En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xuño en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.
Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!
Pincha aquí para escoitalo. Tamén está en spotify ou no enlace a continuación:
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/02/BoletinSonoroESFeiro.jpg297297Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-07-19 12:41:072021-08-25 11:05:26Boletín Sonoro ESFeiro: xullo 2021
Este mes, tras varios contactos a través da Coordinadora Galega de ONGD, tivemos a decepcióncoa Xunta de Galicia de que non atendera a nosa petición de considerar ao persoal cooperante como prioritario para a vacina contra a COVID19, tendo que esperar a súa quenda por idade nos casos en que van facer algunha estancia de voluntariado ou traballo en cooperación noutros países. As prioridades e a imaxe que se quere proxectar de Galicia e España parece que seguen sen ser o apoio á defensa dos dereitos humanos…
Creouse un grupo de telegram de facilitación e educación popular, pois somos moitas as persoas en ESF interesadas e formadas neste tema, e sempre está ben poder compartir ideas e iniciativas. Calquera pode unirse aquí.
Tiñamos moitísimas ganas de empezar a vernos presencialmente, e por fin puidemos facelo!! Foi nun parque de Santiago de Compostela, onde falamos sobre todo da situación en Mozambique con xente que coñece ben o que alí acontece. Esperamos empezar a achegar esa realidade a nosa base social como parte da actividade do grupo Mozambique constituído hai unhas semanas.
No IES Castro da Uz, e colaborando con Melissa, tivemos ocasión de organizar un mapatón para 4º da ESO, onde o alumnado puido mapear elementos patrimoniais e introducilos en Openstreetmap.
Tamén tivemos o ciberfaladoiro sobre “Homes feministas, grupos mixtos e desempoderamento”, do que aquí podes ver o resumo.
Rematamos o mes asinando un convenio con CITIC e coa Asemblea de aprobación de contas e de designación de cargos en xunta directiva, que entrarán en vigor cando chegue a documentación do Ministerio do Interior.
As novas persoas da Xunta Directiva de ESFGalicia, ás que lles queremos dar unha cordial benvida e transmitir o agradecemento polo seu compromiso, serán:
PRESIDENCIA: Marc Romero
VICEPRESIDENCIA: Alberto
SECRETARÍA: Zoe Chaos
TESOURARÍA: Tomás Bande
VOGALÍA 1: Carmen Troncoso
Pronto os poderedes coñecere mellor!
HONDURAS
En Honduras tivemos a boa nova da concesión dunha axuda da Deputación da Coruña de algo máis de19000 euros para continuar o traballo no programa de defensa do dereito humano á auga. Seguirá o apoio ao programa de persoal técnico comunitario con AHJASA, que se formaran en fases anteriores e xa empezaron a atender a aldeas. É importante continuar este apoio nestes primeiros meses, e máis coa pandemia da COVID19 aínda activa no país.
En xullo buscaremos financiamento na Xunta de Galicia para dous proxectos: a fase 2 do recentemente finalizado proxecto de apoio da actividade marisqueira, e a seguinte fase do programa de dereito á auga (que o aporte da Deputación complementará).
Este mes recomendamos a Mano Azagaia, rapeiro mozambiqueño comprometido coa situación do seu país. Na canción Ai de nós fai referencia a problemas actuais do país como o conflicto en Cabo Delgado ou a afectación da COVID19.
24 de xullo: Peche do prazo para presentación de traballos ao Premio Ingeniería Solidaria para TFM e TFG de Enxeñería ou Arquitectura
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia segue as nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram, onde difundimos tamén eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
O discurso tecnolóxico non é ideoloxicamente inxenuo […]. Ademais, nin remotamente temos tecnoloxía para substituír todo o que a natureza nos aporta […]. É máis, aínda que fose posible, é infinitamente máis difícil esa vía tecnolóxica que o esforzo de coidar a natureza que xa temos e o que require é poñer límites a un modelo que a devora para beneficio duns poucos.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-07-03 13:37:292021-07-03 13:37:32Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2021
Esta semana tivemos o primeiro (seguro que haberá máis!) ciberfaladoiro mixto entre persoas do grupo de homes polas masculinidades alternativas de ESF (micromachiños) e mulleres de ESF. Empezamos forte, co tema “Homes feministas, grupos mixtos e desempoderamento”.
Un dos desencadeamentos para falar deste tema foi este artigo, que compartiuse tanto no grupo mixto de telegram que temos, como no grupo específico de masculinidades alternativas.
No primeiro grupo (o mixto), onde opinaron sobre todo mulleres, xurdiu a dúbida de se o cambio dende hai unhas décadas é realmente tan radical como se di no artigo (e máis, vendo datos como o que compartimos hai pouco nas nosas redes sociais sobre a preocupante evolución de presencia das mulleres nas carreiras técnicas en Galicia). Pero si se coincide coa importancia dos grupos mixtos, aínda que seguen sendo espazos a ser manexados con coidado. En calquera caso, coincidiuse en que os grupos non mixtos seguen a ser clave. Ademais, non acababan de ver claro o relato do artigo tan enfocado a “animar aos homes ao feminismo” como vendéndolles as vantaxes de poder ser homes doutro xeito, se se logra ir desmontando o patriarcado. Hai un sentimento de que esa cesión de privilexios (desempoderamento) tería que vir motivada por un desexo de xustiza, pero tampouco se fan ilusións (de feito, é precisamente niso do desempoderamento persoal dos homes onde non vían o cambio tan radical).
No grupo de masculinidades alternativas (onde só hai homes), chirriou un pouco o concepto de “desempoderamento”. Por unha banda, vese complicado conseguir a renuncia a certos privilexios “porque si”. Por outra banda, tampouco gustaba como sona o concepto de “desempoderamento”. Houbo quen comentaba que, dado que se parte dunha posición de privilexio e que se está empregando case sempre para oprimir (neste caso ás mulleres), habería que lograr empregar ese privilexio para revertir esa opresión. Ou sexa, “empregalo para o ben”.
Xa no propio ciberfaladoiro, onde participaron 7 homes e 3 mulleres, comezouse falando do propio concepto de “home feminista”, co que algún participante non se sentía cómodo por como vía manexado a palabra en distintas correntes do feminismo. En ESF isto queda definido na nosa planificación estratéxica, como parte da nosa visión de esforzarnos cada día por ser unha organización feminista que pon os coidados e ás persoas no centro, como un principio fundamental sobre o que construír a nosa acción transformadora:
Consideramos imprescindible adoptar a perspectiva de xénero como eixo transversal e transformador en tódalas nosas accións (entendendo isto como o medio de acadar a equidade entre homes e mulleres), non só no deseño das mesmas, senón tamén no día a día da asociación e nas relacións entre as persoas que a forman. Para iso, tratamos de orientar as nosas actividades cara ao empoderamento das mulleres e a participación activa da sociedade para acadar a igualdade de oportunidades no acceso e control de recursos e beneficios e, en definitiva, á concienciación da existencia dunha fenda de xénero e á loita por reducila e eliminala. Así mesmo, consideramos necesario incluír de xeito transversal no noso traballo a educación e sensibilización dirixida a conseguir o respecto pola diversidade sexual e de xénero.
Pero foi o concepto de desempoderamento o que acaparou máis tempo de ciberfaladoiro. Abondouse no feito de que se trata dun cambio moi complicado de acadar. Non parece “moi natural” que o grupo opresor poida ceder privilexios que constrúen a opresión. Esa non cesión pode vir incluso por nin sequera ser conscientes deses privilexios (non podes cedelos se non es consciente de que os tes). Esa cesión de privilexios, ou desfacerse deles, implica que sería importante tamén ter un modelo “cara onde hai que desempoderarse”. Es modelo está por construír, e é parte tamén da loita feminista. Un modelo enfocado cara os coidados, expresar as emocións e máis equidade no reparto dos roles de aseguramento da vida. Había certo pesimismo acerca de que se producira esa cesión. Volveu saír a idoneidade de que, dende a posición de privilexio, empezara a producirse un “empoderamento alternativo” cara ese outro modelo (de masculinidade, e de relación entre xéneros).
No entanto, que podemos facer como homes? Esta reflexión ocupou a parte final do ciberfaladoiro. Algunhas das ideas foron:
Deixar o protagonismo ás mulleres, pero non deixalas soas na loita, se non dar apoio (falta moito por definir do “como”, pero polo menos non minusvalorando as súas loitas e a denuncia)
Tratar de coñecese como homes privilexiados. Facer unha autodiagnose deses privilexios, para polo menos ser conscientes deles para poder, se acaso, empezar a renunciar a eles (ou ben mudalos cara outro modelo de masculinidade, porque en realidade moitos deles máis que privilexios son lousas, moitas delas definidas no artigo que deu orixe ao ciberfaladoiro). Esta autodiagnose é complicada de facer en solitario, así que é bo escoitar as parellas, ás amigas, a outros compañeiros en grupos como micromachiños, ou en grupos de reflexión como o grupo mixto de xénero.
Cando nos empezamos a cuestionar a (in)xustiza desa desigualdade de xénero, chega unha parte complicada, que é empezar a intentar vivir máis como pensamos. Empezar a practicar a coherencia. Iso leva seguro a saír do espazo de confort, pode ser que haxa certas tensións (por exemplo no grupo de amigos de sempre cando pos mala cara ao ver actitudes machistas de alguén do grupo cara rapazas na discoteca, ou cando se contan chistes machistas, ou cando se ven certo reparto de roles nas quedadas de grupos de parellas). Atopar o punto de equilibrio entre o cuestionamento de comportamentos censurables que se vexan ao redor e simplemente practicar a coherencia (que posiblemente sexa o mellor exemplo), é tamén algo que dependerá de cada persoa. O que se viu importante neste caso é non caer na tentación da superioridade moral. Aquí todos (e todas, que tamén se falou do machismo nas mulleres) estamos lonxe de ser perfectxs, pero as máis oprimidas seguen sendo elas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/06/ESF_Feminista.jpg400400Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-06-30 13:39:402021-06-30 13:39:42Crónica do ciberfaladoiro “Homes feministas, grupos mixtos e desempoderamento”
Aínda que algo máis tarde este mes, non faltamos á cita co Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.
En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en maio en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/02/BoletinSonoroESFeiro.jpg297297Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-06-27 18:18:452021-06-27 18:19:57Boletín Sonoro ESFeiro: xuño 2021
Un Mapatón é unha reunión organizada de persoas para agregar datos a OpenStreetMap (que nos gusta definir como unha sorte de “wikipedia xeográfica” onde todo o mundo pode aportar). Este pode ser un proxecto para mellorar o mapa dunha área local, ou para a axudar ós equipos de resposta en terreo durante un desastre, ou un proxecto de mapas precisos para respostas humanitarias en curso ou futuras. Esta actividade serveu para facer unha pequena aproximación á enxeñería civil, cartografía, Software Libre e Patrimonio Cultural para alunado de 4º de ESO do IES Castro da Uz, en As Pontes. A idea inicial era facela nunha xornada, cunha parte de mañá onde se fixera unha breve introdución á recollida de datos en campo e a propia saída a campo, e pola tarde o procesado e envorcado de datos. Finalmente, por cuestións climatolóxicas, houbo que facer a parte de saída de campo o 2 de xuño, e o procesado de datos o 7 de xuño.
Levouse a cabo unha formación en ferramentas de edición de mapas libres, especificamente OpenStreetMap e, como nun traballo real, na saída fíxose unha recollida de datos no terreo, ademais de ter a oportunidade de coñecer mais sobre os distintos elementos do patrimonio cultural que se poden observar nas parroquias pontesas de San Xoán do Freixo e de Somede.
Despois da saída de campo, a sesión de edición e subida a rede OpenStreetMap de distintos fitos patrimoniais do entorno, serveu tamén para sensibilizar sobre a importancia do seu coidado e catalogación.
Sobre esta base fíxose incidencia na importancia e potencia da cooperación como ferramenta de desenvolvemento humano, aportando un exemplo práctico e real. Ademais, tamén se espera ter contribuído a aumenta o interese dos rapaces e rapazas polo voluntariado neste tipo de proxectos de coñecemento do entorno, a construción colectiva empregando ferramentas abertas e a promoción da cultura libre con datos públicos e accesibles (impulsando outro tipo de licenzas de uso, como poden ser as de Creative Commons).
Para coñecer o itinerario patrimonial realizado e outros detalles se pode consultar este guión.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/06/photo_2021-06-02_14-21-22.jpg6061280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-06-17 16:18:322021-06-18 09:09:15Patrimonio e software libre na educación secundaria: mapatón no IES Castro da Uz, As Pontes.
No mes de maio agromaron varios novos grupos de traballo en ESF:
Grupo Mozambique, que estará argallando actividades para coñecermos mellor este país (unha durante xuño en Compostela, atenta!),
Grupo de Tecnoloxía Inclusiva, para desenvolver iniciativas de baixo custo e libres de tecnoloxía para persoas con problemas de mobilidade ou percepción; agora están empezando con ratos adaptados (incluso estivemos, invitadas pola Escola de Telecomunicación, nos LPRODays, unha feira distintas iniciativas tecnolóxicas desenvoltas polo alunado nesta e outras liñas)
Grupo de Eólicos, para compartir información e buscar xeitos de facer rede coas plataformas existentes, que se resisten ao modelo de implantación de eólicos sen planificación nin participación social.
Se tes interese en colaborar con algún deles, contáctanos en info[arroba]galicia.isf.es
Houbo tempo, dende o grupo de Enerxía e Cambio Climático, para participar nun webinar sobre Dereito á Enerxía, invitadas por Solidariedade Internacional de Galicia. Tamén dende este grupo, participouse nunha clase da materia de Enxeñaría da Enerxía da Escola de Camiños, dando unha visión crítica do sistema eléctrico (e enerxético en xeral).
Seguiu o traballo do grupo do noso Banco de Reciclaxe Electrónico, que ademais participou nunha charla o pasado día 29 invitado á Feira de Voluntariado do Concello de Ames. Tivemos un xenial ciberfaladoiro onde puidemos falar coas bravas mulleres marisqueiras de Honduras, coas que participamos nun dos proxectos de promoción da soberanía alimentaria. Aquí o resumo! Non faltou o Boletín Sonoro ESFeiro do mes anterior, un podcast de 5 minutiños que é a versión sonora do BOE.
HONDURAS
En Honduras segue o traballo pola soberanía alimentaria no Golfo de Fonseca en colaboración con CODDEFFAGOLF e financiación da AECID. Por un lado, as compañeiras do Comité de Investigación Local CIAL-APROEM, estableceron un ensaIo para a mellora de dúas variedades de millo. Por outro, organizouse unha “Feria verde”, onde participaron productoras e emprendedoras do concello de Nacaome. Aquí podes velo!
Mamá se va de viaje. Neste conto (con unidade didáctica incluída) pensado para nenos e nenas de 8 a 14 años, Coral Herrera Gómez trata o tema do dereito das mulleres a ter teempo libre.
Este mes vimos moi punkarras, para recomendar o grupo Lendakaris Muertos, especialmente a súa canción “Cómeme la franja de Gaza“, desgraciadamente moi axeitada para estes días…
Para máis info sobre cursos e eventos séguenos nas nosas redes sociais twitter, instagram e, sobre todo, na nosa canle de telegram. Difundimos tamén eventos externos a ESFGalicia de temas vinculados á tecnoloxía para o ben común. Tamén podes facer que te chegue este boletín ao teu correo se o solicitas en info[arroba]galicia.isf.es
A ESF-RASE DO MES
“Vivimos nunha sociedade exquisitamente dependente das ciencias e a tecnoloxía, na que practicamente ninguén sabe nada acerca da ciencia ou da tecnoloxía” Carl Sagan
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-06-07 10:48:532021-06-07 10:48:55Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2021
Dentro das accións impulsadas no Convenio18-CO1-1126 coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, que impulsamos VSF Justicia Alimentaria Global, Amigos de la Tierra España e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, xunto con varias organizacións hondureñas que coñecen moi ben o que está a pasar, queremos resaltar un par de actividades realizadas durante o mes de maio, impulsadas pola nosa socia CODDEFFAGOLF.
Por un lado, as compañeiras do Comité de Investigación Local CIAL-APROEM, estableceron un ensaIo para a mellora de dúas variedades de millo (langueño e campesino), en Zuniga Abajo, Moropocay. A finais de 2020 fixeran tamén un con variedades de sorgo.
Por outro, a organización da “Feria verde”, onde participaron productoras e emprendedoras do concello de Nacaome. A actividade se organiza pola Mesa Seguridad Alimentaria y Nutricional de Nacaome. Alí están á venda productos locais a prezos xustos.
Feria verde de Nacaome
Mellora participativa de variedades de millo
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/05/E1mhKnSXoAMf_5r-scaled.jpeg11802560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-05-25 15:46:092021-05-25 15:47:31Segue o traballo pola soberanía alimentaria no Golfo de Fonseca
Neste día das Letras Galegas deixamos aquí o Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro.
En 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en abril en Galicia e Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e a ESFrase do mes.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/02/BoletinSonoroESFeiro.jpg297297Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-05-17 10:11:222021-05-18 07:56:40Boletín Sonoro ESFeiro: maio 2021
O sábado 24 de abril tivemos a nosa Asemblea Extraordinaria de Primavera. Como puntos a destacar: ▶️ aprobáronse as novas directrices de comunicación de ESF, ▶️ aprobouse a colaboración co grupo GEAMA da Universidade da Coruña e Augas de Galicia, para difundir o traballo que fan en Mozambique de fortalecemento técnico dos organismos de cunca hidrográfica ▶️ aprobouse iniciar o traballo en diagnose de xénero para avanzar cara un plan de igualdade ▶️ elexiuse a nova Xunta Directiva da Asociación, quedando formada por: Alberto Bragado, Carmen Troncoso, Zoe Chaos, Tomás Bande e Marc Romero. Queremos agradecer a Andreina Vargas Carrión, Irene González Veiga, Daniel Vila Barreiro e Daniel Vila Recarey por estes anos de traballo e adicación Non podía faltar un novo episodio do noso podcast ESFradio, co noso Boletín Sonoro ESFeiro de abril. Ademais, empezan as operacións do Banco de REciclaxe Electrónico na nosa oficina da Coruña, onde colaboraremos con Ecos do Sur en revivir vellas computadoras con software libre para pechar a fenda dixital en familias que o precisen. Simultáneamente, tamén en Vigo están iniciando outro Banco de REciclaxe, e nos apoiamos mútuamente coas asociacións IEEE e ACCEM. Un novo grupo se activou en ESF tras o ciberfaladoiro sobre se ESF é unha organización feminista (aquí o resumo). O grupo de xénero xa existía como foro de debate e reflexión, pero agora vai liderar o proceso de diagnose de xénero de ESF aprobado na asemblea. Ademais, dende o grupo de masculinidades alternativas de ESF (micromachiños) compartíronnos a súa lista de reprodución de música para novos homes.
HONDURAS
En abril cumplíronse 5 anos da nosa Raquel como expatriada de ESF en Honduras, onde sen ostentación, pero con moito traballo e acompañando as nosas copartes en todo momento, consolidámonos como un actor de referencia no Golfo de Fonseca. Aproveitamos para lembrarnos de Mireia, Víctor e Cris, que tamén contribuiron nos anos anteriores (dende o 2008) a esa consolidación.
No país continúa o traballo cos grupos de mulleres no programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio. Neste precioso video de minuto e medio pódese coñecer un pouco máis da vida das mulleres marisqueiras. Ademais, tivemos a boísima nova da inauguración, no mercado de Amapala, do Centro de acopio de mariscos de 4 empresas de servicios múltiples de mulleres marisqueiras de Amapala (un dos municipios onde traballamos, que ten a característica de ser en gran parte insular). Xa levan 15 días vendendo bo producto, tratando directamente con marisqueiras e pescadores, e tratando de mellorar o prezo que ofrecen os intermediarios (que, en demasiadas ocasións, aprovéitanse do traballo das mulleres e homes do mar).
ENLACES DE INTERESE
Auga
Castañas No Verán – A auga. Podcast de 76min que, neste episodio, adicouse á auga, e tivemos o pracer de participar invitadas polas creadoras do mesmo
Esta é unha nova sección de BOE, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!
Este mes quedamos cunha canción dunha artista que xa leva tempo en escea, con moitas cancións comprometidas. Trátase de Zahara, e desta volta queremos recomendarvos a súa recente canción Merichane. Non deixa indiferente…
28 de maio: Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
“Creo sinceiramente que se os líderes políticos puidesen ver o seu planeta desde unha distancia de 100.000 millas [uns 160.000 kilómetros], a súa perspectiva mudaría drasticamente. Esas fronteiras tan importantes serían invisibles”. Michael Collins, astronauta da misión Apolo 11, que faleceu a pasada semana
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-05-07 21:07:502021-05-07 21:07:52Boletín Oficial ESFeiro: maio 2021
El día 4 de mayo tuvimos la ocasión de encontrarnos para hablar sobre la situación de las familias que se dedican a la pesca y marisqueo en el Golfo de Fonseca, Honduras. Aprovechábamos el encuentro para hablar sobre el interesantísimo diagnóstico que CETMAR con el apoyo de CODDEFFAGOLF levantaron a finales de 2020 de la zona, y que recomendamos consultar a quienes tengan interés en saber más de la sociología de esta zona. Además, tuvimos la inmensa suerte de contar desde Honduras con la participación de 5 de las mujeres marisqueras, que contra viento y marea siguen impulsando su actividad, siempre abiertas a aprender e innovar, protegiendo el hábitat del que dependen ellas y sus familias. Verdaderas “mulleres bravas do mar”.
Queremos dejar aquí algunos de los hallazgos más importantes del diagnóstico, que fueron además corroborados y enriquecidos por Claudia, Judit, Alba, Lourdes y Mariela, de los grupos de mujeres marisqueras organizadas de los municipios de Amapala y Marcovia.
Momento den encuentro
Destaca la diferencia de de actividad pesquera dependiendo del género. Conchas y cangrejos lo hacen las mujeres. El hombre va a la pesca propiamente dicha (el trasmallo, un tipo de red, es el más empleado).
En más de la mitad de los hogares encuestados la dependencia de la pesca y marisqueo es muy grande (2 o 3 personas de la familia). Aun así, no les llega para cubrir sus necesidades básicas, teniendo que buscar la manera de complementarlos a través sobre todo de agricultura y comercio (pequeñas tiendas llamadas pulperías, o similar).
Las instituciones públicas no se ocupan demasiado de la pesca y marisqueo artesanal, es un sector muy invisibilizado (se apuesta más por la gran industria camaronera, por ejemplo). Pero las mujeres están mejor organizadas que los hombres. Incluso ellos reconocen esa deficiencia en las encuestas. Sin embargo, las mujeres tienen menos presencia en toma de decisiones, aun estando más organizadas, aunque es algo que va cambiando poco a poco. Actualmente empiezan a tenerlas más en cuenta, incluso en Marcovia, donde aun no tienen centro de acopio (en Amapala llevan 15 días con su centro de acopio en el mercado, donde ya están vendiendo sin participación de acopiadores).
Aun así, hay una desprotección del hábitat, ya que no se promulgan ordenanzas que regulen la explotación, que otorguen concesiones o promuevan vedas o zonas protegidas. Por desgracia el acceso es libre . Por eso les es tan dificil a ellas estar pendientes, porque luego llega gente incluso de otras zonas y recolectan sin control (incluso las semillas sembradas). Al final esa vigilancia que hacen no tiene respaldo institucional y se arriesgan a enfrentamientos violentos. En Galicia llevó mucho tiempo esa regulación y “profesionalización” del sector, a través de cofradías y sistemas de distribución como las lonjas. Aun hoy se dan situaciones de furtivismo a pesar de todo… Pero es una buena dirección hacia la que avanzar.
En los siguientes eslabones (transformación, comercialización) es cuando aumenta el valor añadido, y no en la producción, que es de lo que se ocupan las mujeres marisqueras, aunque es algo también que se quiere mejorar.
Existe una gran dependencia de la figura del acopiador o intermediario (es común a casi todos los lugares de Centroamérica). El acopiador es alguien que se acerca a su zona a comprarles lo que capturan. Muchas veces es quien alquila insumos y materiales para salir a pescar, y luego marca los precios. Casi una relación feudal. Pescadores y mariscadoras están en situación de desventaja. La estrategia de diferenciación y añadir valor aun no se ha dado lo suficiente, es algo también a explorar, lo mismo que otras técnicas como la de siembra de semillas de marisco (también lo vieron cuando dos de estas mujeres visitaron Galicia en 2019).
Algunas de las mujeres marisqueras en plena faena
Un problema es que las disputas entre distintos intereses en el Golfo de Fonseca frena el desarrollo de políticas integrales para su protección. Hay datos que hablan de más de 200.000 personas en situación de emergencia alimentaria en la zona del Golfo de Fonseca. Esto hace que se someta el recurso a más presión. Es un tema a tener muy en cuenta en las acciones futuras, porque además se añade la contaminación, el cambio climático (que afecta a esta zona de trópico seco muy especialmente) y los mencionados intereses extractivistas (con la amenaza de las ZEDES, agricultura industrial, canal seco centroamericano), así como la ausencia de enfoque de cuenca hidrográfica en la gestión del agua. Sería muy importante un estudio en profundidad de todo el Golfo en sus afectaciones, calidad de agua, etc. Muchos ríos que desembocan en el Golfo, portando agrotóxicos, residuos de minería y otros, agravándose todo con deforestación de manglar y salinización por sobre-explotación de pozos por grandes plantaciones de meloneras, caña de azúcar…, que favorecen la penetración en tierra de la cuña salina.
Si se quiere conocer más de la vida y el trabajo de estas “mulleres bravas” os recomendamos este precioso vídeo de minuto y medio y este otroelaborado por las propias mujeres marisqueras.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2021/05/photo_2021-04-27_21-43-44.jpg7251228Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2021-05-05 21:05:052021-05-05 21:05:08Ciberfaladoiro: a vida das mulleres marisqueiras do Golfo de Fonseca, Honduras
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.