Contratación de servicios técnicos de evaluación final. Proyecto de mejora de gestión pública y social para gobernanza hídrica 9 municipios Honduras

Se trata de una contratación de un servicio externo para realizar la evaluación externa final del proyecto, financiado por la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, 2022/PRYC/000903: Mejora de la gestión pública y social para la gobernanza de los recursos hídricos en 9 municipios de la región 13 Golfo de Fonseca (Honduras), Fase 1.

Estuvo ejecutado por Ingeniería Sin Fronteras Galicia, el Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), Mancomunidad de Municipios del Sur – NASMAR y
Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua (AHJASA).

Las ofertas deberán ser presentadas a más tardar el lunes 05 de mayo de 2025 a las 23 horas de Honduras, 13:00 horas de España.

Aquí se pueden descargar los términos de referencia para su consulta.

Seleccionadas candidatas para Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades

Despois dun reñido proceso de selección, temos xa ás 3 persoas seleccionadas para o Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades 2025. Foron:

Aída Raíndo (praza de profesional da enxeñería ou da economía social)

Lorenzo Granja (praza xeral)

Rubén Negreira (praza profesorado secundaria programa Hackers Sen Fronteiras)

Ademais dunha formación en liña, con itinerario formativo con varios módulos, e encontros en liña con persoas de Honduras, tamén haberá polo menos 2 sesións presenciais. Unha delas a tivemos onte, onde puideron coñecerse, e fixemos unha introdución sobre Enxeñería Sen Fronteiras, o concepto de Tecnoloxía para o Ben Común e o contexto de Honduras. Este ano deuse a posibilidade de participar na formación ao resto de persoas candidatas que non foran seleccionadas, algunhas das cais están participando na mesma.

Aquí se pode saber máis sobre o programa.

Todo pasa… e todo queda?

Aproveitando que hoxe celebramos o día da nena nas TIC queremos darvos a coñecer un proxecto que naceu no grupo de Mulleres Tecnólogas de ESF e que se está a propagar polas escolas técnicas de Galicia e en diversas facultades.

Elaboramos unha serie de tarxetas con frases de reputados científicos e pensadores que estudamos ao longo da nosa vida académica. Estes fixeron grandes aportacións técnicas pero, algunha vez nos paramos a analizar a súa ideoloxía? En ditas frases, extraídas das súas publicacións, vemos que tanto da o século ao que pertencesen ou o campo de estudo ao que se adicaran, todos comparten o mesmo discurso machista, de desprezo e insultante cara as mulleres.

Con esta campaña quixemos visibilizar que levamos toda a historia perpetuando o evidente: o sistema patriarcal. Dende os tempos antigos de Pitágoras ata os modernos de Isaac Asimov. Agora e antes.

Convidamos con elo á reflexión. A levalo ás aulas, visibilizalo, nomear tamén a mulleres e disidencias. Todxs conformamos a historia e non é xusto que só coñezamos parte dela.

Podedes atopar as nosas tarxetiñas nas bibliotecas das facultades de Santiago e nas Escolas de Telecomunicacións e de Minas e Enerxía en Vigo. Moi pronto as veredes en Lugo, Ourense e Coruña. A ver se atopades as oito! E se as queredes poñer no voso centro ou local enviádenos un correo que estaremos encantadxs de velas viaxar polo mapa.

Por último agradecemos á Asociación Galega de Estudantes de Matemáticas a súa colaboración e implicación na campaña.

ESFRadio: boletín sonoro do 1º trimestre de 2025

Benvidas ao Boletín Sonoro Esfeiro deste primeiro trimestre de 2025. Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

En 12 minutiños falamos de:

  • Actividades deste trimestre de Enxeñería Sen Fronteiras en Galicia e nos países de traballo: Honduras e Mozambique
  • Escolma de novas relacionadas con tecnoloxía para o ben común que nos chamaron a atención
  • Datas vindeiras sinaladas na axenda
  • Recomendación artística
  • A ESF-Frase do trimestre

Todo o que contamos aquí podes atopalo ampliado nos nosos Boletíns mensuais.

ESCOITA AQUÍ

BOE

Boletín Oficial ESFeiro: abril 2025

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   Como parte do convenio asinado coa Universidade de Santiago para desenvolver accións formativas na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela, o pasado mes de marzo tivemos 4 faladoiros e obradoiros dentro da materia Aula Profesional (un deles, un repair café, que se fixo ao lado da cafetería). Tamén en Ferrol e A Coruña se apuntaron a repair cafés, aproveitando as actividades do Marzo Ambiental da UDC. Ademais, no Banco da Coruña, comezou o curso de 35 horas de Reparación e mantemento básico de equipos informáticos. Tivemos encontro de persoas da Rede Galega de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre, cunha representante de Repair Café Lisboa.

    Vinculado ao programa Hackers Sen Fronteiras en secundaria, o grupo de Mulleres Tecnólogas para o Ben Común tivo un encontro de reflexión e autoformación. Houbo un faladoiro en Mondoñedo sobre As redes sociais libres: o Fediverso, a cargo de Lucía (invitadas pola asociación de profesorado de tecnoloxía de Galicia, APETEGA, na súa xuntanza), e outro sobre Videoxogos Serios a cargo de Luz Castro no IES Mondoñedo (a partir da cal a rapazada desenvolverá videoxogos, xa están niso!).

    No programa de ESF no eido profesional, tivemos un encontro en liña pensando en como visibilizar a importancia da transición ecosocial no ámbito profesional da enxeñería e a tecnoloxía.

    Como parte do traballo en rede, estivemos nun encontro ben interesante con activistas pola soberanía alimentaria, invitadas polas compas do Sindicato Labrego Galego.

    Pero seguramente a actividade estrela foi a Asemblea de Primavera e xuntanza da base social de ESF, na que aproveitamos para coñecer a iniciativa de Rural Hackers e participar nun repair café rural en Anceu.  


HONDURAS

    Organizouse tamén un obradoiro de contabilidade básica con grupos de mulleres marisqueiras, dentro do proxecto que está a rematar de fortalecemento da actividade marisqueira no sur de Honduras. TAmén como parte deste fortalecemento aos grupos, houbo formación sobre boas prácticas pesqueiras. Houbo un encontro da Mesa de Seguridad Alimentaria do municipio de Nacaome. Ademais, tivemos visita institucional aos proxectos, de representantes da Cooperación Galega da Xunta de Galicia e da Oficina de Cooperación da AECID.


MOZAMBIQUE

    No mes de marzo traballouse na elaboración e peche dos informes técnicos e financeiro do proxecto do ano anterior e comezouse a coordinación para a visita de persoal da Administración Rexional da Auga do Centro de Mozambique a Galicia do mes de xuño. Continuouse traballando na monitoria da seca, a análise de precipitacións e o estado de encoros coas 3 Administracións Rexionais da Auga de Mozambique, e avanzouse no peche do TFM dun mestrado en hidroloxía dun alumno da UEM en Maputo que se está a co-tutorar dende o proxecto, así como na selección e análise preliminar das novas bacías nas que se traballará con inundacións coas ARAs Sul e Centro. No mes de marzo tamén houbo unha charla la Facultade de Física da USC sobre cooperación, secas e inundacións en Mozambique. Ademais, se sacou a praza para consultoría técnica de fortalecemento en xestión de eventos extremos.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes queremos facernos eco dunha exposición que se fai lonxe, en Tegucigalpa: Voces de niñas: el arte que denuncia.


E NO PRÓXIMO MES …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:


A ESF-RASE DO MES

    Quizais sexa hora de analizar estes feitos [malas prácticas das multinacionais extractivistas] non tanto como desviacións, senón máis ben como a normalidade da desmesura capitalista

Eduardo Romero, no moi recomendable libro ¿Cómo va a ser la montaña un dios?

Visita institucional de responsables de Cooperación Galega da Xunta en Honduras

El Director General de Relaciones Exteriores y con la Unión Europea, Jesús Gamallo, la Subdirectora General de la Cooperación Galega, Pilar Romero y el Responsable de Programas de la Cooperación Española en Honduras, junto al equipo de CODDEFFAGOLF, representantes regionales de DIGEPESCA, el Coordinador de la Unidad Municipal Ambiental de Amapala, personal de la UNAH Choluteca, personal de ESF y en especial junto a las mujeres mariscadoras de 5 grupos de la zona que participan en el Programa de Marisqueo, visitamos algunas de las islas del Golfo de Fonseca para conocer el desarrollo del sector marisquero y de pesca artesanal en el Golfo.


En esta jornada se realizó un recorrido marítimo para llegar a la Isla de las Almejas, en donde se realizó una presentación de los grupos comunitarios, las prácticas de marisqueo que ellas realizan y el proceso de monitoreo comunitario de bivalvos que impulsa CODDEFFAGOLF.

También se realizó una explicación sobre el patrimonio comunitario en la zona y el trabajo que se realiza en los chiqueros. Posteriormente la visita siguió rumbo a la Isla Pacar, donde se encuentra el Centro de Investigación Marina (CIM) de CODDEFFAGOLF. Allí, pudimos disfrutar de un estupendo conversatorio con las mujeres de los diversos grupos: experiencias, aprendizajes y proyecciones para el fortalecimiento de las iniciativas comunitarias. Como cierre de oro, pudimos disfrutar de un almuerzo con degustación de la gastronómica local, elaborado por las mujeres mariscadoras, sopa de marisco, arroz con marisco, picadillo de pescado, cócteles de almejas… y una calurosa caminata guiada por los senderos de la Isla Pacar.

Esperamos que estas alianzas creadas en todos estos años en el sector pesquero y marisquero se sigan fortaleciendo y consolidando.

Visita realizada dentro del marco del proyecto: Mejora de la Sostenibilidad de la Actividad Marisquera en el Sur de Honduras – Fase 2 financiado por la Cooperación Galega

FOTO DE PORTADA: ejemplo de monitoreo de bivalvos

CONTRATACIÓN: Asistencia técnica para fortalecimiento de capacidades técnicas y operativas para la mejora de la gestión de los recursos hídricos en Mozambique

Hasta el 4 de abril a las 23:59, tenemos abierto proceso de recogida de ofertas para un Servicio técnico para la colaboración en la ejecución en el proyecto “Fortalecimiento de capacidades técnicas y operativas para la mejora de la gestión de los recursos hídricos en Mozambique (Aqua-Moz, SECARA Fase 5)” en su anualidad 2025, que se desarrolla en el marco del convenio de colaboración entre la Consellería de Presidencia, Justicia y Deportes, Augas de Galicia e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

Los socios locales del proyecto son las tres Administraciones Regionales del Agua (ARA) del país: Sur, Norte y Centro (ARA Sur, ARA Norte y ARA Centro). El ámbito geográfico del proyecto abarca, por tanto, la totalidad del territorio del país africano.

El objeto del presente contrato es la prestación de un servicio técnico para la mejora del seguimiento y monitoreo de la sequía en Mozambique. Los objetivos principales son los siguientes

  • Acompañar los procesos de monitoreo de la sequía y las precipitaciones de las 3 ARA de Mozambique.
  • Realizar análisis hidrológico-hidráulicos para el desarrollo de estudios de inundaciones.
  • Formar al personal técnico de las ARA en el ámbito del análisis de inundaciones.
  • Apoyar en la realización de actividades de sensibilización y difusión del proyecto en Galicia.

Aquí se pueden consultar los términos de referencia.

BOE

Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2025

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Este mes os compas Sergio Alvariño e e Sergio Fernández fixeron unha reflexión no blogue de La Tecnología no nos salvará de El Salto Diario, de se ¿Pueden realmente ser transformadoras las redes sociales (digitales)? , que tivo tamén a versión en galego na nosa web. Ademais, Hackers Sen Fronteiras estiveron con temáticas variadas nos IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), Valadares (Vigo), IES Zas, IES Brión, IES San Rosendo (Mondoñedo) e, en FP, na Granxa (Ponteareas), onde houbo varios faladoiros e obradoiros, e no Politécnico de Lugo (este último nun curso de 2 sesións dirixido a profes). Tamén dirixido a profes, pero en liña, foi o encontro de Sostibilidade na FP, para organizar o grupo de apoio a profesorado de FP que ten que impartir o módulo de Sostibilidade, obrigatorio dende este curso.

    Na Escola de Telecomunicacións da UVigo fíxose unha presentación de ESF e tamén Martina contou a súa experiencia como estudante da escola que participou no Programa de Coñecemento doutras Realidades en Honduras. Tamén en Vigo, houbo un encontro da base social da zona. Non faltou a posibilidade de participar en liña, co ciberfaladoiro sobre se É necesario manter parcelas descentralizadas e federadas en Internet? (relacionado coa publicación mencionada). Na universidade, neste caso na Facultade de Física de Compostela, falamos sobre Cooperación ao desenvolvemento e defensa do ambiente no sur de Honduras, na materia de Física Ambiental.

    Houbo unha visita a Finca da Fundación Galicia Verde en Leboso, dentro das actividades de Sementes de Cambio (onde queremos coñecer proxectos motivadores, impulsados polo grupo de Transición Ecosocial). Tivemos representación esfeira no  I Foro Galicia RAEE (residuos de aparatos eléctricos y electrónicos), e aínda houbo tempo para o repair café mensual na Domus da Coruña.

    Co gaio do Dia Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dende o grupo de Mulleres Tecnólogas polo Ben Común quixeron traer algunhas reflexións. Tamén quixemos compartir a presentación sobre Boas prácticas para a transición ecosocial. O potencial dos montes veciñais en Galicia.


HONDURAS

    Este mes foi intensivo de traballo na preparación da continuación do programa de restauración de lagoas. Ademais, destacar que 5 grupos de marisqueiras conseguiron a súa personería xurídica, tras un ano de fortalecemento e formacións. Na laguna de invierno de Guapinol levouse a cabo un proceso de monitoreo para avaliar a rexeneración natural do ecosistema, mesmo conformando clubes comunitarios para monitoreo biolóxico.

    No eixo de dereito á auga,  avanzouse na construción de latrinas e do depósito do sistema de abastecemento-saneamento de auga de Tres Piedras (El Triunfo), con distintas obras, sen descoidar os obradoiros comunitarios. Ademais, houbo un taller con membros de distintas mancomunidades, de formulación de necesidades estratéxicas.  


MOZAMBIQUE

En febreiro continuouse traballando na monitoria da seca, a análise de precipitacións e o estado de encoros coas 3 Administracións Rexionais da Auga de Mozambique e foron dados os primeiros pasos do apoio a ARA Centro no ámbito das inundacións, coa cal traballarase na realización dun estudo nunca bacía piloto e no apoio na definición dunha unidade de xestión de seca e inundacións dentro do seu departamento de recursos hídricos. No mes de febreiro tamén se realizou unha charla sobre a cooperación e a problemática da xestión dos eventos extremos en Mozambique nun contexto de cambio climático, no IES de Mondoñedo.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes o cómic sobre decrecemento “Who Is Afraid of Degrowth?“, de Céline Keller. De momento, está só en inglés…


E NO PRÓXIMO MES …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Marzo vén ben cheo:

  • 3 de marzo: Día Mundial da Natureza e a Vida Silvestre
  • 3 de marzo: Día dos datos abertos, Spain Opendata Day
  • 4 de marzo: Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sustentable
  • 5 de marzo: Día Mundial da Eficiencia Enerxética
  • 8 de marzo: actividades polo día das mulleres traballadoras
  • Martes 11 de marzo. 12h. Aula 4 da Facultade de Física de Santiago de Compostela. Faladoiro “Cooperación ao desenvolvemento técnica e xestión de eventos extremos en Mozambique“.
  • Xoves 13 de marzo. 16-19h. Repair Café en Ferrol dentro das actividades polo “Marzo ambiental” da Oficina de Sustentabilidade da UDC. Lugar: Aula –1.5, Soto. Edificio de Apoio ao Estudo. INSCRICIÓN de balde aquí
  • 14 de marzo: Día Internacional de Acción contra as represas e polos ríos, o auga e a vida
  • 15 de marzo: Día dos Dereitos do Consumidor
  • 15 de marzo: pecha o prazo para inscrición ao curso gratuíto e presencial en Lugo de  ‘Planeamento territorial participativo para adaptación ao cambio climático’. Organiza IBADER e Laboratorio do Territorio. +INFO e INSCRICIÓNS
  • 20 de marzo. 12-17h. Repair Café na Coruña dentro das actividades polo “Marzo ambiental”. Lugar: Andar 0 (zona orlas), ETSE Camiños, Canais e Portos UDC. INSCRICIÓN de balde aquí. Tamén se poderá ver a exposición Coñeces o teu móbil?
  • 20 de marzo. 12.30-13.30h na Aula de Proxectos da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago. Faladoiro sobre Electrónica ética e consumo responsable de tecnoloxía.
  • 20 de marzo. 16-18h na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago. Repair café e cacharreo con computadoras. Aprendendo a darlle nova vida a vellas computadoras
  • 20 de marzo: Día Internacional da Felicidade
  • 21 de marzo: Día Forestal Mundial
  • 21 de marzo: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
  • 22 de marzo: Día Mundial da Auga. Haberá sorpresas ese día sobre o noso programa en AquaMoz
  • 29 de marzo (último sábado de marzo): A Hora da Terra
  • 29 de marzo ás 10:00h teremos a nosa asemblea extraordinaria de primavera no coliving de Anceu. Despois da asemblea comeremos de picnic coa xente de Rural Hackers (https://www.ruralhackers.com/), polo que se pide que cada quen traia a sú comida.
  • Sábado 29 de marzo pola tarde, xunto á xente de Rural Hackers , teremos un Repair Café na Casa do Pobo de Anceu de 16:00 a 20:00, no que podedes traer para arranxar electrodomésticos de pequeno tamaño (tostadora, batidora, freidora…), ordenadores, roupa e calqueira cousa que se vos ocorra. E seredes vós quen os arranxe coa axuda da xente voluntaria (igual hai cousas que non somos capaces, pero colectivamente todo é máis divertido). Tamén estarán compañeiras do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo falarnos de dereito a arranxar e outros temiñas interesantes
  • 30 de marzo: Día do documento libre
  • 3 de abril. 12:30-14:30h na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago. Faladoiro Que é a cooperación para o desenvolvemento? Pode ser unha saída laboral?
  • 5 de abril no Casino de Carballo. Repair café e cacharreo con computadoras. Aprendendo a darlle nova vida a vellas computadoras. Hora por determinar

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Eu son só un, pero eu son un. Non podo facer todo, pero podo facer algo. O que poida facer, déboo facer e fareino.

Edward Everett Hale

Poden as redes sociais (dixitais) realmente ser transformadoras?

Esta é a versión en galego do post que se publicou en castelán no blogue La tecnología no nos salvará, de El Salto Diario. Está escrito a catro mans por Sergio Alvariño e Sergio Fernández, con foto de Sergio Alvariño.


Se aceptamos unha definición xeral de rede social como unha plataforma dixital que permiten comunicarse e intercambiar información a comunidades de persoas con intereses ou relacións comúns, teriamos que aceptar tamén que casi todo o que facemos na rede facémolo a través dunha rede social. Non podemos limitarnos aos exemplos clásicos de Facebook ou X (antes coñecido como Twitter). Telegram ou Whatsapp, cando nos comunicamos nun grupo, son unha rede social. Páxinas como Flickr ou LinkedIn serían tamén redes sociais (moi centradas nunha temática concreta), etc.

Se aceptamos esa definición a historia das Redes Sociais remontaríase incluso aos tempos de Usenet (que non deixaría de ser unha rede social), ou mesmo Fidonet (grazas a Gonzalo Méndez González polo seu comentario á versión en castelán).

A cuestión é que a historia das redes sociales é máis longa do que adoitamos pensar, ao fin, os seres humanos somos seres sociais e, unha ferramenta como a Internet, usouse para socializar prácticamente dende que naceu.

Xa sexa que aceptemos Usenet ou Fidonet como RRSS ou como precursoras, ou sigamos o canon e digamos que a primeira RRSS foi _ClassMates_ (1995), o caso é que o uso das redes sociais extendeuse rápidamente, prácticamente limitado só pola facilidade de acceso da xente a unha conexión de datos. Á xente gústalle socializar e intercambiar información. Cando os dispositivos móbiles empezaron a incorporar conexións de datos á Internet as redes sociais estouparon, popularizándose enormemente.

No seu nacemento, as redes sociais non eran necesariamente tóxicas. As primeiras versións de Twitter ou Facebook eran prácticamente inventos de xente á que lle gustaba trastear coa tecnoloxía. Pero según aumentou o número de usuarios comenzou tamén o proceso “de enmerdación”. É moi recomendable leer os artigos de Cory Doctorow (que por certo inventou o nome do proceso) explicando como a “enshitfication” é inevitable cando se entra no proceso de monetizar as RRSS, especialmente as centralizadas. Podemos imaxinar que por moi idealistas que sexamos ao principio cando inventamos unha RRSS, a medida que se popularice , aumentarán os custos, e se queremos manter o invento necesitamos cartos para cubrir esos custos.

Desgrazadamente, o crecemento das redes sociais e a evolución dos dispositivos móbiles sempre foron dirixidos con criterios mercantilistas. Cando as RRSS empezaron a medrar forte, os propietarios dos motores de búsqueda xa estaban nos albores da “economía de datos” para administrar publicidade á medida dos usuarios baseándose nos datos recollidos das búsquedas. Segundo aumentaban as capacidades dos móbiles e o número de usuarios das RRSS, máis rendible era o negocio. O deseño orixinal das RRSS foi cambiando para aumentar a fidelidade dos usuarios e o tempo que pasaban na rede facéndoas tan adictivas como fora posible. De aí veñen carácterísticas como o scroll infinito ou ter que beliscar a pantalla para refrescar.

Pero o xeito definitivo de monetizar as RRSS radica no algoritmo que usa cada unha delas para priorizar o contido que chega á persoa que a está usando. Os detalles dos algoritmos usados por cada empresa son un segredo absoluto, pero hai evidencias do uso do algoritmo para fins tan dispares como influír nos membros dun xurado popular ou nos resultados das eleccións de diferentes países (ver Cambridge Analytica)

Cando todo se move arredor da monetización e de maximizar os beneficios o proceso de “enmerdación” dos servizos é inevitable, e os obxetivos finais das RRSS son que as persoas que as usan pensen ou fagan cousas que non pensarían nin farían por si mesmas. Aquí xa non estamos a falar de simplemente comprar produtos comerciais.

Estes días houbo unha avalancha de migracións dende o antigo Twitter a outras redes sociais. Moitas organizacións de transformación social optan por moverse ás redes que parecen estar recollendo máis persoas. Incluso as profesionais da comunicación (moitas delas), caen nesta tea de araña da “cantidade fronte á calidade”, por moito que despois prediquen que non ten sentido a comunicación “en xeral”, senón que é importante segmentar os públicos aos que pensamos que podemos chegar mellor e nos que podemos ter influencia. Ao final, quédanse invisibilizadas na marea de contidos e acabamos tendo a nosa pequena caixa de resonancia de sempre, co engadido de que cada vez compensa menos a incoherencia de crear contido para unhas plataformas gobernandas por grandes tecnolóxicas que comercian coa privacidade e que, como vimos, practican a enmerdación. Porque si, Bluesky tamén é iso, e coas recentes incorporacións nas ampliacións de capital (inversores que veñen das criptomonedas), non pensamos que a cousa vaia a mellor. Sempre dixemos que unha tecnoloxía gobernada por poucas persoas é menos susceptible de ser tecnoloxía para o ben común (o anel único do Señor dos Aneis é un bo exemplo…).

Quen afirma que hai que “aguantar na trincheira” de twitter (ou de calquera outra redes social controlada por unha gran tecnolóxica), enfoca isto como unha guerra, con héroes e sacrificios. Non somos tantas e non temos tantas forzas. Parece unha loita de David contra Goliat. Posiblemente sexa máis estratéxico tratar de construir “o noso terreo” e non quedar no seu (e twitter claramente era o seu, pero Bluesky está construido cos mesmos mimbres, o mesmo que vemos a tendencia de Meta nos últimos tempos).

Por que pensamos que o Fediverso é unha alternativa moito mellor que Bluesky? Por suposto, a ausencia de algoritmo que xestione o que vemos é unha gran vantaxe. No Fediverso (hoxe por hoxe) a túa liña temporal (o contido que recibes directamente) é como o teu xardín, ti es quen decide que plantas engades e o responsable de podar e eliminar malas herbas cando aparezan. Pero pensamos que o Fediverso tamén pode sufrir procesos de “enshitfication”, inevitablemente haberá intentos de monetizalo, canto máis éxito teña tanto máis apetitoso resultará. A característica fundamental do Fediverso é que non estás prisioneiro/a dun provedor. Para nós, esa é a maior vantaxe, a que garante finalmente a túa liberdade. Se non estás a gusto na instancia na que acampaches, ou a túa instancia cambia as súas políticas, ou o servizo comeza un proceso de “enshitfication”, sempre te podes mover a outra instancia ou a outro servizo. É evidente que isto plantea retos. Sería desexable que se fixeran tantos ou máis esforzos en facilitar a mobilidade dunha instancia a outra (ou incluso a mobilidade entre distintos servizos) que en mellorar os mecanismos de moderación, que parece ser o que máis preocupa ao público neste momento.

Deste xeito, as instancias descentralizadas e federadas, que son e sustentan o Fediverso, están moito máis en consonancia coa idea de gobernanza da tecnoloxía e de reapropiación tecnolóxica, como primeiros pasos cara unha tecnoloxía para o ben común. Ademais, cremos que as entidades e persoas que moran xa no Fediverso parten duns valores como reapropiación e co-responsabilidade tecnolóxica, tecnoloxía para a inclusión e democratización tecnolóxica, moi na liña dos que defendemos, e que se pode facilitar a xeneración dunha masa crítica social que impulse estes valores. 

Para entendelo mellor, ir a Bluesky dende X é, no eido alimentario, como pasar de Nestlé a El Pozo, pero irse ao Fediverso é como o consumo en mercados locais. 

Así que quedámonos coa frase  “O que precisamos é confiar en que podemos construír espazos dixitais que habitaremos, en lugar de usalos pasivamente, para recuperar os futuros que nos robaron. Como persoas libres e conscientes”, de Marta G. Franco no libro Las redes son nuestras, una historia popular de Internet y un mapa para volver a habitarla.

No mundiño da acción para a transformación ecosocial falamos moito de que queremos que a revolución nos pille bailando, pero a música vai ser de spotify ou da charanga da nosa parroquia?

Outros enlaces que nos gustaron sobre o tema

Este moi ilustrativo con metáforas chulis, ou moi didácticos como este ou este.

Para saber máis sobre mierdificación

Este é algo máis técnico

E este outro aínda máis técnico

Pensando co lápiz. Mulleres tecnólogas de ESF

Pasando o Dia Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, compartimos unhas reflexións de Arantxa, Lucía e Laura, mulleres da base social de ESF.

Arantxa

O modelo educativo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) leva anos impulsándose como motor do avance na era dixital. Con todo, deixar fóra as artes (Arts) reduciu a capacidade de conectar disciplinas e limitou a creatividade na innovación científica e tecnolóxica. O enfoque STEAM nace precisamente para superar esta barreira, reivindicando a creatividade como un piar esencial da aprendizaxe e rachando coa idea de que o técnico e o artístico son mundos separados.

Pero esta integración non só mellora a educación, senón que tamén pode axudar a reducir a desigualdade de xénero nas disciplinas científicas e tecnolóxicas. Históricamente, o modelo STEM atraeu unha maioría masculina, deixando ás mulleres nunha posición secundaria. A introdución das artes pode ser unha ponte para que máis rapazas se sintan motivadas e representadas nestes campos. Haberia que valorar ata que punto a combinación de arte e tecnoloxía pode abrir novas portas cara a unha educación máis equitativa.

Lucía

Moitos escépticos pensaban que era cousa dunha conspiración cando falabamos dun borrado de muller dos rexistros e da documentación. Crían que eran esaxeracións cando dicíamos que durante centos de anos se fixeron esforzos para eliminar as pegadas da muller na historia. Consideraban que era coincidencia o feito de que semellaba que as mulleres non existisen ata que se aprobou o sufraxio feminino en 1931. Agora non queda dúbida de que se trata dunha estratexia empregada activamente polos representantes dos sistemas patriarcais e fascistas que acceden ao poder coa intención de dominar mellor á poboación.

Non debemos, así e todo, caer na tentación de malgastar esforzos nunha crítica enrabechada desprovista de rumbo, esas son discusións perdidas. Pola contra, podemos empregar as nosas forzas en contribuír a eses rexistros históricos que foron xurdindo no que a representación feminina continúa existindo tal e como sempre formou parte da sociedade. Non se trata tan só de plasmar o nome das científicas e investigadoras que nos agasallaron abrindo as portas cara inventos tan transformadores como a xiringa (Letitia Geer), o envasado ao vacío (Amanda Jones) ou a mismísima WiFi (Hedy Lamarr), senón que consiste en manter viva esa visión da ciencia e da tecnoloxía na que se desenvolve coa intención de resolver dificultades da vida diaria ou de democratizar o acceso a un ben necesario. Se o patriarcado desexa borrar á muller non é só por dominala, faino tamén porque con ela chega outra forma de relacionarse co progreso.

Vandana Shiva, física e ecofeminista, a miúdo fai fincapé nesta diferenza de visión xa que ela mesma sufriu o menosprezo dentro da comunidade científica ao cuestionar a dirección que estaba a tomar o desenvolvemento social e tecnolóxico. Durante séculos, a ciencia foi constrinxida a unha perspectiva que buscaba a dominación da natureza a través da xerarquización das partes que a conformamos. As mulleres que exercía unha ciencia diferente foron consideradas bruxas e os homes que as comprendían foron igualmente queimados como cómplices. A día de hoxe, abonda con borrar o seu nome das enciclopedias e retirarlles o financiamento ás súas investigacións, ou directamente, negarlles un posto de traballo.

Precisamos compartir a historia das mulleres referentes na ciencia non só para inspirar ás futuras xeracións a participar nesta rama do coñecemento, precisámolo porque todos nos podemos beneficiar dunha transformación filosófica na ciencia que favoreza un progreso máis sostible e menos enfocado cara unha potenciación da produción.

Laura

Dise que a meirande parte de traballos do futuro serán de carreiras STEM, que serán os empregos mellor pagados, que a día de hoxe hai moitas vacantes STEM… E dise que faltan mulleres e que a súa porcentaxe de acceso a estas carreiras ou diminúe, ou non aumenta. Que estamos facendo mal?

Hai moitos obstáculos cos que unha muller se topa ao longo da súa carreira científica, e ao final ou abandona, ou non promociona o que debera. Somos moi poucas mulleres, e onde estamos, estamos soas. Somos a voz disidente nun equipo de traballo formado por homes, onde os estereotipos, quéirase ou non, están. E é moi complicado avanzar así, a confianza vese minguada cando a maioría opina distinto. E se fallas, o castigo é moito maior, porque a sociedade está gobernada por homes, onde se ve á muller como un ser diferente e á que se lle poñen unhas esixencias moito máis altas. Unha vez que estás na carreira científica, avanzar soa é case imposible.

E por que non hai máis? Por que as nenas non elixen carreiras STEM con todas as vantaxes que aporta? A falta de referentes pode ser un dos motivos, mais eu creo que o esencial é o camiño que lle traza a sociedade a tódalas rapazas. A educación dunha rapaza é diferente. Os debuxos animados e os xoguetes están orientados á solidariedade e disciplina destas, pero fomentan a toma de decisións e protagonismo dos rapaces. Basta ver os xoguetes de coidados “das rapazas” fronte os de acción “dos rapaces”, ou as formas de moverse e actuar dos debuxos animados en función de se son rapaces ou rapazas: elas son máis pacientes, máis comprensivas; eles son activos e a voz cantante.

Na adolescencia empeora: as nenas maduran antes ca eles, polo que son conscientes, por exemplo, da importancia dos estudos, e focalízanse máis neles, intentando superalos. A maioría dos rapaces, pola contra, non lle dan tanta importancia, seguramente porque aínda non alcanzaron este período de madurez e están nunha idade na que as prioridades son outras. Deste xeito, teñen máis tempo libre e o poden investir en descubrir actividades que lles gustan, moitos probablemente introducíndose nas STEM dun modo lúdico (videoxogos, vídeos, inventos, experimentos…) e coñecendo os campos que máis lles atraen. Elas, pola contra, estudan máis e no seu tempo libre non se van a poñer a mirar estas cousas, porque están “cansas” de estudar, e invisten o seu tempo co que a sociedade lles propón: maquillarse, ir de compras, facer deporte… Deste xeito, non descobren a súa paixón, chegando ao momento de decisión de carreira sen saber o que lles gusta porque non tiveron tempo de probar. Das grandes disciplinas só coñecen o que se ve na clase, e non saben que hai máis aló, ao contrario dos rapaces, que si que tiveron tempo para investigar xogando. Deste xeito, moitos dos homes que entran en carreiras STEM teñen, ademais de coñecementos previos, vocación; e elas non.

E é así, como no momento de decisión da súa carreira, a maioría non opta por Enxeñarías, porque non saben o que son, e si que escollen as carreiras que se corresponden con asignaturas que tiveron no instituto, moitas rematando como profesoras en vez de nas empresas ou na investigación. No caso de medicina, farmacia, enfermaría… tamén son bastante solicitadas polas rapazas, e neste caso non é porque se deran no instituto, senón porque están orientadas a coidados, algo co que as rapazas si que experimentaron ao longo da súa vida.

En resumo, a sociedade vai guiando os camiños dos homes e mulleres para poñelos “onde teñen que estar”. Os cambios teñen que vir da base, da estrutura, da educación, para que cada persoa sexa libre de escoller o que lle gusta, e non se vexa tan descaradamente influenciada polo que lle marca este sistema patriarcal.