Nela participaron 25 homes e mulleres de 5 grupos organizados das comunidades de: Ojo de Agua, Agua Caliente, Nueva Concepción (del municipio de El Triunfo), El Quebrachal en el Municipio de Namasigüe.
O propósito foi fortalecer aos grupos mediante o desenvolvemento de destrezas esenciais para enfrontar os desafíos da vida cotiá. Tivo catro módulos:
Autocoñecemento
Xénero e Novas Masculinidades
Liderado e Cultura de Paz
Liderado Xerencial
A valoración foi moi positiva por parte das participantes e este último día, coa entrega de certificados, tivo un carácter festivo e lúdico.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/12/GBpYrLGXAAARVJC.jpeg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-12-20 21:13:012023-12-20 21:13:02Remata a Escuela de Habilidades para la Vida
A pasada semana houbo moita actividade no programa de Soberanía Alimentaria que desenvolvemos no sur de Honduras xunto con CODDEFFAGOLF. Por un lado, a visita técnica do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e, por outro, un dos días, a visita do embaixador de España en Honduras xunto cunha delegación da Cooperación Española no país.
As compas do CETMAR compartiron as súas experiencias na adecuada xestión da investigación para mellorar os recursos mariños costeiros, así como o desenvolvemento e innovación na pesca. Estiveron a traballar cos colectivos de mulleres marisqueiras de Amapala, Marcovia e San Lorenzo. Tamén levaron a cabo reunións de coordinación con diversas institucións gobernamentais e municipalidades.
Houbo unhas primeiras tomas de contacto con productoras, e con distintas institucións do sector da pesca e o marisqueo do sur de Honduras, como a Dirección General de Pesca o la universidad.
Primeiras formacións e toma de contacto con productorasFoto de familia dos primeiros encontrosPrimeiras formacións con persoal de CODDEFFAGOLF e outras institucións
O día 20 foi a visita do Embaixador de España en Honduras, Diego Nuño García, así como a delegación da Cooperación Española e Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). O propósito da visita foi coñecer de cerca a perspectiva do sector pesqueiro e marisqueiro no municipio de Amapala. Tiveron a ocasión de falar con mulleres marisqueiras e pescadoras dos grupos aos que apoiamos co programa de soberanía alimentaria e defensa da terra, co proxecto financiado por AECID e o proxecto financiado pola Cooperación Galega (no que se encadra a visita de CETMAR).
Aproveitouse a visita para facer formacións con CETMAR. Compartíronse vivencias relacionadas coas tarefas cotiás da recolleita de mariscos, así como coas costumes e coñecementos que a rodean. Posteriormente, brindouse a oportunidade de experimentar na creación de novas receitas, usando os mariscos como ingredientes principais. Ademais, realizouse unha reseña da actividade marisqueira en Galicia para identificar que accións se poden considerar para a súa aplicación.
Probando novas receitasTomando mostras na zona de pescaFoto de familia con Embaixador e Cooperación Española
Ao final da semana levouse a cabo unha avaliación das actividades realizadas. Compartíronse valiosas observacións para mellorar os seguimentos da calidade da auga e das poboacións de moluscos bivalvos. Isto permitirá establecer un mecanismo de alerta temperá directamente desde as comunidades, liderado polas mulleres marisqueiras que son peza chave como investigadoras comunitarias. Pero tamén houbo tempo para visitar as lagoas de inverno onde se desenvolverá o programa de restauración, que comeza neste 2023.
A impresión xeneralizada foi dunha semana moi fructífera, de compartir e aprender, fortalecendo as redes de traballo con diversos actores.
Visita ás lagoas de invernoNa avaliación, construindo protocolo de toma de mostras para as mulleres marisqueirasFormación-peche con CETMAR
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/09/PortadaWeb-scaled.jpeg12232560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-09-28 18:01:302023-09-28 18:01:32CETMAR e a Cooperación Española visitan o proxecto de mulleres marisqueiras no sur de Honduras
No marco do proxecto de marisqueo que financia Cooperación Galega da Xunta de Galicia, que desenvolvemos con CODDEFFAGOLF, en febreiro seguiron as reunións con axentes responsables da vixilancia e cumprimento da normativa ambiental nas zonas protexidas da rexión sur, especialmente nas áreas mariñas e costeiras. En proxectos anteriores, apoiárase a posta en marcha e articulación da Fuerza de Tarea Interinstitucional (FTIA), que ten a misión de vixilancia e seguimento de delitos ambientais no territorio. Despois dos cambios institucionais derivados da renovación do goberno tras as eleccións xerais de finais de 2021, procedía retomar o camiño para o fortalecemento deste espazo de articulación.
Neste proxecto é crucial o seguimento e protección das persoas que exercen a actividade marisqueira, especialmente en áreas protexidas, onde hai unha gran presión polo control dos recursos por parte de distintos sectores. É crucial protexer os medios de vida das familias pescadoras e mariscadoras, así como o seu dereito a extraer os recursos dunha forma sostible como o desenvolveron ata agora. O fortalecemento da FTIA, xunto coa mellora da aplicación SIROS, que permite o rexistro de incidencias ambientais a modo de denuncia social, de forma anónima, buscan en conxunto contribuír a garantir a seguridade no acceso aos recursos mariños e costeiros por parte das poboacións da zona.
A reunión comezou coas palabras de benvida a cargo de Nicia Sagastizado, seguida da presentación persoal dos membros das diferentes institucións presentes (SERNA Mi-Ambiente, DIGEPESCA, CODDEFFAGOLF, ICF). A continuación, realizouse unha pequena reseña histórica sobre o papel que desempeñou a FTIA por parte do director rexional de DIGEPESCA, Lorenzo Turcios, e o Sub-Director de CODDEFFAGOLF, Jose Ely Gutierrez. Seguido, o fiscal do MP, Héctor Paguada, compartiu cal é a axenda do MP ante a FTIA, ratificando o seu apoio aos debidos procesos, argumentando que se necesita vincular á DPI, Policía Nacional e ao Exército. A directora de SERNA expresou o seu compromiso coa articulación da FTIA, asegurando o compromiso da institución. O capitán Maradiaga da Fuerza Naval de Amapala, expresou o compromiso da Naval coa protección dos recursos naturais e do ambiente, resaltando a importancia da FTIA. Enrique Vega menciona que a FTIA xurdiu no Estado Maior Conxunto en Tegucigalpa, e foi ese ente quen designou ao MP como a institución responsable de liderar e coordinar as accións da FTIA. O capitán Daniel Andino de Marina Mercante tamén expresou o seu compromiso coa FTIA e propuxo que se remitiran algúns casos ao departamento de Protección do Medio Mariño da Dirección Xeral de Marina Mercante. A xornada rematou co abordaxe dos acordos e compromisos fixando unha data tentativa para a seguinte reunión.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/03/imagen.png6681089Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-03-02 14:12:122023-03-02 14:12:15Honduras. Segue o programa de soberanía alimentaria no eido do marisqueo
Este proxecto é a Fase 1 dun programa de marisqueo, con vocación de continuidade, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, así como do Programa de Pesca e Marisqueo da nosa socia local CODDEFFAGOLF. O proxecto se realizará co apoio do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC(Cartolab). Para o deseño traballouse coa delegación na rexión da Dirección Xeral de Pesca, que tamén participará na execución. Está financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Esta Fase 1 xorde da experiencia dun proxecto anterior sobre marisqueo, executado en 2019-2020. O devandito proxecto deixou grandes aprendizaxes en canto ao sector, xerou unhas dinámicas de unión e articulación cos actores en materia de pesca e marisqueo, e tivo que adaptarse a dúas situacións de cambio de contexto intensas:
Todo isto, derivou nunha perda acentuada da capacidade de xeración de ingresos dos grupos de mulleres mariscadoras beneficiarias, tanto polas limitacións de mobilidade pola pandemia e a crise posterior, como pola perda de recurso coas mortes. En 2022 deuse a maiores outro cambio de contexto de importancia, que é o cambio de goberno en Honduras, tras as eleccións de novembro de 2021, cun xiro das políticas que, a priori, parece que apoiarán ao pequeno/a produtor/a e ao feminismo.
Estas circunstancias supoñen un cambio nas prioridades identificadas no sector:
1ª. Existe unha preocupación pola sustentabilidade ambiental e de saúde xeral do recurso marisqueiro, sendo necesario ampliar o coñecemento respecto diso;
2ª. Vese máis necesario mellorar a articulación dos diferentes actores, cos seus diferentes perspectivas e capacidades, para facer fronte a un problema complexo como é a regulación e sustentabilidade da actividade
3ª. Identifícase a debilidade social e económica dos grupos tras a crise debida á pandemia, o illamento derivado das restricións e o aumento xeneralizado das violencias intrafamiliares e comunitarias e, por outra banda, a falta de actividade económica ocasionou unha descapitalización nalgunhas familias.
O programa enfócase á sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres. Pódese considerar por tanto en si mesmo como unha acción afirmativa en xénero. Este proxecto céntrase nos 3 resultados:
o fortalecemento dos grupos desde un punto de vista de mellorar a súa autonomía e reducir dependencias para a toma de decisións e acción en materia de xeración de alternativas económicas e incidencia
a articulación horizontal e vertical de actores do sector
a posta en marcha das alianzas entre actores para sentar procesos de xeración de coñecemento, orientados á ordenación ou regulación da actividade.
Cos grupos, se pretende mellorar a súa capacidade económica e de toma de decisións de forma proactiva. Se reforzarán aspectos de xestión organizativa, incluíndo compoñentes de xestión emocional. Daranse capacitacións e insumos para a experimentación en formas de engadir valor agregado aos produtos do mar. Trátase de aprender técnicas, experimentar cos seus propios recursos e probar a venda en diferentes formatos, analizar os resultados e ir establecendo negocios con mellores rendementos.
Cos actores, traballarase a mellora da gobernanza do sector na rexión sur abordando: o reforzo da Comisión de Bivalvos establecida no proxecto de 2019-20, dándolle un protagonismo importante na xestión e decisións do proxecto a nivel de tomadores de decisión e titulares de responsabilidade; reforzando as reunións e capacidade de axencia das mulleres marisqueiras, dando seguimento á Axenda de incidencia das mulleres marisqueiras definida no proxecto anterior. A través do comité de seguimento local do proxecto que incluirá a comisión de bivalvos e representantes dos grupos de beneficiarias, iranse tomando decisións estratéxicas do proxecto e xerando dinámicas de acción.
En alianzas traballarase na compoñente de xestión e xeración de coñecementos, cun enfoque a curto, medio e longo prazo, sendo este un eixo fundamental e estratéxico a nivel de programa. Nesta fase 1 do programa maduraranse e farán máis específicas as metodoloxías de mostraxe e tratamento da información, xeraranse outras novas, darase capacitación específica a tomadores de decisión e titulares de responsabilidade, constituirase unha rede comunitaria de alerta temperá e unha rede de voluntariado para a toma de mostras e datos de seguimento (calidade de auga, inventario do recurso, etc). Realizarase un ensaio de cultivo de moluscos con dobre finalidade: coñecer a técnica para poder ter unha resposta rápida para a rexeneración en caso de repetirse sucesos de mortes de moluscos, e avanzar no coñecemento para a produción de moluscos con cultivos, extrapolando así o coñecemento de anos de Galicia neste campo. Para todo iso contarase co apoio técnico da Fundación CETMAR en Galicia.
FICHA
Título: Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras.
Data execución: xaneiro 2022 a decembro 2023
Orzamento: 257.684,17 euros
Aquí deixamos un vídeo que ilustra moi ben o traballo dos grupos de mulleres e a incrible beleza do entorno que están coidando
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/07/1280-674-max.jpg6741280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-07-11 21:42:492023-04-27 14:04:18NOVO PROXECTO. Mellora da sostibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.