Boletin Oficial ESFeiro: abril 2022

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O 14 de marzo, día mundial de acción na defensa dos ríos, varias organizacións, entre elas ESF, denunciaron o grave impacto ambiental que sofren as masas de auga afectadas por explotacións mineiras.

    Noepisodio de ESFRadio deste mes, tratamos o tema da bioconstrución. Se queres coñecer un enfoque da construción máis sustentable, non te perdas este programa onde activistas da asociación ESPIGA de bioconstrución de Galicia nos achegan este concepto tan interesante. Sobre bioconstrución foron as xornadas que, xunto coa propia ESPIGA, impulsáronse dende ESF, financiadas pola Xunta de Galicia, coa presencia de Gernot Minke, pai da bioconstrución, e un par de obradoiros prácticos.

    Ademais, con motivo do día da auga, tivemos un par de faladoiros, un no campus de Ferrol da UDC e outro nun colexio de infantil en Cedeira.

    Con motivo doutro día relevante, o da Muller Traballadora, a representante país de Honduras de ESF, Raquel Zolle, puido participar co relatorio vía teleconferencia “papel da muller enxeñeira na cooperación internacional” dentro da entrega dos premios do VI Concurso de TFG Enxeñaría e Muller Rural da Escola Politécnica Superior de Lugo-USC, grazas á financiación do Concello de Lugo.

    Como non falar este mes de marzo da chegada das Mulleres Bravas de Honduras, activistas pola defensa da terra no seu país. Estiveron o 30 e 31 na Universidade de Vigo e na de Santiago respectivamente, dentro de dous cursos con recoñecemento académico que comenzaran xa unhas semanas antes. Esta é a páxina web do proxecto (para podelas coñecer mellor), financiado pola Cooperación Galega. Coincidiu ademais neste mes a exposición de De profesión, defensoras, da Coordinadora de ONGD, en Sada (e na que hai unha foto dunha das Mulleres Bravas de Honduras que viñeran en 2019).


HONDURAS

    No mes de marzo rematamos en Honduras o proxecto, financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, de mellora do acceso equitativo de mulleres e xoves a recursos económicos na zona sur do país, con diversos obradoiros de peche, así como a visita a Honduras de Boli, docente e investigadora da Universidade da Coruña, e a de Karla, catedrática da Universidad Nacional Autónoma de Honduras a A Coruña, onde puido impartir un seminario. Aquí contamos máis do resto das accións.

    Tamén se remata o proxecto de auga financiado pola Deputación da Coruña, de apoio na xestión comunitaria da auga con AHJASA.

    Continuamos o traballo co proxecto que desenvolvemos conxuntamente con Amigos de la Tierra y Justicia Alimentaria Global, de Mejora de la gobernanza para el acceso a una alimentación y nutrición adecuada de los colectivos vulnerables de diez municipios del Corredor Seco de Honduras, en colaboración con CODDEFFAGOLF, NASMAR e coa financiación da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o ben común

Voluntariado e Persoas


A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

    Este mes traemos unha mistura de curtametraxe, baile e música electrónica con mensaxe. Trátase da obra “Planeador“, na que Jëan Fixx converte a periferia da Coruña nunha distópica pista de baile


E NO PRÓXIMO MES …

7 de abril: Día Mundial da Saúde

17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña

22 de abril: Día da Terra

28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

7-8 de maio: Encontro de Activistas de Defensa da Terra. Teixeiro. PRÓXIMAMENTE MÁIS INFO

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais FacebookinstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

    “A tecnoloxía non serve de nada se non está ao servizo da igualdade, a inclusión e a xustiza social” Lucía Velasco. directora del Observatorio de Tecnología y Sociedad


ESFRadio. Un tema de ESFGalicia: A terra non se vende, deféndese! Mulleres Bravas

Grazas ao proxecto de Mulleres Bravas, impulsado por Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, estamos dando a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, e as loitas das mulleres defensoras da terra por acadar outro xeito de producir.

Estes días nos visitan en Galicia tres activistas hondureñas: Karina, Adolfina e Coralia. Falamos con elas, e tamén con Belén, de Salvemos Catasós, e Maite, de Plataforma Eólicos Así Non, sobre activismos ambientais e de defensa da terra e o territorio, e do papel das mulleres nestes activismos.

Idioma: presentación en galego, entrevista en castelán

Duración: 21min 59seg

Produce: Jorge Lama

Guión: Jorge Lama, Patricia Iglesias, Sergio Fernández

Presenta: Patricia Iglesias