ESFRadio. Un tema de ESFGalicia: Bioconstrucción

Atopámonos nun momento da historia no que a capacidade do planeta para acoller á especie humana está comprometida. Cada vez somos máis, e cada vez consumimos máis… O sistema económico de crecemento ilimitado, está a levar á nosa sociedade a forzar os límites biofísicos do noso fogar, a Terra.

En Enxeñería Sen Fronteiras preocúpanos esta situación e pensamos que a tecnoloxía débese de poñer ao servizo dunha sociedade solidaria e sustentable por mor de construír un futuro mellor. Un dos dereitos básicos de calquera ser humano é o da vivenda. Pero a construción é unha das actividades humanas que consume máis materiais, cun gran impacto no medio ambiente.

Aproveitando a organización das III Xornadas de Bioconstrución, hoxe queremos falar doutro tipo de construción con varias persoas dunha asociación de referencia en Galicia, e coa que levamos anos colaborando dende Enxeñería Sen Fronteiras: ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución. ESPIGA é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 para satisfacer a necesidade social de reunión de profesionais e particulares interesados no uso de materiais sostibles, vivendas libres de tóxicos, eficiencia enerxética e respecto social na construción.

Falamos con tres persoas desta asociación: Paloma, Víctor e Marta. Quen mellor que elas para coñecer máis sobre os principios da bioconstrución

Idioma: castelán

Duración: 20min 54seg

Produce: Jorge Lama

Guión: Jorge Lama y Sergio Fernández

Presenta: Marc Romero

Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2022

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA


    O mes de febreiro foi frenético. Estivemos na EPS de Lugo con outra das actividades do proxecto “abrindo as fiestras dá universidade: Campus Terra Lugo, terra de todas” onde, con gran receptividade por parte do alumnado, estivemos a conversar temas como o extractivismo e a defensa da terra en Galicia e Honduras, no marco da materia de ordenación Rural do master de Agronomos. Por outra banda, dando inicio ao conxunto de charlas do programa de mulleres ESFeiras nas STEM, este mes estivemos coa nosa voluntaria Cristina no IES Soutomaior co faladoiro ‘ Gústame facer cousas que funcionen, e a tí?´; e no IES San Rosendo de Mondoñedo coa nosa compañeira Thais conversando sobre tecnoloxías de baixo custo para persoas con problemas de mobilidade.

    Estivemos tamén na Escola de Camiños da Coruña, na materia optativa de Introdución á cooperación na enxeñería civil, co faladoiro “Educación e tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común”.

    Do 14 ao 28 de febreiro tivemos no Centro Cultural Universitario de Esteiro (Ferrol), a nosa exposición de fotos do Programa de Coñecemento da Realidade en Centroamérica, de voluntariado en cooperación.

    En Vigo, comezamos xa o curso de Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra.

    En canto a rede dos bancos de reciclaxe electrónica (que non para de crecer), este mes de febreiro chegaron novas doazóns desde a ETSE da USC para o Banco de reciclaxe da Coruña, que ademais impartiu unha formación para familias con Ecos do Sur. Nos ciberfaladoriros de febreiro vímonos e estivemos a conversar sobre “Descifrando as criptomonedas” e “de que vai a D de ONGD?”.

    Rematando un mes cheo de actividade sumamos tamén un novo capítulo a ESF Radio “Eólicos vs Biosfera” e, en relación con este tema, ESF apoiou o manifesto de Aliente de moratorias dos eólicos en reservas de biosfera.


HONDURAS


    En Honduras as nosas compañeiras tamén tiveron semanas cheas de movemento. Este mes celebráronse actividades como parte do proxecto que está a finalizar de “Mellora do acceso equitativo de mulleres e xoves a recursos económicos do Sur de Honduras”, financiado pola Xunta de Galicia. Podes ver o resumo do traballo con mulleres aquí, incluindo o obradoiro de empoderamento de mulleres marisqueiras, aproveitando ademais a visita á zona de Araceli Serantes “Boli”, investigadora experta en educación ambiental da Universidade da Coruña. Tamén se fixo un obradoiro de arte lúdico con persoas novas.

    Por outra banda, estamos a preparar as novas propostas de proxectos para este ano, tanto no programa de Dereito á Auga como no de Soberanía Alimentaria, que esperamos presentar en breve para financiación á Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, entre otros financiadores. Crucemos los dedos!


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

Este mes imos ao cine, con ‘Mama’, curta gañadora dun Goya 2022


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

A responsabilidade humana debería aumentar de xeito acorde aos impactos que a nosa acción pode xerar.

Carmen Madorrán Ayerra




Rematando proxecto de peche da fenda de xénero en Honduras

A segunda fase do proxecto de mellora do acceso equitativo de mulleres e xoves a recursos económicos do Sur de Honduras, que financia Cooperación Galega da Xunta de Galicia, está rematando. Estas últimas semanas foron de actividade frenética.

Tivo lugar un taller para a elaboración de plans de negocios con mulleres e persoas mozas provenientes de los municipios socios de la mancomunidad para acceder a financiamento a través dun fondo rotatorio, e se fixo a entrega destes fondos ás iniciativas seleccionadas.

No outro gran eixo de traballo do proxecto, realizouse unha formación para o fortalecemento das capacidades en análise de orzamentos municipais, dirixida a a membros da red de mujeres dos municipios de Marcovia, El Triunfo e Goascorán. Incluiuse unha parte de etiquetado de xénero, tema no que tivemos durante o proxecto o asesoramento de persoal do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña (CEXEF).

Precisamente como membra do CEXEF, tivemos a visita de Boli, especialista en educación ambiental, que tivo unha axenda ben apretada e á que lle agradecemos a súa entrega. Tivo visitas institucionais na Oficina en Honduras da Agencia Española de Cooperación, a na Universidade Nacional Autónoma de Honduras (UNAH) ou coas nosas socias locais. Tamén participou en obradoiros de educación ambiental con diversas colaboradoras, como o que desenvolveu con Deisy da UNAH, sobre deseño de elementos de comunicación en materia ambiental e de xénero, onde participaron persoas da Red de jóvenes acción por el clima, da asociación ECOS, de Amigos de la Tierra Honduras e da Asociación de Mujeres en Defensa por la Vida (AMDV). Esperamos nos vindeiros días a visita dende Honduras a Galicia dunha investigadora da propia UNAH.

Obradoiro con Boli e Deisy