Entries by Enxeñeria Sen Fronteiras

📢Enxeñería Sen Fronteiras Galicia vai deixar provisionalmente de publicar na rede X📢

As redes controladas por poucas persoas nunca van ser transformadoras. Nós cremos nos modelos descentralizados e co-responsables. Sabemos que a antiga twitter sempre tivo detrás unha gran empresa pero, quen agora a manexa ao seu antoxo, representa todo o contrario do concepto de Tecnoloxía para o Ben Común que defendemos: autoritarismo, machismo, tecnoloxía ao servizo […]

Programa de Tecnoloxía para o Ben Común no eido profesional da tecnoloxía e a enxeñería. ESFpro

Neste ano 2024 empezamos a desenvolver un novo programa en Enxeñeŕia Sen Fronteiras: o de Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia. Temos asegurada unha primeira fase até finais de 2025, grazas á financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia (con 35.000 euros) e outros 6.589 […]

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2024

      💜🧡 Este mes queremos lembrar que dende ESF queremos xerar un espazo seguro e libre de violencias. Por iso, temos a vosa disposición un punto lila, xestionado polo Grupo de Xénero e Feminismos de ESF, para recibir denuncias de violencias machistas no contexto de actividades de ESF ou que impliquen persoas da asociación. […]

Visita técnica en Mozambique

Durante o mes de outubro tivo lugar unha visita técnica a Mozambique cunha duración de 30 días nos que o traballo se centrou no fortalecemento do persoal da Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique (ARA Sur), organismo homologo a Augas de Galicia no sur país. O obxectivo da visita foi o de realizar […]

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2024

Se es máis de escoitar, aquí tes o Boletín Sonoro, de 9 minutiños. Se non, segue lendo. CONTIDOS VIDA ASOCIATIVA     En Galicia, arrancamos o novo curso académico presentando a segunda Fase do programa Hackers Sen Fronteiras, de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario (e agora tamén na Formación Profesional!).     Na Domus, […]

Chegada e aterraxe en San Lorenzo: entre o voluntariado técnico e as reflexions culturais e sociais

Xa temos a Zaira en Honduras participando nun Voluntariado Técnico en Terreo. Alí estará até decembro apoiando en distintos temas ao equipo de ESF na oficina de San Lorenzo. Igual que as participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, iranos mandando de cando en vez unha crónica da súa experiencia. Aquí está […]