Este ano non foi unha Cósmica ao uso [Cósmica: reunión da base social de todas as asociacións que formamos parte da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras]. Xuntámonos nun albergue de Torremolinos grazas á iniciativa e empeño dun par de persoas que tiñan moitas moitas ganas de que nos xuntásemos (sodes super-riquiñxs!!). Tamén grazas ao esforzo das compañeiras de ISF Andalucía, puidemos facer unha xuntanza que non fose a través da pantalla dun ordenador.
Nesta ocasión, a organización, actividades e talleres non eran tan importantes, xa que o que se buscaba era volver a vernos as caras en vivo e recuperar as sensacións perdidas tras un período confuso e difícil para todas.Esta Cósmica axudounos a todas a recargar as pilas e volver con moitísimas máis forza para seguir traballando. As actividades e temas a tratar foron xurdindo sobre a marcha, deixando o máis divertido para o domingo á mañá: a Asemblea Federal.
Comezamos o sábado pola mañá facendo un recap de todas as ISF para poñernos ao día e ver como nos afectou a pandemia. Tamén aproveitamos para darlle a benvida ás novatas (no caso de ESF Galicia, Alberto e Mateo, que Dani xa é un veterano). Neste espazo vimos que, pese a que fose unha etapa un pouco difícil, puidéronse sacar cousas positivas como achegamento de máis persoas interesadas a través da vía telemática ou novas ferramentas e maneiras de traballar independentes da localización da persoa interesada.
Esa mesma tarde reservamos un espazo para falar e reflexionar sobre a xustiza climática, onde se creou un debate sobre o papel de ESF nese aspecto a xurdiron algunhas ideas interesantes. Acto seguido comentamos as nosas experiencias coa acollida das novas voluntarias e puidemos ver que todas nos enfrontamos aos mesmos problemas. Ademais, o noso compañeiro Miquel de ESF Catalunya aproveitou para presentar o libro “La nueva cooperacion“, o cal se encargou de coordinar.
Despois chegou a parte máis importante…a vertebración! As compañeiras de ISF Andalucía e Baleares organizaron unha rutasca con paradas estratéxicas en puntos con algún atractivo cultural, bares, concursos de comida vegana, moitísimas risas e por riba de todo, isto serviu para coñecer xente moi guai que estamos desexando ver de novo.
O domingo pola mañá na asemblea pasaron dúas cousas bastante importantes para ESF Galicia: o noso compañeiro Mateo entra na xunta directiva federal como vicepresi (parabens Mateo e grazas polo enchufe 😉 ); e por outra parte a próxima cósmica…será celebrada polos nosos lares! Estades todas invitadas, esperámosvos aquí o ano que ven.
Esa mesma noite (o domingo) as máis valentes seguiron coa vertebración, pero xa houbo baixas porque había xente que tiña que marchar cedo ao día seguinte…
En resumo, unha experiencia top e recomendadísima, isto segue!
PD: Vémonos en Marzo na asemblea de Zaragoza, ou se non xa o outono que vén en Galicia!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/11/photo_2021-11-07_21-58-40-3.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-11-08 18:55:472021-11-08 18:57:39Cósmica 2021. Na Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras volvemos a poñernos corpo!
Temos nova web dos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia. Ademais, asinamos convenio de doazón de equipos para o Banco co Colexio de Traballo Social de Galicia e continuaron as doazóns da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC. Xa se entregaron os primeiros 15 equipos preparados cun sistema operativo GNU-Linux a Ecos do Sur, para canalizalos cara a familias que os precisan. O 5 de novembro faise a primeira formación sobre o seu uso.
A última fin de semana de outubro tivo lugar a Cósmica, reunión de base social de todas as asociacións de Ingeniería Sin Fronteras da Federación á que pertencemos. Foi nun albergue cerca de Torremolinos, e tivemos unha boa representación galega alí. Mateo entrou como vicepresidente na Junta Directiva de la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras e, tachaaaaaaaan, o vindeiro ano celebraremos a Cósmica en Galicia!!!
Estivemos traballando arreo para empezar un estudo sobre como se traballa o enfoque de tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das 3 universidades galegas. Nestas escolas, estamos xa con contactos para empezar co desafío de organizar polo menos un faladoiro presencial en cada unha delas antes de que remate o curso académico. Tamén estamos preparando unha serie de faladoiros en centros de secundaria dende o grupiño de Mulleres na Tecnoloxía.
HONDURAS
Xoel e Eva, xa na recta final da súa estancia do programa de coñecemento da realidade en Honduras, cóntannos das luces e sombras da zona Caribe do país. Chegaron de volta a Galicia a finais de outubro. Seguro que lles gustaría prolongar a estancia, pero o comezo da campaña electoral cara as eleccións do 28 de novembro, e a situación política bastante conflictiva (que a situación post-electoral pode mesmo empeorar, como xa ocorreu nas últimas eleccións xerais), determinou que a data de regreso non se prolongara. Entretanto, parece que pode haber solución para os conflictos pola saída de Honduras a mar aberto no Golfo de Fonseca, tralo acordo con Nicaragua. Pero todo ten sombras…
O proxecto de apoio ás Oficinas Municipales de la Mujer, impulso de orzamentos etiquetados de xénero na Mancomunidade NASMAR e traballo con grupos de mulleres productoras continúa tamén (é posible que sufra un pequeno parón por causa das eleccións). Está financiado pola Xunta de Galicia.
MESOAMÉRICA: Documental. La Sangre de la Tierra (48min 22seg). Axuda a visibilizar o desprezo das grandes empresas polas persoas que viven nos territorios que queren expoliar. Tampouco á administración as teñen en conta nas planificacións (que moitas veces nin se fan, como tamén ocorre Galicia)
16 de novembro: encontro informal vía teleconferencia sobre enerxías renovables Enxeñería Sen Fronteiras-Amigos da Terra-Observatorio Eólico de Galicia. Hora a determinar
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-11-05 12:28:542021-11-05 12:28:55Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2021
Estos días se ha firmado un importante acuerdo Nicaragua- Honduras sobre la salida al Pacífico por mar en el Golfo de Fonseca.
Recordemos que era una reivindicación histórica de uno de nuestros socios en Honduras, CODDEFFAGOLF, con quien llevamos trabajando desde 2008. Tradicionalmente, las patrulleras de Nicaragua detenía a lxs pescadorxs que pasaban por sus (pretendidas) aguas territoriales para salir del Golfo de Fonseca a mar abierto. Incluso habían acudido al Tribunal Internacional de la Haya, que había dictado una resolución ya en 1992, que se estaba incumpliendo en lo que tiene que ver con los derechos de salida por la tensión Nicaragua-Honduras.
En los proyectos con Enxeñería Sen Fronteiras Galicia se incluyeron desde hace años foros de debate de todos los sectores en Honduras que reivindicaban esta salida al océano Pacífico, algo muy importante para los ingresos de quienes se dedican a la pesca en la parte hondureña del Golfo de Fonseca. El presidente hondureño invitó a CODDEFFAGOLF y a otras instituciones elegidas, para estar en vivo en reunión vía teleconferencia para explicar el acuerdo. Se emitió un comunicado (ver imaxe desta entrada) donde se manifiesta el deseo de convertir el Golfo en una zona de oportunidades y no de problemas, y se invita a El Salvador a unirse a este trabajo conjunto. Esperemos que este sea el principio de una colaboración constructiva que protega a las personas menos visibilizadas, y no sólo se haga para facilitar el paso a barcos dentro del controvertido proceso de convertir en ZEDE una zona del municipio isleño de Amapala.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/10/photo_2021-10-28_03-20-33.jpg848636Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-10-28 19:19:452021-10-28 19:19:47Acuerdo Honduras-Nicaragua para reconocer la salida al Pacífico de Honduras
Parece que foi onte cando Xoel e Eva chegaron a Honduras como parte do seu Programa de Coñecemento da Realidade. Xa na súa recta final, aproveitaron uns días de vacacións para coñecer outras zonas do país (é difícil resistirse a visitar a zona Caribe!). Aquí nos contan como foi!
Estamos na recta final da nosa estadía e non nos chegan as palabras de agradecemento por ter tido a oportunidade de estar vivindo esta experiencia e poder encher a mochila de novos aprendizaxes, aventuras, lugares e persoas.
Aproveitamos a semana Morazánica para viaxar e coñecer o norte do país, lindeira ao Mar Caribe. Era obrigado bañarse nese mar e contemplar a vida que alberga nel. Comezamos a viaxe en La Ceiba, punto de conexión con todos os destinos aos que queríamos chegar.
A primeira saída foi a Cayos Cochinos, formado por 13 illotes e 2 illas máis grandes (unha delas é onde se grava o reality show Supervivientes). Estas illas da Bahía son un auténtico paraíso, onde vimos boas rosadas salvaxes, o único lugar do mundo onde se pode ir paseando e atoparse con elas, fixemos snorkel nunha das mellores barreiras de coral e puidemos observar as instalación da illa onde se fai o programa de TV que tivemos sorte de que non estiveran gravando, xa que nos meses onde se está emitindo teñen prohibido a entrada na illa e o percorrido polas súas proximidades.
Finalizamos o día por estes cayos nun onde habita unha comunidade indíxena garífuna, que resisten e loitan polo seu dereito de estar nesa terra tan apreciada polas empresas turísticas. Entre area e casas de madeira, viven 30 familias que te reciben cun sorriso, música e baile punta. Alí probamos o pan e os doces de coco, ademais do Gifiti, bebida propia da comunidade garífuna, para espantar os malos espíritos, feita con auga ardente e raíces varias.
Continuamos a nosa viaxe por Utila, pequena illa chea de turistas, hippies e persoas aficionadas ao mergullo que aproveitan a oportunidade de practicalo e sacarse algún título. E como nós non podíamos ser menos, tamén quixemos saber como era iso de mergullarse entre coral, augas turquesas e peixes de cores incribles. E foi inesquecible!
Visitamos as poucas praias públicas da illa que foron unha auténtica marabilla, xa que a maior parte dela son zonas privatizadas por resortes e casas privadas.
Rematamos a viaxe en Roatán, a illa máis grande de toda a Bahía. Nela puidemos camiñar ata as zonas máis turísticas e alucinar coa actividade que esas praias albergaba! Había persoas en kayak vendendo cocos, cócteles e demais delicias para todas as persoas que estaban desfrutando do mar. Grazas a que arrendamos unha moto puidemos ver as zonas máis aloxadas e masificadas e poder sentir a esencial real do Caribe.
En Punta Gorda existe a primeira comunidade garífuna que a día de hoxe se conserva e segue moi viva, onde hai un centro cultural que mantén viva a historia, imparte clases de punta e de cociña e demais eventos. Foi moi emocionante poder estar nesta comunidade onde teñen tan presentes as súas raíces.
Rematados estes días de ocio, diversión e moita aprendizaxe, volvemos a San Lorenzo para retomar a actividade coas copartes (as organizacións hondureñas coas que colabora ESF) e as cousiñas que nos quedan pendentes antes de volver á Galiza.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/10/photo_2021-10-15_18-15-30.jpg1280960Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-10-18 09:39:182021-10-18 09:39:19Coñecendo a realidade en Honduras. Zona Caribe, luces e sombras…
En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en setembro en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/02/BoletinSonoroESFeiro.jpg297297Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-10-16 11:38:252021-12-18 14:20:42Boletín Sonoro ESFeiro: outubro 2021
Esta vez tocamos un tema que siempre ha generado debate, tanto a nivel social como en ESF Galicia. Quisimos establecer un hilo conductor hablando de distintos problemas que enfrenta la transición energética, y viendo si en ellos la nuclear era parte del problema o de la solución.
Comenzamos comentando que ha existido mucha desinformación sobre las energías, como funcionan, ni cuánto es el % de uso de cada una, ni una mínima formación energética de la ciudadanía.
Los problemas desde cuyo prisma tocamos la energía nuclear fueron:
Emisiones de CO2
Residuos
Oligopolio y soberanía energética
Precio
Agotamiento de materias primas
Modelo de sociedad poco sostenible
Emisiones de CO2
Desde el sector nuclear dicen que no emiten, pero para que exista una central nuclear tiene que transportarse el combustible, construír, demoler, etc. En el ciclo de vida hay emisiones. Pero son mucho menores, por supuesto, que la producción a partir de combustibles fósiles, y similares a las que emiten las renovables.
☢️ MITO 30: «Las centrales nucleares emiten más CO2 que las energías renovables»
✅ REALIDAD: Según el Grupo Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático @IPCC_CH de la ONU, las emisiones de CO2 de todo el ciclo de nuclear son equivalentes a las de las renovables. pic.twitter.com/TTOmJzdLDi
— Operador Nuclear (@OperadorNuclear) June 3, 2018
Ahora mismo hay 7 centrales en funcionamiento. Si mañana mismo se cierran, estaríamos reduciendo su ciclo de vida en funcionamiento (que es justo cuando no emiten tanto CO2). El límite de 40 años del que tanto se habla es más bien el tiempo mínimo en que se amortiza, pero no tiene que ver con que estén deterioradas. Por eso, tal vez no tiene mucho sentido cerrar antes de tiempo las que ya están en marcha, siempre que se siga avanzando con decisión en la transición energética justa a renovables.
Esa transición justa a renovable precisa de tiempo, a no ser que no nos importe cierto colapso del sistema. La nuclear en 2020 fue la que más electricidad produjo en España (22%), con la particularidad de que tiene muy poca potencia instalada. Con renovables hace falta muchísima más potencia instalada para producir la misma energía (con el rechazo del Eólicos sí, pero no así, que se está dando, y que tiene que ver con la poca participación social en el diseño y planificación del sistema energético ni territorial). Por eso sería complicado (o imposible) hacer un cambio repentino si un colapso de consecuencias imprevisibles (que, de todas formas, si no se hace algo, llegará de forma desordenada, ver el último problema tocado hoy). En realidad, la previsión es que se gaste más y más electricidad, ya que se quiere trasladar el gasto de la mobilidad con fósiles a electricidad, por ejemplo. Así que es muy problemática la transición.
Al final, sin embargo, el fiar todo a ciertas tecnologías más o menos disruptivas no deja de ser una estrategia de evitación (un “patapúm palante”). Son, como dijo uno de los participantes en el ciberfaladoiro, volantazos tecnológicos. También se puede usar parte del remanente de las renovables (de ese sobrante que no se puede almacener) en fijar CO2, para hacer hidrógeno verde, con eso y CO2 metano y luego, tal vez, plásticos de vida larga. Pero en vez de intentar movernos en el respeto a los ciclos naturales, seguiríamos con los parches tecnológicos para fijar un carbono que nuestros propios procesos han liberado, en vez de acompañar más a los procesos naturales que llevan miles de años funcionando.
Residuos
En residuos nucleares es tema es de difícil solución. Básicamente es tratar de reducir su intensidad y reaprovecharlos en lo posible (en esto se están dando avances), y después “encerrarlos” en las condiciones más seguras posibles (en zonas de poco riesgo sísmico y estables). Se llegó a la conclusión de que lo ideal sería limpiar nuestra mierda (gestionar nuestros resíduos). Por lo menos tenerlos controlados (no como lo que se hacía de tirarlos a la fosa atlántica). Incluso se está bajarando mandarlos fuera de la Tierra (al sol), pero sería también un volantazo tecnológico, quitarnos nuestros desechos de encima (un poco como lo de “tira de la cadena”, que parece que nos quita responsabilidad de nuestros desechos). La “externalización” de la gestión de los deshechos propios (que en el caso de la nuclear cuesta mucho a la hora de crear cementarios nucleares por el rechazo social y la poca participación social en las decisiones sobre infraestructuras energéticas, como pasa con parques eólicos, solares…) cuesta mucho dinero (mandarlos a Francia en realidad no acaba con el problema, no están tan lejos…), y tiene que ver también con el siguiente problema de soberanía energética (que engloba todo el ciclo de vida, no solo la producción).
Oligopolio y soberanía energética
Las barreras a la transición no son sólo el oligopolio, que lo que quiere es simplemente dinero (y va a estar donde esté ese dinero). De momento las renovables tienen el problema del almacenamiento para amortiguar. Si se cierran de golpe, puede haber desestabilidad en la red, cortes, y la gente no estaría “muy contenta”. Pero qué duda cabe que el modelo energético (centralizado) y las tecnologías empleadas intensivas en tecnología y, como la nuclear, con una gestión complicada, no facilitan el control social. Es actualmente imposible hacer comunidades energéticas de energía nuclear. Tal vez se podría en un futuro, pero no serían comunidades tal como las conocemos.
Sí hay que decir que existen iniciativas e innovación, las centrales más grandes se están viendo cada vez más relegadas, apostando por centrales más pequeñas, pero sigue siendo una tecnología poco accesible para el común de la sociedad
También se está probando Torio en China y otros lugares (que podrían reducir el problema de los residuos).
Precio
Hablamos de como se fija el precio de la electricidad en las subastas (eso de que la más cara entra la última para cubrir la demanda, y es finalmente la que marca el precio de todas, que casualmente suelen ser las mismas empresas las que las proveen, lo que tiene que ver con el problema anterior). El gas (ciclo combinado) está marcando ese precio más caro. Y está caro porque China está comprando mucho (19 gaseros que tiene de déficit España, que son buques que lo traen licuado). También existen problemas con los gaseoductos desde Rusia y Argelia.
Se compartió una web interesante para ver los flujos de energía y lo que contamina cada país por producir energía.
https://app.electricitymap.org/map
Agotamiento de materias primas
Se habló brevemente de la limitación en los tipos de energía que precisan para su producción de materiales agotables, por más que se pueda avanzar en reutilización de residuos y una eficiencia cada vez mayor. El pico del uranio es una amenaza, como también lo es el hecho de que no todos los países lo tengan (igual que ocurre en metales y terras raras para implementar las renovables, que es parte del problema de la soberanía energética). Por qué no entonces apostar mucho más por I+D+I más basada en sistemas más naturales de producción de energía, más descentralizada y accesible para todo el mundo.
Modelo de sociedad poco sostenible
Dejamos para el final las divagaciones sobre posibles escenarios futuros de energía (y por tanto de sociedad). Desde un decrecimiento más o menos controlado, hasta un apocalipsis energético (o colapso), hasta una utopía de vivir sin trabajo (y cómo organizarse socialmente para llegar a ello sin dejar a nadie atrás, con renta básica universal, reparto gradual de trabajo, etc.), hubo para todos los gustos. Seguro que en un próximo ciberfaladoiro ahondamos en el tema… Mientras, dejamos aquí una publicación de la que se habló:
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/10/CiberfaladoiroNuclear3.jpg788940Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-10-05 20:39:062021-10-05 20:52:53Crónica do ciberfaladoiro sobre “O papel da enerxía nuclear a día de hoxe”
Este mes, saíu o primeiro equipo do Banco de Reciclaxe Electrónica da Coruña. Tivemos ademais unha semana de actividade frenética, con máis saídas e entradas de equipos informáticos (empezamos a entrega dunha remesa de 15 para Ecos do Sur), novas fichaxes (Manuel), a doazón monetaria para o Banco da empresa Nolegaltech (moitas grazas!) e un faladoiro sobre os bancos de reciclaxe con software libre de Galicia na Mostra do Posible de Cangas.
Empezamos a participar nunha serie de obradoiros de consulta pública que fai Augas de Galicia para a elaboración do novo Plan Hidrolóxico e tamén tivemos tempo de participar no encontro da Rede Acampa, no que puidemos falar sobre extractivismo no sur de Honduras. Ademais, celebramos o ciberfaladorio “Axuda o eucalipto ao rural galego?”, do que podes ver o resumo aquí.
Para rematar ben o mes, o 30 tivemos o primeiro encontro ESFGalicia-ESFCatalunya para aprender das experiencias de ESFCatalunya nos proxectos en Mozambique, dado que dende Galicia queremos empezar a coñecer a realidade dese país de cara á colaboración no programa que Augas de Galicia, Cooperación Galega da Xunta e a Universidade da Coruña teñen nese país.
HONDURAS
Setembro é o mes das Festas Patrias en Honduras. Alí, segue a estancia de Xoel e Eva como parte do seu Programa de Coñecemento da Realidade, e vannos contando como lles vai aquí. Na casa da cultura de San Lorenzo, houbo un pequeno obradoiro de coñecemento do corpo moi “movido” a cargo de Eva. Ademais, con motivo do día da Persoa Cooperante (8 de setembro), a nosa representante en Honduras, Raquel, con Eva e Xoel, participaron nun vídeo da Agencia Española de Cooperación Internacional explicando que é para elas “cooperación” (a partir dos 4min 15seg).
Continúan os proxectos na liña de traballo de Dereito á Auga (co apoio da Deputación da Coruña ao programa de técnicas comunitarias de xestión da auga de AHJASA) e no programa de soberanía alimentaria (como o financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e o financiado pola Xunta de Galicia de apoio a grupos de mulleres productoras e ás Oficinas Municipales de la Mujer).
Este mes voltamos ao teatro. Queremos recomendar a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E do grupo Chévere (en Galicia se estreará durante este outubro). Lembrando o Prestige dende os tempos da COVID19.
29 de outubro a 1 de novembro: Cósmica (reunión de todas as asociacións de Ingeniería Sin Fronteras de España)
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram, difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
A menos que inventemos unha enerxía milagreira, teriamos que reducir deliberadamente o noso nivel de vida
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-10-04 11:37:092021-10-04 11:37:11Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2021
Desta volta é Xoel quen nos informa sobre a estancia del e de Eva en Honduras, dentro do Programa de Coñecemento da Realidade 2020-2021, que cofinancia Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
———————————————— Xa levamos 1 mes en Honduras terra catracha! Tras as dúas primeiras semanas de adaptación xa comezamos a entender o funcionamento das xentes desta fermosa terra, a gozar da súa cultura, das súas comidas, das súas froitas, e incluso do seu clima tan diferente ao noso.
Aproveitamos as fins de semana ao máximo visitando toda paraxe natural que podemos: Illa do Tigre, Illa dos Páxaros, Praia do Amor, Praia do Venado … E tamén comunidades moi acolledoras como Ojojona , San Marcos, El Zamorano entre outras tantas… O tempo pasa voando nestes novos lares.
Comezamos as colaboracións coas organizacións hondureñas, Eva dende CODDEFFAGOLF realizando numerosas actividades e obradoiros en temas de xénero e autocoidado e Xoel dende a Mancomunidad NASMAR axudando con levantamentos topográficos para logo poder construír sistemas de auga.
Unha das actividades máis molonas deste mes foi ir ao campamento tortuguero e axudar na recuperación da tartaruga golfina. Un sono feito realidade. Apertas dende Honduras, ESFeirxs! Vémonos na próxima entrada!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/09/photo_2021-09-20_23-50-08.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-09-21 11:40:132021-09-21 11:41:32Crónica do Programa de Coñecemento da Realidade Honduras 2021, III. Tartarugas golfinas
A pasada semana, dentro dos nosos ciberfaladoiros vinculados á defensa da terra e do territorio, tocamos o tema da eucaliptización de Galicia.
Partimos da base de que as plantacións de eucalipto non son un bosque. Non se poden considerar un ecosistema completo, con todas as súas funcións. E encher o territorio de plantacións destas implica poñer en risco sistemas naturais que non acabamos de comprender, sobre todo cando se fai de xeito descontrolado, sen planificación e/ou sen seguimento e xestión (por exemplo, por non executar sancións a quen non respecta distancias de plantación, planta en territorios de concentración parcelaria, etc.).
Falamos de que posiblemente a principal razón de que continúe a aposta polo modelo de monocultivo forestal é a existencia dunha potente industria papeleira, que condiciona as políticas do goberno da Xunta dende hai lustros. Esta empresa, ENCE, é totalmente privada dende que en 2001 o estado vendera as participacións que lle quedaban na empresa.
Sen unha aposta decidida da administración pública por outro modelo non baseado no curtoprazismo e no extractivismo non imos poder saír deste círculo vicioso. Para as persoas é moi tentador unha plantación forestal que pode dar cartos en 12-15 anos. Ademais, vai seguir sendo necesario o papel, e hai quen di que se non se fai aquí o que se fará é relocalizar en lugares con menos controis ambientais e sociais, pero que aquí seguiremos consumindo papel (coa hipocrisía que iso implica). Isto fai que haxa persoas con terreos en zonas do interior aos que lles gustaría tamén poder plantar variedades de eucalipto que aguantan as condicións máis frías, e que consideran que é inxusto que se leve moitos anos con vía libre a plantacións en zonas costeiras de Galicia, e agora non permitan isto noutras zonas.
Toda esta visión cremos que non está tendo en conta os múltiples servizos ambientais, paisaxísticos e culturais do bosque. Non se poñen en valor, nin tampouco hai compensación para as persoas que manteñen leiras con bosques autóctonos, ou que reforesta con estas especies. Só o farán entón persoas que non precisan cartos e que ademais son un pouco “frikis”. Non todo o mundo vai facer como o protagonista do precioso conto “O home que plantaba árbores” (que podes atopar nesta publicación nosa onde o traducimos).
Todo isto, sen entrar no carácter pirófito desta especie, á que se lle permitiu unha expansión descontrolada (mesmo agora coa moratoria, que non fixo máis que aumentar as plantacións xusto antes de que entrase en vigor).
Así que pensamos que o xeito de romper o círculo vicioso é empezar pola administración pública competente en política forestal e de ordenación de territorio. Débese definir un modelo territorial e económico para Galicia, que dea peso ao equilibrio poboacional rural-urbano, e non sexa o de ter cidades rodeades de grandes extensións de pastos e eucaliptais sen xente que viva aló. Seguirá habendo sitio para eucaliptos, porque dan rendibilidade e teñen certa demanda (cada vez máis monopolizada, co perigo que iso implica de que de pronto caian os prezos), ademais de que poden crecer en zonas de monte non aptas para outros bosques. Pero en absoluto debería protagonizar nin condicionar as políticas forestais, e por ende de desenvolvemento rural, da administración galega.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/09/Bichero_Eucalipto.jpeg237650Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-09-15 07:59:062021-09-15 07:59:07Crónica do ciberfaladoiro “Axuda o eucalipto ao rural galego?”
En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en agosto en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/02/BoletinSonoroESFeiro.jpg297297Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-09-06 09:30:332021-09-06 09:30:34Boletín Sonoro ESFeiro: setembro 2021
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.