Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
En xullo xuntámonos á beira do río Tambre, na área recreativa Os Pasos, para disfrutar dunha viaxe de reflexións acerca de como percibimos, empregamos e consumimos tecnoloxía mentres a plasmabamos no papel. Como nos afecta a nós? E a outrxs?
Agora podes escoitar as historias dalgunhas das participantes ▶️ AQUÍ.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/10/b7b910071c3032cc.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-10-27 11:12:262025-10-27 14:12:16ESFRadio. Obradoiro de escritura creativa: Decrecendo a tecnoloxía
Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Chega o segundo programa do ano neste novo formato trimestral do boletín sonoro. Son programas un pouquiño máis longos (15 minutos), pero con máis contexto das actividades que vos contamos, e tamén das novas que nos chamaron a atención.
Segue o esquema dos boletíns escritos de cada mes, falando das actividades realizadas en Galicia, en Honduras, en Mozambique, escolma de novas que nos chamaron a atención, recomendación artística (desta volta un xogo de mesa!), datas vindeiras de interese e a ESFrase do trimestre.
Pódese ver a información deste boletín sonoro ampliada nos BOE de maio, xuño e xullo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/BoletinSonoro2T_25.jpg7941123Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-19 22:44:362025-08-19 22:44:41Boletín Sonoro en ESFRadio. 2º trimestre 2025
Neste programa de ESFRadio quixemos chamar a atención sobre un tema do que non se soía falar demasiado nos activismos tradicionais: os coidados das persoas activistas.
Cando o obxectivo é defenderse dunha ameaza concreta e acuciante, a cousa convírtese nunha guerra, cos seus códigos e xeitos de organizarse e actuar. O obxectivo final é claro, e todos os recursos se poñen ao servizo de acadar ese obxectivo. As formas, o como traballar e organizarse, quedan aliñados só con vencer nesa loita. Este enfoque (moi vinculado ademais á masculinidade tóxica), é irremediablemente incompatible co benestar das persoas que, no caso do activismo, soen ademais estar colaborando no seu tempo libre (non é o mesmo que nos exércitos, onde sóese estar por obligación ou coacción, ou en traballos alienantes, onde sóese estar por necesidade perentoria).
Ás veces hai hiper-liderados que tiran moito pero outra xente non da seguido o ritmo e se desengancha. Outras veces as persoas que máis lideran teñen moita sobre-exposición, que afecta á súa vida persoal e laboral (e mesmo ás veces como foco de ameazas ou acoso, cando non cousas peores). Tamén pode ocorrer que as persoas que soen estar no núcleo máis activo poden sentirse soas ou non entender os ritmos máis lentos ou discontinuos das outras persoas… Como lidiar con isto? Como podernos coidar mentres coidamos o territorio? É importante mellorar os espazos de coidados? Como facelo? Que podemos aportarlles as asociacións máis xeneralistas como ESF, que podemos permitirnos facer un activismo máis “slow” ou menos acuciante?
Quixemos falar de todo isto cunhas compas ás que xa nos une un tempiño de colaboración e coñecemento mútuo. Estivemos con Maruxa de Colectivo do Vento de Campolameiro, Roberto tamén de Colectivo do Vento e tamén da nosa base social e Isabel da Plataforma Mina Touro-O Pino Non. Con Sergio lanzando preguntiñas e Jorge á produción, pasamos un rato agradable nunha contorna moi linda, na praia fluvial da Tarroeira, ás beiras co río Tambre, en O Pino.
E rematamos cunha visita ao redor da zona cero da mina Touro-O Pino, onde entendemos aínda mellor o conflicto que se está a vivir.
Maruxa e SergioRoberto e IsabelVista xeral do “estudio”Unha zona da antigua mina onde se plantaron eucaliptosComentando aspectos técnicos do fallido proxecto de depuración de efluentes da escombreira da antigua minaDetalle de efluente da escombreira mal sellada, que vai a cuneta de pluviais da estrada que sube ao polígono industrial que se promoveu sobre a escombreira
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/photo_2025-08-01_16-15-26.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-01 14:27:512025-08-01 14:28:37ESFRadio. Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra
Durante o pasado mes de maio o alumnado de 2º da ESO participante na radio do IES San Rosendo (Mondoñedo) estivo inmerso nun Comando Hacker sobre ética no xornalismo.
Alberto Quián, docente do mestrado de IA e Xornalismo da USC, achegoulles as chaves para facer unhas boas entrevistas e investigacións e tamén lles expuso os peligros das fake news e o transfondo do clicbait. Unha semana despois, o alumnado desprazouse ata a Escola de Camiños da UDC, onde temos a oficina de ESF. Alí entrevistaron a distintas persoas da base social de ESF para coñecer os proxectos que levan a cabo, a súa traxectoria como voluntarix ou profesional na organización así como as súas inquedanzas persoais. Por outra banda, no mesmo día tiveron un espazo de exposición e conversa, que tamén quedou recollido a modo de entrevista inversa, arredor de dúas problemáticas medioambientais da contorna de Mondoñedo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/06/99039881b5515efb.jpg11411280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-06-11 15:07:272025-06-11 17:27:04Comando Hacker de Xornalismo Ético
Neste novo programa de ESFRadio temos connosco a Alberto Molares, que é químico de formación, pero que leva o activismo no sangue. Moeda social con experiencias como A Sabia Moeda Social, soberanía alimentaria e recuperación da sabedoría rural dende a Fundación Galicia Verde (xusto esta finde foi a súa duodécima Feira de Sementes e Plantóns Tradicionais) e dende hai un tempo tamén en Enxeñería Sen Fronteiras, onde forma parte da nosa Xunta Directiva dende hai unhas semanas. Unha cousa que lle quita o sono é toda a tan traída e levada transición enerxética. Con el, falamos sobre a importancia de abordala de xeito participativo, consensuado, urxente e democrático.
Tamén falamos sobre a conexión indisoluble entre o sistema enerxético e o socioeconómico polo que seguramente toque, dende xa, buscar un novo pacto social que nos permita reducir o consumo desmedido de enerxía (e doutros recursos) se queremos manter a vida no noso planeta.
AQUÍ vos deixamos o programa, e aquí tamén queda unha presentación ben completiña sobre o tema, con datos moi clarificadores.
Entrevista: Sergio Fernández Produce: Jorge Lama
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/05/ESFRAdio_2025-05-26_16-57-26-e1748292675405.jpg1280995Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-05-26 21:00:442025-05-27 07:29:02ESFRadio. Por que (e como) facer a transición enerxética?
Benvidas ao Boletín Sonoro Esfeiro deste primeiro trimestre de 2025. Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
En 12 minutiños falamos de:
Actividades deste trimestre de Enxeñería Sen Fronteiras en Galicia e nos países de traballo: Honduras e Mozambique
Escolma de novas relacionadas con tecnoloxía para o ben común que nos chamaron a atención
Datas vindeiras sinaladas na axenda
Recomendación artística
A ESF-Frase do trimestre
Todo o que contamos aquí podes atopalo ampliado nos nosos Boletíns mensuais.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/04/cartel_WEB.jpg7941123Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-04-14 19:08:172025-07-28 14:50:25ESFRadio: boletín sonoro do 1º trimestre de 2025
Non rematar este 2024 sen celebrar o XX aniversario deste programa, un dos estandartes de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Neste tempo consegueuse que case 70 persoas foran moito máis conscientes do mundo global no que vivimos con unha experiencia moi persoal e directa, e moitas máis poideron indirectamente a través das nosas “PCR” coñecer esas outras realidades.
O acrónimo do programa, PCR, é xa ben coñecido no eido da cooperación galega (e nin a súa coincidencia coa proba da COVID fixo que nos plantexaremos cambialo, bueno, un pouco si 😜).
E que mellor xeito de celebrar este aniversario que unha quedada onde moitas das participantes no programa lembraron algunha das súas experiencias, así como algunha palabriña que se lles quedou do país onde estiveron.
Recollimos isto nun programa de ESFRadio que temos o inmenso pracer de deixarvos aquí. Seguro que vos vai encantar!!
Música: “Kalimba Relaxation Music” Kevin MacLeod (incompetech.com) Licensed under Creative Commons: By Attribution 4.0 License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
Produce: Jorge Lama
Participan: Celia, Cris, Martina, Sandra, Álvaro, Maruxa, Raquel, Eva, Xoel, Almudena, Raquel, Roberto e, como moderador, Sergio.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/PCR.jpg339574Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-24 14:12:502024-12-24 14:31:3120 anos do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades
Continuou a formación das 3 participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, cun encontro en liña para falar de diversos aspectos de Honduras, especialmente nos relativos a seguridade e saude.
Tivemos o 1º Ciberfaladoiro Feminista de ESF, falando de Teoría feminista. Esperamos deixar pronto unha crónica por se non puideches estar!
Participamos na campaña en liña a prol das Comunidades Enerxéticas, para recoller sinaturas para que o goberno do Estado Español ás potencie. Tamén estivemos na manifestación en Palas de Rei contra a instalación da fábrica de celulosa da empresa ALTRI, e aquí deixamos as razóns polas que nos opoñemos.
HONDURAS
En Honduras maio foi un mes de actividade intensa.
outra formación realizada foi sobre uso e manexo da Plataforma HONDUCOMPRAS, co obxectivo principal de fortalecer a transparencia e eficiencia na xestión pública municipal
Durante o mes de maio e xuño se están preparando dúas propostas de proxectos, unha no programa de dereito á auga e outra no de soberanía alimentaria, para conseguir financiación da Cooperación Galega da Xunta. A ver se hai sorte!
MOZAMBIQUE
No programa de Mozambique, tivemos a boa nova da autorización da sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para levar a cabo a quinta fase do programa AquaMoz. En concreto, destíñanse 332.500 euros para levar a cabo a iniciativa até 2026, o cal é moi bo, xa que pasamos de convenios anuais a este trianual, que implica máis continuidade e facilita a xestión. Ademais, continua o traballo coas tres Administracións Regionais da Auga (ARA) do país, empezando a entrar na xestión de inundacións, que será a vindeira liña de traballo, tras varios anos centrándose en secas.
Este mes vimos co noveno arte, o cómic. El cielo en la cabeza, de Antonio Altarriba, Sergio García e Lola Moral, fálanos da historia dun rapaz congoleño chamado Nivek e da súa odisea.
E NO PRÓXIMO MES …
2 de xuño: Día Nacional da Doazón de órganos, tecidos e células
Do 18 ao 21 de xuño: Interesantísima Degrowth Conference (Conferencia sobre Decrecemento) 2024 en Pontevedra. Unha oportunidade única para participar en debates sobre distintos aspectos do decrecemento, con expertas de distintos países. PROGRAMA. INSCRICIÓN
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-06-07 21:10:402024-06-14 22:08:27Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2024
Se prefires a versión resumida sonora, aquí tes o Boletín Sonoro de abril.
CONTIDOS
Vida Asociativa
Honduras
Mozambique
Enlaces de interese
Recomendación artística
E no próximo mes …
A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Comezamos o mes coa sinatura convenio coa Universidade da Coruña para desenvolver actividades de aprendizaxe-servizo. Ademais, temos xa rexistrados e aprobados polo Ministerio del Interior os novos estatutos de Enxeñería Sen Fronteiras. Ademais, contamos nun breve vídeo o que dende ESF podemos aportar ao novo programa Galicia Abriga, para protección de defensoras de dereitos humanos. Tamén tivemos un encontro da base social de Vigo aproveitando a acollida das persoas que van participar no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades 2024, así como un ciberfaladoiro sobre “O de telegram”, onde tivemos ocasión de falar sobre soberanía dixital. Deixamos unha pequena crónica. Tivemos tempo tamén de facer un faladoiro sobre Dereito á Auga na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela.
Pero, sen dúbida, a actividade máis importante de marzo foi a visita que Mariela e Verónica, mulleres bravas de Honduras, fixeron a Galicia. Aquí deixamos unha breve crónica escrita, unha en formato audiovisual, ademais dunha entrevista a Mariela e outra a Verónica. Tamén se poden ver os distintos eventos aquí. Foi unha visita intensa e moi enriquecedora. En outono, outra visita chegará a Galicia, pero neste caso será unha activista que se quedará varias semanas. Máis información sobre o programa na súa web mulleresbravas.gal.
No mes de marzo traballouse coas tres Administracións Rexionais da Auga (ARAs) de Mozambique (Sur, Centro e Norte) na análise final da época chuviosa que vai dos meses de outubro a abril. Para iso traballouse no intercambio de información e análise cos puntos focais das tres ARAs no estudo das precipitacións co fin de obter os resultados e capacitar aos técnicos locais no manexo dos datos. De modo paralelo, traballouse coa ARA Sur na mellora do seu boletín de seca e os procesos de xestión da mesma, e avanzouse coa titoría do TFM do mestrado de hidroloxía da UEM que está a realizar un técnico da ARA Sur. Parte do traballo tamén se centrou na preparación da campaña de difusión do proxecto AquaMoz, que se realizará nas próximas semanas.
Este mes fixámonos en iSlave, obra que se estrea nos Teatros del Canal de Madrid. Trátase dunha obra que une disciplinas como teatro, danza, música ou performance para reflexionar sobre a esclavitude das pantallas. Oxalá se puidese traer a Galicia…
E NO PRÓXIMO MES …
7 de abril: Día Mundial da Saúde
8 de abril: Pecha o prazo para apuntarse ao Curso: “O territorio dixital, territorio de coidados”, de 17 a 19
13 de abril: XUNTANZA DE PRIMAVERA DA BASE SOCIAL DE ESF. Ás 10h no Centro Social As Fontiñas, Santiago de Compostela
17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
18 de abril: faladoiro na Escola Técnica Superior de Enxeñería sobre participación en ESF e posibilidades de TFM-TFG en cooperación. 12:30 no salón de actos
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Na loita pola soberanía, a cousa vai de comunidades. Ninguén inventa, constrúe ou programa en solitario, sinxelamente porque a complexidade da tarefa é tal que eso resultaría imposible.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-04-08 17:10:362024-04-15 21:27:19Boletín Oficial ESFeiro: abril 2024
Tivemos a boa nova de que, un ano máis, estaremos na ESlibre cun faladoiro ben interesante de tecnoloxías libres para reducir o impacto ambiental das TIC.
No mes de febreiro traballouse na formulación das accións da nova fase do convenio, que estará centrada en eventos extremos e na cal se traballará coas 3 Administracións da auga de Mozambique (ARAs) en accións relacionadas coa monitoria da seca (dándolle continuidade ás actividades da fase anterior). Tamén se traballará coa análise de inundacións mediante a realización de estudos, empregando un modelo hidrolóxico-hidráulico integrado (utilizando o software gratuíto IBER) e alimentado con bases de datos globais de libre acceso. Ademais destas accións, nesta nova fase daráselle continuidade as actividades de sensibilización e divulgación en Galicia. Por outra banda, con base no estudo realizado co apoio do grupo GEAMA da UDC para a ARA Sul en relación ás inundacións do 2023 na bacía do río Umbeluzi, realizouse unha publicación na revista Natural Hazards and Earth System Sciences. Nela, póñense en valor a alto nivel -a revista é das de maior impacto en desastres a nivel internacional-, as metodoloxías empregadas para estudos de eventos extremos en contextos de cooperación con medios e recursos escasos, como ocorre en Mozambique. A principio de febreiro ademais tivo lugar unha xuntanza do grupo de Mozambique, en Compostela, para coñecer de primeira man o traballo realizado nas estancias de Víctor e Manuel a finais de ano.
6 de marzo: pola tarde. Encontro informal en Vigo da base social con Mariela e Verónica, as mulleres bravas de Honduras que visitan Galicia. AQUÍ se pode ir vendo o programa actualizado.
8 de marzo: actividades polo día das mulleres traballadoras. Mariela e Verónica estarán en Ourense, acompañando á Marcha Mundial das Mulleres nas súas actividades dese día
9-10 de marzo: encontro con plataformas de defensa da terra en Tronceda (Ourense)
11 de marzo: 12h. Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPS) Lugo. Sala de Xuntas (edificio central). Mesa redonda “Mulleres Bravas defensoras da terra en Honduras e Galicia“, con María Verónica Rodríguez (Honduras). Labrega e defensora da terra Leylis Mariela Burgos (Honduras). Marisqueira e defensora do manglar Laura Carballo (Galicia). Temporeira e activista polos dereitos laborais ante a agroindustria
11 de marzo: pola tarde. Encontro coa base social en Compostela con Mariela e Verónica, as mulleres bravas de Honduras que visitan Galicia
12 de marzo: 13h. Pontevedra. Facultade de Ciencias da Educación. Aula 1. Mesa mulleres e cambio climático con activista local, Mariela e Verónica.
12 de marzo: 15h. Pontevedra. Facultade de Ciencias da Comunicación. Mesa redonda no XIV Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social (Agareso), con activista local, Mariela e Verónica.
14 de marzo: 12h. Vigo. Facultade de Ciencias do Mar. Salón de actos. Mesa redonda con activista local, Mariela e Verónica.
22 de marzo: Día Mundial da Auga. Nesa semana, contamos ter un faladoiro na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela sobre dereito á auga e tecnoloxías axeitadas para abastecemento e saneamento. Atentas ás redes ou canle de telegram para data concreta!
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
O primeiro que coñecemos cando empezamos a coñecer cousas é precisamente o noso propio corpo. É a nosa primeira tecnoloxía porque é o noso primeiro territorio […]. As bruxas eran as mulleres que dominaban a técnica, porque sabían de herbolaria, coñecían os seus corpos […]. Descoñecemos ese primeiro territorio que habitamos […], a súa potencialidade, a súa forza. Eso de temerlle tanto ao corpo xusto como revertilo e que sexa o primeiro hack tamén.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-03-01 18:53:322024-03-14 22:31:16Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2024
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.