Temos visita! Delegación da Mancomunidade NASMAR Honduras

No marco do proxecto de fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública da auga nos sete municipios hondureños conforman a NASMAR, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación, unha delegación composta de seis alcaldes e unha alcaldesa dos sete municipios que compoñen a Mancomunidade de Municipios do Sur de Honduras (NASMAR), así como a súa coordinadora técnica, estarán en Galicia a vindeira semana coa idea de compartir experiencias na xestión pública da auga con municipios galegos, desde a visión do Dereito Humano á Auga.

O contexto dos municipios da NASMAR, situados nunha área do trópico seco, moi vulnerables ás secas e aos efectos do cambio climático, fan que a xestión da auga sexa un dos seus principais desafíos. En Galicia a xestión da auga empezou a poñerse en primeiro plano o ano pasado, coas alertas de seca, pero xa viña sendo obxecto de preocupación por falta de transparencia na tramitación de concesións, cortes de auga a persoas que non poden pagar o servizo, problemas graves de saneamento, etc.

A xestión municipal da auga é unha cuestión que afecta a todos os países, e moitas das problemáticas e solucións que se presentan son comúns a todos os territorios. A experiencia desta delegación servirá para compartir as experiencias duns e doutros municipios, as solucións adoptadas e os atrancos aínda existentes na xestión municipal da auga desde o enfoque do Dereito Humano á Auga.

AXENDA

LUNS 26. 10h. Coruña. Encontro no Reitorado da Universidade da Coruña coa Vicereitora de Relacións da UDC.
LUNS 26. 13:30h. Recepción por parte do Presidente da Deputación da Coruña no pazo Mariñán.
LUNS 26. 16:30h. Encontro con grupos de investigación da Universidade da Coruña. Sala de Xuntas da ETSE de Camiños, Canais e Portos.
MARTES 27. 11:30h. Encontro con delegación municipal en Arteixo
MARTES 27. 18:00h. Encontro con delegación municipal en Castrelo de Miño
MÉRCORES 28. 9h. Encontro con Alcalde de Santiago de Compostela e Concelleira Concha Fernández.
MÉRCORES 28. 11:30. Xornada aberta “O Dereito Humano á Auga desde a xestión municipal. Experiencias desde Honduras e Galicia”, na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela. Encontro de intercambio de experiencias sobre transparencia na xestión da auga dende a administración local, desafíos nun contexto de cambio climático e a axenda 2030. Especialmente dirixido a persoal técnico e político das administracións locais galegas. Precisa inscrición, até luns 26 de novembro, en info(arroba)galicia.isf.es
MÉRCORES 28. 16h. Encontro con delegación municipal de Teo
XOVES 29. 10h. Santiago de Compostela. Encontro coa Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia.
XOVES 29. 12h. Santiago de Compostela. Encontro con Augas de Galicia.
VERNES 30. 19h. A Coruña. Encontro con base social de ESF

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

    Xa temos aquí o no novo resumo de todo o acontecido na vida esfeira e dos eventos nos que tamén participamos. Este mes ESF apoiou o manifesto “En Enerxía, non sen mulleres“. O pasado 5 de outubro mandamos espías á Mostra Do Posible. Sempre é bo momento para acercarse a Cangas, pero esta foi unha escusa perfecta para poder falar de Economía Social. A finde do 17 atopámonos na Cósmica 2018 co resto de compas da Federación de Ingeniería Sin Fronteras para compartir experiencias e recargar pilas. Grazas ISF Valencia pola acollida! Os seis alcaldes e a alcaldesa que encabezan os sete municipios da Mancomunidade Nasmar, en Honduras, visitarán a finais de novembro Galicia, para compartir boas prácticas arredor do Dereito á Auga. Favorecer unha xestión pública e de calidade do abastecemento a comunidades rurais é o obxectivo do proxecto que Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancian a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no país centroamericano, sobre o que podedes coñecer máis neste artigo que compartimos, onde Miño, participante no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2018, nos conta a súas impresións. Por outra banda, o pasado día 25 rematou o prazo para presentar propostas para facilitar o noso proceso de reflexión para elaborar a nova planificación estratéxica da asociación para os vindeiros anos. Presentáronse 6 equipas candidatas, e tras unha complicadísima valoración resultou seleccionada a equipa de FeminismosParaGrupos. O 2 de novembro chegaron a Galicia Francisco e Rocío, que van cursar o Master de Eficiencia Enerxética da UDC. Estarán en Ferrol todo o curso, grazas ao programa de fortalecemento de capacidades técnicas na Mancomunidade NASMAR Honduras, e coa financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


HONDURAS

    Outubro foi o último mes de estancia en Honduras de Uxía e Miño, participantes no PCR 2018 polo grupo de Dereito á Auga. Alí puideron participar na formación en gvSIG Fonsagua, un sistema de información xeográfica adaptado á realidade dos concellos da Mancomunidade para facilitar a xestión da auga (e do que queiran). Tamén puideron compartir novos xeitos de traballo que se queren impulsar coas nosas organizacións socias no país, que faciliten a xestión dos programas. Tiveron tempo para visitar infraestruturas, como o tanque de auga de Matapalo, e de aguillar o interese no software libre poñendo en valor a menor prevalencia de virus informáticos (que en Honduras son moi habituais, dada a informalidade do software que se utiliza, e os baixos coñecementos de seguridade informática entre as persoas usuarias). O furacán Michael deixou graves danos no sur do país, e houbo que suspender a visita a Galicia prevista para outubro de 6 alcaldes e unha alcaldesa dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR, e da técnica da NASMAR. Esta visita terá lugar en novembro, como se mencionou xa.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

    A sociedade necesita persoas que se ocupen da xente anciana e que saiban como ser compasivas e honestas. A sociedade necesita xente que traballe nos hospitais. A sociedade necesita todo tipo de habilidades que non son só cognitivas, son emocionais, son afectivas. Non podemos montar a sociedade sobre datos.

Traballa connosco. Buscamos consultoría para facilitación de reflexión interna da asociación

Nun contexto de cambios nos últimos anos, tanto no xeito de entender a acción voluntaria por parte da poboación, como de gran mobilidade das persoas nos ámbitos universitarios técnicos (que representaron tradicionalmente a orixe da maioría da base social da asociación), vese a necesitade de afrontar un proceso fondo de reflexión e replantexamento do activismo e de ESF como ferramenta que nos axuda a construír un mundo máis xusto e solidario. Queremos que esta reflexión sirva para darnos aportes ao proceso de construción da nova planificación estratéxica 2019-2022.

Por iso, buscamos unha equipa de profesionais da facilitación de procesos de reflexión que nos queran acompañar neste camiño.  Aquí podedes ver os termos de referencia para a contratación (ignorar as advertencias de seguridade). Calquera dúbida pódese contactar a info[arroba]galicia.isf.es . Péchase o proceso o 25 de outubro ás 23:59h.

BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: OUTUBRO 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

    Pouco a pouco vamos colléndolle o pulso a este novo curso que coma sempre ven cargado de retos e oportunidades que ESF ten que seguir aproveitando para avanzar na procura dunha sociedade máis xusta e solidaria. Do 6 ó 8 de setembro celebrouse en Coimbra o Congreso Ibérico de Xestión e Planificación da Auga. Aínda que non participamos, esta temática está moi ligada a ESF e contamos con moitas “espías” esfeiras. Outro dos eidos nos que ESF traballa activamente é o do aceso ó Software Libre, cuxo día internacional celebrouse o sábado 15 de setembro (como cada terceiro sábado de setembro). Tamén queremos dar a noraboa a Daniel da FIC UDC A Coruña polo seu proxecto fin de mestrado do Tetris dos Dereitos Humanos. Pronto o poderedes probar! Ademais, este mes ESF apoiou o manifesto “En Enerxía, non sen mulleres“. Dende o 22 de setembro, estivemos facendo a acollida a Daniel, novo contratado como apoio técnico aos programas internacionais, que na primeira semana de outubro viaxa a Honduras até final de ano, onde adicará os seus esforzos a acompañar no peche do ano dos diversos proxectos en marcha co resto da equipa de ESF en Honduras (Raquel e Elmer) e das nosas socias en Honduras (CODDEFFAGOLF, AHJASA e a Mancomunidad de Municipios NASMAR).


HONDURAS

    En Honduras, a equipa esfeira sufriu a baixa de Cris, que regresou xa a España trala súa estancia de PCR no programa de Soberanía Alimentaria, non sen antes coñecer as Escolas de Formación Política e xénero que se están a impulsar co apoio da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación para el Desarrollo. Alí siguen Miño e Uxía, que regresarán en outubro, e nos contan as súas experiencias até no periódico, e tamén tivemos a visita de Juan, do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña, que veu compartir co noso socio CODDEFFAGOLF os avances nunha aplicación de cartografía participativa de riscos ambientais. A finais de mes, tivemos a boísima nova de que o consorcio formado por VSF Justicia Alimentaria Global, Amigos de la Tierra y ESF Galicia, pasa á fase de identificación dun novo convenio en temas de soberanía alimentaria financiado porla Agencia Española de Cooperación para el Desarrollo. A identificación prolongarase até fin de ano e se estaría executando nos próximos 4 anos (2019-2022).

Aquí se pode ver de xeito moi resumido o que estamos a facer en Honduras no noso programa de soberanía alimentaria, e aquí no de dereito humano á auga.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

A tecnoloxía non é neutral e as consecuencias son obvias. Está cambiando o xeito en que mantemos conversas, a nosa forma de pensar e está causando estragos no noso sistema democrático.
Tristan Harris

BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: setembro 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

O mes de agosto foi de pausa, de reseteo, aínda que seguimos difundindo o que ocorría no mundo da tecnoloxía para as persoas. Ademais, estivemos co proceso de selección para a contratación dunha persoa que dea apoio en Honduras, de setembro a decembro, para o peche da anualidade de 2018 dos distintos proxectos nos que estamos inmersas (aquí podes coñecelos máis polo miudo, tanto os do programa de Soberanía Alimentaria como os do programa de Dereito Humano á Auga).


HONDURAS

    As 3 participantes no Programa de Coñecemento da Realidade seguiron a informar dende Honduras das súas andanzas. Aquí nos falan dos primeiros días as participantes no PCR de dereito á auga, e tamén podemos coñecer con elas a aldea de El Fortín, onde coa Mancomunidade NASMAR e o apoio financeiro da Deputación da Coruña, estivemos a desenvolver un bombeo baseado en enerxía solar para abastecemento de auga, dentro do programa de dereito humano á auga, no seu eixo de proxectos piloto con tecnoloxías que poidan, neste caso, aproveitar os recursos sustentables da zona e reducir a factura da luz. Comentar que a finais de agosto rematou o proxecto, tamén dentro do programa de Dereito Humano á Auga, financiado polo Concello de Santiago de Compostela, cun cabildo aberto na alcaldía de El Triunfo.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Periódico O Salto Galiza mes de setembro

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

…se o obxectivo é a felicidade humana, temos que estudar que significa ser feliz. Se non facemos eso, as decisións sobre o futuro da humanidade as tomarán uns cantos frikis da tecnoloxía, algunhas compañías tecnolóxicas ou algúns Gobernos, que non van ser necesariamente os mellor cualificados para tomar estas decisións para toda a humanidade.
Max Tegmark

Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

Parece que nestes meses de verán é preciso tomar un pequeno respiro para volver ben cargados e cargadas de motivación…pero mentres tanto vos seguimos contando todo o que acontece na vida esfeira. O 5 de Xullo realizouse un obradoiro da ferramenta libre de planificación hídrica gvSIG Fonsagua con Cartolab da Universidade da Coruña. Estivemos aprendendo de sistemas de información xeográfica coa ferramenta que se está a usar en Honduras no noso programa de Dereito Humano á auga. E non nos esquecemos do que ocorre en Nicaragua


HONDURAS

      Xa temos a Cris en Honduras dende mediados de Xullo na súa estancia de Coñecemento da Realidade, e xa nos contou algo da súa chegada. Dende o 31 a acompañan Uxía e Miño, desfrutade da experiencia! Tivemos a boa nova de que GAÑOU BERTA! Pechan o proxecto hidroeléctrico “Agua Zarca”, pero hai que evitar a impunidade e seguir pedindo #JusticiaParaBerta. Esta vitoria sérvenos de exemplo e motivación para seguir actuando e denunciando outras inxustizas, como a ameaza das ZEDE, Zonas Económicas de Desenvolvemento (para quen?). Polo menos unha delas na zona do Golfo de Fonseca, en Amapala.

    Se che interesa a bioconstrución e materiais tradicionais, actualizamos con anexos fotográficos os informes sobre materiais tradicionais no sur de Honduras.

    Este ano xa sabes que estamos a celebrar o noso 25 aniversario. Pero, ademais, é o 10º de estar establecidas en Honduras. O 3 de agosto tivemos a celebración na nosa nova oficina en San Lorenzo, Honduras. No próximo BOE haberá fotos…


ENLACES DE INTERESE

Auga

 

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas

 


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Temo o día en que a tecnoloxía sobrepase a nosa humanidade: o mundo só terá unha xeneración de idiotas.
Albert Einstein

Queres traballar connosco? Praza de técnica de proxectos Honduras

Aquí se pode consultar (ignora advertencias de seguridade) o perfil do posto de persoal de apoio expatriado en Honduras que estamos a seleccionar. O contrato é por obra e servizo, de 3 meses de duración (de setembro a decembro). Agradécese difusión.

O período de selección pecha o 1 de setembro de 2018.

Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2018

Este mes estamos contentas porque acadamos fondos da Xunta de Galicia para dous proxectos en Honduras, un no programa de dereito á auga e outro no de desenvolvemento rural-soberanía alimentaria.Pero estamos tristes porque houbo proxectos aprobados por máis de 2,5 millóns de euros que non se poderán executar por esgotamento orzamentario destas axudas. Hai que devolver á cooperación galega ao desenvolvemento ao sitio que lle corresponde como política pública, como expresión do afán da sociedade galega de defender os dereitos humanos en todo o mundo pensando globalmente e actuando dende aquí. E con ese obxectivo seguiremos traballando dende a Comisión de Incidencia Política da Coordinadora Galega de ONGD. A continuación, o BOE de xullo 2018


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Xa se pode consultar a memoria de ESF Galicia 2017, 15 páxinas para coñecer en que andivemos metidas o pasado ano (ignora as advertencias de seguridade do enlace para descargar). Compartimos o traballo que se fixo coa Asociación Galega de Bioconstrución ESPIGA, introducindo o concepto de bioconstrución en centros de educación secundaria, así como o traballo de investigación que impulsamos co Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña, comparando exemplos de participación das mulleres na gobernanza da xestión comunitaria da auga en 2 aldeas de Galicia e 2 de Honduras. Impartimos o obradoiro Argallando no Portátil, colaborando con Amigos da Terra e Mina Touro NON, e tivemos a sorte de asistir ao Encontro Solar da Oficina de Medio Ambiente da UDC e probar comida solar ben rica e variada. Ademais, tivemos tempo de propoñer uns fragmentos de obras para a reflexión sobre relacións entre tecnoloxía e outros aspectos de interese na sociedade (a educación, o emprego e o modelo político). O 10 de xuño fomos testemuñas do rexeitamento social ao proxecto da Mina de Touro-O Pino, na manifestación en Santiago de Compostela. Unha das consignas, “Mina NON, queremos camarón”, é un xenial exemplo de defensa do territorio como un todo interrelacionado, a importancia de entender os impactos nos sistemas naturais e sociais, e de que a xestión territorial tense que poñer ao servizo do ben común. Lamentamos o paso atrás da Universidade da Coruña na súa soberanía tecnolóxica, alertadas por GPUL, vendo como migraron o mail corporativo a unha plataforma de Microsoft (e, por suposto, privativa). Por último, o 30 de xuño tivo lugar en A Coruña a Asemblea Ordinaria da Asociación, onde se aprobaron as contas de ESF do 2017 (podes descargalas aquí, ignorando a advertencia de seguridade), e outra extraordinaria para tratar uns temas que quedaran pendentes da Asemblea Extraordinaria de abril en Gandarío (onde celebraramos o XXV aniversario).


HONDURAS

    Neste mes en Honduras quedou rematado o proxecto de bombeo de auga con enerxía solar na comunidade El Fortín (Municipio El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, e aquí podedes ver como quedou.

    Por outra banda, tras nove anos de compartir oficina coas compas de Amigos de la Tierra en Honduras, cambiámonos a unha oficina ao ladiño de onde estabamos, xa que para nós a vila de San Lorenzo, e en particular esa zona, era a ideal pola cercanía a CODDEFFAGOLF, un dos nosos socios estratéxicos na zona. A dona atopou clientes que poden pagar máis pola oficina onde estabamos, bastante grande e nunha rúa importante de San Lorenzo, tamén a nós nos afecta o mercado inmobiliario… Queremos agradecer a Amigos de la Tierra por estes anos que tantas experiencias compartimos. Foi un auténtico espazo de “coworking”, e aínda que físicamente esteamos máis lonxe, seguiremos colaborando con eles en proxectos e loitas.

Puxemos a disposición pública as avaliacións externas con leccións aprendidas dos proxectos financiados pola Xunta de Galicia en 2015-2016, tanto no programa de Dereito Humano á Auga como no de Soberanía Alimentaria. Ademais, dende o 28 temos a Cristina en Honduras, participando no Programa de Coñecemento da Realidade. Iranos contando as súas vivencias, e a finais de xullo se lle unirán Uxía e Miño.

Tamén queremos dar os parabéns a CODDEFFAGOLF pola posta en marcha do centro de investigación e turismo ambiental e científico na Isla Pacar.

 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

 

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

 

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

“Todo o mundo fala de paz, pero ninguén educa para a paz. A xente educa para a competencia, e a competencia é o principio de calqueira guerra.”
Pablo Lipnizky

Fragmentos sobre tecnociencia na educación, traballo e organización política

A continuación, na nosa liña de divulgación en galego no eido da tecnoloxía para as persoas, queremos compartirvos tres fragmentos doutras tantas publicacións que, ao noso parecer, reflexionan moi axeitadamente sobre aspectos importantes da nosa sociedade e como a tecnociencia inflúe neles: a educación, o modelo político e o traballo.

EDUCACIÓN

Fragmento de La Universidad Comprometida, de Vicente Manzano, páxina 171 do libro.

En boa medida, a evolución ética é consecuencia da evolución do pensamento humano. Padezo unha profunda indignación cando observo que o respecto ofrecido ao coñecemento técnico é moi superior ao que se orienta cara ao ético. A xustificación é unha profunda e sesgada ignorancia. No imaxinario colectivo, a evolución da sociedade atópase moi ligada ao progreso tecnolóxico, á abundancia de recursos creados pola combinación de ciencia e tecnoloxía. Esta impresión deixa orfa á ética, a pesar da inxente enerxía implicada ao longo dos anos e de multitude de persoas para ir conformando imaxes ao redor da forma de estar no mundo.

Talvez, a principal consecuencia daniña do paradigma da simplicidad foi separar a técnica da ética, a ciencia da conciencia. A compartimentación froito da segmentación dos problemas e as tarefas de análises, levanta multitude de muros que impiden facer preguntas relevantes, ter visión de conxunto e promover un pensamento complexo. O coñecemento simplificado faise para ser engranado en sistemas anónimos. É independente de quen coñece. E xérase por unha inercia imperante para a que cada xerador individual non é máis que unha peza irreflexiva do sistema que, desta forma, libérase de encargarse dos problemas humanos.

MODELO POLÍTICO

Fragmento de Noam Chomsky | Michel Foucault. A natureza humana: xustiza versus poder (Páxinas 33 34, preguntas do público)

En canto á idea que talvez axexaba na súa pregunta -unha idea que adoita expresarse a miúdo- respecto de que hai algún imperativo técnico, algunha propiedade da sociedade tecnolóxica avanzada que esixe un poder e unha toma de decisións centralizados -e moitas persoas afírmano, desde Robert McNamara cara abaixo-, ao meu entender é algo completamente absurdo, nunca ouvín ningún argumento no seu favor.

Paréceme que a tecnoloxía moderna, como a tecnología do procesamento de datos ou da comunicación, entre outras, ten precisamente o efecto contrario. Isto significa que a información e a comprensión relevantes poden transmitirse a todos en forma rápida. Non debe estar concentrada nas mans dun pequeno grupo de administradores que controlan todo o coñecemento, a información e a toma de decisións. Por iso penso que a tecnoloxía pode ser liberadora, ten a propiedade de ser potencialmente liberadora; convértenna, como a todo o demais, como ao sistema de xustiza, nun instrumento de opresión porque o poder está mal distribuído. Non creo que haxa nada na tecnoloxía moderna ou na sociedade tecnolóxica moderna que nos conduza cara a unha centralización do poder; máis ben, opino o contrario.

TRABALLO

A Fin do Traballo. Jeremy Rifkin. https://es.wikipedia.org/wiki/El_fin_del_trabajo

Por primeira vez na historia moderna moitos seres humanos poderían quedar liberados dun grande número de horas de traballo, e así adquirir unha maior libertade para levar a cabo máis actividades de lecer. As mesmas forzas tecnolóxicas poderían, sen embargo, levarnos a maiores niveis de desemprego e a unha depresión de ámbito internacional. O feito de que nos espere un futuro de utopías ou de realidades depende, en grande medida, de como queden distribuidas as ganancias na productividade durante a era da información. Unha distribución xusta e equitativa das melloras na productividade requeriría unha redución a nivel mundial nas horas de traballo semanais e un esforzo conxunto entre todos os gobernos centrais para xenerar empregos alternativos no terceiro sector – na economía social- para aqueles cuxo traballo xa non é útil no mercado. Se, a pesares de todo, non se reparten as enormes ganacias de productividade, resultado da revolución propiciada pola alta tecnoloxía, senón que se emprega principalmente para aumentar os beneficios das empresas, para outorgar maiores dividendos aos accionistas, para retribuir mellor aos altos executivos das multinacionais, así como para a emerxente elite de traballadores implicados nos novos coñecementos da alta tecnoloxía, as probabilidades de que as crecentes diferencias entre os que o teñen todo e os que non teñen nada conducirán, sen dúbida, a disturbios sociais e políticos a escala internacional.

Bioconstrución na educación secundaria.Proxecto EDUESPIGA

Queremos compartirvos a memoria do que se fixo dentro do proxecto EduEspiga, que ESF Galicia apoiou con fondos de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e que desenvolveron xs compas de ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución.

O ​ proxecto “EduEspiga” tivo como finalidade a sensibilización medioambiental de xoves a través de obradoiros teórico-prácticos sobre bioconstrución, impartidos en 8 institutos de educación secundaria e centros de formación profesional.

A ​ bioconstrución consiste nun tipo de construción natural que revisa as técnicas tradicionais de construción dende a perspectiva das innovacións tecnolóxicas. Ten moi en conta a calidade e toxicidade dos materiais empregados, e propón uns principios éticos entre as persoas involucradas no proceso de construción e futuros usuarios. Así, a bioconstrución da solución ós problemas medioambientais que provoca a construción actual, ao traballar dende o punto de vista da sustentabilidade e eficiencia enerxética, e se conforma como o mellor xeito para reducir o impacto ambiental provocado pola construción, e mellorando o desenvolvemento social. Educando dende o punto de vista dun consumo responsable de enerxía e recursos, e buscando unha calidade de espazos e materiais, conseguiremos una sociedade máis sá, autónoma e sensibilizada co medio. Como se pode ver, encaixa á perfección coa liña de traballo que se pretende impulsar dende ESF en tecnoloxías para o desenvolvemento humano. Gustounos tanto a experiencia, que xa estivemos a preparar a segunda fase, a ver se acadamos financiación!!