Hai uns días, fomos invitadas por Acción contra a Fame a un par de encontros (en Escairón e Lalín) para falar sobre o futuro do rural e do potencial dos montes veciñais en man común, dentro dun dos seus programas. Alberto Molares, voluntario do grupo de boas prácticas para a transición ecosocial, estivo por alí, onde ademais Presentouse o programa Caprif-CC por parte da Fundación Juana de Vega, e da “Rede de Áreas Conservadas por Comunidades Locais” de Galicia.
Esta colaboración a fixemos dentro do noso programa de Tecnoloxía para o ben común no eido profesional técnico (ESFPro), que iniciamos coa financiación de fondos da casiña solidario do IRPF e da Cooperación Galega.
AQUÍ deixamos a completísima presentación que fixo Alberto, onde analiza problemáticas como o esgotamento das materias primas enerxéticas (petróleo, gas, carbón, biomasa, diésel, biocombustibles, uranio). Tamén os problemas de consumo enerxético no transporte, que pode pasar o hidróxeno verde como vector de almacenamento, se podemos electrificar o transporte e industria totalmente (e se realmente iso sería necesario), Tamén se mete na parte de fertilizantes e agroquímicos, uso da auga…
Algunhas solucións a explorar poden ser de baixa tecnoloxía (o cal implicaría un cambio en produción e consumo, unha redución controlada en vez de a descontrolada que está cada vez máis cerca), pero tamén o xeito de organizar a produción e o consumo (comunidades enerxéticas, por exemplo, ou mobilidade eléctrica rural compartida). Tamén produción e consumo máis endóxenos, ou solucións como a xeotermia. Tamén é importante a ciencia e monitoreo cidadá, como se fixo dende ESF co visor de abastecementos de auga, e outros exemplos como o mapa de contaminación da auga por nitratos. Contou algúns casos de éxito en comunidades de montes, vendo a importancia de visibilizar esas sementes de cambio e traballar en rede.
Para todo isto a financiación é importante, e mencionou tamén algunhas iniciativas de finanzas éticas (FIARE, Coop57 ou a máis local AIS O Peto).
E moito máis… pódese ver na presentación!
Esperamos seguir colaborando en eidos que nos propios encontros identificaron as presentes: colaborar co mapeo da contaminación dos ríos que estamos pendentes de abordar, explorar os usos comunitarios tradicionais da tecnoloxía, así como analizar a viabilidade das comunidades enerxéticas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/02/encontro_lalin.jpg495880Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-02-03 22:26:302025-02-04 11:39:42Boas prácticas para a transición ecosocial. O potencial dos montes veciñais en Galicia
Nos meses de novembro e decembro tivo lugar unha visita técnica a Mozambique cunha duración de 4 semanas nas que o traballo se centrou principalmente no fortalecemento da ARA Sur (Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique) organismo homologo a Augas de Galicia no sur país. Durante a estancia tamén se realizou una visita a sede da ARA Centro na provincia de Tete na que se abordou a concreción dos traballos en inundacións con esta ARA para o ano 2025.
Nun contexto de cambio climático no cal os ciclóns e as anomalías nas precipitacións son cada vez mais frecuentes en Mozambique, o obxectivo principal da visita foi o de continuar coa formación teórico práctica para a análise de inundacións co fin de que a ARA Sur poida dispoñer de estudos hidrolóxico-hidráulicos que lle axuden na toma de decisións no caso de precipitacións elevadas. Nun contexto de cambio climático no cal os ciclóns e as anomalías nas precipitacións son cada vez mais frecuentes en Mozambique.
Para iso traballouse na sede da ARA Sur en Maputo co técnico encargado da análise de eventos extremos. O traballou consistiu nunha nova fase de formación práctica para a realización de estudos de inundacións en bacías de pequena entidade co fin de facilitar a aprendizaxe e o manexo e procesado da análise e dos seus resultados. De modo paralelo, traballouse no peche da modelización da bacía piloto do Inhanombe e na delimitación de zonas inundables para diferentes períodos de retorno.
Os avances realizados, tanto nesta visita como na anterior do mes de outubro, foron satisfactorios e supuxeron unha notable mellora nas capacidades da técnico de referencia da ARA Sur para o estudo de inundacións. Este técnico xa realizara o ano anterior -grazas ao apoio do Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña-, un curso en liña de iniciación a Iber+ a través de Iberaula, algo que sen dúbida supuxo un moi bo punto de partida para a actividade.
Os traballos desenvólvense sobre o modelo hidrolóxico-hidráulico integrado de alta resolución Iber+, baseado na resolución das ecuacións 2D de augas pouco profundas. A análise dos procesos hidrolóxicos e hidráulicos que teñen que ver esencialmente con estudos de avenidas e a delimitación de zonas inundables require de diferentes fontes de información relacionadas fundamentalmente coa topografía e o relevo da bacía, os tipos e usos de chans predominantes, así como da distribución espacial e temporal das precipitacións asociadas a períodos de retorno extremos, entre outros.
Tendo isto en conta, a dispoñibilidade da información local existente na bacía ou rexión a estudar xoga un papel importante. No caso de Mozambique, do mesmo xeito que noutros países de África ou outras rexións do mundo, non se dispón con frecuencia de datos locais fiables e actualizados, polo que é necesario recorrer ao uso de fontes globais que resultan de gran utilidade á hora de paliar a carencia de información existente. Para o estudo da bacía do río Inhanombe, coa excepción dos datos precipitacións, foron utilizadas fontes de datos globais de distribución libre.
Durante a visita púidose rematar o estudo piloto da bacía do Inhanombe con base no cal foi realizada unha presentación entre o persoal técnico do departamento de recursos hídricos da ARA Sul. Na xornada interna foron presentados os resultados do estudo hidrolóxico: caudais máximos obtidos para diferentes períodos de retorno xunto cos correspondentes hidrogramas de avenidas e os seus respetivos volumes, e tamén os resultados da análise hidráulica: delimitación de todas as zonas inundables existentes dentro da bacía do río Inhanombe para períodos de retorno de 500, 100, 50 e 10 anos.
Nesta ocasión tamén houbo unhavisita a cidade de Tete, na provincia do mesmo nome na zona centro-oeste de Mozambique, coa idea de poñer en marcha os traballos sobre inundacións coa ARA Centro no ano 2025. A visita centrouse na realización de reunións coas equipas técnicas e directivas e no debate e concreción dos traballos a realizar que, nun principio, irán na mesma liña que os xa avanzados coa ARA Sul. A ARA centro (unha das tres ARA de Mozambique) é a responsable da xestión da bacía do río Zambeze, un dos grandes ríos de Africa no cal augas arriba da cidade de Tete está o embalse de Cahora Bassa que conta cunha capacidade de almacenamento de 63.000 hm3 (o 12o do mundo).
Durante a visita tamén se traballou no inicio da análise do ano hidrolóxico 2024/2025 e no apoio ao traballo de fin de mestrado en hidroloxía dun técnico do departamento de recursos hídricos da ARA Sur. Tamén houbo tempo para facer reunións coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e co Director da Facultade de Enxeñería da Universidade Eduardo Mondlane, coa cal se colabora realizando palestras baseadas nos traballos realizados coas ARA.
Sesión de formación técnica en ARA SulCon persoal técnico da ARA Centro facendo traballo de campoCartel do ARA Centro avisando sobre área inundableDetalle de graffiti no centro de Tete
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/01/photo_2025-01-29_16-24-57.jpg8231280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-01-29 15:37:192025-01-31 09:47:10Crónicas mozambicanas. Visita técnica de novembro e decembro
Como cada ano por estas datas, abrimos o prazo para solicitar unha das 3 prazas do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ao que chamamos agarimosamente PCR).
Trátase dunha experiencia inmersiva de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos que apoiamos no sur de Honduras, coas organizacións hondureñas coas que colaboramos. Hai unha formación e integración previa, cunha estancia no verán en Honduras, na que ESF Galicia se fai cargo de viaxe internacional, seguro e aloxamento (manutención e gastos correntes van a cargo da persoa participante) para, á volta, contar co testemuño de primeira man das participantes, organizando actividades de sensibilización.
Este ano o programa conta con financiamento da Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e tamén dos Fondos IRPF da Xunta de Galicia.
Pódese solicitar dende o 20 de xaneiro até o 16 de febreiro.
Calquer persoa maior de idade pode solicitar praza.
Nesta convocatoria de 2025, cada unha das tres prazas ten uns requisitos distintos, adaptados para perfiles diversos. A continuación se poden ver:
PRAZA ORDINARIA, na que calquera persoa maior de idade pode presentarse. Aquí se pode consultar as bases, requisitos valorables e prazos.
PRAZA PARA DOCENTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E FP DE GALICIA, dentro do programa Hackers Sen Fronteiras. Aquí se pode consultar as bases, requisitos valorables e prazos.
PRAZA PARA PERSOAS DO SECTOR PRIVADO GALEGO, TANTO DO EIDO TECNOLÓXICO-ENXEÑERIL COMO DA ECONOMÍA SOCIAL. Aquí se pode consultar as bases, requisitos valorables e prazos.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/01/CARTEL_web_2025_def.png14161582Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-01-28 21:58:082025-02-10 11:30:18Aberto prazo para solicitar Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2025
Desdrobarían a A55 (que sube dende a fronteiras con Portugal, en paralelo á A9), pero ter dous vías con mesma saída e chegada vai producir embotellamento en Vigo, saturar o tráfico interno, e máis co efecto chamada que teñen, atravesando ademais as zonas de Bembrive e Beade, con moita afectación.
A alternativa podería ser liberar a AP9, tramo Porriño, pois é a entrada suroeste da cidade, que está infrautilizada ao ser de pago e ter alternativas de balde, e conectaría a parte industrial da cidade con outro polo industrial, as Gándaras e con Portugal.
Plataformas locais (como Bembrive en Pé ou AutoviaA52Non) que se opoñen a esta infraestrutura, levan tempo divulgando os problemas e as alternativas, e esperamos que lles sexa de utilidade esta ferramenta visual para que as persoas sexan conscientes de onde e como lles pode afectar.
Non lonxe de alí está a plataforma contra a A57, que vén a ser un desdobramento tamén da A9, pero a partir do norte da ría de Vigo cara Pontevedra (e que en realidade é unha infraestrutura manifestamente redundante).
Con este grupo queremos tratar de que a enxeñería se poña ao servizo dos grupos máis vulnerabilizados e invisibilizados do noso entorno.
Exemplo de plano parcelario de afectacións (na cabeceira, mapa xeral de parcelas afectadas)Exemplo de mapa de afectación a infraesttuturas e edificios
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/01/P01_perspectiva-xeral-parcelas-afectadas_A0.jpg7971133Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-01-27 22:10:192025-02-03 20:28:12Visor de mapas de afectación da ampliación da autovía A52
En el programa de Lagunas de Invierno, observamos que se extiende por la laguna de La Berbería desde hace muchos años, un tipo de “zacate” (hierba, pasto) que domina en áreas extensas. De entrada, se considera que la presencia de esta planta acuática se debe al proceso de “dulcificación” que se ha venido dando en los últimos años por el progresivo cierre de la conexión con el mar, especialmente desde la instalación de las camaroneras y sus infraestructuras de canales y compuertas. Se cree que la presencia del zacate pueda influir en los equilibrios de determinados elementos químicos disueltos en el agua y con ello en el pH, lo cual es algo determinante para la vida acuática y toda la cadena alimenticia. Sin embargo, se requiere de más estudios para confirmarlo. Por otra parte, produce una limitación muy directa en la capacidad de pesca, dado que la “atarraya”, que es la red pequeña utilizada y adecuada para la captura de tallas correctas de camarón y peces, se queda enganchada en el tapiz que esta vegetación crea en los fondos de la laguna.
En el proyecto PR803D 2022-52, financiado por Xunta de Galicia, se ha comenzado a estudiar la biología y comportamiento de esta planta por parte de CODDEFFAGOLF, nuestra asociación aliada directa en Honduras para la ejecución del proyecto, en alianza con la delegación regional de la UNAH (Universidad Nacional Autónoma de Honduras). Con aguas todavía en la laguna, pero ya comenzando a bajar dado que ya terminó la época de lluvias, esta vegetación todavía se mantiene activa, pero en breve se secará completamente, dejando sus nudos de propagación en la arena. Antes de ello, se ha decidido hacer una retirada general de la planta para medir el volumen que se ha producido en la temporada de lluvias de este año y que en cierta medida se contribuya a controlar su propagación para la próxima temporada. Por ello, pescadoras y pescadores que utilizan la laguna están retirando de forma controlada y con medios manuales el zacate acumulado en un área definida de la laguna. El análisis de lo extraído y vigilar el comportamiento posterior de la planta, será determinante para conocer más sobre el equilibrio de la laguna y decidir actuaciones en siguientes fases del programa.
Esperamos que el avance en el conocimiento del comportamiento de esta planta nos confirme la hipótesis actual de que se necesita recuperar mejor la conexión con el mar para mantener las condiciones naturales de salinización, pH y composición química del agua de la laguna. Con la mejora de la conexión de la laguna con el mar, esperamos que mejore el equilibrio de salinidad y otras componentes químicas del agua y que este comportamiento expansivo de la vegetación retorne hacia el equilibrio natural que la laguna tenía antes de la alteración provocada por la actividad humana.
Recogiendo en orillaSacando a tierra lo recogidoRecogiendo en orillaRecogiendo zacate aguas adentro (en foto de portada, regresando a tierra)
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/01/Portada.png497861Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-01-18 13:09:462025-01-18 13:09:49Restauración de lagunas de invierno. Control de hierbas
En decembro coñecemos o centro gañador do II Concurso de iniciativas didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común do programa Hackers Sen Fronteiras no ensino secundario, que foi para o CPI de Zas, co seu proxecto Clics seguros en Zas. Dentro tamén do programa de tecnoloxía para o ben común en secundaria/FP, tivemos o segundo encontro de alumnas tecnólogas (primeiro desta Fase 2 do proxecto). Estes encontros pretenden dar voz e espazo de indagación para coñecer posibles barreiras das áreas tecnolóxicas para as alumnas, de cara a reducir a fenda de xénero nas mesmas. Laura, unha voluntaria da USC, puido falar no IES Sar de Compostela sobre internete e a nube, e no IES de Celanova tivemos a Eva dando uns obradoiros de “Bailes que cambian o mundo”. Para profes de Celanova, Jorge fixo un obradoiro en liña sobre Ferramentas libres para comunicación.
No Nadal tivemos o xa tradicional encontro/xantar en Santiago, que ademais serviunos para celebrar os 20 anos do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Celebrámolo cun programa especial de ESFRadio coñecendo recordos de varias das participantes ao longo da historia do programa. Ese día pola tarde, aproveitando o Nadal, tivemos a Sandra e Raquel, as nosas expas (persoal laboral español que traballa en Honduras), en Galicia. Fixemos un encontro con elas con concurso de Que sabes de Honduras incluido. Víctor, o coordinador do programa Mozambique, non se quedou atrás e fixo o mesmo. Pola mañá xa tiveramos tempo para ter un encontro e falar do futuro de ESF e da tecnoloxía para o ben común. Tamén tivemos un encontro similar de reflexión e celebración na Coruña.
En Mozambique no mes de decembro continuaron no país Víctor e Manuel, até ben entrado o mes, dentro da visita técnica e de coordinación de peche de ano. Ademais, xa se pode ver na web de Augas de Galicia o video e infografías do proxecto AquaMoz!
Podcast Pedaladas, onde se explora diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta, rutas cicloturistas, mecánica e consellos para un mellor uso da bici
Este mes traemos música protesta en galego, con Loita Amada, que ademais pecha a xira o 17 de xaneiro en Compostela.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
1 de xaneiro: Día do Dominio Público
12 de xaneiro: Día internacional polo decrecemento
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Os gobernos e ministerios de moitos países empezaron a asinar contratos coas grandes tecnolóxicas para incorporar a intelixencia artificial ás institucións públicas. Tarde o temprano darémonos conta de que son extremadamente caros e que as nosas infraestruturas públicas dependen de Silicon Valley Evgeny Morozov
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-01-14 20:47:542025-01-14 20:47:57Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2025
Non rematar este 2024 sen celebrar o XX aniversario deste programa, un dos estandartes de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Neste tempo consegueuse que case 70 persoas foran moito máis conscientes do mundo global no que vivimos con unha experiencia moi persoal e directa, e moitas máis poideron indirectamente a través das nosas “PCR” coñecer esas outras realidades.
O acrónimo do programa, PCR, é xa ben coñecido no eido da cooperación galega (e nin a súa coincidencia coa proba da COVID fixo que nos plantexaremos cambialo, bueno, un pouco si 😜).
E que mellor xeito de celebrar este aniversario que unha quedada onde moitas das participantes no programa lembraron algunha das súas experiencias, así como algunha palabriña que se lles quedou do país onde estiveron.
Recollimos isto nun programa de ESFRadio que temos o inmenso pracer de deixarvos aquí. Seguro que vos vai encantar!!
Música: “Kalimba Relaxation Music” Kevin MacLeod (incompetech.com) Licensed under Creative Commons: By Attribution 4.0 License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
Produce: Jorge Lama
Participan: Celia, Cris, Martina, Sandra, Álvaro, Maruxa, Raquel, Eva, Xoel, Almudena, Raquel, Roberto e, como moderador, Sergio.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/PCR.jpg339574Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-24 14:12:502024-12-24 14:31:3120 anos do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades
A fenda de xénero no eido tecnolóxico é unha realidade que comeza xa a percibirse no ensino secundario (por non dicir antes), e en ESF cremos que presenza da muller en todos os ámbitos é clave para unha cidadanía xusta. Por elo, durante esta fase 2 do programa Hackers Sen Fronteiras apostamos por realizar tres encontros ao longo do curso, onde alumnas da ESO con interese polo mundo tecnolóxico teñan espazo para crear sinerxias e sentido de comunidade.
Neste primeiro encontro xuntáronse 12 alumnas de 2º da ESO dos centros IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) e IES Celanova. Durante a mañá ocupamos un espazo no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), na Universidade da Coruña, onde realizamos a actividade clave da xornada, facilitada por Andrea de Rexenerando.
Andrea creou a atmosfera onde, tras facer un xogo de presentación, as mestras de tecnoloxía e matemáticas que acompañaban ás súas alumnas compartiron con elas o que as moveu a escoller esos campos, que as inspira, quenes foron ou son as súas referentes e por que cren que o mundo precisa de máis mulleres tecnólogas. Tras iso, tocoulle o turno ás rapazas de coller lápices e cores para tratar de plasmar no papel as súas reflexióńs sobre a tecnoloxía e sí mesmas. Que lles chama a atención agora; como se ven con 40 anos tras conseguir o que soñan; que barreiras e dificultades atoparon polo camiño… Á verdade é que sairon sensacións ben bonitas deste espazo de introspección persoal.
Logo do xantar, puidemos recorrer distintos laboratorios do CITEEC, e quedamos todas abraiadas co simulador de choiva e de oleaxe que teñen!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/carto-scaled.jpg19202560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-20 17:19:092024-12-20 20:12:08Primeiro encontro de alumnas tecnólogas de Hackers Sen Fronteiras Fase 2
A convocatoria enmárcábase dentro do proxecto “Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión dende escolas técnicas da Universidade galega. Fase 2”, financiado pola Convocatoria de Accións de Educación para o Desenvolvemento 2023 da Xunta de Galicia.
O obxectivo desta convocatoria é promocionar a investigación en tecnoloxías para o ben común, con pequenos aportes financieros (até 3.000 euros), con certa facilidade de solicitude e xustificación, para realizar contribucións multidisciplinares ao desenvolvemento e á promoción de novas tecnoloxías e enfoques técnico-científicos no campo da cooperación (local e internacional).
Despois dun proceso de selección a partir destas bases, foran 4 os proxectos seleccionados das 11 candidaturas presentadas (10 delas con investigadora principal muller). Unha delas foi descartada por non cumprir criterios de elexibilidade.
Aquí deixamos un resumo de como foi o desenvolvemento dos proxectos, de diversos ámbitos e temas:
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/foto_Artigo9Tech.png7121122Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-18 21:17:472025-01-21 13:13:19Rematados os 4 proxectos de investigación financiados no “II Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común” da Rede Artigo9Tech
O Centro Público Integrado de Zas acadou o premio coa súa proposta de proxecto Clics seguros en Zas. O obxectivo desta iniciativa, é a de sensibilizar ao alumnado sobre os riscos e ameazas existentes na rede e nos dispositivos dende os que acceden á ela, así como das dificultades que acarrexa a fenda dixital e o por que da súa existencia.
Para elo, o alumnado de toda a ESO traballará conxuntamente. Os cursos máis pequenos levarán a cabo a análise ética e crítica do uso dos dispositivos dixitais, e crearán contidos didácticos sobre a protección dos datos e da saúde persoal. O alumnado de 3º aprenderá sobre como protexer a nosa pegada dixital que deixamos na Internet, como crear e gardar contrasinais con seguridade e sobre o que hai detrás das condicións de privacidade das redes sociais. E 4º afondará na repercusión e beneficios do desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de carácter social por medio de comunidades abertas.
O material elaborado compartiranno uns cursos cos outros, vendo a importancia do traballo en rede, creando un punto de información sobre ciberseguridade no centro. E non queda aí. Sairán ás rúas para levar o seu proxecto ao concello e a institucións que traballen con xente maior. Deste xeito difundirán o aprendido coa xente da contorna, coidando de ser inclusivas co material xerado para non deixar a ninguén atrás.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/GanadorConcursoHsF2024.jpg10801080Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-16 18:07:452024-12-16 18:25:12Xa temos centro gañador do II Concurso de iniciativas didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.