Posts

Primeiro encontro de alumnas tecnólogas de Hackers Sen Fronteiras Fase 2

A fenda de xénero no eido tecnolóxico é unha realidade que comeza xa a percibirse no ensino secundario (por non dicir antes), e en ESF cremos que presenza da muller en todos os ámbitos é clave para unha cidadanía xusta. Por elo, durante esta fase 2 do programa Hackers Sen Fronteiras apostamos por realizar tres encontros ao longo do curso, onde alumnas da ESO con interese polo mundo tecnolóxico teñan espazo para crear sinerxias e sentido de comunidade.

Neste primeiro encontro xuntáronse 12 alumnas de 2º da ESO dos centros IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) e IES Celanova. Durante a mañá ocupamos un espazo no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), na Universidade da Coruña, onde realizamos a actividade clave da xornada, facilitada por Andrea de Rexenerando.

Andrea creou a atmosfera onde, tras facer un xogo de presentación, as mestras de tecnoloxía e matemáticas que acompañaban ás súas alumnas compartiron con elas o que as moveu a escoller esos campos, que as inspira, quenes foron ou son as súas referentes e por que cren que o mundo precisa de máis mulleres tecnólogas. Tras iso, tocoulle o turno ás rapazas de coller lápices e cores para tratar de plasmar no papel as súas reflexióńs sobre a tecnoloxía e sí mesmas. Que lles chama a atención agora; como se ven con 40 anos tras conseguir o que soñan; que barreiras e dificultades atoparon polo camiño… Á verdade é que sairon sensacións ben bonitas deste espazo de introspección persoal.

Logo do xantar, puidemos recorrer distintos laboratorios do CITEEC, e quedamos todas abraiadas co simulador de choiva e de oleaxe que teñen!