auga
Asociado ao anterior, realización dun proxectiño piloto de mellora de infraestructuras de abastecemento de auga para 5 dos 19 barrios do núcleo urbano de El Triunfo
O proxecto iniciouse o 1 de novembro de 2017, e rematouse o 31 de agosto de 2018. O seu orzamento foi de 18.487,34, dos que 15.016,41 os aportou o Concello de Santiago. O 2 de abril de 2019 presentouse o proxecto no Consello Municipal de Cooperación do Concello de Santiago, para que se coñecera o realizado, ademais de realizar unha presentación inicial do programa de promoción do Dereito á Auga no que se ía enmarcar, a finais de 2017 en Compostela, e de que a propia alcaldesa de El Triunfo e o resto dos alcaldes dos concellos da Mancomunidad NASMAR puideran tamén presentar o realizado e agradecer o apoio ao propio Concello de Santiago na visita que a delegación fixo a finais de 2018.
En Honduras, iniciouse o proxecto unha vez o clima social e político permitía a realización de reunións e traballo social sen riscos, despois das controvertidas eleccións nacionais e municipais de finais de 2017. Iniciouse con cautela, debido a esta situación, incidindo no traballo técnico de análise dos mecanismos de participación e normativa e recomendacións para a xestión pública de calidade nos proxectos de auga. Así mesmo, actualizouse a táboa de información de rendición de contas sobre o estado de proxectos de auga.
Posteriormente realizouse un análise técnico das posibles solucións de obra e acceso á auga, detectándose dificultades para a obtención do permiso do dono da finca na que se ubica o pozo considerado no inicio para o proxecto. Esta persoa pedía unha contraprestación a modo de contratación laboral de dúas persoas da súa familia a cambio da cesión do uso do pozo. Considerouse e así se explicou ás comunidades, que no marco da mellora da transparencia e calidade na xestión pública non debía caber aceptar esa proposta, porque se estaría prexudicando a calidade na xestión pública de contratacións.
Asemblea de barrio
Socializouse coas comunidades beneficiarias en asembleas abertas esta cuestión e toda a componente técnica de execución, explicando as pautas de participación e transparencia. As comunidades participaron activamente na búsqueda de solucións.Propúxose substituir o pozo inicial polo pozo da colonia “27 de Mayo”. Este pozo rinde algo máis de auga, pero non contaba con tanque de almacenamento próximo.
Depósito restaurado
Depósito vello
Realizouse outra análise participativo de posibles solucións, e se propuxo utilizar o tanque do sistema de auga alimentado pola fonte de auga superficial de Matapalo. Este tanque detectouse que non reunía as características sanitarias axeitadas. Como as veciñas da colonia do 27 de Mayo desconfiaban da calidade de auga da fonte de Matapalo, houbo un rexeitamento forte inicial ao uso do tanque compartido, xa que a auga do pozo da colonia se estaría misturando no tanque coa auga proveniente da fonte superficial.
Asemblea de barrio
A proposta do equipo técnico da Nasmar, acordouse en reunións coa veciñanza, realizar análises de auga da fonte, así como do tanque. A socialización das análises e das graves incidencias detectadas permitiu que a poboación da colonia 27 de mayo aceptase a proposta. Así que o proxecto de obra se aprobou finalmente por todas como a liña de bombeo dende o pozo da colonia 27 de Mayo ao tanque que recibía augas da fonte de Matapalo.
Instalación liña eléctrica
Executouse o proxecto de obra definido na formulación, modificando por tanto o pozo de auga e o tanque de destino da obra de liña de bombeo. Por elo, se deron modificacións sobre o orzamento inicial. Por exemplo, fixo falla colocar unha bomba de maior potencia para o bombeo, e diversas obras de adecuación do entorno do pozo (caseta, etc).
Levantamento topográfico
Na execución do proxecto, participaron persoas dos barrios beneficiarios en traballos que requerían man de obra non cualificada.
Instalación de tubaxe
Así mesmo, se fixeron reunións nas colonias, para explicar as obras, especialmente a dotación de 157 conexións familiares a novas vivendas, e todas as obrigas que elo implica, como o pago da cota á xunta de auga para mantemento.
Caseta de bombeo
Posteriormente, a municipalidade, debido ás solicitudes da poboación, acordou un segundo proxecto, consistente na ampliación do tanque e mellora da obra-toma da fonte de Matapalo. Elevouse por tanto en altura o tanque e se fixeron diversas obras de protección. Isto xa correu a cargo da propia alcaldía.
Todo este proceso de diálogo e mecanismos de participación se deu coa participación da veciñanza en xeral nas asambleas, así como as persoas representantes das xuntas de auga e patronatosveciñais, o equipo técnico da Mancomunidade Nasmar, equipo técnico da municipalidade, persoal técnico expatriado así como voluntariasen terreo de Enxeñería Sen Fronteiras, representantes da corporación municipal (rexedoras, que equivalen a concelleiras), e representantes de organizacións e comisións de sociedade civil, tales como a Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Auga (AHJASA), na súa delegación local, o Comité Municipal de Auga e Saneamento (COMAS), entre outras.
No
mes de agosto, se celebraron os Cabildos Abertos, que son os
mecanismos máximos de participación regulamentados na normativa
hondureña. Os cabildos teñen implicación legal e os acordos
tomados nos mesmos son vinculantes para a municipalidade.
No primeiro cabildo celebrado,expuxose a forma de execución do proxecto de xeito participado, e se informou da execución dos proxectos de auga da municipalidade nos últimos anos, así como o compromiso de seguir traballando por mellorar o acceso ao Dereito Humano á Auga e Saneamento.
No segundo cabildo aberto celebrado, conseguiuse o compromiso oficial vinculante entre a municipalidade e a sociedade civil, para seguir traballando por solucionar o acceso á agua, así como por mellorar a participación da sociedade no control da función pública da municipalidade.
Pola súa banda, se estableceu un mecanismo de medición da participació das mulleres nestes cabildos abertos sobre proxectos de auga. Para elo se modificaron os modelos de listados de participantes para reflectir a asistencia diferenciada por xénero, e a persoa encargada da Oficina Municipal da Muller, realizará un seguemento do tipo de participación diferenciada home / muller, especialmente deixando reflectida a diferencia no nivel de participación en exposición aberta da asemblea, a participación na mesa principal, o tipo de mensaxes ou participación realizada, se estas foron escoitadas, e cal foi a repercusión das propostas levadas ao cabildo polas mulleres. A mancomunidade Nasmar está tratando de extender esta medida a todos os concellos que a conforman, e a todo tipo de cabildos abertos. Para elo se baseará no persoal de apoio en xénero que se dispón no marco dun proxecto financiado pola Xunta de Galicia que se estivo a executar en 2018 e continúa en 2019.
Durante a execución do proxecto, conseguiuse así mesmo que outros dous proxectos municipais se executasen con criterios de transparencia e bó goberno. O primeiro proxecto foi de instalación do sistema de enerxía renovable para o abastecemento enerxético para o bombeo de auga na comunidade de El Fortín, no que tamén participou ESF e foi financiado pola Deputación da Coruña. O segundo consistiu nao mencionado de ampliación do tanque e mellora da obra-toma da fonte de Matapalo, cuxa identificación se produciu na execución deste proxecto, e xurdiu das demandas da poboación.
Esperamos nos vindeiros meses aproveitar a inercia deste proceso co proxecto que temos en marcha financiado pola Xunta de Galicia, e seguir avanzando en mellorar procedementos para rendir contas e promover a participación da cidadanía na xestión da auga (moito temos que aprender disto tamén en Galicia…).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/AsambleaBarrio.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-04-03 09:53:152019-04-03 09:53:17Exemplo de proxecto de mellora da xestión pública municipal da auga, El Triunfo (Honduras)
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.