Entries by Enxeñeria Sen Fronteiras

Visita de Teresa e Basilia, as mulleres da auga

Teresa Huete e Basilia Palma son dúas mulleres do sur de Honduras, das aldeas de Matapalos Abajo (municipio de El Triunfo) e Cerros de Moropocay (municipio de Nacaome) respectivamente. Elas teñen ampla traxectoria na xestión comunitaria da auga (onde o estado non chega), e forman parte de AHJASA, unha organización da zona, coa que ESF […]

Crónica da visita de Doris e Lucía, defensoras da terra en Honduras

Entre os pasados 11 e 17 de novembro tivemos connosco en Galicia a Doris e Lucía, dúas mulleres hondureñas que, nas aldeas de San Bernardo (municipio de Namasigüe) e Aguas Calientes (municipio de El Triunfo) respectivamente, fan fronte a amenazas de depredación dos recursos naturais da comunidade. Esas loitas están apoiadas por unha das organizacións […]

Avaliación dos programas en Honduras entre 2010 e 2017

A continuación podedes ver os informes de avaliación externa dos nosos programas en Honduras entre 2010 e 2017 que foron financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia: PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO DEREITO Á ALIMENTACIÓN CON ENFOQUE DE SOBERANÍA ALIMENTARIA: https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/avaliacions/4.2.1._informe_evaluacioun_expost_esf_sobal.pdf PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO DEREITO Á AUGA: https://cooperacion.xunta.gal/sites/w_coopga/files/avaliacions/4.2.2._informe_evaluacion_expost_esf_agua.pdf

ESFRadio: episodio 1

Xa está aquí o primeiro episodio de ESFRadio,o podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Grazas á producción de Jorge Lama! Neste primeiro episodio arrancamos forte. Patricia e Irene entrevistan a Doris e Lucía, defensoras da terra contra o extractivismo no sur de Honduras, co apoio do Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora […]

Boletín Oficial ESFeiro (BOE) : novembro 2019

CONTIDOS Vida Asociativa Honduras Enlaces de interese Publicacións en físico E no próximo mes … A ESFrase do mes VIDA ASOCIATIVA Enos grato contarvos que o pasado mes foille entregado a Pepe Vara, o presidente honorífico de ESF Galicia e un dos fundadores da asociación hai 26 anos, o premio Humana da Universidade de Vigo […]

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2019

CONTIDOS Vida Asociativa Honduras Enlaces de interese Publicacións en físico E no próximo mes … A ESFrase do mes VIDA ASOCIATIVA Comezamos setembro participando nun Laboratorio sobre Activismo organizado polas compas de Amigos da Terra. Coa chegada do outono, un tempo de cambios no que semella que a sociedade comeza reclamar tamén cambios urxentes para […]

A ONGD que migrou ao software libre

Deixamos aquí o enlace ao podcast que dende Mancomún nos fixo Jorge, onde contamos a importancia do software libre para unha ONG de cooperación ao desenvolvemento como nós, e como foi o noso proceso de migración. Grazas por contar connosco!