Dentro de este proyecto, financiado por Xunta de Galicia y Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, traemos hoy un pequeño vídeo, donde compartimos los avances de las obras para la mejora de la laguna de invierno de La Berbería, beneficiando directamente a 300 pescadores de las comunidades aledañas. Se ha restaurado una borda en una de las orillas, de más de un kilómetro de largo, para evitar fugas, y los resultados ya se empiezan a ver.
Este trabajo es impulsado en Honduras por nuestro socio CODDEFFAGOLF. Además participan también instituciones del estado como el ICF Honduras, DIGESPESCA y las municipalidades por medio del comité técnico de comanejo del Sistema de Áreas Protegidas Zona Sur de Honduras.
El programa tiene como finalidad recuperar el sistema lagunar de los municipios de El Triunfo y Namasigüe, abarcando lagunas como La Berbería, Quebrachal, Guapinol, Jicarito, La Alemania, entre otras.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/Laguna_borda.png337493Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-24 13:42:042024-07-24 14:35:34Avances en programa de restauración de Sistema Lagunar La Berbería y Jicarito
Xa chegaron a Honduras Martina e Sandra, as dúas primeiras participantes do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Irannos contando as súas experiencias en pequenas crónicas. Aquí deixamos a primeira de Martina, que viaxa co noso programa de Tecnoloxía para o Ben Común na Universidade, e co apoio dunha bolsa da Universidade de Vigo de mobilidade para estudantes para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2023/2024.
———————————————————————– Xa estamos en Honduras!!
Despois de meses de preparativos e formacións nos que víamos super lonxe a viaxe, como se nunca fose acontecer, de súpeto chegou o día, agarramos as maletas e alá nos fomos.
Chegamos o xoves 3 de xullo a Comayagua, onde Sandra, técnica de proxecto de ESF en Honduras xa nos estaba esperando. Fixemos noite alí e ao día seguinte puxémonos camiño a San Lorenzo, municipio do sur de Honduras dentro do Golfo de Fonseca, lugar que será o noso fogar nos vindeiros meses.
Estes primeiros días foron canto menos intensos. Polo de agora estou levando ben a calor húmeda deste clima tropical seco, bebendo moita auga, comendo moita froita, ben de crema de sol e gorra, e escapándolle ao sol na calle así que vemos algunha zona de sombra. E polo de agora non tiven moito problema cos zancudos, como lle chaman aquí aos mosquitos, pero o dito, levamos pouquiños días e seguro que nas saídas a campo vai cambiar o conto. Vivimos tamén a primeira tormenta tropical onte a tarde, onde parecía que ía caer o ceo de tanto chover e os tronos metíanselle a un no corpo, pero así como chegou marchou. Faime moita gracia que chova todos os días á mesma hora, está xenial para facer a colada jejeje
Despois duns días aclimatándonos a este novo lugar xa probamos as famosas baleadas, tan recomendadas polas PCR do ano pasado (moitas gracias Celia e Sofía!) que son tortillas de millo nas que extenden unha capa frijoles machacados e sobre ela poñen o que queiras, no noso caso sendo vexetarianas levaban plátano frito e queixos, pero habémolas probar tamén con aguacate e ovo revolto, que cos nervios das primeiras interaccións non nos decatamos de todo canto había para poñerlle.
Quizáis o que máis nos chocou a ámbalas dúas foi a cultura do piropo. Os primeiros días de paseo polas rúas foron duros, voltabamos bastante tensas ao apartamento. Está moi normalizado que os homes solten piropos de todo tipo, e ata pitidos dende coches e motos, e pese a que as rapazas e mulleres catrachas (hondureñas) coas que o comentamos dixéronnos que é o normal, creo que é algo ao que nunca nos habituaremos.
O luns presentámonos a CODDEFFAGOLF, unha das copartes coa que ESF traballa en Honduras e con quenes faremos a maioría das actividades. Paréceme incrible coñecer á xente que está detrás dos proxectos que ata agora lía no Boletín Esfeiro.
O mércores fixemos a primeira incursión a terreo, visitando a comunidade de Sartenejal para ver os avances na obra do tanque de auga (na foto de portada vese a zona do tanque e por onde baixarán tubaxes) e coñecer parte do persoal técnico de NASMAR (outra das copartes) que estaba realizando formación en estación total na zona. Con este aparello miden ángulos, distancias e coordenadas e con el crean os mapas que logo se empregarán no deseño da colocación das vías que levarán a auga dende o tanque ata as vivendas. Tamén tivemos a sorte de coñecer a doña Jacoba, a presidenta da xunta de auga de Sartenejal. Ela contounos o traballo que foi sacar adiante este proxecto de auga, pois xa levan nas costas uns vinte anos de esforzos buscando financiamento da municipalidade, na que os fondos anuais que teñen para invertir nestos temas son moi reducidos, e de concienciación na veciñanza sobre a importancia de poñerse de acordo para loitar xuntxs para ter máis voz. Ata o de agora abastécense de auga mercada que lles consume prácticamente a metade dos seus ingresos mensuais e tamén de auga de pozos artesanais, que teñen pouca profundidade e polo clima desta zona están secos uns seis meses ao ano. Unha situación insostible. Contounos que sobre o 2017 conseguiron reunir fondos para furar un pozo, pero ao non ter a infraestructura de bombeo, almacenamento e distribución, que precisaba unha maior inversión, tiveron que sellar o pozo. Nos últimos anos coñeceron a NASMAR que, co apoio de ESF e o financiamento de AECID, comezou este proxecto para crear un tanque de auga no que almacenar a auga extraída por bombeo do pozo e que por gravedade leve auga a cada vivenda.
Ata a seguinte crónica!
Imaxe dende San Lorenzo. Ao fondo mangle e illas Amapala.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/tanque.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-15 14:29:502024-08-29 09:38:14Crónicas dende Honduras 2024: Martina 1
Xa se ten case rematada a estrutura do depósito e, en paralelo ás obras (onde tamén colaboran as persoas da comunidade), unha das técnicas da Mancomunidade NASMAR do proxecto, está a impartir as formacións sobre xénero na comunidade. É un xeito de ir introducindo este tema, que pode ser complicado de abordar nalgúns contextos, aproveitando a relación xénero-auga (coidados, traballo desigual de acarreamento de auga, etc.).
Por outra banda, aproveitouse para facer unha formación a persoal técnico de distintos concellos da NASMAR no manexo de estación total. Foi ademais unha das primeiras saídas de Martina e Sandra, participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades (PCR) deste 2024, que chegaron a semana pasada.
Avance no depósitoFormación xéneroFormación xéneroFormación estación totalO depósito xa case listoFormación estación total tamén coas voluntarias do PCR
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/photo_2024-07-04_17-06-39Deposito2.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-10 14:21:322024-07-11 11:08:48Sistema de abastecemento e formacións de xénero no Sartenejal, Honduras
Tivemos un encontro con persoas do Mercado Social A Coruña para colaborar (en 27 de outubro teremos un obradoiro de reparación de computadoras no mercado da Praza Europa, aínda queda moito, pero fainos ilusión!).
Tivemos a primeira actividade de traballo con plataformas de defensa da terra e territorio de Galicia, neste caso con Amil Sen Eólicos, onde dentro do proxecto Mulleres Bravas organizamos un obradoiro de Comunicación de Guerrillas, con Amigas da Terra e AGARESO. Encantounos estar no seu entorno, coñecendo de primeira man, no seu territorio, as problemáticas, e como loitan sen descanso para facerse escoitar. Esta esperamos que sexa a primeira actividade de apoio de moitas que veñan.
Ademais dende hai moi pouquiño están en Honduras Martina e Sandra, dúas das tres participantes este ano no programa de coñecemento doutras realidades. Irannos contando proximamente como lles vai. Para despedilas tivemos unha xornada de xogos e dinámicas para a transformación social, que compartimos aquí. Tamén puidemos coñecer máis sobre os proxectos que, durante xuño, estiveron preparando en Honduras para conseguir financiación na convocatoria 2024 da Xunta de Galicia para proxectos de cooperación, co obradoiro de marco lóxico que tivemos. A finais de xuño os presentamos, crucemos os dedos!
MOZAMBIQUE
No mes de xuño dentro do programa AQUAMOZ, foron elaborados e entregados o informe final da Fase 4 do proxecto e a auditoría financeira desa mesma fase. Coas Administracións Rexionais da Auga de Mozambique continuouse traballando no fortalecemento en relación á monitoria da seca e tamén na recompilación de información e na elaboración das análises preliminares para a definición das bacías de maior interese para a realización dos estudos piloto de inundacións previstos para as 3 ARAs. O ámbito das inundacións centrará gran parte dos esforzos da actual fase do proxecto.
Este mes imos ao teatro. Recomendamos Cuerpos celestes, onde a compañía de teatro AzconaToloza aborda a temática do extractivismo. Aquí unha boa crítica.
28 de xullo: Día Internacional da Conservación da Natureza
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Os científicos temos que ser activistas… non nos queda outra! Fernando Valladares. Científico e profesor universitario
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-08 18:32:572024-07-08 18:33:04Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2024
O pasado día 29 de xuño xuntámonos para xogar, coa excusa da formación presencial que varias das participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades ían realizar antes de marchar esta mesma semana. Queremos compartir aquí algo do que fixemos.
A Educación Popular, moi común en latinoamérica, tardou máis en chegar aos nosos lares, pero ao partir dunha filosofía de educación moi enfocada á participación e á experimentación empática, é ideal para transmitir valores e actitudes (que é o obxectivo básico da educación para a cidadanía global e a transformación social emancipadora).
A ludopedagoxía ten orixe na educación popular, e parte dunha base interesante: mentres se xoga, non importa de onde ves ou se te coñezo dende hai 5 minutos, e o proceso permite atisbar como podería ser un mundo mellor. Aquí se pode atopar unha boa referencia deste enfoque.
Na nosa xornada, que fixemos grazas ao financiamento con axudas da Xunta de Galicia con fondos da casiña solidaria da declaración da renda, tiñamos os seguintes obxectivos:
Mellor coñecemento do grupo
Introducirse un pouquiño en dinámicas e xogos transformadores que permitiran reflexión empática sobre diversas realidades
Coñecer máis sobre o traballo de ESF
Pasalo ben
A xornada tivo varios bloques
PRESENTACIÓN
Para isto empregamos unha rolda de presentación curtiña e, a continuación, fixemos a dinámica do reloxo, que se pode coñecer aquí. Só tivemos dúas horas para cita, onde por parellas falaron de:
Ás 3: algo que me gusta facer ou se me da ben Ás 6: recomendación artística de calquera tipo, que teña certa compoñente de dereitos humanos ou transformación social emancipadora. Neste caso logo compartimos en plenario o que saiu, cada persoa o que lle recomendou a súa compañeira de cita (recomendacións que foron dende o blues como estilo musical, o comic-película-serie Snowpiercer, a película Nadadoras, algún libro de decrecemento de Carlos Taibo, a serie Supa Team 4 (Las Super 4), un vídeo escolar sobre medio ambiente e reutilización…).
PRIVILEXIOS
Para reflexionar sobre privilexios empregamos a dinámica Un paso adiante, que se pode ver aquí detallada.
EMPATÍA
Aquí xogamos a Os zapatos da outra. Coas participantes formando unha liña, descalzámonos e deixamos os zapatos diante nosa. Damos todas un paso á esquerda (a última persoa da liña pasa ao extremo contrario á dereita). Así todas estamos diante de zapatos que non son os nosos.Tratamos de calzárnolos. Logo tratamos de camiñar con eles en círculo pola sala (algún tivo sorte co que lle tocou, pero outras non puideron nin calzarse…)
GALICIA-HONDURAS
Neste caso probamos un xogo de cromos-cartas son persoeiros relevantes de Galicia e Honduras (da arte, ciencia, humanismo e activismo) que, de xeito colaborativo, se unían para resolver problemas de distintos tipos. Estamos aínda desenvolvéndoo, pero pronto deixarémolo dispoñible!
SECTORES E FILOSOFÍA DE TRABALLO DE ESF
Neste caso probamos o xogo colaborativo Tech4All, que desenvolvemos tamén en ESF, e consiste en abordar 5 sectores clásicos de traballo de ESF (auga, enerxía, alimentación, TIC e educación crítica) empezando polas actividades máis básicas para tratar de ir buscando enfoques máis transformadores. Está baseado no xogo Hanabi, e este si que o deixaremos libre en breve.
AVALIACIÓN
Aquí empregamos primeiro a coñecida dinámica do termómetro, que se pode usar en moitos contextos. Ante unha pregunta ou afirmación, ás persoas se colocan nun lado ou outro da sala segundo a resposta que dan, con toda a gradación desexada polo medio. Na nosa sesión, as 2 preguntas foron: • Esquerda quen aprendeu moito, dereita quen non aprendeu nada (aquí houbo bastante tendencia á esquerda) • Esquerda quen o pasou moi ben, dereita que nah… (aquí houbo concentración total na parte máis esquerda da sala :D).
A continuación fixemos a dinámica da diana. Tiñamos debuxada unha diana con tantos sectores (quesiños) como dimensións a avaliar. Quedara un sector sen asignar, por se alguén que tiña algún obxectivo persoal quería tamén avalialo (neste caso, incluiuse aprendizaxe sobre Honduras). Logo as participantes pegaron pegatinas en cada sector para amosar en que medida consegueuse cada obxectivo (canto máis no centro da diana en cada sector, máis grao de consecución do obxectivo). Neste caso:
Mellor coñecemento do grupo
Experimentar dinámicas e xogos transformadores
Coñecer máis sobre o traballo e proxectos de ESF
Pasalo ben
Honduras (o engadido)
Na imaxe pódese ver como os máis acadados foron os de coñecementos de dinámicas e pasalo ben, mentres que no de afondar no coñecemento sobre Honduras non se acadou tanto (iso en breve terá arranxo, cando estean aló!)
A diana da avaliación
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/photo_2024-07-01_23-09-41-2.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-01 21:41:492024-07-02 22:55:15Xogos e dinámicas para a transformación social
Como seguimiento de las actividades que se están realizando en la laguna de invierno de Guapinol, ubicada en el municipio de Namasigüe, la semana pasada, con el acompañamiento de pescadores de las comunidades cercanas, se realizó la extracción de cámaras-trampa que fueron instaladas hace un mes en la laguna de invierno.
Los monitoreos se están haciendo con la finalidad de levantar una línea base de la flora y la fauna que se encuentra en el sitio, para contar con una referencia de biodiversidad de la zona con qué comparar a lo largo de la ejecución del proyecto de restauración de la laguna (y años después).
Dentro del proyecto de Mejora de la Gestión Comunitaria del Agua en el Sur de Honduras, fase 1, financiado por la Cooperación Galega, en colaboración con el Consejo de Microcuenca y CODDEFFAGOLF, se llevaron a cabo a cabo la instalación de 8 trampas cámaras y 10 trampas Sherman en las comunidades de La Danta y Laure Arriba. Esta iniciativa es también parte de los esfuerzos por conservar y proteger nuestra biodiversidad local.
Las cámaras-trampa permitirán monitorear de cerca la fauna silvestre de la microcuenca, obteniendo datos valiosos para su estudio y conservación. Mediante las trampas Sherman se obtendrán datos adicionales sobre la población de micromamíferos de la zona.
Situación en el Golfo de FonsecaDetalle de la lagunaEl equipoCon una de las cámaras-trampaColocando la cámara en zona Río LaureCámara colocadaBuscando la mejor disposición cerca del cauce del ríoUna hermosa habitante de la zona de ojos inquietantes
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/06/GP_O-i0XQAAqYaf.jpeg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-06-26 13:59:252024-06-27 13:21:59Monitoreo biológico en lagunas de invierno de Honduras y río Laure
Nas últimas semanas tivemos a boa nova de dous novos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre en Galicia, a raíz do apoio de Enxeñería Sen Fronteiras.
Un deles, dentro do noso programa de ESF na Universidade, impulsado no campus de Ferrol co apoio de profesorado e da Oficina de Cooperación e Voluntariado. Pódese atopar no Edificio de Apoio ao Estudo (ver foto). Avenida de Vigo s/n. Campus de Esteiro. 15403. Ferrol, e o contacto de correo-e para doar equipos, ofrecerse a colaborar ou calquera outra xestión: bancoreciclaxeferrol(arroba)galicia.isf.es. Xa aparece como parte da Rede de Bancos de Galicia.
O outro ten unha característica máis especial, xa que se trata dunha iniciativa didáctica dun Banco de Reciclaxe Escolar no IES Primeiro de Marzo de Baiona, que impulsouse dentro da Fase 1 do programa Hackers Sen Fronteiras, de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario. Esta iniciativa foi a gañadora do I concurso de propostas de tecnoloxía para o ben común en secundaria, e xa se empezou a levar a cabo. Contan mesmo cunha páxina web!
Os Bancos de Reciclaxe pretenden ser, ademais dunha iniciativa colectiva de reapropiación tecnolóxica, un xeito de acercar o académico á súa contorna social, sendo conscientes de problemáticas como a fenda dixital (que se puxo aínda máis de manifesto na pandemia), o problema do lixo de electrónico e, tamén, queremos que sexan puntos de xeneración de debate sobre Electrónica Ética.
IES Primeiro de Marzo Baiona
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/05/Ferrol_Banco.jpeg4811024Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-06-19 19:13:202024-06-19 19:13:25Novos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre en Galicia: Ferrol e Baiona
Continuou a formación das 3 participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, cun encontro en liña para falar de diversos aspectos de Honduras, especialmente nos relativos a seguridade e saude.
Tivemos o 1º Ciberfaladoiro Feminista de ESF, falando de Teoría feminista. Esperamos deixar pronto unha crónica por se non puideches estar!
Participamos na campaña en liña a prol das Comunidades Enerxéticas, para recoller sinaturas para que o goberno do Estado Español ás potencie. Tamén estivemos na manifestación en Palas de Rei contra a instalación da fábrica de celulosa da empresa ALTRI, e aquí deixamos as razóns polas que nos opoñemos.
HONDURAS
En Honduras maio foi un mes de actividade intensa.
outra formación realizada foi sobre uso e manexo da Plataforma HONDUCOMPRAS, co obxectivo principal de fortalecer a transparencia e eficiencia na xestión pública municipal
Durante o mes de maio e xuño se están preparando dúas propostas de proxectos, unha no programa de dereito á auga e outra no de soberanía alimentaria, para conseguir financiación da Cooperación Galega da Xunta. A ver se hai sorte!
MOZAMBIQUE
No programa de Mozambique, tivemos a boa nova da autorización da sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para levar a cabo a quinta fase do programa AquaMoz. En concreto, destíñanse 332.500 euros para levar a cabo a iniciativa até 2026, o cal é moi bo, xa que pasamos de convenios anuais a este trianual, que implica máis continuidade e facilita a xestión. Ademais, continua o traballo coas tres Administracións Regionais da Auga (ARA) do país, empezando a entrar na xestión de inundacións, que será a vindeira liña de traballo, tras varios anos centrándose en secas.
Este mes vimos co noveno arte, o cómic. El cielo en la cabeza, de Antonio Altarriba, Sergio García e Lola Moral, fálanos da historia dun rapaz congoleño chamado Nivek e da súa odisea.
E NO PRÓXIMO MES …
2 de xuño: Día Nacional da Doazón de órganos, tecidos e células
Do 18 ao 21 de xuño: Interesantísima Degrowth Conference (Conferencia sobre Decrecemento) 2024 en Pontevedra. Unha oportunidade única para participar en debates sobre distintos aspectos do decrecemento, con expertas de distintos países. PROGRAMA. INSCRICIÓN
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-06-07 21:10:402024-06-14 22:08:27Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2024
O sábado pasado tivemos delegación ESFeira por València, participando no congreso esLibre, un evento que busca a promoción das tecnoloxías e a cultura libre. Xa é a terceira vez que participamos! (as anteriores foron en Zaragoza e Vigo). O obxectivo era aportar esa compoñente máis social da tecnoloxía.
Por un lado, Thais fixo un obradoiro sobre “Recursos tecnolóxicos para a comunicación e a participación das persoas con discapacidade“. Falounos de diferentes aplicacións e programas libres que permiten mellorar as posibilidades de comunicación de aquelas persoas que, pola súa situación de saúde, atopan algunhas dificultades para elo. Como ela di, a tecnoloxía debe apoiar e axudar a todas as persoas, sendo, neste caso, un recurso facilitador de los procesos de comunicación. Pero por desgraza, non sempre e así, e estas persoas atópanse con un montón de barreiras no seu día a día.
No caso da charla sobre o “Papel das tecnoloxías libres para reducir o impacto social e ético“, Jorge e Jose falaron de conceptos como o dereito a reparar, comentando as distintas barreiras existentes para que este dereito sexa real (económicas, falta de repostos, a compoñente social de considerar de “segunda” empregar cousas de segunda man ou con sinais de uso, etc.), e a electrónica ética (con todo o impacto que os nosos aparellos teñen no Sur global durante todo o proceso de fabricación), relacionando estes conceptos coas tecnoloxías libres e da importancia do papel positivo que desempeñan. Falaron tamén de que cando falamos de tecnoloxías libres debemos ter en conta todo o proceso de produción, especialmente no caso do harware, xa que non se pode considerar “libre” un aparello que contén minerais extraídos en condicións de escravitude. Tamén deron unha serie de recomendacións de como contribuír de forma individual a reducir este impacto: alongar, reparar, reutilizar, reciclar, formarse e participar! Mención destacable merece a performance do noso cómico de confianza, Jorge Lama, no emprego do sombreiro para interpretar un dobre personaxe. Ao máis puro estilo Clark Kent con e sen gafas. Aquí deixamos a presentación (versión en galego) que empregaron, á espera de ter os vídeos das intervencións.
Entre charla e charla tamén tiveron tempo de coñecer en persoa á xente de Restarters València e a labor que fan coas súas Restart Parties promovendo o dereito a reparar e a electrónica ética (bueno, entre charla e charla… e pola noite Valencià!)
Sempre é unha boa experiencia pasarse por estes espazos nos que compartir experiencias e ideas, e dos que sempre sae algo interesante!
Jose e Jorge na súa pesentaciónThais a piques de comezar a súa presentación
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/05/photo_2024-05-25_22-24-42_R2R.jpg554866Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-05-28 19:04:412024-05-28 19:06:17ESF na esLibre, congreso de cultura e tecnoloxía libres
O lema da manifestación, #AltriNon, non era un simple rexeitamento a unha fábrica de celulosa. Viuse unha sociedade civil que quere ser informada con transparencia, non infantilizada, que está farta de que uns poucos decidan o modelo socioeconómico para beneficio duns poucos. Este proceso é o “anti ben común” e, por iso, unha asociación como a nosa non pode deixar de facerse eco.
O proceso non promoveu a participación das persoas afectadas, nin sequera ten claro como vai afectalas (a elas, nin ao medio, con moitas dúbidas en canto a impactos medioambientais). É un exemplo de extractivismo onde se externalizan os impactos negativos pero non as gañancias e, de feito, a empresa Altri non é nova en malas prácticas extractivistas, con diversas multas (en Portugal non a quixeron por estes e outras razóns…). Tamén se ve o modelo “macroindustrial” que tanto gusta nalgúns ámbitos. 10 veces máis superficie que ENCE. Certo que a celulosa é precisa, pero fai falta semellante monstro?
Con respecto a iso, un elemento importante, ademais da opacidade deste proceso e o risco ambiental, coa connivencia das administracións públicas e os dous partidos maioritarios, é o modelo productivo e, por ende, territorial que implica impulsar unha fábrica como esta en Galicia. O monocultivode eucalipto (como calquera outro monocultivo, aínda que para que sexa rentable a nivel industrial soe ser intensivo en recursos, sexa agroquímicos, terra ou ambas), é un problema grande en Galicia. Con este proxecto agravaríase a dependencia deste monocultivo. Hai diferentes modelos productivos, hai que ter claro por cal se aposta. En ESF falamos de soberanía alimentaria, o pequeno e adaptado á nosa contorna, e participación co-responsable das persoas nos territorios, todo o contrario deste modelo que queren seguir impulsando. Estamos en contro do eucalipto e a industria? Non, pero parece que non sabemos medirnos cando atopamos unha materia prima aparentemente “rentable”. A acumulación de cartos pasa por riba de calquera outra consideración, non é?
Tamén queremos chamar a atención sobre a manipulación dos medios de comunicación e o seu aliñamento co poder. Non é nada que non soubésemos, pero cómpre sempre telo na mente se queremos unha cidadanía crítica para poder exercer, como din en Centroamérica, un ¨monitoreo social” forte, moi saudable para a democracia.
Para coñecer máis deste conflicto recomendamos este audiovisual, Altri: a sede insostible, de 25 minutiños, que quixemos apoiar dende Enxeñería Sen Fronteiras xunto con outras plataformas e organizacións e, sobre todo, o traballo de xornalismo activista das compas Elena e Pablo, de Xarda e O Salto.
Esperamos, dentro do proxecto Mulleres Bravas, apoiar á Plataforma (que conta con moita colaboración cidadá e moitas mulleres en primera liña, pero fai falta todo o apoio posible), con vindeiras formacións sobre Comunicación de Guerrilla.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/05/GOhYtamWcAIVjcT.jpeg15602080Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-05-27 13:18:072024-05-27 13:18:11Altri Non
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.