CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
O pasado decembro foi tempo de presentacións, encontros e faladoiros esfeiros con alumnado e profesorado en diversos campus galegos. Foi para dar a coñecer a asociación, así como as posibilidades de facer TFM-TFG connosco, ou colaborar doutros xeitos (como co Banco de Reciclaxe Electrónico, tecnoloxía inclusiva ou os grupos temáticos de auga, enerxía, TIC, xénero ou soberanía alimentaria). Estivemos en Vigo (Telecomunicacións e Industriais-CUVI), Lugo (EPS), Ferrol (Esteiro e Serantes) e Ourense (Escola de Enxeñería Informática). Todo isto fixémolo dentro dun proxecto de educación nas escolas técnicas apoiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Lugo.
Dende o 16 de decembro, quedou na Praza Maior de Lugo a exposición ‘De Oficio, Defensoras’, que da a coñecer a vida de distintas mulleres defensoras de dereitos humanos en diversos países, entre eles Honduras. Aínda podedes vela!
En Coruña tivemos un novo obradoiro na sede de Ecos do Sur para familias que levaron un equipo do Banco de Reciclaxe Electrónico con Software Libre. E, como no, desexamos un novo ano cheo de ilusión para afrontar desafíos en todas as estacións.
Mencionar que, como sempre que nos acercamos a datas de Nadal, deixamos algunha pílula en redes sociais sobre consumir con cabeciña, tanto a electrónica como o de comer…
HONDURAS
En Honduras continúa o proxecto de apoio a grupos de mulleres produtoras e orzamentos municipais etiquetados en xénero, apoiado pola Xunta de Galicia. En decembro lanzouse a segunda convocatoria de fondos para emprendementos na rexión Golfo de Fonseca, liderados por mulleres ou mozxs a nivel individual ou colectivas.
Por outra banda, dentro do proxecto de apoio ao programa de técnicas comunitarias de auga realizado con AHJASA e apoiado pola Deputación da Coruña que acaba de rematar, realizouse un encontro en liña entre persoas de AHJASA e da asociación galega COXAPO. Nel, puidemos coñecer como foi a realidade da xestión veciñal da auga en Galicia e Honduras durante a pandemia de COVID, e manter o vínculo entre as dúas asociacións que iniciamos en 2019.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
O 18 de decembro celebrouse o Día Internacional da Persoa Migrante. Rebeca Lane, artista e activista guatemalteca, ofreceunos a canción Si yo pudiera quedarme.
E NO PRÓXIMO MES …
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
“𝑆𝑒 𝑒𝑠 𝑛𝑒𝑢𝑡𝑟𝑎𝑙 𝑒𝑛 𝑠𝑖𝑡𝑢𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛𝑠 𝑑𝑒 𝑖𝑛𝑥𝑢𝑠𝑡𝑖𝑧𝑎 𝑒́ 𝑞𝑢𝑒 𝑒𝑠𝑐𝑜𝑙𝑙𝑖𝑐ℎ𝑒𝑠 𝑜 𝑙𝑎𝑑𝑜 𝑜𝑝𝑟𝑒𝑠𝑜𝑟.”
𝐃𝐞𝐬𝐦𝐨𝐧𝐝 𝐓𝐮𝐭𝐮. Premio Nóbel que finou o pasado mes de decembro