Con esta pequeña publicación hemos querido dar unas directrices de mantenimiento de móviles Android, para optimizar su gasto energético y su durabilidad, tratando de reducir su obsolescencia. Este material se ha realizado en el año 2019, dentro de la línea de trabajo de ESF Galicia de Electrónica Ética y reducción del uso de materiales de la minería extractiva, cofinanciada por la Xunta de Galicia.
Aquí se puede descargar (ignora advertencias de seguridad).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.png00Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-18 11:46:452020-01-15 17:30:04Consejos para mejorar el funcionamiento de móviles Android
Empezamos novembro con forza, no encontro da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteiras (máis coñecido como “a Cósmica“). Despois, na finde do 23, celebramos a nosa Asemblea Extraordinaria do Outono en Santiago de Compostela, onde definimos varios temas de gran interese para os vindeiros anos da asociación, e que terá como culminación a Asemblea Extraordinaria de aprobación da Planificación Estratéxica a finais deste mes de decembro. Nela aproveitamos para adherirnos ao Manifesto Galego polo Clima.
Ademais, tivemos a visita a Galicia de Lucía e Doris, dúas valentes defensoras da terra contra prácticas extractivas como a minaría, a camaronicultura ou as plantas fotovoltaicas no sur de Honduras. Algún medio de comunicación se fixo eco da visita. Por outra banda, en novembro naceu o podcast ESFRadio, aquí podes escoitar o primeiro episodio, onde Patricia e Irene entrevistaron a Lucía e Doris, por se non puidestes asistir a ningún encontro con elas.
O 29 de novembro, no no VIII Congreso de Cooperación Universitaria al Desarrollo, estívose a presentar a rede de profesorado técnico en cooperación das tres universidades galegas que se está a impulsar coa nosa colaboración e a de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. No grupo da ETSE-Compostela temos artistas que nos obsequian con viñetas que nos fan pensar como esta.
En Honduras, puidemos ver novos avances no programa de promoción do Dereito á Auga, onde as comunidades que van contando coa ferramenta de planificación dos recursos hídricos van acadando apoios e financiación para poder chegar nalgún momento ao 100% de cobertura de auga mellorada e saneamento en todos os municipios da Mancomunidade NASMAR, o gran obxectivo ao que queremos contribuir.
9 a 15 de decembro: visita a Galicia de Basilia e Teresa, activistas da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento, socia de ESF en el programa de promoción del Derecho al Agua en Honduras. Aquí está a axenda da visita
16 de decembro: estrea do documental En Deuda Con Todas, ás 19h30 na sala Númax de Santiago de Compostela. Despois da proxección haberá media hora para coloquio
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-05 21:05:582019-12-05 21:06:00Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2019
Teresa Huete e Basilia Palma son dúas mulleres do sur de Honduras, das aldeas de Matapalos Abajo (municipio de El Triunfo) e Cerros de Moropocay (municipio de Nacaome) respectivamente. Elas teñen ampla traxectoria na xestión comunitaria da auga (onde o estado non chega), e forman parte de AHJASA, unha organización da zona, coa que ESF leva colaborando dende o 2014 no programa de promoción do Dereito á Auga en Honduras. Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública.
Teresa e Basilia estarán en Galicia entre o 9 e o 15 de decembro, dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra, financiado pola Xunta de Galicia (polo cal outras 4 mulleres a maiores estiveron visitando Galicia, dúas marisqueiras e outras dúas defensoras da terra contra o extractivismo depredador), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun “cada un pelexar polo seu”), todo elo coa perspectiva de xénero. Por iso en Galicia, para esta visita, estamos en coordinación coa asociación COXAPO, que é para nós como a AHJASA galega.
A axenda das visitas será a seguinte, as palestras serán todas abertas ao público, nun formato de conversa e encontro:
O luns 9 pola tarde será día de paseo en A Coruña.
O martes 10 pola mañá, ás 10:15, palestra aberta no salón de graos 2 da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Coruña, palestra “Problemas de xestión da auga en zonas rurais. Casos de Galicia e Honduras”, onde teremos ocasión tamén de partillar con Carlos Ameijenda, (director do proxecto Life de Abegondo, concello onde hai varias experiencias moi exitosas de xestión comunitaria da auga) e Acacia Naves (profesora na Escola de Camiños, experta en hidroloxía subterránea e colaboradora de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).
O mesmo martes ás 13h estaremos grabando o episodio 2 de ESFRadio, con Basilia e Teresa como invitadas especiais.
O mércores 11 será o primeiro día de visitas a campo, coordinadas por COXAPO. Comezaremos pola zona de Moaña e a nosa intención e poder visitar as comunidades de usuarios de Pálmas-Costa e Meira de Arriba aproximadamente con 400 usuarias cada unha (1200 persoas abastecidas). Posteriormente iríamos á zona de Vilaboa a visitar alguna comunidade mais pequena. Posteriormente se nos dese tempo iríamos a visitar unha traída que está renovando todas as instalación para que vexan o proceso. De camiño a Tomiño pararemos ainda nunha traída de Rebordáns, que está situado no parque natural Monte Aloia. Para rematar o día cearemos en Tomiño falando sobre como se xestionan as comunidades, por que lexislación se rixen tanto autonómica como os seus propios estatutos, etc.
O día seguinte, xoves 12, visitaremos as comunidades de Tomiño ( primeiro concello que promoveu a autoxestión), onde naceu Coxapo, e iremos visitar dende unha comunidade moi pequeniña e aislada ( Vilachan do Monte) a comunidades como Mosteiro, Tomiño, Estás (onde está a sede de coxapo, e foi case o proxecto piloto antes de poñer o sistema en outras traídas) ou Goian, que é a mais grande con 1200 usuarios ( aproximadamente 3500 persoas abastecidas). Teremos tamén reunión de traballo para ver a viabilidade de conseguir fondos europeos e demostrar que é viable este sistema de autoxestión de abastecemento e, en moitos casos, a única vía alternativa. Estarán presentes en todo momento usuarias de comunidades de auga contando a experiencia de autoxestión.
O venres 13 ás 12h teremos na aula 5 da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela a palestra “Experiencias en xestión comunitaria e autoxestión da auga en Galicia e Honduras”. Alí nos acompañarán tamén persoas de COXAPO, que nos darán a visión do que ocorre en Galicia.
O sábado teremos un encontro informal con Teresa e Basilia (lugar e hora por determinar).
O domingo, a pasear e relaxarse por Santiago, que hai que ter tempo para todo e xa terá sido unha intensa semana!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/12/photo_2019-12-02_21-51-52.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-03 12:45:182019-12-05 14:05:06Visita de Teresa e Basilia, as mulleres da auga
Entre os pasados 11 e 17 de novembro tivemos connosco en Galicia a Doris e Lucía, dúas mulleres hondureñas que, nas aldeas de San Bernardo (municipio de Namasigüe) e Aguas Calientes (municipio de El Triunfo) respectivamente, fan fronte a amenazas de depredación dos recursos naturais da comunidade. Esas loitas están apoiadas por unha das organizacións socias de ESF en Honduras, o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca-CODDEFFAGOLF, que lles está fortalecendo con asesoramento legal, protección das persoas, escola de activismo e mobilización sociocomunitaria. Aquí anunciabamos a súa visita, dentro do proxecto Defensoras da Terra, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Foi unha semana moi densa, con algúns problemas na viaxe que reduciron a súa estancia, pero con tempo para pasear e relaxarse. O primeiro día, o 11 de novembro, tivemos a última hora un encontro relaxado na libraría Os Mundos de Carlota, en Santiago de Compostela, onde nos trataron super-ben.
O martes 12 a primeira hora da tarde voltamos, tras varios anos, á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, onde ESF naceu hai xa máis de 26 anos. Alí compartimos con profesorado e alunado das Escolas de Telecomunicación e de Minas-Enerxía un encontro onde se tratou de chamar a atención sobre os impactos da extracción deses minerais tan prezados para a fabricación de dispositivos electrónicos, e que as futuras profesionais sexan conscientes das implicacións sociais e ambientais que pode xenerar un hiperconsumo.
O mércores 13 pola mañá foi momento de
pasear por Santiago. O clima acompañou e, trala comida, puideron
coñecer a unha activista en temas de defensa da terra de gran
traxectoria en Galicia, Macamen, da Compañia de María.
As 18:30 tivo lugar a palestra sobre as ameazas da minaría depredadora en Galicia e Honduras, na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago, onde Doris e Lucía compartiron conversa con Nela e Lupe, da rede Contraminacción. Tiveron tempo aínda de viaxar a última hora a Coruña, onde ao día seguinte terían unha densa axenda.
O xoves 14 a media mañá o Centro de FP Tomás Barros recebeunos para que alunado do centro coñecera de primeira man as experiencias de Lucía e Doris, ademais de presentar o documental “Las Semillas de Berta”, das compas de Entrepueblos. Despois aínda tiveron tempo de facer unha visita en Coruña, a pesares do mal tempo.
Pola tarde, ás 19, produciuse o encontro público no Centro Cívico Cidade Vella en A Coruña organizado por Entrepueblos, Ecoloxistas en Acción, Asociación M e Enxeñería Sen Fronteiras, onde tamén se presentou o documental mencionado e houbo un interesante coloquio con Doris e Lucía.
No venres 15 antes da comida Doris e Lucía foron entrevistadas por Irene e Patricia (voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras), para o primeiro episodio de ESFRadio, o podcast de ESFGAlicia, que produce Jorge, tamén voluntario de ESF.
Despois de comer, achegámonos ao Monte Neme, onde Adrián, da Plataforma Monte Neme, amosounos o lugar e contounos algo da historia da paraxe e as problemáticas que a rodearon dende a súa época como mina de wolfram até as máis recentes como canteira (e moitas delas seguen aí pola deixadez das distintas administracións). Xa anoitecido, achegámonos á sede da Asociación Senda Nova, onde dentro do seu programa de Encontros con Activistas, puideron falar con Doris e Lucía sobre a defensa da terra contra as diversas ameazas relacionadas con actividades depredadoras cos recursos (piscinas de cría de langostinos, plantas de enerxía fotovoltaica e minaría metálica).
O sábado 16, último día de estancia, foi día de visita á Mina Touro, onde Isabel, do Movemento Mina Touro-O Pino NON, amosounos distintas zonas da mina e a súa problemática socio-ambiental de contaminación da auga ou cheiros polo emprego de lodos de depuradoras para a restauración dalgunhas zonas da mina, para logo rematar do mellor xeito posible, no Magosto Anual contra a Mina, que xa vai pola terceira edición. Esperamos que a do ano que vén sexa o Magosto do Fin da Mina!!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/12/Magosto2.jpg11512048Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-01 11:41:022019-12-01 11:41:05Crónica da visita de Doris e Lucía, defensoras da terra en Honduras
A continuación podedes ver os informes de avaliación externa dos nosos programas en Honduras entre 2010 e 2017 que foron financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia:
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/11/auga_sobal2.jpg594981Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-11-27 11:57:292019-11-27 11:58:28Avaliación dos programas en Honduras entre 2010 e 2017
Xa está aquí o primeiro episodio de ESFRadio,o podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Grazas á producción de Jorge Lama!
Neste primeiro episodio arrancamos forte. Patricia e Irene entrevistan a Doris e Lucía, defensoras da terra contra o extractivismo no sur de Honduras, co apoio do Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (asociación socia de ESF Galicia no programa de defensa da terra e soberanía alimentaria dende hai 10 anos). Aquí podes saber máis delas.
E se prefires escoitalo con mejor calidad en formato ogg, o podes facer a través de archive-org:
Podedes usar una app para o móbil como https://antennapod.org/ para subscribirvos ao podcast esta url: http://feeds.feedburner.com/ESFradio , na parte de suscripcións “Añadir Podcast”
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/11/podcastESFeiro3-4.jpg24803508Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-11-19 11:26:062019-12-05 15:25:19ESFRadio: episodio 1
Enos grato contarvos que o pasado mes foille entregado a Pepe Vara, o presidente honorífico de ESF Galicia e un dos fundadores da asociación hai 26 anos, o premio Humana da Universidade de Vigo (onde ESF naceu) pola súa traxectoria persoal en cooperación e dereitos humanos. Aquí podes ver o momento. Deste premio se fixeron eco diversos medios. En outubro, ademais do premio de Pepe, houbo máis boas noticia dende Vigo, como foi o concerto solidario de Juancho Marquésorganizado pola universidade a prol de Enxeñería Sen Fronteiras, do que falaron tamén diversos medios (aquí ou aquí podes velo). Por outra banda, invitadas pola propia Universidade de Vigo, tivemos ocasión de asistir ao Ourense Rural Summit, onde máis de cen persoas de diversas procedencias (tanto a nivel disciplinar como a nivel xeográfico) trataron de xenerar ideas de cara a conformación do Observatorio de Investigación Rural, que pense xeitos de impulsar un rural vivo.
Un dos acontecementos do mes foi sen dúbida a visita de Alba e Lourdes, mulleres marisqueiras da illa de Amapala (Honduras), que estiveron de xira por Galicia e aquí podes ver a crónica. Ademais, en Santiago tivemos un faladoiro con nova xente interesada en participar en ESF Galicia. Xa son un grupiño ben bo, pero índa seguen buscando xente interesada en facer cousas, así que se te animas ou sabes dalguén na zona de Compostela… Grazas a eles, temos DENDE ESTE MES, INSTAGRAM ESFEIRO.
HONDURAS
En Honduras rematouse o proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pertencente ao programa de Dereito á Auga, onde se forteleceu ás oficinas técnicas da Mancomunidad de Municipios del Sur e de cada un dos 7 concellos que a compoñen. Tamén se están completando as actividades do proxecto financiado pola Xunta de Galicia, dentro deste mesmo programa, de fortalecemento da xestión pública da auga e saneamento, incluindo unha escola de promotores de auga impulsada pola asociación AHJASA.
O 2 de outubro o Parlamento Europeo voltou a analizar en comisión o caso de vulneracións sistemáticas do dereito comunitario nas minas de “San Finx” en Lousame. Isto foi o que lle espetou o compañeiro de ContraMINAcción ao ex-ministro Zoido logo de defender este a postura do imputado Ángel Bernardo Tahoces, Director Xeral de Enerxía e Minas.
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo. Este mes:
La ética de las ONGD y la lógica mercantil. Icaria
Guía de simulación y de juegos para la educación ambiental. Los libros de la catarata
Más allá de la ayuda. Coherencia de políticas económicas para el desarrollo. Real Instituto Elcano
22-23-24: Xuntanza de outono de ESF Galicia, incluíndo a Asemblea Xeral de Persoas Socias (o sábado 23 pola tarde). Pronto, axenda completa do encontro.
9-14 de decembro: visita a Galicia de María Basilia e Teresa, defensoras de auga en Honduras, e participantes no programa de dereito humano a auga de ESF Galicia con AHJASA (pronto, máis info sobre a súa axenda)
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook , Twitter e Instagram.
A ESF-RASE DO MES
O problema non é tecnoloxía si ou non, senón quen a crea, desde que intereses e con que visión da sociedade e do mundo. Marina Garcés
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-11-10 13:54:282019-11-10 13:54:30Boletín Oficial ESFeiro (BOE) : novembro 2019
Lucía e Doris son dúas mulleres do sur de Honduras, do municipio de El Triunfo. Alí hai unha empresa que, coa connivencia dos poderes gubernamentais a nivel central (Tegucigalpa), quere poñer en marcha unha explotación mineira sen contar co apoio da poboación, nin da propia alcaldía municipal. O Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca é unha organización da zona, coa que ESF leva colaborando dende o 2008, que lles da apoio e asesoramento nas súas loitas.
Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública. No municipio constituiuse el Frente Triunfeño en Defensa de la Vida, moi activo contra esta empresa mineira, que protagonizou protestas (a unha das mulleres que vén a quixeron amedrentar con disparos aos pés como se ve aquí, aínda que non conseguiron amedrentala moito…) e mesmo impulsou un referendum para declarar o municipio de El Triunfo como libre de minaría.
Elas veñen a Galicia dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra (polo cal outras 4 mulleres a maiores visitarán Galicia, dúas marisqueiras que xa viñeron e outras dúas que forman parte de xuntas veciñais de auga), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun “cada un pelexar polo seu”), todo elo coa perspectiva de xénero.
Mércores 13 de novembro. 18:30. Palestra sobre Minaría Depredadora na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela, con ContraMINAcción (Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza)
Xoves 14 de novembro. 11h. Encontro con alunado no centro de formación profesional Tomás Barros en A Coruña
Xoves 14 de novembro. 19h. Encontro aberto en Coruña e presentación do documental de Entrepobos “Les llavors de Berta Cáceres”. Centro Social Cidade Vella
Venres 15 de novembro. Mañá. Visita A Coruña
Venres 15 de novembro. 12:30. Encontro con base social na Escola de Enxeñería de Camiños, en A Coruña.
Venres 15 de novembro. 17h. Visita ao Monte Neme con activistas da zona
Venres 15 de novembro. 19h. Encontro con activistas en Carballo (asociación Senda Nova)
Sábado 16 de novembro. Tarde. Visita Mina Touro-O Pino con activistas da zona. Encontro posterior con activistas no Magosto Contra a Mina en Bama
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/11/Def.jpg7321124Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-11-05 12:12:192019-11-15 15:12:30Visita de Doris e Lucía, defensoras da terra contra a minaría depredadora
Entre os pasados 6 e
11 de outubro tivemos connosco en Galicia a Alba e Lourdes, dúas
mulleres hondureñas que lideran sendos grupos de mulleres
marisqueiras en Isla
del Tigre, municipalidad de Amapala, Honduras. Eses grupos se
apoian nunha das organizacións socias de ESF en Honduras, o Comité
para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de
Fonseca-CODDEFFAGOLF, que lles está fortalecendo en boas prácticas
ambientais, xestión de grupos, comercialización e organización.
Aquí
anunciabamos a súa visita.
Para coñecelas
mellor, aquí
temos un video que fixeron cos seus propios medios, onde contan algo
máis da súa dura laboura.
Foi unha semana
densa, pero con tempo para pasear e relaxarse. O primeiro día, o 6
de outubro, foi día de encontros en Santiago de Compostela, cunha
visita relaxada pola cidade.
O luns 7 tivemos
pola mañá un encontro na Escola Técnica Superior de Enxeñería de
Santiago de Compostela, onde puideron contarnos moito de como viven e
do proceso que se está a apoiar cos grupos de mulleres marisqueiras
a través de CODDEFFAGOLF e, como non, das súas dificultades e
dúbidas, e de como siguen adiante.
Pola tarde viaxaron
á Coruña, onde ao día seguinte, ben prontiño, puideron coñecer a
membros da Confraría de O Burgo e a Pablo, o técnico que lles da
apoio. Alí tiveron o primeiro contacto coa labouras do marisqueo
galego. Lles explicaron como se fai o proceso de cría de larvas e a
súa protección contra predadores, para que cando chegan ao tamaño
axeitado, se poida sementar até que alcancen tamaño comercial.
Despois aínda
tivemos tempo de visitar a depuradora de mexilón de Lorbé, onde moi
amablemente nos explicaron o proceso de depurado, aínda que eses
días non estaban sacando mexilón.
Pola tarde produciuse o encontro de Alba e Lourdes coa base social de ESF en A Coruña, no local da Escola de Camiños.
O día 9 foi un día máis tranquilo, coa visita á Fundación Lonxanet en A Coruña e visita á cidade. Pola noite foi o regreso a Santiago.
O día 10 foi
intenso, coa visita pola mañá ao Mercado
de Abastos de Santiago de Compostela, na que a súa xerente
explicounos moi amablemente o funcionamento e evolución nos servizos
ofrecidos. Tamén puideron falar con vendedoras de marisco e outros
productos e coñecer o sistema de pedidos vía internete e envíos a
domicilio. Despois puideron coñecer o Museo de Pobo Galego, con
ferramentas tradicionais galegas que lles chamaron moito a atención.
Xa pola tarde, no
Pub Medusa, onde sempre somos benvidas, cun encontro aberto á
cidadanía, puidemos charlar largo e tendido con ellas.
O día 11 foi un dos máis impactantes, xa que puideron meterse a mariscar coas marisqueiras da Confraría de San Andrés de Lourizán, acompañadas da Patrona Maior da confraría e varias mulleres da xunta directiva do grupo das marisqueiras. Viron como se procesaba o producto extraído no centro de acopio (un dos sonos dos seus grupos en Honduras) e, despois dunha agradable comida con técnicas do CETMAR e con Andrés, técnico que fai apoio ás confrarías da ría, visitar a lonxa de Campelo, e ver como é unha sesión de subastas.
Esta viaxe foi un xeito de facer pontes entre as sociedades civiles de Honduras e Galicia, traer unha perspectiva internacionalista a persoas do marisqueo en Galicia (seguro que agora se fixan máis nas novas sobre Honduras…), e tamén un xeito de que vexan posibles accións a desenvolver nos seus grupos e, como lles comentaban o día 10, a tecnoloxía con máquinas clasificadoras, edificio do centro de acopio e demais, non son máis que melloras a partir dun proceso que xa se ten que estar dando cun grupo constituido, e que elas xa teñen en marcha. Así que aí seguiremos apoiando os seus procesos con, entre outras actividades, unha visita de técnicas de CETMAR o vindeiro febreiro á súa zona de traballo no sur de Honduras.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/10/12_Lourizan.jpg22043920Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-10-28 20:45:562019-10-28 20:45:58Crónica da visita de Alba e Lourdes. A defensa dos manglares é a defensa da vida.
Coa chegada do outono, un tempo de cambios no que semella que a sociedade comeza reclamar tamén cambios urxentes para que os gobernos apliquen as medidas necesarias para frear o cambio climático. Por iso, o 27 de Setembro apoiamos a #folgamundialpoloclima do #27S. Pedimos que se declare xa a #emerxenciaclimática e se tomen medidas concretas para combatela. Mentres tanto, seguiremos impulsando cambios no noso día a día, e tamén, colaborando con outras persoas en movementos e asociacións.
Durante o verán tamén aproveitamos para darlle unha volta ao local de Coruña, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (Campus de Elviña). Agora temos un taboleiro onde imos tratar de representar o que facemos en ESF, cos distintos temas e lugares onde traballamos, cun rinconciño especial do voluntariado. Tamén temos a nosa biblioteca recén remozada, con materiais para préstamo sobre Dereito á auga, enerxías renovables, soberanía alimentaria, servizos urbanos, educación para a paz, dereitos humanos, outras realidades, voluntariado e activismo, xénero… Vinde visitarnos!!
Durante unha semana tivemos a Dani, o noso presi, en Honduras, onde estivo compartindo reflexións coa nosa socia Ahjasa HN, sobre fortalecemento institucional futuro do programa de persoas técnicas comunitarias.
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo. Este mes:
17 de outubro: concerto solidario de Juancho Marqués no teatro da cidade universitaria de Vigo, organizado pola Universidade de Vigo a prol do programa de dereito humano á auga de Enxeñería Sen Fronteiras
1-3 de novembro: encontro anual da base social da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras en Valladolid (ou, como a coñecemos agarimosamente, A CÓSMICA).
Semana do 4 de novembro: visita a Galicia de Doris e Lucía, defensoras da terra hondureñas, fronte a empresas mineiras sen escrúpulos.
22-24 de novembro: segundo encontro anual e asemblea da base social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (Xuntanza). Pronto anunciaremos o lugar!!
Finais de novembro-principios de decembro: visita a Galicia de María Basilia e Teresa, pertencentes a xuntas directivas de Juntas Vecinales de Agua y Saneamiento de Honduras.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
“A tecnoloxía non é neutral. Estamos dentro do que facemos, e o que facemos está dentro de nós”. Donna Haraway
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-10-05 22:00:452019-10-04 22:21:21Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2019
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.