Posts

BOE

Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2023

Pódese escoitar a versión sonora deste boletín en conxunto coa do mes de xullo neste enlace.

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Este mes, por segundo ano consecutivo, tivemos a sorte de participar na Asemblea da Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (cun obradoiro de licenzas libres e bancos de reciclaxe con software libre para impulsar nos institutos, e un pequeno espazo na Asemblea Xeral para presentarnos e falar do programa Hackers Sen Fronteiras). 

    Fixemos un faladoiro na Escola de Minas e Enerxía da UVigo para que Xoel, participante no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en 2021 e estudante desa escola, contara a súa experiencia.

    Participamos nas sesións de Vigo e A Coruña da Semana da Cooperación Universitaria, nas mesas de Alianzas ONG-Universidade e de Persoas na Cooperación respectivamente.

    A actividade dos Bancos de Reciclaxe con Software Libre seguiu nos locais semana a semana, pero ademais estiveron 2 representantes nada menos que no congreso EsLibre en Zaragoza, falando desta iniciativa. A finais de mes tiveron tempo de organizar a terceira das xornadas do curso de Autodefensa Dixital que se leva a cabo na Domus da Coruña. Esta vez falaron do Fediverso e as redes sociais federadas como Mastodon, como alternativa a twitter (e a outras manexadas polas grandes multinacionais tecnolóxicas que comercian cos nosos datos persoais). Aquí podes ver a presentación utilizada.

    Xa rematando o curso, aínda houbo movemento no programa Hackers Sen Fronteiras de tecnoloxía para o ben común nos instis de secundaria. Houbo un par de obradoiros para 3º da ESO do IES Curtis sobre cacharreo con computadoras (a xente dos bancos de reciclaxe non para!), así como outro de tecnoloxía inclusiva para persoas con problemas de mobilidade no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

    Incluso tivemos ocasión de participar na mesa redonda en liña de Conectividade Global Efectiva, organizada pola Asociación de Enxeñería de Telecomunicacións de Galicia, onde falamos sobre como poñemos en ESF as TIC ao servizo de ben común. Aquí a podes ver!

    Quedounos aínda tempo para proñoñer en redes sociais unha pequena adiviña tecnolóxica que agora tamén deixamos aquí. Ademais, deixamos unha reflexión polo Día do Comercio Xusto, un deses que deberían durar todo o ano…


HONDURAS

   En Honduras estívose presentando o traballo de CODDEFFAGOLF nos proxectos que ten en marcha no Municipio de Marcovia, como parte da coordinación que é importante facer coas administracións públicas locais nos proxectos de cooperación. Ademais, hubo o II Foro comunitario “Cambio Climático con enfoque al manejo de cuencas hidrográficas”, impulsado tamén por CODDEFFAGOLF.

   Rematouse o proxecto coa Deputación da Coruña, do que pronto deixaremos un resumo, pero aquí vai un adianto.

  Traballouse arreo para preparar o deseño de dous proxectos que se presentan a principios de xuño para ser financiados á Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación, nos dous programas que temos en marcha no país: Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria. Aquí se pode ver o traballo cun caso concreto dunha aldea (Tres Piedras) cuxo abastecemento de auga se incĺúe nos proxectos (con video incluido!). Cruzamos os dedos!


MOZAMBIQUE

En Mozambique, todo está preparado para que o domingo 4 de xuño chegue a Galicia a visita de Lizete Dias, Xefa del Departamento Recursos Hídricos e Ernesto Tivane, técnico Recursos Hídricos, da Administraçao Regional das Águas do Sul de Moçambique (un dos socios máis antiguos do programa). Estarán toda unha semana visitando distintos proxectos e facendo encontros técnicos con persoas de Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Consellería de Infraestruturas, Cooperación Galega da Xunta de Galicia, da Universidade da Coruña e, como non, coa nosa base social. Aquí se pode ver a axenda completa.

   Por outra banda, pronto teremos ademais dispoñible unha clarificadora infografía sobre o que estamos a facer, dentro da campaña que impulsaremos para visibilizar o traballo de Aqua Moz todos estes anos.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Imos recomendar este mes a performance da artista hondureña Scarlett Rovelaz, Fluidez-Thyssen. Vaina interpretar o 28 de xuño no Museo Thyssen, que nos queda algo a desmán, pero que tal vez alguén de vós vos cooincida estar por alí… Seguro que paga a pena!


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Os meus silencios non me protexeran. O teu silencio non te protexerá

Audre Lorde

Visita delegación da ARA Sul de Moçambique a Galicia

Dentro do programa Aqua Moz, que desenvolvemos en colaboración con Augas de Galicia, a Cooperación Galega da Xunta, e as tres Administracións da Auga de Mozambique (ARAs Sur, Centro e Norte), recibimos a vindeira semana a visita de Lizete Dias, Xefa del Departamento Recursos Hídricos e Ernesto Tivane, técnico Recursos Hídricos, da ARA Sul. Estarán toda unha semana visitando distintos proxectos e facendo encontros técnicos con persoas de Augas de Galicia, Cunca Hidrográfica Miño-Sil, Consellería de Infraestruturas, Cooperación Galega da Xunta de Galicia, da Universidade da Coruña e, como non, coa nosa base social.

A continuación, deixamos a súa axenda. Serán visitas pechadas, excepto a do martes 6 ás 19, onde pode acercarse quen quera. Tamén na do mércores ás 12 pode asistir público externo (pregamos inscrición neste caso, para non superar o aforo, no noso email).


DATALUGAREVENTO
Luns 5 de xuño
9:30h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaRecepción
Luns 5 de xuño
10h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaDirección e Xerencia: presentación inicial de Augas de Galicia e visitantes
Luns 5 de xuño
11h
Consellería Infraestruturas. Xunta de Galicia. Santiago de CompostelaPresentación institucional.
Luns 5 de xuño
12:30h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaSecretaría Xeral AdG: atribucións e relevancia temas xurídicos, rendición de contas, trazabilidade.
Martes 6
9:30-10:45h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaPlanificación Hidrolóxica e calidade.
Monitoria de bacías
Martes 6
11-12h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaIntroducción á Xestión Dominio Público Hidráulico: estrutura e funcionamento.
Martes 6
12-12:45h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaPlan de Control de Vertidos
Martes 6
14h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaPlan de seca e Plan de inundacións.
Martes 6
19h
Praza de CervantesEncontro coa base social de Enxeñería Sen Fronteiras
Mércores 7
9-10h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaCanon da auga
Mércores 7
12
h
CITEEC. Campus de Elviña da UDC. A CoruñaVisita CITEEC e posterior sesión técnica na aula CITEEC
Xoves 8
8:30-12h
Augas de Galicia. Santiago de Compostela. Saída a campoTramitación expedientes autorizacións e concesións.
Saída a campo + procedementos.
Xoves 8
13h
Ourense. Confederación Hidrográfica Miño-Sil.Visita á CH MIño Sil. Centro de control e estación de calidade
Venres 9
9-13:30h
Augas de Galicia. Santiago de Compostela. Saída a campoEncoros: explicación do traballo de supervisión e xestión de encoros en Augas de Galicia. Visita encoro de Caldas.
Venres 9
14h
Augas de Galicia. Santiago de CompostelaAvaliación e despedida


Empezando a colaboración en Mozambique

A xestión dos recursos hídricos e o fortalecemento das administracións responsables é unha prioridade en Mozambique. O desenvolvemento de actividades que vinculen melloras técnicas e procesos de xestión nun mesmo plan de acción, foi identificado como unha fórmula de éxito na cooperación galega coa administración da auga de Mozambique.

O proxecto AquaMoz, Secara 3ª Fase é continuidade das anteriores accións desenvolvidas por Augas de Galicia e a Universidade de Coruña no marco da xestión da seca en Mozambique (que se prolonga xa dende hai 10 anos). O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozambique, fortalecendo ás Administracións Rexionais de Augas de Mozambique (Aras) coa experiencia da xestión dos recursos hídricos en Galicia como referencia.

Despois de centrar o esforzo -nas fases 1 e 2- no deseño e implementación de desenvolvementos técnicos baixo o liderado do Grupo de Enxeñería dá Auga e Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña, nesta terceira fase, o proxecto suma aos seus obxectivos a mellora da interacción entre a administración da auga e a sociedade civil, e a sensibilización desta última sobre cuestións relacionadas coa seca e a xestión dos recursos hídricos. Para iso, mantendo ao GEAMA como entidade colaboradora, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia incorpórase como socio que, ademais do seu perfil técnico relacionado coa xestión de recursos hídricos e o fortalecemento institucional, achega capacidade de sensibilización e achegamento á cidadanía, tanto en Galicia como en Mozambique.

Deste xeito, e coa nova orientación do proxecto, ESF asumirá o rol de socio líder para potenciar fortalecemento das relacións entre a administración da auga e a sociedade civil. Inicialmente, ESF centrarase en accións de sensibilización que lle permitan enfocar e coñecer a fondo a problemática da xestión da seca en Mozambique, co fin de sentar as bases para contribuír, máis adiante e dun modo sólido, ao mencionado fortalecemento das relacións entre a administración da auga e a sociedade civil.

Deste xeito, no marco de loita contra o cambio climático, co presente proxecto desenvolveranse metodoloxías, a nivel técnico e de procedementos, para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique. Con ese fin, continuarase apoiando á Administración Rexional da Auga (ARA) Sur e iniciarase tamén o apoio ao ARA Norte en tres liñas complementarias:

  • Monitoreo da seca e do estado de encoros
  • Procedementos de xestión da seca
  • Sensibilización sobre a problemática da seca

Aquí iremos contando os avances deste consorcio, que se financia con fondos de Augas de Galicia e da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Poderás estar ao día das novas coa etiqueta Mozambique

Servicio técnico para fortalecimiento en monitoreo de sequía para Mozambique


Hasta el 25 de junio a las 23:59, tenemos abierto proceso de recogida de ofertas para un servicio técnico para la colaboración en la ejecución en el proyecto “Fortalecimiento de capacidades técnicas y operativas para la mejora de la gestión de los recursos hídricos en Mozambique (Aqua-Moz, SECARA Fase 3)”. Este proyecto se desarrolla en el marco del convenio de colaboración entre la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Augas de Galicia e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

Aquí se pueden consultar las bases para presentar ofertas.