Chega o Boletín Sonoro do Inverno de 2026. Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
O formato por estación do boletín sonoro consiste en programas un pouquiño máis longos que cando era mensual (agora son uns 15 minutos), pero con máis contexto das actividades que vos contamos, e tamén das novas que nos chamaron a atención.
O boletín o esquema dos boletíns escritos de cada mes, falando das actividades realizadas en Galicia, en Honduras, en Mozambique, escolma de novas que nos chamaron a atención, recomendación artística (desta volta unha película), datas vindeiras de interese e a ESFrase do trimestre.
Pódese ver a información deste boletín sonoro ampliada nos BOE dos pasados outubro, novembro, decembro de 2025 e xaneiro 2026.
Benvidas a un novo programa de ESFRadio. Hoxe vimos falar de Altri. Poucas quedarán que non saiban deste tema en Galicia.
Trátase dunha gran fábrica de celulosa e fibras textiles que a pasteira portuguesa Altri e Greenalia, teñen proxectada en Palas de Rei, no corazón de Galicia, en terras da Ulloa.
O proxecto de Altri perdeu folgos nos últimos meses tras a denegación de fondos europeos (recentemente, os de innovación, aínda que parece ser que foi por esgotamento orzamentario e si podería optar a outras financiacións, como a do Banco Europeo de Inversións) e a súa exclusión da planificación eléctrica estatal. Dende a Xunta de Galicia cualificouse recentemente a tramitación do proxecto como “secundario”, aínda que no seu día o apoiara sen fisuras (da Xunta depende aínda autorizar a captación de augas e a Autorización Ambiental Integrada). En calquera caso, antes de todo isto, en xaneiro, Altri xa impulsara a súa expansión en Galicia mediante un acordo para adquirir a Smarttia Greenalia Forest e Greenalia Logistics, dúas empresas importantes no sector forestal galego, que lle asegurarían conseguir materia prima.
Aínda cos ecos da recente mobilización multitudinaria en Compostela, convocada pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma de Defensa da Ría de Arousa, quixemos adicar este programa a afondar nos motivos tal vez menos evidentes da oposición a este proxecto.
Para iso contamos con
Ana Isabel García. Doutora en Economía. Profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, experta en políticas agroambientais e desenvolvemento rural
Mónica Cea. Veciña da Ulloa
Eduardo Corbelle. Doutor Enxeñeiro de Montes. Profesor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en cambios históricos da paisaxe
Produce: Jorge Lama. Presenta: Sergio Fernández
Sen obviar os impactos innegables no subministros básicos para que unha industria semellante funcione na zona (tanto de enerxía, que de momento quedou sen entrar no plan enerxético a nivel estatal, como de auga, co impacto no xa afectado embalse de Portodemouros e, por descontado, en toda a cunca do Ulla), quixemos afondar neste programa en impactos máis sistémicos. Falamos coas nosas invitadas impactos no tecido económico da zona, no tecido social de modelo de produción e consumo que realmente desexamos para Galicia e para o resto do mundo, e moito máis.
Non queremos apostar pola gran industrialización desacoplada da capacidade de carga dos territorios, nin ser a área de provisión de fibra de madeira para toda España a costa dos nosos ecosistemas e da nosa propia soberanía alimentaria.
A verdade é que foi unha conversa ben interesante, con moita reflexión e tamén datos relevantes para entender mellor os efectos perniciosos e os xeitos de operar tras proxectos macroindustriais coma este.
ESCOITA O PROGRAMA AQUÍ:
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/12/AltriNon_ESFRadio.jpg567782Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-12-22 17:07:442025-12-22 17:32:14ESFRadio. Por que ALTRI NON?
Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
En xullo xuntámonos á beira do río Tambre, na área recreativa Os Pasos, para disfrutar dunha viaxe de reflexións acerca de como percibimos, empregamos e consumimos tecnoloxía mentres a plasmabamos no papel. Como nos afecta a nós? E a outrxs?
Agora podes escoitar as historias dalgunhas das participantes ▶️ AQUÍ.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/10/b7b910071c3032cc.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-10-27 11:12:262025-10-27 14:12:16ESFRadio. Obradoiro de escritura creativa: Decrecendo a tecnoloxía
Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Chega o segundo programa do ano neste novo formato trimestral do boletín sonoro. Son programas un pouquiño máis longos (15 minutos), pero con máis contexto das actividades que vos contamos, e tamén das novas que nos chamaron a atención.
Segue o esquema dos boletíns escritos de cada mes, falando das actividades realizadas en Galicia, en Honduras, en Mozambique, escolma de novas que nos chamaron a atención, recomendación artística (desta volta un xogo de mesa!), datas vindeiras de interese e a ESFrase do trimestre.
Pódese ver a información deste boletín sonoro ampliada nos BOE de maio, xuño e xullo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/BoletinSonoro2T_25.jpg7941123Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-19 22:44:362025-08-19 22:44:41Boletín Sonoro en ESFRadio. 2º trimestre 2025
Neste programa de ESFRadio quixemos chamar a atención sobre un tema do que non se soía falar demasiado nos activismos tradicionais: os coidados das persoas activistas.
Cando o obxectivo é defenderse dunha ameaza concreta e acuciante, a cousa convírtese nunha guerra, cos seus códigos e xeitos de organizarse e actuar. O obxectivo final é claro, e todos os recursos se poñen ao servizo de acadar ese obxectivo. As formas, o como traballar e organizarse, quedan aliñados só con vencer nesa loita. Este enfoque (moi vinculado ademais á masculinidade tóxica), é irremediablemente incompatible co benestar das persoas que, no caso do activismo, soen ademais estar colaborando no seu tempo libre (non é o mesmo que nos exércitos, onde sóese estar por obligación ou coacción, ou en traballos alienantes, onde sóese estar por necesidade perentoria).
Ás veces hai hiper-liderados que tiran moito pero outra xente non da seguido o ritmo e se desengancha. Outras veces as persoas que máis lideran teñen moita sobre-exposición, que afecta á súa vida persoal e laboral (e mesmo ás veces como foco de ameazas ou acoso, cando non cousas peores). Tamén pode ocorrer que as persoas que soen estar no núcleo máis activo poden sentirse soas ou non entender os ritmos máis lentos ou discontinuos das outras persoas… Como lidiar con isto? Como podernos coidar mentres coidamos o territorio? É importante mellorar os espazos de coidados? Como facelo? Que podemos aportarlles as asociacións máis xeneralistas como ESF, que podemos permitirnos facer un activismo máis “slow” ou menos acuciante?
Quixemos falar de todo isto cunhas compas ás que xa nos une un tempiño de colaboración e coñecemento mútuo. Estivemos con Maruxa de Colectivo do Vento de Campolameiro, Roberto tamén de Colectivo do Vento e tamén da nosa base social e Isabel da Plataforma Mina Touro-O Pino Non. Con Sergio lanzando preguntiñas e Jorge á produción, pasamos un rato agradable nunha contorna moi linda, na praia fluvial da Tarroeira, ás beiras co río Tambre, en O Pino.
E rematamos cunha visita ao redor da zona cero da mina Touro-O Pino, onde entendemos aínda mellor o conflicto que se está a vivir.
Maruxa e SergioRoberto e IsabelVista xeral do “estudio”Unha zona da antigua mina onde se plantaron eucaliptosComentando aspectos técnicos do fallido proxecto de depuración de efluentes da escombreira da antigua minaDetalle de efluente da escombreira mal sellada, que vai a cuneta de pluviais da estrada que sube ao polígono industrial que se promoveu sobre a escombreira
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/photo_2025-08-01_16-15-26.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-01 14:27:512025-08-01 14:28:37ESFRadio. Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra
Durante o pasado mes de maio o alumnado de 2º da ESO participante na radio do IES San Rosendo (Mondoñedo) estivo inmerso nun Comando Hacker sobre ética no xornalismo.
Alberto Quián, docente do mestrado de IA e Xornalismo da USC, achegoulles as chaves para facer unhas boas entrevistas e investigacións e tamén lles expuso os peligros das fake news e o transfondo do clicbait. Unha semana despois, o alumnado desprazouse ata a Escola de Camiños da UDC, onde temos a oficina de ESF. Alí entrevistaron a distintas persoas da base social de ESF para coñecer os proxectos que levan a cabo, a súa traxectoria como voluntarix ou profesional na organización así como as súas inquedanzas persoais. Por outra banda, no mesmo día tiveron un espazo de exposición e conversa, que tamén quedou recollido a modo de entrevista inversa, arredor de dúas problemáticas medioambientais da contorna de Mondoñedo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/06/99039881b5515efb.jpg11411280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-06-11 15:07:272025-06-11 17:27:04Comando Hacker de Xornalismo Ético
Neste novo programa de ESFRadio temos connosco a Alberto Molares, que é químico de formación, pero que leva o activismo no sangue. Moeda social con experiencias como A Sabia Moeda Social, soberanía alimentaria e recuperación da sabedoría rural dende a Fundación Galicia Verde (xusto esta finde foi a súa duodécima Feira de Sementes e Plantóns Tradicionais) e dende hai un tempo tamén en Enxeñería Sen Fronteiras, onde forma parte da nosa Xunta Directiva dende hai unhas semanas. Unha cousa que lle quita o sono é toda a tan traída e levada transición enerxética. Con el, falamos sobre a importancia de abordala de xeito participativo, consensuado, urxente e democrático.
Tamén falamos sobre a conexión indisoluble entre o sistema enerxético e o socioeconómico polo que seguramente toque, dende xa, buscar un novo pacto social que nos permita reducir o consumo desmedido de enerxía (e doutros recursos) se queremos manter a vida no noso planeta.
AQUÍ vos deixamos o programa, e aquí tamén queda unha presentación ben completiña sobre o tema, con datos moi clarificadores.
Entrevista: Sergio Fernández Produce: Jorge Lama
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/05/ESFRAdio_2025-05-26_16-57-26-e1748292675405.jpg1280995Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-05-26 21:00:442025-05-27 07:29:02ESFRadio. Por que (e como) facer a transición enerxética?
Benvidas ao Boletín Sonoro Esfeiro deste primeiro trimestre de 2025. Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
En 12 minutiños falamos de:
Actividades deste trimestre de Enxeñería Sen Fronteiras en Galicia e nos países de traballo: Honduras e Mozambique
Escolma de novas relacionadas con tecnoloxía para o ben común que nos chamaron a atención
Datas vindeiras sinaladas na axenda
Recomendación artística
A ESF-Frase do trimestre
Todo o que contamos aquí podes atopalo ampliado nos nosos Boletíns mensuais.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/04/cartel_WEB.jpg7941123Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-04-14 19:08:172025-07-28 14:50:25ESFRadio: boletín sonoro do 1º trimestre de 2025
Non rematar este 2024 sen celebrar o XX aniversario deste programa, un dos estandartes de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Neste tempo consegueuse que case 70 persoas foran moito máis conscientes do mundo global no que vivimos con unha experiencia moi persoal e directa, e moitas máis poideron indirectamente a través das nosas “PCR” coñecer esas outras realidades.
O acrónimo do programa, PCR, é xa ben coñecido no eido da cooperación galega (e nin a súa coincidencia coa proba da COVID fixo que nos plantexaremos cambialo, bueno, un pouco si 😜).
E que mellor xeito de celebrar este aniversario que unha quedada onde moitas das participantes no programa lembraron algunha das súas experiencias, así como algunha palabriña que se lles quedou do país onde estiveron.
Recollimos isto nun programa de ESFRadio que temos o inmenso pracer de deixarvos aquí. Seguro que vos vai encantar!!
Música: “Kalimba Relaxation Music” Kevin MacLeod (incompetech.com) Licensed under Creative Commons: By Attribution 4.0 License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
Produce: Jorge Lama
Participan: Celia, Cris, Martina, Sandra, Álvaro, Maruxa, Raquel, Eva, Xoel, Almudena, Raquel, Roberto e, como moderador, Sergio.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/PCR.jpg339574Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-24 14:12:502024-12-24 14:31:3120 anos do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades
Continuou a formación das 3 participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, cun encontro en liña para falar de diversos aspectos de Honduras, especialmente nos relativos a seguridade e saude.
Tivemos o 1º Ciberfaladoiro Feminista de ESF, falando de Teoría feminista. Esperamos deixar pronto unha crónica por se non puideches estar!
Participamos na campaña en liña a prol das Comunidades Enerxéticas, para recoller sinaturas para que o goberno do Estado Español ás potencie. Tamén estivemos na manifestación en Palas de Rei contra a instalación da fábrica de celulosa da empresa ALTRI, e aquí deixamos as razóns polas que nos opoñemos.
HONDURAS
En Honduras maio foi un mes de actividade intensa.
outra formación realizada foi sobre uso e manexo da Plataforma HONDUCOMPRAS, co obxectivo principal de fortalecer a transparencia e eficiencia na xestión pública municipal
Durante o mes de maio e xuño se están preparando dúas propostas de proxectos, unha no programa de dereito á auga e outra no de soberanía alimentaria, para conseguir financiación da Cooperación Galega da Xunta. A ver se hai sorte!
MOZAMBIQUE
No programa de Mozambique, tivemos a boa nova da autorización da sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para levar a cabo a quinta fase do programa AquaMoz. En concreto, destíñanse 332.500 euros para levar a cabo a iniciativa até 2026, o cal é moi bo, xa que pasamos de convenios anuais a este trianual, que implica máis continuidade e facilita a xestión. Ademais, continua o traballo coas tres Administracións Regionais da Auga (ARA) do país, empezando a entrar na xestión de inundacións, que será a vindeira liña de traballo, tras varios anos centrándose en secas.
Este mes vimos co noveno arte, o cómic. El cielo en la cabeza, de Antonio Altarriba, Sergio García e Lola Moral, fálanos da historia dun rapaz congoleño chamado Nivek e da súa odisea.
E NO PRÓXIMO MES …
2 de xuño: Día Nacional da Doazón de órganos, tecidos e células
Do 18 ao 21 de xuño: Interesantísima Degrowth Conference (Conferencia sobre Decrecemento) 2024 en Pontevedra. Unha oportunidade única para participar en debates sobre distintos aspectos do decrecemento, con expertas de distintos países. PROGRAMA. INSCRICIÓN
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-06-07 21:10:402024-06-14 22:08:27Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2024
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.